Inicio Blog Páxina 419

Aprobado un novo edificio de 7 pisos na Avenida de Arteixo

0

Aprobaba onte o Concello da Coruña a autorizacón á promotora Highfive, o proxecto de execución dun novo edificio no solar do nº64 da Avenida de Arteixo, en plena Sagrada Familia. Será un edificio de sete andares, para facer un total de 30 vivendas (un ático), xunto con tres andares soterrados para aparcadoiro, e baixos comerciais.

Ten unha superficie total de 974 metros cadrados, dos que 465,36 dedicaranse a un proxecto residencial. O Concello farase cargo da urbanización de 508,64 metros cadrados arredor do edificio, o que permitirá rematar a rúa Acanto, conectándoa así coa rúa Nazaret, actualmente illada por un muro. Ademais, prevese a creación dunha praza na rúa Pontedeume para o uso público.

Edificio Avenda Arteixo 64
Así será o edificio

Máis novas

Arrincaron as obras do delirio urbanístico de Visma

Morre un home de 88 anos na praia de Riazor

0

Un home de 88 anos, con iniciais J.S.M., faleceu este martes cando se bañaba na praia de Riazor, na Coruña. Os feitos producíronse pouco antes das 11.00 horas no areal coruñés. Segundo informou o 112 Galicia, un socorista solicitou a intervención dos profesionais sanitarios tras sacar á vítima da auga. Ata o lugar, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada e o equipo médico realizou manobras de reanimación cardiopulmonar ao home, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.

No operativo, ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén foron mobilizados efectivos da Policía Nacional e da Policía Local.

Mariscadoras e mariscadores do Burgo esixen axudas ante unha situación “asfixiante”

0

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non poidan faenar tras a conclusión das obras de dragado, á espera de que crezan as crías e ante unha situación “asfixiante”. Emprazan de novo a Xunta e Goberno a unha reunión para “tentar desencallar isto canto antes”.

Así o manifestou o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir, en declaracións a Europa Press. Fíxoo nunha nova protesta na zona da Pasaxe que causou retencións nas vías de saída da cidade herculina. Os manifestantes cruzaron a ponte cortando o carril dereito dirección saída desde as 14,00 horas.

“A situación segue igual”, lamentou Baldomir para engadir que “dá a sensación de que non queren atoparse as dúas administracións cara a cara”. “É coma se falasen de forma interna entre elas para porse de acordo e non asistir as dúas ao mesmo tempo”, engadiu.

A este respecto, lembrou que “desde o mes de maio”, cando se celebrou unha reunión á que asistiron “o tres partes” — representantes da Confraría de Pescadores da Coruña e do Executivo autonómico e central –, “nunca máis” volveron a coincidir.

Baldomir apelou a “tentar desencallar isto canto antes”. “A situación é moi asfixiante tanto economicamente como psicoloxicamente”, alertou. O portavoz refírese a unha problemática que afecta ás 74 familias que vivían do marisqueo da ría do Burgo e que unha vez finalizadas as obras de dragado e acometida a sementeira ata que poidan faenar deben pasar “entre 18 e 24 meses”.

Máis servizos de bus entre A Coruña, Oleiros e Sada nos horarios de maior ocupación

A Xunta reforzará desde o vindeiro luns, 29 de xullo, sete servizos de autobús no eixo A Coruña-Oleiros-Sada en horarios de maior ocupación. Segundo explican nun comunicado, tras o seguimento específico levado a cabo durante as últimas semanas e tras unha reunión de traballo co Concello de Oleiros, acordouse reforzar as frecuencias nos momentos do día nos que vén rexistrando unha maior demanda entre esta área e A Coruña.

Entre os axustes propostos para dar resposta ás demandas do Concello de Oleiros, restablécense tres frecuencias ao día que dan servizo á urbanización de Rialta á primeira hora da mañá e ao final do día. Dos sete servizos que se incorporan de luns a venres á oferta do autobús interurbano, cinco conectan A Coruña e Sada con paradas nas parroquias de Carnoedo e Veigue, en Sada, e dúas forman parte de liñas entre A Coruña e Lorbé, en Oleiros.

Á primeira hora da mañá actívase un servizo ás 8.35 horas de Lorbé á Coruña e adiántase ás 7.20 horas o primeiro servizo Sada-Carnoedo-Entrexardíns para incorporar no seu itinerario á urbanización de Rialta, onde se melloran as frecuencias nesta franxa horaria con estes dous servizos. Na franxa horaria de mediodía, sumarase un servizo de Sada á Coruña ás 13.00 horas e outro da Coruña a Sada ás 14.00 horas.

Pola tarde, reactívanse catro expedicións, dúas por sentido. De Sada a Entrexardíns sairán ás 18.30 e ás 21.00 horas. En sentido contrario, sairá de Entrexardíns un servizo cara Sada ás 20.00 horas e outro ás 21.55 horas ata Lorbé, con parada en Rialta. Grazas a isto xa non será necesario o transbordo nestes horarios nas lanzadeiras entre Lorbé e Sada, reactivándose os servizos directos entre A Coruña e Sada.

A Xunta apoia a declaración de emerxencia sanitaria na Coruña

0

A Xunta dá o seu pleno apoio á declaración de emerxencia sanitaria decretada polo concello da Coruña ante a folga encuberta do lixo que ten a cidade emporcallada desde fai semanas.

“O máis importante é que se resolva o problema e se recolla todo o lixo da cidade“, destacou o vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, tras rolda de prensa do Consello. Así, lembrou que hai colectores e mesmo coche queimados por mor da folga. “Por iso, canto antes se resolva, millor. Nós, total colaboración”, asegurou.

Calvo ofreceu “total colaboración” por parte da Xunta para liquidar ese problema. A modo de exemplo puxo o informe da Administración autonómica enviado ao Concello “a semana pasada”, polo cal o goberno local agora puido tomar a decisión de declarar a emerxencia.

No entanto, Calvo aseverou que “o máis importante” agora é “que se resolva o problema” e recóllase o lixo” da cidade para evitar máis incendios en colectores e en coches.

Haberá sede galega no Mundial de fútbol 2030?

0

O Mundial de fútbol 2030 que se celebrará en España, Portugal e Marrocos volveu acender os localismos en Galicia. E é que tras a decisión hai xa meses de Vigo de presentar candidatura para acoller partidos desta competición, súmase agora a da Coruña, impulsada  polo seu novo presidente e dono de Abanca, Juan Carlos Escotet.

Unhas candidaturas que teñen que ser aínda avaliadas e aprobadas pola FIFA e que, entre as condicións, inclúen importantes melloras nos estadios que se candidaturen, sobre todo, en número de aforo. Actualmente, Balaídos conta con case 25.000 prazas e Riazor, con 32.000. Os estándares FIFA recomendan máis de 45.000 prazas.
Por iso, as cidades de Vigo e A Coruña necesitarán axudas importantes para adapatar os seus estadios a esta cita internacional. E, polo momento, só contan co apoio financeiro dos concellos. A Xunta, polo momento, matén certa prudencia.
Precisamente, e preguntado a este respecto, o vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, destacou que o Goberno galego apoia as dúas candidaturas. Ata o momento, a de Vigo xa pasou a primeiro visto e bo e queda a da Coruña, que entrou a última hora nesta petición. “Se a da Coruña sae adiante contará co apoio da Xunta, igual que xa conta a sede de Vigo“, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Con todo, desde a Xunta advirten do financiamento de arranxos nos estadios. “Se España pode celebrar un Mndial non pode ser que o paguen concellos, deputacións e autonomías. Supoño que o Goberno central tamén terá que aportar. Agardemos que a nova etapa de diálogo comece a funcionar e Galicia teña unha sede”, apuntou Calvo.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

A Coruña declara a emerxencia sanitaria e contratará a outra empresa para limpar as rúas

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou que acaba de asinar un decreto que declara a emerxencia sanitaria na cidade que entrará en vigor ás 15,41 horas deste luns e que permite proceder á contratación de persoal para garantir a saúde pública e a salubridade ante o incumprimento do contrato de recollida de lixo. A rexedora explicou que a nova empresa comezará a traballar “da maneira máis inmediata posible”, en canto se presenten as ofertas e se faga a contratación, e farano cunha “duración indeterminada, ata que termine a emerxencia sanitaria” e a cidade volva á normalidade.

O prazo para presentar as ofertas, engadiu, acaba o 24 de xullo ás 10,00 horas e os requisitos das compañías para a “recollida e transporte dos residuos existentes” son que dispoñan de 13 vehículos e 32 operarios. Esta situación débese a unha folga iniciada o pasado 24 de xuño, promovida pola organización sindical maioritaria no comité, o Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL), con motivo de “despedimentos inxustificados”, “externalización de servizos” e “incumprimentos” do convenio.

Rey explicou que, debido a que a concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero, “tal como era previsible non foi capaz de devolver as rúas á normalidade”, a declaración de emerxencia sanitaria entrará en vigor “cando se cumpren 72 horas da notificación” á compañía, o pasado venres. O Concello, segundo destacou, tamén constituíu unha Comisión de Seguimento da Emerxencia para ter un control “de forma diaria” desta situación “co fin de ser o máis áxil e transparente posible”.

COLECTORES INCENDIADOS

Neste contexto, A Coruña volveu a vivir unha madrugada de colectores incendiados en diferentes zonas da cidade na que os bombeiros tiveron que extinguir as chamas nunha decena de depósitos. Segundo apunta o Consistorio, desde o inicio do conflito, os danos suman máis de 280.000 euros con preto dun cento de colectores incendiados.

Inés Rey: “Teñen a cidade secuestrada, tomada como refén por pretensións ilegais”

25 colectores incendiados noutra noite vandálica na Coruña

A Arqueta dos Frades, a segunda fonte da historia da cidade, espera os edificios da macrourbanización de Visma

Xa deron comezo as obras do delirio urbanístico de Visma-A Gramela, que se prolongarán durante un mínimo de 6 anos, para levantar 30 edificios, algún de ata 15 alturas.

Unhas obras que van ter moitas consecuencias no barrio. Ademais de perder a posibilidade de habilitar un parque, un pulmón verde, nun dos barrios con maior densidade de poboación do estado, de asolagar entre o cemento un colexio que vive en plena natureza, de dar sombra a varios barrios colindantes, de acabar coas hortas urbanas… a macrourbanización vai agochar un dos tesouros patrimoniais da cidade.

Falamos da Arqueta dos Frades, tamén coñecida como Fonte dos Romanos. Sita no medio e medio da agra da Gramela, e rodeada de bidueiros, aínda se mantén a segunda fonte de auga que tivo a cidade da Coruña. Tiveron que ser as denuncias veciñais e a presión da prensa a que conseguira evitar que a Arqueta fose atravesada por unha estrada, e o último proxecto aprobado, finalmente inclúe un proxecto de conservación, musealización e posta en valor da Arqueta, urbanizando a zona con carácter unicamente peonil.

Interior da Arqueta dos Frades-Fonte dos Frailes Visma Gremalea Coruna
Interior da Arqueta dos Frades

Menos mal porque falamos do segundo manantial co que contou a cidade. Se no século XVI, construise a coñecida como “A viaxe da auga de Vioño”, que abastecía por canles subterráneas a cidade, o progreso da vila, sobre todo no barrio da Pescaría, chegando a ter 12.000 habitantes, fixo que esta fonte quedase insuficiente dous séculos despois.

Foi arredor do 1718 cando se construiu a Fonte dos Romanos, a Arqueta dos Frades, ou o Manantial dos Frailes. Hai numerosos estudios que recollen a súa historia, como “Los orígenes del abastecimiento de agua a la ciudad de a Coruña”, de Carlos Valeiro Solsona, que a cataloga como “A Arqueta Madre da traída de San Pedro”.
Pouco despois, entre 1722 e 1726, o acueducto. O acueducto tiña unha lonxitude de 2km baixando polo que agora é Vila de Negreira, Paseo de Ronda, Paseo dos Puentes Rúa Ferrol ata Juana de Vega, dende o se abastecía ao centro da cidade.
Foi xa entreando no século XX cando se substituíu esta traída pola do río Barcés, pero a día de hoxe aínda se conserva a Arqueta, case intacta, e o paso alto polo Paseo dos Puentes, unha das xoias históricas da cidade.

Manantial da fonte dos Frailes de Visma ao centro
Dende aquí partía o acueducto que hoxe aínda permanece erixido no Paseo das Pontes

A Arqueta vive esquecida entre a maleza, pero conserva a súa riqueza, A auga sae cristalina, en dirección ao centro da cidade, e sobre as súas lousas de pedra aínda se poden atopar tritóns raniñas…

fauna na arqueta dos frades
Fauna nas cristalinas augas da arqueta

Os intentos de recuperala remóntanse a moito tempo, e mesmo houbo quen presentou unha proposta nos Orzamentos Participativos, pero o Concello respondera que “a parcela na que se sitúa este xacemento arqueolóxico non é de titularidade municipal” e que ademais, estaba en “tramitación un proxecto de urbanización” que hoxe vai collendo altura.

Máis novas

A Farruca non poderá saltar polas corredoiras de Visma

Así será o primeiro edificio da macrourbanización de San Pedro de Visma

O “delirio urbanístico” de Visma

A “imparable” marea de cemento que invadirá á illa verde do CEIP San Pedro de Visma

Os Franco alegan ser “propietarios de boa fe” da Casa Cornide e acusan ao Concello de “oportunismo político”

A familia Franco defende que eles son os “propietarios de boa fe” da Casa Cornide da Coruña, tendo en conta que a usaron de forma “pública, pacífica, ininterrompida e en concepto de donos” desde hai 62 anos sen que o concello realizase unha reclamación sobre a súa propiedade. Así contestaron nun escrito de alegacións presentado no Concello da Coruña contra a revisión de oficio dos acordos plenarios que, en 1962, levaron á adquisición do inmoble por parte de Pedro Barrié de la Maza e a súa posterior cesión á familia Franco.

Neste escrito, os Franco alegan que “en mais de medio século”, o Concello da Coruña, “consciente e voluntariamente, diferiu as súas posibilidades de reacción” ante estes acordos que agora busca anular, que eran “coñecidos pola administración en todo momento”. Por iso, non ven outra motivación a esta actuación que non sexa “un evidente oportunismo político”.

O “transcurso tan esaxerado de tempo” permitiu, cren, “a adquisición de dereitos de boa fe”, como serían os de propiedade, xa que a familia Franco “utilizou a Casa Cornide de forma pública, pacífica, ininterrompida e en concepto de donos desde fai máis de seis décadas, e como tales foron tratados pola propia administración municipal desde entón”. A maiores, lembran un auto da Audiencia Provincial da Coruña con respecto ao Pazo de Meirás para alegar que “a mala fe non se traslada aos herdeiros necesariamente” e para reiterar que a propiedade do inmoble sería adquirida “por usucapión ou prescrición adquisitiva”.

SEN PREXUÍZO AO CONCELLO

Para a representación dos Franco, non existe neste proceso “ningún prexuízo para o Concello” que motive a revisión de oficio dos acordos e consideran que o consistorio “realmente o que pretende é incorporar ao patrimonio municipal un inmoble que unicamente estivo no seu poder apenas un mes” e “de forma instrumental” para dar paso á súa poxa. “Nunca foi a intención do concello ostentar a propiedade do devandito inmoble, xa que o mesmo só foi permutado para o seu posterior alleamento mediante poxa”, inclúe o escrito. Así, rexeitan que a Casa Cornide fose sede municipal no século XIX e avanzan que pedirán “a proba correspondente”.

Con iso, afirman que a Casa Cornide nunca tivo o carácter de propiedade pública que se lle atribúe, xa que, “aínda que foi inicialmente adquirida polo Estado para ser destinada á actividade de conservatorio de música, a realidade non discutida é que nunca se destinou a tal fin” nin ao de ningún “servizo público”, senón que foi permutada e poxada. Ademais, sobre o inmoble actual, a familia Franco sinala que non está constituído exclusivamente polo edificio poxado, se non que Carmen Polo, con posterioridade, “adquiriu outra parcela contigua ao devandito inmoble, que foi anexionada”.

Por iso, lembran, se “os actuais propietarios perdesen a propiedade”, o Concello “non só debería indemnizarlles pola perda da devandita propiedade, se non tamén de dita parcela adquirida con posterioridade”. Finalmente, alegan que o proceso de revisión é nulo tendo en conta que “non se emprazou a todos os interesados”, principalmente aos herdeiros de Pedro Barrié de la Maza, a quen se debe “conceder trámite de audiencia”.

O Morriña Fest arrinca este venres con artistas como Louis Tomlinson, Nicki Nicole, Aitana ou Lola Índigo

0

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este luns na presentación dunha nova edición do Morriña Festival, que se celebrará entre o venres 26 e o sábado 27 de xullo na Coruña e contará coas actuacións de artistas como Louis Tomlinson (ex de One Direction), Nicki Nicole, Aitana ou Lola Índigo.

No acto, Merelles puxo en valor o compromiso da Xunta coa celebración do evento, “coa intención de intensificar a oferta turística da cidade que está a ser un dos destinos urbanos máis destacados“. Tal como dixo, a urbe herculina é o segundo destino urbano con maior demanda turística de Galicia, crecendo no que vai de ano un 4 %. “É un destino que gusta, e moito, e con grandes eventos e citas musicais como estas contribuímos a incrementar o seu atractivo”, engadiu.

O Morriña comezará o vindeiro venres, día no que actuarán Louis Tomlinson, Editors, Nicki Nicole, Iván Ferreiro, Dani Fernández, Juan Magán, Sen Senra, Dorian, Marlena e Enol. O sábado será a quenda de Aitana, Lola Índigo, A A Love You, Yandel, Iñigo Quintero, Dei V, Pedro Capó, Malmö 040, Dollar Selmouni, Yeico x Troni, Garabatto, Tashi e Toni Seijas.