Inicio Blog Páxina 431

Tres intoxicados dunha mesma familia con monóxido de carbono por un queimador

Unha familia de tres membros necesitou asistencia médica por ter síntomas de intoxicación con monóxido de carbono ocorrido no seu vividena na rúa Pedregoso, na cidade da Coruña.

Segundo informa o 112 Galicia, os afectados acudiron ao hospital pola intoxicación e alertaron ao servizo de emerxencia pouco antes das 3,00 horas da madrugada para que se realizasen as comprobacións necesarias.

Con esta información, solicitouse a intervención dos Bombeiros da Coruña, quen observaron índices positivos de monóxido na vivenda, aínda que xa eran baixos. Tras revisar a casa, concluíron que a orixe puido ser un quemador. Tamén interviñeron os axentes da Policía Local.

O persoal da planta de residuos de Nostián convoca tres días de folga en xullo para esixir medidas de seguridade

O persoal da planta de tratamento de residuos de Nostián, na Coruña, convocou unha folga “de carácter intermitente” os días 19, 24 e 26 de xullo para esixir á empresa Albada que “adopte medidas en materia de seguridade e saúde laboral”, así como “garantías” para o cobro íntegro da paga de produtividade.

“O índice de accidentes non diminúe, senón que se incrementa de maneira expoñencial”, denunciou, en rolda de prensa, o presidente do comité de empresa, Hadrián Canosa, tras lembrar que no último trimestre de 2023 producíronse seis accidentes e “no que vai de 2024 xa foron 12”. Este aumento da sinistralidade débese, na súa opinión, á “enorme falta de mantemento da empresa, tanto preventivo como correctivo, e a unha planificación anual preventiva que traslada a maioría das actuacións a unha nova concesión, vulnerando a Lei de Prevención de Riscos Laborais”.

A este respecto, Canosa apuntou á “responsabilidade” por parte do Concello da Coruña, quen “tamén debería de esixirlle á empresa que se actúe en materia preventiva”. Ao mesmo tempo, reclamou ao Consistorio que saque “canto antes os pregos da nova licitación para garantir o futuro das instalacións e os seus postos de traballo”.

MELLORAS SALARIAIS

En canto á “perda de capacidade adquisitiva”, Canosa lamentou que a situación estea “a afogar as economías das familias que traballan na planta”, ao redor de 120, que levan “cos salarios conxelados desde o ano 2012”. “Desde aquel momento, o IPC aumentou un 24,5 %, segundo os datos do INE, facéndonos un 24,5 % máis pobres”, recalcou.

Apunta, ademais, que está “en risco” a paga de produtividade para o ano 2025 debido a que, segundo lles informou a dirección da UTE Albada, o Concello da Coruña “xa non está adherido ao convenio marco subscrito entre a Xunta e Ecoembes”. “O seu abono depende das toneladas de lixo recuperadas e está vinculado, segundo establécese no noso convenio colectivo, ao propio convenio Ecoembes”, especificou.

A Flotilla da Liberdade zarpou, tras varios problemas burocráticos e moitas actividades, Rumbo a Gaza

Tralo excepcional recibimento do pasado xoves, estaba previsto que o Handala, o buque solidario da Flotilla da Liberdade, zarpara da Coruña o domingo 30 de xuño, mais problemas técnicos e burocráticos retrasaron a súa saída rumbo a Lisboa. Un imprevisto que non é un caso illado posto que xa noutros portos houbo complicacións para obter os permisos. Mesmo no porto da Coruña, houbo un problema moi serio no pasado día 27 pois o Handala tivo que estar fondeado varias horas por non recibir o permiso para atracar. Finalmente, grazas a xestións políticas, o buque atracou no porto de Oza, e despois de 3 días completos, partiu esta mañá de luns rumbo ao Mediterráneo, coa chegada a Gaza prevista para o mes de agosto.

Unha viaxe que partiu de Oslo, e que atravesa toda Europa co obxectivo, non só de levar axuda humanitaria a Gaza, senón tamén de denunciar o bloqueo en Gaza, o xenocidio do pobo palestino e pedir ás nosas representantes políticas que garantan a seguridade da súa travesía e promovan accións de denuncia e sancións ao estado criminal de Israel.
Durante parte da viaxe o boque contará con dous representantes galegos, o ex parlamentario Bieito Lobeira e o fotoxornalista vigués Juan Teixeira, que chegarán ata Lisboa.

Bieito Lobeira e Juan Teixeira no Handala 2
Juan Teixeira e Bieito Lobeira, os tripulantes galegos do Handala

3 días de accións

Durante os tres días de parada na cidade da Coruña, unha comisión formada por integrantes da tripulación do Handala e representantes do Comité Galego de Benvida á Flotilla tiveron unha intensa axenda visitas institucionais. O venres 28 fixeron unha visita institucional ao Parlamento de Galicia onde foron recibidos polo Presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices Vieira e as representantes da Mesa do Parlamento ainda que posteriormente o propio presidente non quixo facer pública esta recepción nin facer fotografías.

Si puideron ter un encontro posterior coa prensa na sala do BNG no Parlamento Europeo e un posterior encontro para poder falar da súa misión e obxectivos nesta ruta rumbo a Gaza. A continuación da xornada do 28 deixou moi bo recordo e á representación da Flotilla cun almorzo e encontro con representantes da Asociación Galaico Árabe Jenin. Posteriormente, foron recibidos no Concello de Santiago de Compostela pola Alcaldesa Goretti Sanmartín e representantes da Corporación municipal e mesmo saíron ao balcón engalanado para a ocasión coa bandeira palestina. Rematou a xornada co mesmo espíritu de solidariedade e apoio cunha recepción no Centro Cultural da Fabrica de Oleiros co alcalde Ángel García Seoane e representantes da Corporación municipal e posterior Gala artística dirixida por Cándido Pazó, coa intervención do cantautor Felix Arias e da artista palestina Rana Hamida, integrante da tripulación do Handala.

Flotilla Deputaciónde A Coruña
Recepción na Deputación da Coruña

Na xornada do día 29, na cidade da Coruña, foron recibidos na Deputación da Coruña polo Vicepresidente Xosé Regueira Varela e deputadas do BNG onde as representantes da Flotilla reiteraron a súa chamada á responsabilidade política na defensa e apoio a esta misión humanitaria e accións firmes de denuncia e sancións a Israel. Desde a Deputación, a comisión saíu cara a sede da UDC, onde foi recibida por unha comisión formada por representantes da equipa reitoral, profesorado, grupos de traballo na UDC por Palestina e representantes do Estudantado. Durante esta recepción presentaron ás representantes do Handala o manifesto da UDC por Palestina, texto no que, entre outros puntos, se pon en valor a defensa dos dereitos humanos e o rexeitamento ás agresións altamente violentas e establecen compromisos de bloqueo de colaboración con institucións israelís.

Flotilla UDC
Recepción na UDC

Rematou esta visita na tarde do 28 cunha Gala solidaria nos Xardíns de Méndez Núñez organizada por Pallasos en Rebeldía. presentada por Isa Risco e Iván Prado na que participaron numerosas artistas e poetas galegas.

Máis novas

“A empresa Indra é complice do xenocidio do pobo Palestino”

 

A UDC promoverá unha cátedra por Palestina e non participará en actos con entidades de Israel

 

 

A Coruña recibe á ‘Flotilla da Liberdade’ entre mostras de solidariedade e contra o “xenocidio” en Gaza

“A empresa Indra é complice do xenocidio do pobo Palestino”

Acentúan as súas accións os grupos máis comprometidos na loita contra o xenocidio palestino. E comezan a dar nomes seguindo a filosofía dun dos colectivos máis activos: Boicot a Israel (BDS Galiza).

Neste caso, un grupo de militantes instalaron unha faixa diante da multinacional española Indra, na Coruña, denunciando a súa colaboración na masacre en curso en terras palestinas desde o 8 de outubro. Coa mensaxe “Indra mata nenxs na Palestina” quere denunciar que a multinacional vende armas a Israel.


Indra, participada nun 28% polo SEPI (goberno de España), pechou o ano 2023 con 206 millóns de euros de beneficios, un 20% máis que o ano anterior. “Un impulso xerado, en boa medida, polos ingresos vinculados á división de Transporte & Defensa, que aumentaron un 19% polo forte crecemento de Defensa & Seguridade (debido ao aumento dos conflictos bélicos e o reforzamento de control de fronteiras, nos que a empresa ten diversos contratos)”, denuncian dende a campaña #DesarmandoIndra, poñendo exemplos:

– Indra participou nun proxecto de 24 millóns de euros, na autopista Ayalon 20, que rodea Tel Aviv, coa súa tecnoloxía en IA pra o fomento da mobilidade en Israel. No mesmo tempo que se amplían os puntos de control, os famosos Checkpoint, e todo tipo de medidas que coartan a moblidade e a vita cotiá da población palestina nos Territorios Ocupados.

– Aínda máis, Indra é socio estratéxico da empresa israelí “Israel Aerospace Industries (IAI)”, unha corporación pioneira en tecnoloxía de drons. Seus modelos Heron 1 e Heron TP son utilizados polas Forzas Israelíes de Defensa sobre os Territorios Ocupados Palestinos pra identificar obxectivos e realizar ataques mortais con proxectís.

Indra, pois, segue a priorizar o beneficio económico ante calquera consideración ética o moral e mantendo negocios co Goberno de Benyamin Netanyahu, responsable do xenocidio en curso en Gaza (e no aumento do asedio, detencións arbitrarias e asasinatos en Cisxordania) desde o 8 de outubro.

 

As cifras

Aproveitamos e actualizados os Datos que ofrece o Goberno palestino e a ONU sobre a situación da infancia en Gaza (14/06/2024) baixo o xenocidio:

  • 15.694 nenas e nenos fueron asesinados, 34.000 niños feridas e 3.600 atópanse desaparecidos baixo os escombros.
  • 1.500 nenas e nenos perderon extremidades ou ollos, ou sufriron unha discapacidade permanente debido a unha lesión, e polo menos 200 foron secuestrados polas forzas israelíes.
  • 17.000 niños quedaron orfos, o 3% delxs perderon a ambos proxenitores e máis de 700.000 niños foron desplazados pola forza dos seus lugares de residencia.
  • Preto de 650.000 perderon seus fogares despois de que foran destruidos.
  • O 98% da infancia en Gaza non atopa auga potable.
  • 82.000 presentaron síntomas de desnutrición, o 35% con síntomas graves.
  • 33 nenas e nenos perderon a vida debido á fame e a desnutrición.

 

Máis novas

A Coruña recibe á ‘Flotilla da Liberdade’ entre mostras de solidariedade e contra o “xenocidio” en Gaza

Os salvadores de Entre Crebas denuncian o uso de tractores para a limpeza nas praias: “Coidan as apariencias e agochan as vergoñas debaixo da alfombra”

Non frea o Proxecto Entre Crebas, esa iniciativa social do colectivo medioambiental Mar de Fábula, que convirte ás persoas en réxime de semiliberade do CIS (Centro de Inserción Social) da Coruña e auténticos crebeiros e salvadores de praias.

Esta pasada semana desenvolveron a 8ª limpeza na praia das Lapas, coñecida de sempre como o Areal da Torre. Foron 18 persoas as que tiveron unha mañá lonxe das celdas gracias este proxecto, sentíndose ademais persoas útiles e aptas para a súa reinserción.

Tanto a xente de Mar de Fábula como os internos lamentaron ao uso por parte dos concellos dos tractores para realizar as limpezas nas praias urbanas. “Este sistema de limpeza é coller no cazo os anacos grandes de lixo é espallar e soterrar na area todo o lixo miudo. É o de sempre, coidar as apariencias, agochar as vergoñas debaixo da alfombra”, denuncian. “Pero ese grande supermercado do lixo que temos feito do mar, en cada marea, devólvenos unha chea de refugallos frescos e isos foron os que apañamos nesta última limpeza”.

Así o comprobaron recollendo unha marea de refugallos, entre elers 15 cordas e aparellos de pesca, 53 anacos de plástico >2,5 cm; 11 tapóns de botella; 150 cabichas, 22 servilletas de papel; 11 tapóns metálicos, 150 anaquiños de vidro; 23 anacos entullo, 5 toalliñas e 12 bastociños algodón.

Máis novas do proxecto

O proxecto Entre Crebas medra entre cabichas

Os padriños do Areal da Torre alertan da cantidade de cabichas que deixamos na praia

As persoas en semiliberdade do CIS afondan na súa sensibilización ambiental

 

Contra o mundial de fútbol (polo menos na Coruña)

0

Semella que as evidentes necesidades das veciñanzas de san Roque de Fóra, Riazor e arredores non abondan para que «o goberno de Inés Rey» decida impulsar unha mudanza urbanística que lles facilite a vida. O noso Concello precisaba unha escusa para afrontalas e atopouna no único eido que de certo coñece: a mercantilización do espectáculo.

A posíbel celebración dun mundial de fútbol masculino na república de Portugal e nos reinos de Marrocos e España serviu para que a  mandataria municipal ofrecera as nosas instalacións deportivas para que o conglomerado internacional do capitalismo audiovisual (a FIFA e compañía) poida facer negocio coa esperanza de se quedar coas frangullas que deixen.

Os gabinetes de comunicación do PsdG e do Real Club Deportivo da Coruña levan preto dun ano preparando o terreo: «Así será o “megaproxecto” do novo Riazor para o mundial 2030», «A ampliación do estadio de Riazor, un proxecto de cidade para A Coruña»,… Consonte os medios, a reforma do estadio municipal que arrenda, a prezo de saldo, unha empresa privada custará 101.800.000 € dos que o 70% sairán das arcas públicas. Se só se gastase ese 70% na mellora urbanística da zona («humanización», na neolingua do Inesato), todo sería máis barato e ademais evitariamos que a cidade estivera a relacionarse cun dos negocios máis «insostíbeis» e destrutivos para a natureza que se anuncian nos vindeiros anos. De verdade é preciso organizar ese movemento de persoas e capitais entre tres países usando avións, incrementando as emisións de carbono innecesariamente, cos datos de quecemento global que hoxe coñecemos? Estaría ben afastar A Coruña destes absurdos e ecocidas «macroeventos» e vencellala co respecto a Natureza.

Evidentemente o mundial masculino de fútbol non abonda para xustificar o gasto e por iso dende a reciclada Concellería de Cultura deixan caer, a través dos medios, que «o novo Riazor abre a porta a concertos de máximo nivel» e completan a publicidade enganosa cun «Bruce Springsteen, Beyoncé o Coldplay actuaron en recintos semellantes en España». Máis colaboración coa industria musical do goberno que máis ten axudado ao monopolio desta industria e os seus «organizadores privados de eventos».

Deporte de masas e outros espectáculos hexemónicos ao carón dun bulevar de cemento cunha ducia de árbores raquíticas, velaí o proxecto. A presunta reurbanización sostíbel de Riazor, san Roque de Fóra e lindeiros é un mero efecto secundario da verdadeira fin do «goberno de Inés Rey».

MÁIS ARTIGOS DE RODRIGO OSORIO NO XDC

Teoría e práctica da política pailaroca

Forte malestar veciñal en Oleiros ante a eliminación de autobuses

0

O Concello Oleiros volve reclamar á Xunta de Galicia a restitución de todas as liñas de transporte eliminadas desde a semana pasada. O Concello faise voceiro da veciñanza criticando as graves deficiencias no servizo durante esta semana, con constantes incumprimentos de horarios, buses ateigados de pasaxeiros pola redución de frecuencias e ausencia de información á cidadanía sobre os cambios de realizados. O caos foi tal que ata foi empregado un bus de 30 prazas para un dos servizos de primeira hora da mañá.

Ante as denuncias do Concello e de numerosos veciños, a Xunta comprometeuse a realizar cambios de inmediato e reformular a situación a partir desta semana. Ata o momento o Concello non recibiu información oficial algunha, polo que no caso de cumprir coa restitución das liñas eliminadas, a comunicación ás persoas usuarias vai ser altamente insuficiente –nin 24 horas de antelación-.

“Este tipo de políticas, que só benefician ás empresas concesionarias, van totalmente en contra do fomento do transporte público e do interese xeral da cidadanía”, lamentan dende o grupo de goberno de Alternativa. “A Xunta agrava así os problemas de mobilidade existentes na comarca da Coruña, sobre os que ten unha responsabilidade importante, non só por ter as competencias no transporte público, senón tamén por levar 3 anos coas obras de conexión da vía Ártabra coa AP-9 paralizadas, que sacarían entre un 30 e un 40% do tráfico da ponte Pasaxe”.

A Audiencia da Coruña acollerá o xuízo contra Luís Oujo por prevaricación para o que piden o sobresemento

A Audiencia da Coruña acollerá a próxima semana, do martes ao xoves, o xuízo contra o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, por un delito de prevaricación, para o que Fiscalía pide o sobresemento provisional das actuacións.

Os feitos obxecto de xuízo ocorreron en 2011, cando Oujo (PPdeG) entrou a gobernar, e o Concello contratou a un arquitecto técnico por un ano e o contrato foise alongando, para o que a Administración local tivo que levantar diferentes reparos.

A acusación alegou a resolución do Xulgado de Instrución número 2 de Noia, polo que a próxima semana celebrarase o xuízo na Audiencia da Coruña.

A Coruña recibe á ‘Flotilla da Liberdade’ entre mostras de solidariedade e contra o “xenocidio” en Gaza

0

O buque ‘Handala’, integrante da Coalición da ‘Flotilla da Liberdade’ e que navega Rumbo a Gaza coa lema ‘Xuntos romperemos o asedio en Gaza’, chegou este xoves ao porto da Oza, na Coruña, arroupado por medio centenar de persoas.

Despois de zarpar de Oslo o pasado 1 de maio, e tras varias paradas polo norte de Europa, a súa chegada foi sobre as 19.00 horas aínda que antes xa se congregaban, na dársena de Oza, numerosas persoas convocadas por organizacións integrantes da Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina.

Recibimento Flotiñla da Liberdade Coruna

As mesmas fixeron nas últimas horas un chamamento para recibir aos integrantes do barco cun acto festivo e reivindicativo para “demostrar o compromiso do pobo galego con Palestina”.

A tripulación está formada por activistas de todo o mundo e partiu de Oslo (Noruega) o pasado 1 de maio. Ata o mes de agosto atracará en diversos portos europeos ata pór rumbo a Gaza “para denunciar e romper o ilegal bloqueo da Franxa”.

A súa misión inclúe concienciar das consecuencias do bloqueo á entrada de axuda humanitaria, especialmente para as máis vulnerables. Denuncian tamén “a brutal invasión israelí co respaldo de países da comunidade internacional”. A misión deste ano leva por nome ‘Pola infancia de Gaza, pola infancia palestina’.

Durante o recibimento, inverviron Fillipe Lopes responsable de prensa da do Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, Rana Hamida, Palestina residente en Nova Zelanda e Lucía Mararrasa de Rumbo a Gaza

ACTIVIDADES

Con motivo da súa chegada programáronse diversas actividades culturais, así como institucionais, con recepcións en distintas institucións galegas, “para mostrar o compromiso do pobo galego cos dereitos humanos e chamar a atención internacional sobre o sufrimento e resistencia do pobo palestino”.

O día 30 o buque continuará rumbo a Gaza con paradas nos portos de Cascais e Málaga para continuar a súa ruta polo Mediterráneo e con previsión de chegar a Gaza en agosto.

E é que o seu percorrido continuará tras o seu paso por varios países europeos. Felipe López, membro da tripulación, agradeceu a solidariedade demostrada no recibimento, no que se podían ler pancartas coas lemas ‘Paz e Liberdade’ ou ‘Galicia con Palestina’.

Ante os asistentes, entre eles representantes do BNG como Ana Miranda ou Francisco Jorquera, denunciou o “xenocidio” e insistiu no seu obxectivo de facer chegar axuda humanitaria. “Isto aféctanos a todos como sociedade”, sentenciou outra das tripulantes, unha muller palestina, que apelou á “humanidade” fronte aos ataques por parte de Israel.

Pola súa banda, Sami Ashonr, da Asociación Galaico-Árabe Jenin, presente no acto, agradeceu os apoios. “É unha mostra máis de que o mundo está connosco”, indicou a Europa Press.

VISITA A OLEIROS

Non cabe dúbida que Oleiros é un dos Concellos máis comprometidos, dende hai case 40 anos, co pobo palestino. E por iso Oleiros será unha das 5 paradas que a Frotiña da Liberdade realizará na península Ibérica na súa travesía ata Gaza,

O Goberno municipal recibirá oficialmente á tripulación que comanda o capitán Clive Haswell, que participará nun coloquio no auditorio da Fábrica este venres 28 de xuño, ás 20.00 horas.

O Concello é crú sempre nas súas comunicacións: “Pídese que a potencia colonial ocupante acate a legalidade internacional cumprindo coas resolucións das Nacións Unidas e os organismos internacionais que lle obrigan a poñer fin á ocupación -incluída Xerusalén Este-, ao bloqueo, a derrubar o muro de ocupación, a permitir o regreso da poboación refuxiada que expulsou e compensala polos danos e prexuízos. Ademais, a potencia ocupante debe ser xulgada polos crimes cometidos”.

O día 30 o buque continuará rumbo a Gaza con paradas nos portos de Cascais e Málaga para continuar a súa ruta polo Mediterráneo e prevista a súa chegada ás costas de Gaza en Agosto.

PROGRAMA COMPLETO

XOVES 27 – A Coruña (Dique de Abrigo)

  • 19:00: ENCONTRO NACIONAL DE BENVIDA AO BUQUE HANDALA.
    Actividade musical e pregón de benvida a cargo de Quico Cadaval, director teatral e narrador.

VENRES 28 – SANTIAGO DE COMPOSTELA

  • 10:00: Recepción do presidente do Parlamento de Galicia
  • 10.30: Rolda de prensa na Sala de Prensa do Parlamento de Galicia
  • Visita guiada a Compostela e ao Museo do Pobo Galego.
  • 19:00. Recepción no Concello de Santiago de Compostela a cargo da Excma. Alcaldesa Goretti Sanmartín.

VENRES 28 – OLEIROS

  • 19h, Recepción na Casa do Concello de Oleiros
  • 20h. Conversar: conversa co capitán do barco. Gala da Poesía na… coa participación de Candido Pazó, Isa Risco e Xurxo Souto.

SÁBADO 29 – A Coruña

  • 10h. Recepción pola presidencia da Deputación da Coruña
  • 11h. Recepción na Universidade da Coruña
  • Gala artística solidaria organizada por Pallasos en Rebeldía e despedida da tripulación.

 

MÁIS NOVAS

O delegado do Goberno, sobre as axudas a mariscadores da ría do Burgo: “A Xunta ten a competencia”

0

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, ofreceu á Xunta colaboración para a procura dunha solución ante as axudas que demanda o colectivo de mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo mentres non poidan faenar unha vez acabadas as obras de dragado. No entanto, insistiu en que “a competencia para articular un mecanismo tena a Xunta de Galicia”. Así o expuxo, a preguntas dos xornalistas, coincidindo cunha nova convocatoria de mobilizacións por parte do colectivo.

“Estamos dispostos a colaborar”, recalcou o delegado quen considerou que o investimento feito polo Estado para o abono de indemnizacións aos mariscadores foi “xustificable” mentres se acometía a limpeza da ría, pero apostilou que unha vez terminada a obra “hai que articular outros mecanismos”. “Quen ten a competencia é a Xunta, hai que sentar e ver como podemos entre todos atender esa demanda”, aseverou Pedro Branco para o que “quen ten que pór encima da mesa a solución é a que ten a competencia”.