Inicio Blog Páxina 498

A Coruña reprocha á Xunta que, ante “unha nova marea”, “segue sen mobilizar medios”

O goberno local da Coruña reprochou á Xunta que “non asuma” as súas competencias en relación á recollida dos pélets, mentres que desde o grupo municipal do PP instouse a “non incendiar”. “Unha nova marea e a Xunta segue sen mobilizar medios”, sentenciou, á súa vez, o edil do BNG Francisco Jorquera.

Foi na sesión plenaria celebrada este xoves por parte da corporación municipal e na que en asuntos á marxe, a través de mocións e preguntas orais, debateuse sobre os pélets e tamén o acordo con Bildu en Pamplona. Do Goberno galego, a concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, asegurou que “nin apareceu”. “O concello outra vez ten que asumir competencias”, dixo sobre as que corresponden ao Goberno galego.

Pola súa banda, o edil do PP Antonio Deus instou aos demais grupos políticos (PSOE e BNG) a “porse ao lado” do Executivo galego e a “non incendiar e non sacar bulos”. “A Xunta segue sen aclarar por que tardou tanto en subir o nivel de alerta”, expuxo, á súa vez, o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, quen lle reprochou “incompetencia”. Todo iso nun pleno na que o PP presentou unha moción “en defensa dos gobernos constitucionalistas”, con reproches ao acordo do PSOE con Bildu, e que non prosperou.

POSTURA DE OLEIROS

Sobre a situación no municipio coruñés de Oleiros, o consistorio manifestou que “ante a presión” municipal iniciouse por parte da Xunta a limpeza das praias, “pero de maneira deficiente”. “É unha acción máis propagandística que efectiva dado que os medios despregados son totalmente insuficientes para eliminar a contaminación existente”, sostén o Concello de Oleiros que demanda “máis persoal” e, sobre todo, “o uso de maquinaria específica“.

A Coruña solicitará á Xunta a creación dun consorcio metropolitano de transporte

Concello da Coruña solicitará á Xunta a creación dun consorcoio metropolitano de transporte que mellore as conexións entre A Coruña e os municipios da área. A moción, que se debateu este xoves na sesión ordinaria do pleno, foi aprobada cos votos a favor dos grupos municipais do PSOE e o BNG. O concelleiro de Economía e Planificación Urbana e portavoz do goberno local, José Manuel Lage, demandou á Xunta que “se implique e asuma que as liñas e frecuencias téñense que deseñar en coordinación cos concellos cunha planificación de futuro”.

SERVIZO DE LIMPEZA

Entre outros asuntos, no pleno debateuse a situación do servizo da concesionarias de limpeza na cidade, tras trasladar o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, o “malestar xeneralizado” tras unha convocatoria de folga en Nadal, finalmente desconvocada, polo Sindicato de Traballadores de Limpeza, con algúns dos seus dirixentes investigados xudicialmente.

Jorquera lembrou aos socialistas que no acordo de goberno figura “o compromiso de investigación a curto prazo para saber se as concesionarias de limpeza inhibíronse da súa responsabilidade”, dixo sobre a folga convocada inicialmente. “Non hai que transmitir unha situación calamitosa”, asegurou a edil de Medio Ambiente, Noemí Díaz, quen avanzou que se están implementando medidas e que hai “un seguimento escrupuloso do cumprimento contratos e a normativa laboral”.

O Norte Cinema Diverso entra nas aulas

0

Este venres arranca NCD Educa, unha iniciativa da organización do festival Norte Cinema Diverso para levar ás aulas da cidade da Coruña o cine LGTBI+ e xerar debate coa comunidade escolar.

O IES Eusebio da Guarda será o primeiro centro en que membros das entidades colaboradoras (Fundación 26D, Less Coruña, Comité Anti SIDA da Coruña CASCO e CoruFest) xunto á Asociación Palestra, organizadora do certame, entren en interacción con profesores e estudantes.

As curtametraxes que se proxectarán na mañá do venres, grazas á colaboración da cinemateca da Fundación Pedro Zerolo, son Pancarta, El mueble de las fotos, Antes de la erupción e 17 minutos con Nora. Ao final de cada unha delas producirase un debate con
alumnos e alumnas de 4º da ESO, coa moderación dos directores do NCD, Fernando Cayazzo e Fito Ferreiro.

“Durante varias semanas”, explica Cayazzo, “levaremos as curtametraxes a algúns institutos da cidade para que despois se abran debates entre alumnos e alumnas sobre a trama de cada unha desas curtas. As novas xeracións teñen moito que achegar. Cremos nelas. Malia a polarización nalgúns temas, ábrennos os ollos en moitos asuntos”.

Tras a primeira xornada no IES Eusebio da Guarda, NCD Educa entrará nas aulas doutros tres institutos da cidade: Monte das Moas (25 de xaneiro), Sardiñeira e Elviña (estes dous últimos en datas aínda por pechar).
O festival Norte Cinema Diverso celebrará a súa segunda edición os días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo no Teatro Colón.

 

O Ciclo Norte Cinema Diverso amplíase a tres días e abre unha sección de curtametraxes en galego

Restablecido parcialmente o tráfico ferroviario na Coruña, tras o fallo eléctrico que afectou a 9 servizos

0

O tráfico ferroviario na estación da Coruña restableceuse parcialmente, segundo confirmaron fontes de Adif e de Renfe, despois dun fallo eléctrico na terminal que obrigou a suspender a entrada e saída de trens desde primeira hora da mañá.

O administrador ferroviario explicou que logrou pór en servizo dúas vías da terminal, polo que, desde as 11,00 horas puido reiniciarse a circulación de trens.

O fallo eléctrico detectado este xoves impedía o funcionamento dos sistemas de sinalización e control de tráfico ferroviario, de maneira que foron 9 os servizos afectados, con chegada e saída desde A Coruña.

Con todo, Renfe precisou que si funcionaron os trens do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago (e entre Ourense e Santiago). Espérase que a circulación recobre paulatinamente a normalidade e poida habilitarse a totalidade da circulación de chegada e saída da cidade herculina.

Fontes de Naturgy informaron este xoves de que a súa rede de distribución non presentaba ningunha avaría nin fallo de subministración na zona da estación, polo que é probable que os problemas derivasen do propio sistema interno da terminal.

Traballadoras/es da limpeza invadiron Alfonso Molina para esixir convenios dignos

0

Centos e centos de traballadoras/es da limpeza de edificios e locais saíron onte as rúas das principais cidades do país para reclamar uns convenios provinciais que dignifiquen as súas condicións laborais.
Na caso da Coruña, delegadas/as da CIG no sector desenvolveron unha acción reivindicativa cortando varios carrís da avenida Alfonso Molina.

O sindicato CIG critica “o inmobilismo da patronal estatal Aspel, que teima en achegar propostas inasumíbeis que non supoñen unha mellora das condicións de traballo”. Deste xeito, se en Lugo manteñen unha folga indefinida de Lugo, e en Pomtevedra e Ourense realizaron paros de 24 hora, na Coruña decidiron levar a cabo esta acción reivindicativa.

Explican que “as diferencias coa patronal Aspel son substanciais, xa que ofrece unicamente un 2,66% de suba salarial, négase a pagar os atrasos con carácter retroactivo e non quere reducir a xornada até as 37,5 horas semanais”. “Isto último é para nós unha reivindicación fundamental tendo en conta que se trata dun sector altamente feminizado, con moitos contratos a tempo parcial, así que se reducimos a xornada as traballadoras/es parciais aumentarán os seus soldos e as que están tempo completo traballarán menos horas”, explican.

CIG_A Corunha_Manifestacion-Limpeza_05

Piden solucións para o aparcamento dos Mallos tralo incendio

0

No pleno de hoxe xoves 11 de xaneiro o PP vai presentar unha moción para buscar un
solución ao problema do aparcadoiro municipal de Os Mallos despois do incendio sufrido a semana pasada.
O grupo popular solicita ao goberno municipal que habilite unha alternativa provisional ao os case 500 vehículos no aparcadoiro que durante os meses que o obras de reparación tentarán estacionar nas rúas dun barrio onde é unha odisea atopar un lugar e no que eliminaron prazas aparcamento.

Tamén propón informar á Asociación de Usuarios sobre o actuacións realizadas, revisar a concesión, actualmente inviable, e implementar un plan de medidas preventivas e de seguridade en aparcamentos públicos.

 

Un fallo eléctrico obriga a suspender entradas e saídas de trens na estación da Coruña

0

Un fallo eléctrico na estación de tren da Coruña impide a saída e a chegada de trens desde primeira hora da mañá deste xoves.

O administrador ferroviario informou de que a terminal coruñesa atópase sen subministración eléctrica, o que afecta o funcionamento do sistema de sinalización e control de tráfico ferroviario, que se fai de forma automatizada.

Fontes de Adif sinalaron que, mentres non se restableza a subministración, están a buscarse alternativas para facilitar, coa súa propio persoal e de forma “manual”, as entradas e saídas de ‘convoys’.

Pola súa banda, Renfe tamén explicou que a ausencia de subministración eléctrica afecta a todos os trens que teñen a súa orixe e destino na Coruña, aínda que matizaron que seguen funcionando as conexións do Eixo Atlántico ata Santiago.

Mentres, fontes de Naturgy confirmaron que non hai avarías nin fallos na súa rede de distribución nesa zona, polo que é probable que o problema se atope no propio sistema interno da terminal.

Renfe explicou que está a traballar na procura de alternativas para transportar aos viaxeiros que teñan que chegar ou saír desde A Coruña.

Estes problemas no transporte ferroviario levaron a moitos viaxeiros, que á primeira hora se acumulaban nas plataformas, a recorrer ao bus como alternativa, o que provocou que a estación de buses da Coruña estea abarrotada.

O 21 de xaneiro, colectivos do mar e ecoloxistas únense nunha Manifestación en Santiago en Defensa do Mar

No marco da crise dos “pellets” de plástico (mellor referidos como granulado), unha marea de organizacións profesionais do sector do mar das rías de Arousa e Muros-Noia xunto con entidades ecoloxistas veñen de convocar unha manifestación en Compostela para o vindeiro domingo 21 de xaneiro. A cita será con saídas ás 12h da Alameda (Porta Faxeira), e chegada e peche ás 14:30h na praza do Obradoiro, baixo o lema Contra as mentiras e o plástico, acude EN DEFENSA DO NOSO MAR!!

Nunha rolda de prensa común, denunciaron que a Xunta está a cometer os memos erros que durante a crise do Prestige. “Fronte a situación creada pola chegada masiva de materiais plásticos ás costas galegas e diante dos potenciais riscos para a saúde, o medio ambiente e os recursos pesqueiros, os colectivos asinantes queremos en primeiro lugar denunciar a tardanza e o desleixo das administración en facer fronte a esta ameaza”.

Louban pero lamentan que “tiveron que ser os colectivos cidadás e as persoas voluntarias as que en ausencia das institucións saímos ás costas a loitar contra esta marea plástica”.

Aproveitan para denunciar “a impunidade con que milleiros de toneladas de materiais tóxicos circulan todos os anos diante das costas galegas e a práctica indefensión do noso litoral fronte aos riscos derivados deste tráfico”, en relación ao Corredor de Fisterra, por onde pasan 40.000 buques anualmente.

“Reclamamos á Xunta de Galiza e ao Estado Español unha mínima coordenación para facer fronte ás consecuencias desta vertedura e unha maior transparencia na información de como se usan os medios aéreos, marítimos e satelitais de oceanografía operacional no control do tráfico e seguemento dos vertidos, así como as medidas de intervención no mar para evitar a chegada dos residuos ás nosas costas.

Unha situación crítica nas rías

A sociedade máis comprometida quere aproveitar para denunciar a grave situación das nosas rías, alén dos microplásticos. A mortandade de bivalvos foi un exemplo por mor de factores como a suba da temperatura, debilitamento do afloramento e menos plancto con menor renovación das augas das rías, e portanto un maior impacto da contaminación e das baixadas de salinidade ocasionadas pola falla de regulación dos encoros. Por iso piden estudos independentes e integrais e un plan de rexeración entre outras demandas

Máis novas

Aprendendo a pescar pellets

Rescatando a lenda do Santo Amaro

0

Rescata Xurxo Souto no libro “Contos da Coruña” (Ed. Xerais, 2007), a Lenda do Santo Amaro, “o santo navegante que atopou á illa do Paraíso”. Unha fermosa lenda para trasladar aos nosos pequenos, e que serve ademais de vínculo coa romaría en Matamá, padroeiro da comunidade galega de Lisboa.

Este domingo 14 de xaneiro, ás 12:00h, o gran cronista, divulgador e dinamizador herculino organiza co Colectivo Rego da Serpe unha lectura colectiva da lenda, que rematará co cántico final da súa famosa foliada.

Toca ademais nestes “días de tristura, cando acción do ser humano volta ferir a nosa ribeira, que estas lendas de antes sexan impulso para lle dar nova vida a todo o mar”. Así, ademais de darlle uha volta aos “pellets” do areal de Santo Amaro, toca festa.

“O importante é manter a tradición”, recoñece Xurxo, desta “lenda que nace do reencontro da propia veciñanza”.

Avisa ademais que hai outros dous proxectos en marcha arredor desta lenda. A compañía de “teatro de base” Noite Bohemia, ten preparada unha montaxe, que xa se preestreou no Curros Enríquez e que se estreará no propio Club do Mar en breve.

Tamén, a banda Bestas, de Pablo Canosa, está preparando unha versión punki do tema.

Máis novas

Xurxo Souto rescata a Romaría do Santo Amaro, a festa dos emigrantes galeg@s

Coñecendo o Cemiterio de Santo Amaro coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda

Artigos de Xurxo Souto no XornaldaCoruña

 

 

 

[Vídeo]: Que significa Orzán?

0
  • “Orzán” podería significar ‘auga que flúe’.

A Real Academia Galega ofrece na súa canle de Youtube unha nova tempada da serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde, na que académicos e académicas e mais filólogos da RAG explican a orixe e o significado de distintos topónimos do país.

Desta volta é o filólogo da RAG Iván Méndez o que pisa a area do Orzán para profundar na historia destoutro nome da terra tan singular e vencellado á cidade da Coruña. O Orzán dálle nome en realidade a toda a enseada, tamén coñecida como Mar do Orzán, limitada por un extremo pola torre de Hércules e polo outro polo monte de San Pedro, identificado no mundo mariñeiro como monte da Penaboa ou simplemente como A Penaboa.

Derivados deste nome son outros topónimos antigos como A Cancela do Orzán ou O Curro do Orzán, este último xa perdido; o da rúa do Orzán, que naceu coa construción na zona dunha serie de vivendas dende finais do século XVII; e o da Agra do Orzán, un dos barrios máis populosos da cidade da Coruña, que ata mediados do século XX era un inmenso terro de cultivo. “De aí o nome de agra, cuxa orientación era cara ao mar do Orzán, que se vía desde alí”, explica Iván Méndez.

Tras repasar as distintas hipóteses sobre o seu significado, dende o padre Sarmiento ata Uxío Carré Aldao, o filólogo apunta que a que se considera máis sólida é a do lingüista Edelmiro Bascuas, quen ligou o Orzán con Orza, afluente do Deva. Coma o nome do río, o lingüista sostiña que Orzán procede dunha raíz *Er-w, cuns temas Ortia ou Ortium que poden significar ‘auga que flúe’, neste caso do mar. “Antigamente toda a zona da Pescaría era unha illa e o mar do Orzán pasaba entre ela. Polo tanto, esa hipótese de ‘auga que flúe’ veríase referendada por esa situación. Consideramos que esta tese pode explicar moi ben a orixe deste topónimo tan propio da cidade da Coruña”, conclúe Iván Méndez.

Máis novas

#AquíTaménSeFala: Nova campaña de dinamización da lingua dende o IES Rafael Dieste e a Universidade Laboral

A Real Academia Galega inaugura na Rede o Ano Luísa Villalta