Inicio Blog Páxina 510

O tempo descafeinou O Gran Camiño

0

Mágoa o temporal desta mañá que agriou a celebración de O Gran Camiño na cidade da Coruña. Había gran expectación polo paso desta proba ciclista que se está facendo cun oco no circuito internacional e que permitía ver a nosa cidade en máis de 170 países.

E malia que ao final, a partir do mediodía quedou unha xornada máis que apacible, a forte temporal sufrida esta mañá provocou dúas cousas: que houbese menos afeccionados que se deixasen ver polo paseo marítimo; e que a proba perdese interese deportivo, unha vez que a organización decidía, para garantir a seguridade dos participantes, que estes usasen bicicletas convencionais e que os tempos non conten para a clasificación xeral.

Barta William de Movistar no Gran Camino na Coruna
Barta William do Movistar Team

Así e todo, si que houbo xente polas rotondas do paseo aplaudindo aos Carlos Rodríguez, ou sobre todo a Jonas Vingegaar, actual doble campión do Tour de Francia que non se quere perder a cita galega, pero que hoxe saíu de paseo, a 2’26’ de Tarling.

Ademais, a proba si que deixou un líder, o ciclista galés do INEOS Grenadiers Joshua Tarling (que fixo os 15km percorrido a 48km/h…), que sacou 42 segundos a Darren Rafferty, (EF Education), Pablo Castrillo (Kenr Farma) ou Willian Barta (Movistar).

O pelotón marcha xa cara Lugo, pois este venres toca a etapa Taboada-Chantada; o sábado toca Ourense para facer Xinzo de Limia-Ribadavia, e o domingo, peche da proba por Pontevedra cun Ponteareas-Tui.
Podedes seguir a proba por Eurosport ou a TVG2.

A Fundación Luís Seoane presentará o libro ‘Ovalle, reporteiro gráfico’

0

A Fundación Luís Seoane acolle o día 26 a presentación do libro ‘Ovalle, reporteiro gráfico’, no que presenta a súa biografía na que revive os acontecementos máis relevantes da historia de España e do mundo.

Ao longo de 28 capítulos, Ovalle cóntalle as súas vivencias polo mundo, durante 47 anos de profesión en TVE, á xornalista Ana Martín. O libro comprende distintos prólogos escritos polos escritores e xornalistas Almudena Ariza, Rosa María Calaf, Fernando González ‘Gonzo’, Carlos del Amor e Arturo Pérez-Reverte.

O reporteiro gráfico de TVE Manuel Ovalle, tras percorrer acompañado da súa cámara, 135 países e 15 conflitos bélicos, presenta no ano no que celebra o seu 50 aniversario como profesional a súa biografía.

“As súas vivencias como observador dos feitos co seu fiel cámara son contadas á xornalista Ana Martín, quen reviviu xunto a Manuel Ovalle durante catro anos, en encontros presenciais e en liña, as súas experiencias profesionais e persoais”.

O Taller Reciclos acolle a presentación da guía “As bicicletas si son para Galicia”

0

“As bicicletas si son para Galicia” é unha sentenza, unha afirmación moi clara, unha declaración de principios. E tamén é o título do libro realizado por Catro Ventos Editora para seguir espallando a necesidade de asumir a bici como un vehículo de transporte urbano e rural.

Para dar conta, este venres 23 de febreiro, o Taller Reciclos da Asoc. Mobi-liza (sito no antigo Padre Rubinos, na Avenida de Labañou, 10, A Coruña), acolle ás 20:00h a presentación do libro, da man de Patricia Buxán Outeiro, editora e coautora, Daniel Díaz Grandío, colaborador e experto en mobilidade, e Álex Voces, presidente de Mobi-liza.

O libro pasa por ser unha guía práctica que conta con entrevistas a colectivos e persoas ciclousuarias que usan a bicicleta en diversos contextos de Galicia, consellos prácticos e apuntes terminolóxicos con soporte ilustrado.

Máis novas

Reciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da bici

A Escola da Bici arranca os seus cursos do ano 2024

Constituídos na Coruña os ‘Consellos Locais de Inclusión Social e Saúde’

0

A concelleira responsable da área de Benestar Social, Yoya Neira, presidiu hoxe, no centro cívico dos Mallos, os actos de constitución dos ‘Consellos Locais de Inclusión Social e Saúde’.

Os mesmos buscan ser espazos de participación, debate e traballo en rede que teñen a función de recoller as experiencias das entidades sociais e outros colectivos que achegan o seu coñecemento da realidade social desde a proximidade e o traballo diario.

Neles, están representadas a maioría destas entidades que traballan nos campos da inclusión social e o ámbito sociosanitario. Tamén están presentes os sindicatos, colexios profesionais, representantes veciñais e diversos grupos políticos.

Unha vez constituídos, abrirase o prazo para a presentación de candidaturas para a vicepresidencia e a comisión permanente, explica o consistorio.

O Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña pechou o prazo de presentación de solicitudes

0

A Deputación da Coruña pechou este xoves o prazo de presentación de solicitudes para as axudas do Plan de Emprego Local (PEL) 2024 con 3.456 peticións de empresas e persoas autónomas da provincia recibidas. Esta cifra supón un incremento do 14% respecto ao ano anterior.

Segundo informa a institución provincial, o aumento máis destacado de peticións rexistrouse na liña de axudas PEL-Emprende Investimento, que pasou das 953 do pasado ano ás 1.415 nesta ocasión, un 48,48% máis.

O obxectivo este programa, recalca, distribuído en catro liñas, é fomentar as novas contratacións, contribuír á modernización do tecido empresarial e prestar apoio ás persoas autónomas.

Noutra orde de cousas, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse con representantes da Asociación Provincial de Voluntarios de Protección Civil co fin de analizar as vías de colaboración deste colectivo que presta, sinalou, “un servizo esencial”.

Nos últimos anos, a entidade ha ido adaptando as liñas de subvencións ás necesidades específicas das agrupacións de Protección Civil, para “dotalas de material e ferramentas e mellorar a súa formación”.

Persoal sanitario reclama na Coruña a “recatalogación” de grupos tras 17 anos solicitándoa

0

Persoal sanitario, convocado polo sindicato CSIF Sanidade, reclamou a “adecuación e recatalogación” dos grupos de clasificación dos traballadores, así como a “actualización de funcións das categorías”. Tamén denunciou a “deterioración” da calidade dos servizos. Fíxoo de forma simultánea a nivel nacional en todas as comunidades autónomas. Na Coruña, ante a Delegación do Goberno, mobilizáronse ao redor de medio cento de persoas, delegados e delegadas da CSIF, cunha pancarta co lema ‘Pola adecuación, reclasificación e actualización de funcións do persoal da Sanidade’.

“Levamos esperando 17 anos a que se adapte o estatuto marco”, lamentou o presidente autonómico de CSIF Sanidade Galicia, Carlos Castro. “Unha enfermeira ou enfermeiro que é grupo B actualmente tería que estar no grupo A pola titulación de grao”, especificou. Esta medida “afecta a todo o mundo”, en Galicia a “os 43.000 que están actualmente no Sergas”, e suporía “actualizacións salariais bastante importantes”, segundo asegurou.

“Ningún goberno quere abrir ese melón porque iso leva moito diñeiro”, criticou tras instar ao Executivo “e as institucións” a que o fagan “canto antes mellor”. Respecto da calidade dos servizos sanitarios, Castro lamentou que “se faltan profesionais non é a mesma”. Por iso, demandou “os cocientes de persoais correspondentes ao sistema actual de demanda”.

A Asociación contra o Cancro reclama máis investigación durante a entrega de axudas á investigación

0

A Asociación Española contra o Cancro da Coruña outorgou axudas á investigación na provincia coruñesa, cuxa entrega tivo lugar no Colexio de Médicos da cidade nun acto no que se reivindicou a importancia de apostar pola mesma.

“A investigación oncolóxica non é só un desafío científico, senón tamén unha responsabilidade social compartida”, expuxo o presidente da asociación, Manuel Aguilar, en liña co seu vicepresidente, Carlos Lamora, para quen, a través da mesma, ábrense camiños “cara a un futuro sen cancro, para previlo, curalo ou cronificarlo”.

En total, a Asociación Española Contra o Cancro destinou máis de 1,2 millóns a investigación oncolóxica na provincia coruñesa. En total adxudicáronse seis axudas: aos doutores e doutoras Miguel López (CiMUS), Roberto Piñeiro (IDIS) Angélica Figueroa (INIBIC), Aurora Gómez (CiMUS), Lara García (USC) e Sofía Silva (Chuac).

O acto contou tamén coas directoras científicas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e do Centro Singular de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), Luz Couce e Mabel Louza, respectivamente.

Outros dos asistentes foron a xefa do Servizo de Oncoloxía do Chuac e integrante do Instituto de Investigación Biomédica dá Coruña (INIBIC), Rosario García Campelo, e Tania Casal, paciente oncolóxica, que abordou a importancia da investigación para as persoas con cancro.

PROXECTOS

A investigación empregando nanomedicina no cerebro, analizar os mecanismos moleculares de adaptación do tumor aos tratamentos do cancro de mama metastásico ou o estudo xenético de material tumoral foron algúns dos traballos aos que se achegarán axudas, aos que se suman outros como o vinculado a mellorar o diagnóstico precoz de tumores cerebrais ou a selección de tratamentos personalizados a través da imaxe molecular.

No acto, os asistentes incidiron na importancia de apostar pola investigación, da que se dixo que é “clave”. Así, Rosario García Campelo asegurou, despois de 25 anos dedicada á oncoloxía, está a ver avances “que nunca crin que vería”.

“A maioría son resultado dunha investigación multidisciplinar, grazas á combinación da investigación básica, clínica e traslacional”, expuxo nun acto no que se aludiu aos “desafíos que veñen e que son moitos”.

A Cruz Vermella busca familias de acollida na Coruña e divulga o programa cunha charla

0
  • A Organización convoca unha sesión informativa sobre o programa da Xunta este xoves, 22 de febreiro, ás 11.00 horas.
  • ​Ao longo de 2023, un total de 145 menores foron acollidos por familias da provincia da Coruña a través de Cruz Vermella.

— — —

O programa de Acollemento Familiar da Cruz Vermella (e a Xunta de Galicia) segue espallándose e buscando novas familias que queiran ampliar o seu núcleo e queiran axudar temporalmente a algunha criatura desamparada.
Un programa que busca “brindar coidados, seguridade, educación e cariño que bebés, nenos, nenas e adolescentes necesitan mentres se solucionen as circunstancias que lles impiden temporalmente convivir coa súa familia de orixe”.

Na provincia da Coruña son 159 as familias acolledoras neste momento no programa, e para seguir ampliando esa rede e poder ofrecer máis fogares, a Cruz Vermella organiza este xoves 22 de febreiro unha sesión informativa para todos os interesados. O encontro, que terá lugar entre as 11.00 e as 13.00 horas na sede de Cruz Vermella na Coruña (C/ Cruz Roja Española, 1), é gratuíto previa inscrición no 981 22 10 00.

Retirada unha tonelada de especies invasoras na contorna da Torre de Hércules

A unlla de gato (carpobrotis edulis) é unha especie invasora que leva unha década arrasando coa vexetación autóctona da zona da Torre de Hércules, o Acuario… O breixo, os toxos, a matogueira… desapareceron ante o avance desta especie carnosa provinte do sur de África, e a falta de acción das administracións.

A especie, que chegou a través da xardinería e ten unha gran capacidade enraizante, adoita ocupar medios costeiros, formando un tapiz sobre o substrato que altera as condicións do chan, principalmente insolación e dispoñibilidade de nutrientes.

Nunca é tarde para erradicala, e desta volta foron un grupo duns 50 estudantes do Centro de FP Afundación da Coruña, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e o Concello da Coruña, os que partiparon esta semana nunha xornada na contorna da Torre de Hércules.  Retiraron máis dunha tonelada de especies exóticas invasoras

Os colectivos lembran que estamos nunah zona de alto valor ecolóxico, declarada recentemente como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Erradican Unlla de gato na Torre Hércules

As catedráticas da UDC María José Souto e Ana Dorotea Tarrío presentan un libro sobre María Wonenburger

As investigadoras Ana Dorotea Tarrío Tobar, docente da área de Matimática Aplicada; e María José Souto Salorio, da área de Álxebra da Universidade da Coruña presentarán este xoves, día 22 de febreiro, no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña a súa publicación sobre a matemática coruñesa María Wonenburger (Montrove, Oleiros 1927 – A Coruña 2014).

A obra leva por título ‘María Wonenburguer. A atrevida matemática á que o noso país deu dúas veces as costas’, esta editada por Next Door Publishers e conta con prólogo da matemática e divulgadora científica española Marta Macho Stadler, profesora de Xeometría e Topoloxía na Universidade do País Vasco.

Diso informou a UDC nun comunicado, no que explica que o libro expón nun formato ameno os obstáculos que a protagonista tivo que superar, e estuda a extensa carreira que desenvolveu no estranxeiro, ata converterse nun referente en álxebra a nivel mundial. No acto de presentación, que terá lugar ás 19.00 horas, as autoras manterán un diálogo co biólogo e divulgador Xosé Antón Fraga sobre a figura da matemática, primeira científica Honoris Causa da Universidade da Coruña no ano 2010.

Wonenburguer (1927-2014) foi experta na teoría de Grupos Clásicos e en Álxebras de Clifford. Converteuse na primeira muller española en recibir unha bolsa Fullbright, coa que se doctorou en 1957. Desenvolveu a súa carreira investigadora en Estados Unidos e Canadá, e regresou a España en 1983 por motivos familiares e permanecendo apartada do mundo académico. É socia de honra da Real Sociedade Matemática Española.