Inicio Blog Páxina 417

O Noroeste, o festival que esmorece

0

Presentouse onte o cartel do Festival da 37ª edición do Festival Noroeste, un dos grandes tesouros musicais da nosa cidade. Pero o tecido musical da cidade lamenta ver esmorecer o que foi considerado un dos mellores festivais gratuitos do país. Aqueles anos de nomes xigantes que enchían a praia de Riazor, deron paso a un formato expandido que permitiu levar a música a moitos barrios da cidade, convertíndose na envexa de todo o estado. Pero a falta de interese do goberno socialista fai que o festival vaia perdendo potencia ano tras ano. “É unha mágoa ver que cada ano haxa menos grupos, menos espazos diferentes e menos cousas durante o día”, lamenta a meirande parte da veciñanza.

Coma é costume, o programa presentouse apenas 9 días antes do comezo do festival, impedindo facer plans aos siareiros das bandas escollidas, e coindindo ademais coa iniciativa privada do Morriña Fest.
Este ano, ademais a música chega cada vez máis indie, facéndose preguntar á xente que quedou do nome histórico co que se coñeceu este festival (antes de chamarse Noroeste Estrella Galicia era o Noroeste Pop Rock). Os cabezas de cartel son Crystal Fighters, Vetusta Morla e Xoel López, contando con dúas bandas galegas que están revolucionando o panorama do país, como bos reclamos para encher o areal: Fillas de Cassandra e The Rapants. Mágoa non telos xuntado nunha mesma xornada.

O formato expandido redúcese a grandes espazos como Santa Margarida (con músicas máis folkeiras), Campo da Leña (sempre cos sons máis cañeiros), Praza de Azcárraga (algo máis blues, funk, jazz) e o Castelo de San Antón (canción de autor).
Poucos nomes destacados en toda esta maraña de bandas, puidendo destacar a noite de mércores en Margarida con Caamaño&Ameixeiras e Salif Keita, ou esa mesma noite no Campo da Leña con Zënzar e Meu, a banda herculina que xa se volveron a xuntar este ano.

Outra eiva é a escasa oferta na sesión vermú, unha das fiestras abertas ás familias, con apenas un par de concertos os 2 primeiros días de festival, e sen citas nin venres nin sábado.

Para completar o sempre extenso cartel, o Concello inventa os Espazos Escénicos ‘Contos ao Noroeste’. Non é que non queiramos ver sobre os escenarios da cidade a xentes como Avelino González, Roi da Costa, Bea Campos, Pepo Suevos, Atenea García, Leti da Taberna, Celso Sanmartín, Marita Martínez, Xosé Antonio Touriñán, David Perdomo, Carlos Blanco e Lucía Veiga (ollo que algunha cita é de pago…) Pero é que o Noroeste vai de música.

Boa proposta, iso si para o ‘Noroestiño’, que, sen nomes destacados, permitirá que a cativada disfrute algo deste festival. Esperemos, con todo, que non sexa a conta doutros programas infantís como Ruadas das Xoubas de San Xoán ou o Cascarillarte das festas de agosto.

Xa temos programa do Festival Noroeste 2024

O sentir das redes

Crónicas do ano pasado

Lory Meyers e Primal Scream deixaron o listón moi alto para pechar un apurado Noroeste

We are happy, preacher Fields

Complicado accidente de tráfico deixa catro feridos en Cambre

0

Catro persoas resultaron feridas tras chocar con outro vehículo na AP-9, ao seu paso polo municipio coruñés de Cambre. Os catro viaxaban no mesmo vehículo, mentres que os dous ocupantes do outro coche implicado resultaron ilesos. Ademais, dos catro feridos, tres necesitaron a axuda dos Bombeiros de Betanzos para poder saír do coche. De feito, para poder sacalos, os efectivos de salvamento tiveron que cortar dúas portas do vehículo, unha dianteira e outra traseira.

O primeiro sinal de alarma sobre este accidente activouse no 112 Galicia ás 22.30 horas da noite deste domingo. Foi a través do sistema ecall do vehículo con posibilidade de manter a comunicación co interior do habitáculo. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia souberon que un dos coches implicados derrapou e virou sobre si mesmo. En canto ao outro vehículo implicado, foron as chamadas posteriores doutros alertadores que confirmaron a presenza dun segundo implicado.

En total, foron seis as persoas involucradas no accidente, das que catro necesitaron asistencia médica e traslado. Neste sentido, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargáronse das evacuacións ao Hospital da Coruña. Neste suceso contouse, tamén, coa colaboración dos axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

Restablécese a circulación ferroviaria dos trens de media distancia entre A Coruña e Lugo

0

A circulación ferroviaria dos trens de media distancia entre A Coruña e Lugo xa se restableceu despois de permanecer interrompida desde a tarde do venres tras descarrilar un convoi de mercadorías no tramo situado entre Teixeiro (Curtis) e Oza dos Ríos.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Renfe, a saída das vías tivo lugar sobre as 17,00 horas da tarde do venres e durante a xornada do sábado estivo afectada a circulación.

Renfe explicou que se estableceu un plan de transporte alternativo por estrada para garantir a mobilidade dos viaxeiros. Este domingo, sobre as 10.00 horas, Adif comunicou que a circulación xa se restableceu..

A empresa de reforzo recolle 198 toneladas de lixo nas rúas da cidade

0

A empresa de reforzo da recollida do lixo na cidade da Coruña, Valoriza, recolleu un total de 198 toneladas desde a posta en marcha dos labores de emerxencia para retirar os residuos acumulados nas rúas.

Diso informou o Concello nun comunicado, no que explica que a comisión de seguimento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa, Inés Rey, e os concelleiros Yoya Neira, Montserrat Paz e José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixeron seguimento este domingo do estado actual da recollida, dos actos vandálicos e do funcionamento da empresa contratada de emerxencia que levou a cabo este venres a súa segunda xornada de traballo.

Na súa terceira xornada a pé de rúa, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade recolleu un total de 73,46 toneladas de lixo orgnánica, inorgánica e tamén voluminosos, sen incendias. Con esta cifra, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 198 toneladas de lixo, atendendo ao cómputo total correspondente ao xoves, venres e sábado desta semana.

En canto ás incidencias, o Concello notificou que na pasada quenda de noite rexistrouse unha incidencia asociada á quea de colectores. En concreto, foi á primeira hora deste domingo, ás 09.20 hoas, na rúa Lázaro Cárdenas, no barrio de Eirís, onde os profesionais do servizo municipal de bombeiros interviñeron ante o incendio de dous colectores de superficie, con lixo acumulado. Neste caso, foi necesario cortar a rúa durante 10 minutos durante a actuación de extinción do lume.

Ademais, apuntou que, do mesmo xeito que nos dous días anteriores, cando estaban convocadas xornadas de folga no servizo de recollida de lixo, ningún traballador secundouna, segundo a concesionaria.

Con todo, sinalou que as porcentaxes de lixo recollido polos operarios da concesioanria foron “moi baixas ou inexistentes” cun “claro impacto” en zonas como a Sacra Familia, O Castrillón, Os Castros, Matogrande – Eirís e a área correspondente a Mesoiro, Feáns e Valaire.

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en distintos puntos da cidade. A empresa Valoriza, encargada de reforzar o servizo durante a emerxencia sanitaria, recolleu 55 toneladas de residuos no seu primeiro día de traballo.

Así o manifestou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a preguntas dos xornalistas sobre este asunto nun acto na cidade herculina. Esta nova compañía, explicou, comezou a traballar este xoves e farao en horario de 07,00 a 15,00 horas “de luns a domingo, festivos incluídos” tras ser declarada a emerxencia sanitaria o pasado luns para garantir a saúde pública ante o incumprimento do contrato de recollida no marco dunha folga que comezou o pasado 24 de xuño.

“Comezaron polas chamadas illas quentes ou puntos sensibles onde máis lixo se acumulaba e aqueles puntos máis críticos en canto a salubridade“, apuntou para concretar que na súa primeira xornada retiraron “55 toneladas” de residuos. “Están a recoller a bo ritmo e o esforzo empézase a notar nos barrios máis afectados”, recalcou.

No entanto, a rexedora sinalou que non hai “un prazo exacto” para recuperar a normalidade nas rúas. “Quedan moitas toneladas por recoller, moito cartón, moito vidro e un inxente número de voluminosos que han ido aparecendo nas rúas, hai que seguir traballando ata que acabe a emerxencia sanitaria para a cal non temos data”, dixo.

INCENDIOS DE COLECTORES

Cuestionada polos sete incidencias asociadas á queimadura de colectores nas últimas horas en distintos puntos da cidade, Rey tachounas de “incendios illados” e volveu a reclamar que “cesen os actos vandálicos”.

En relación con isto, o comisario provincial de Policía Nacional, Carlos Gómez Rodríguez, preguntado sobre este conflito tras a súa toma de posesión, explicou que se están tomando “medidas preventivas acompañadas de investigacións” co obxectivo de “solucionalo canto antes”. “Reforzamos á Policía local planificando e traballando conxuntamente”, contestou, na mesma liña, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

PORCENTAXES POR BARRIOS

En canto ás porcentaxes de recollida de lixo, segundo informa o Consitorio, o máis elevado rexístrase no barrio de Pescaría-Centro (100%), seguido de Os Mallos (50%), Ventorrillo-Agra do Orzán (40%), Estadio (35%) e de Mesoiro-Feáns-Valaire (30%).

Mentres, en Matogrande-Eirís é do 20%; en Cidade Vella, do 15%; en Monte Alto, Sacra Familia, A Sardiñeira-Elviña, O Castrillón e Os Castros, do 10%; e en Os Rosales-Labañou, do 5%.

NOVOS EXPEDIENTES

Pola súa banda, a concesionaria do servizo de lixo da Coruña, Prezero, comunicou “dez sancións máis con suspensión de emprego e soldo” e continúa coa tramitación dos expedientes aos tres membros do comité de empresa.

Así o confirmaron fontes próximas consultadas por Europa Press. Estas certificacións súmanse ás 29 sancións graves emitidas o pasado martes “que supoñen a suspensión de emprego e soldo de seis a dez días en función do número de infraccións cometidas en cada caso”.

A este respecto, o comité de empresa explicou, nun comunicado, que estas “represalias” aos traballadores, “tentando amedrentalos”, “non teñen razón de ser” e “todas eles son carentes de veracidade”.

A XXIII edición do festival Guísamo Folk contará coas Tanxugueiras, como cabeza de cartel

0

A XXIII edición do festival Guísamo Folk, que se celebrará o próximo 24 de agosto no campo da festa da localidade coruñesa, terá como cabeza de cartel a Tanxugueiras.

Xunto a elas tamén estarán o vigueses Abril, un proxecto que mestura músicas de raíz galega e ibérica con outros xéneros. Tamén se subirán ao escenario Arredores, un grupo que non quere etiquetarse nun só xénero e que ofrece concertos con moita enerxía e música que non encaixa nun só estilo musical.

O broche á festa porao Terbutalina. Formado en 2010 por tres novos de Esteiro que querían proxectar a imaxe do seu pobo por toda Galicia. Os concertos comezarán sobre as 20.00 horas, pero o Concello organizará unha serie de talleres e actividades para os máis pequenos.

Xa temos programa do Festival Noroeste 2024

0

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre, con pouco máis dunha semana de marxe, o Concello fai público o cartel do Festival máis importante da cidade, que encherá o areal de Riazor a base de música.

Crystal Fighters, Vetusta Morla e Xoel López son os cabezas de cartel, pero a día de hoxe aínda The Rapants e Fillas de Cassandra poderán ter tanto ou máis protagonismo. Salif Keita ou Triángulo de Amor Bizarro tamén destacan nun programa no que a principal novidade é o Nordestiño, o festival para crianzas.

Ademais de Riazor, a versión expandida contará con eventos en Santa Margarida, Campo da Leña, Praza de Azcárraga e o Castelo de San Antón.

Programa Festival Noroeste Coruna 2024

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

0

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da recollida de lixo, dos actos vandálicos que se están a producir e do funcionamento da empresa de emerxencia contratada para reforzar a recollida do lixo.

A empresa encargada da recollida de emerxencia comezou esta mesma mañá a traballar
sen incidencias. Os cinco equipos en funcionamento (van estar traballando en breve  13 vehículos e 32 operarios) comezaron a recoller o lixo en puntos especialmente sensibles como as proximidades dos centros sanitarios e nos puntos críticos de insalubridade detectados para decretar a emerxencia.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria por zonas da pasada de xoves a vernes:

● Montealto: 10%
● Cidade Vella: 20%
● Pescaría: 95%
● Os Rosales-Labañou: 15%
● Estadio: 15%
● Ventorrillo-Agra do Orzán: 30%
● Sagrada Familia: 10%
● Sardiñeira-Elviña: 15%
● Os Mallos: 45%
● Castrillón: 10%
● Os Castros: 5%
● Matogrande-Eirís: 15%
● Mesoiro-Feáns-Valaire: 35%

Máis novas

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

Os usuarios de praias da Coruña reclaman prohibir altofalantes, regular acceso de cans e acoutar áreas de xogo

Prohibición de altofalantes e música alta, regulación do acceso de cans ou a limitación de áreas onde se poden practicar xogos son algunhas das suxestións máis repetidas polos veciños da Coruña de cara á nova normativa de uso de praias, cuxo prazo terminou o 15 de xullo. En total, o Concello da Coruña recibiu preto dun cento de achegas e suxestións. A proposta máis repetida foi a relativa á prohibición do uso de altofalantes ou outros aparellos para reproducir música e son na praia, sinalando como obrigatorio o uso de auriculares.

En segundo lugar, a presenza dos cans na praia foi tamén un dos temas máis repetidos. Aínda que a petición maioritaria é a de que se permita o acceso dos cans aos areais en horario nocturno durante a tempada de verán, tamén houbo persoas que reclamaron que se manteña a prohibición total. A convivencia entre quen vai gozar do sol, o paseo e o baño e quen xoga á pelota ou ás pas na praia é outro dos aspectos que preocupa a cidadanía. A maioría das propostas neste sentido avogan por acoutar zonas para xogos que minimicen as molestias ás persoas usuarias.

A prohibición de fumar e a mellora do equipamento dos areais, así como a colocación de sinalización que recolla e reforce as normas de convivencia son tamén algunhas das suxestións recibidas. A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, agradeceu aos veciños e asociacións que enviaron propostas “o seu interese por contribuír a unha ordenanza que ten como obxectivo establecer os criterios que faciliten a compatibilidade entre o gozo das praias e calas municipais coa súa protección natural, a convivencia e a seguridade das persoas usuarias”.

PARQUE INFANTIL DE MESOIRO VELLO

Por outra banda, esta semana, o Concello da Coruña reabriu á cidadanía a área infantil de Mesoiro Vello, onde xa terminaron as obras de ampliación dos espazos de xogo. Anteriormente, este espazo tiña unha superficie de 85 metros cadrados, que practicamente se duplicou tras as melloras efectuadas, aproveitando as parcelas lindeiras e unindo os dous espazos de xogo existentes previamente. Desta forma, a área infantil de Mesoiro Vello pasou a contar con 185 metros cadrados.

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo nas rúas da Coruña uns días despois de declarar a emerxencia sanitaria.

Ao longo desta mañá xa están polas rúas os 13 vehículos e 32 operarios que a empresa pode poñer inmediatamente a traballar. Algúns deles están indo escoltados pola Policía Local, unha vez que esta mesma noite volveron queimar varios colectores.

Comezan polos puntos identificados con maior acúmulo de residuos e nos lugares máis sensibles, como na contorna dos centros de saúde. A compañía prestará servizo mentres dure a actual situación e non finalice a emerxencia sanintaria. En canto ás porcentaxes de recollida de lixo, o máis elevado rexístrase no barrio de Pescaría (95%), seguido dos Mallos (45%), de Mesoiro-Feáns-Valaire (35%) e de Ventorrillo-Agra do Orzán (30%).

Mentres, segundo o consistorio municipal, en Cidade Vella a porcentaxe de lixo recollido é do 20%; en Os Rosales-Labañou, Estadio, Sardiñeira-Elviña e Matogrande-Eirís, do 15%; en Montealto, Sacra Familia e Castrillón, do 10%; e en Vos Castros, do 5%.

INCENDIOS

Ademais, esta comisión fixo balance das incidencias producidas nas últimas horas, destacando o incendio dun colector de papel na rúa San Rosendo coa Avenida dos Mallos, ás 02.20 horas, e que afectou parcialmente a un vehículo e á fachada dun herbolario. Así mesmo, ás 05.03 horas tamén se produciron varios incendios en colectores da Avenida Finisterre 183 — no que tiveron que intervir os bombeiros–, 186 e 193.

Máis novas

A concesionaria do servizo de lixo da Coruña comeza a aplicar man dura contra os folguistas

Inés Rey: “Teñen a cidade secuestrada, tomada como refén por pretensións ilegais”