Inicio Blog Páxina 515

Propostas para agasallar este Nadal en galego

0

A Mesa pola Normalización da Lingüística vén de lanzar un completo catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal que teñen o galego como parte intrínseca.Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais, roupa, complementos, prantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias, alimentos…

Unha marea de ideas para “recoñecer as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico”, segundo afirma o presidente da Mesa, Marcos Maceira, que tamén recorda que “coa decisión de facermos presentes en galego como consumidoras e consumidores estamos a pór en valor a nosa lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía”.

Abertos ao galego

Este catálogo forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización da nosa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole. Desde o cumprimento da lexislación lingüística e o estabelecemento de medidas concretas para o uso do galego, até o uso sistemático do galego tanto interna como externamente e a solicitude de información e documentación en galego a provedores e administracións, Abertos ao Galego acompaña e apoia aquelas entidades que apostan dun xeito consciente pola lingua propia amosándolle á cidadanía os seus esforzos e animando os consumidores e consumidoras a apoialas, escollendo os seus produtos ou servizos.

“Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións”, afirma Maceira, “non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galiza, do mesmo xeito que non é o mesmo ter contratada unha empresa de telefonía que emprega persoas que poden atender a clientela en galego ou unha que non dá o seu servizo na nosa lingua”.

Máis novas

Aberta a Casa dos Xoguetes para fomentar a economía circular por Nadal

Aprobado o proxecto para completar a urbanización no barrio do Castrillón na Coruña

0

O Concello da Coruña aprobou o proxecto de normalización de terreos que permitirá completar a urbanización da rúa Bergondo, no Castrillón.

Foi na Xunta de Goberno local na que tamén se fixo balance das licenzas resoltas desde a área de Urbanismo na última quincena, con 239 expedientes notificados.

A alcaldesa, Inés Rei, presidiu este mércores a sesión na que se aprobou tambien a modificación da licenza para executar as obras contempladas no proxecto reformado de construción dun edificio de 111 vivendas na avenida da Lamadosa.

DISTINCIÓN Á POLICÍA LOCAL

Por outra banda, o Servizo de Axente Titor da Policía Local da Coruña foi recoñecido no III Premios Nacionais ás Boas Prácticas do Programa Marco Axente Titor, que tiveron lugar este martes 12 de decembro en Madrid.

Cinco axentes da Policía Local da Coruña, recoñecidos nos Premios Nacionais do Programa Axente Titor

O exsocialista Juan Díaz Villoslada incorpórase a Sumar Galicia: “Ten que ser un proxecto de longo percorrido”

0

O político coruñés Juan Díaz villoslada, despois de deixar a militancia do PSOE esta mesma semana, incorporouse en Galicia ao proxecto liderado por Yolanda Díaz, Sumar.

En declaracións a Europa Press, Villoslada, que tamén competiu en 2017 con facerse coa Secretaría Xeral do PSdeG nas primarias que acabaría gañando Gonzalo Caballero, explicou que deu este paso tras levar tempo “madurando a decisión” de darse de baixa da militancia do PSOE.

E é que, conforme el mesmo sinalou nunha carta remitida á Agrupación da Coruña, decidiu abandonar as filas socialistas por botar en falta principios como a “ética”, a “coherencia” e o “servizo público” tanto na dirección local do PSOE da Coruña como na dirección galega.

“Levaba tempo madurando a decisión de darme de baixa da militancia do PSOE en Galicia e, neses momentos, xorde unha chamada de Sumar para ver se me incorporo á participación no grupo promotor”, explicou Villosalda.

O que foi parlamentario autonómico do PSdeG recoñeceu que a súa decisión “non se podía demorar” á vista dos calendarios electorais, nun contexto en que Galicia se especula cun posible adianto electoral que situaría as eleccións autonómicas no primeiro trimestre do ano.

Así as cousas, sinalou que tomou a decisión de incorporarse a Sumar ao considerar que se trata dun proxecto que axunta “sensibilidades progresistas plurais” para abordar un “proxecto de transformación e de cambio progresista en Galicia”.

Presentación

Villoslada, que detallou que o acordo para a súa incorporación selouse a última hora da tarde do martes, subliñou que formará parte deste grupo promotor que se presentará neste sábado ás 12:00h, coa presentación na que participará Yolanda Díaz na Coruña.

O obxectivo, indicou, é converter a Sumar Galicia nun “proxecto de longo percorrido”. Así, sinala que aínda que os calendarios das autonómicas e as eleccións europeas marcarán os tempos, subliña que iso será “a curto prazo”. “Sumar Galicia ten que ser un proxecto de longo percorrido, de goberno a dez anos para tratar de reconstruír un espazo progresita amplo”, dixo.

Novas relacionadas

O ex concelleiro Juan Díaz Villoslada pide a baixa do PSOE

Artigos de Villoslada en XdC

Hai intereses no transporte metropolitano?

A nova estratexia galega de mobilidade vai dar resposta ás necesidades de Transporte Público na área coruñesa?

Xurxo Souto estréase como guionista teatral e mestre de regueifa

0

Non para o noso Xurxo Souto. O mestre de Latín do IES Parga Pondal de Carballo prepárase para unha fin de semana de vertixe.

O venres 15 de decembro, da an da Asociación Cultural O Tempo, recupera a Escola da Regueifa de Elviña. Xurxo, que bebe dos grandes regueifeiros de Bergantiños como Suso de Xornes, Antonio de Xornes, ou a gran Lupe Blanco, estará na praza Emilio Jaspe Deza a partir das 20:30h botando unhas coplas, nas peleas de ghalos máis auténticas que se recordan.

Escola da Regueifa de Elvina

Pero sen tempo a descansar a gorxa, Xurxo partirá para Carballo na mañá do sábado 16 de decembro, para a súa estrea mundial como guionista teatral. “Ludi Latini Carbalienses” e a súa adaptación libre da primeira parte da Eneida de Virxilio, representada polo alumnado de Latín de segundo de Bacharelato do Instituto Isidro Parga Pondal.

A gran cita, a estrea de “A Pizza de Eneas”, con doble pase, ás 11 horas e mais ás 12:30 horas, terá lugar no Casino 1889 de Carballo, un dos centros culturais máis vivos da vila bergantiñá.

Xa podes reservar a túa entrada en ardetroialatin@gmail.com, o prezo da entrada 5 € e os fondos recadados irán destinados a sufragar os gastos da viaxe de estudos que realizarán a Roma, Nápoles e mais Pompeia.

NOVAS RELACIONADAS

A Terra Chá homenaxea a Xurxo Souto, “un home exemplar”, coa “Navalla de Manuel María”

“Onde hai música, onde hai cariño, onde hai amizade, aí esta Mangüi”

Descubrindo a riqueza da toponimia da Agra do Orzán

ARTIGOS DE XURXO SOUTO NO XDC

Tres detidos, un na Coruña, por distribuír pornografía infantil a través dunha APP de mensaxería instantánea

0

Policía Nacional detivo a tres persoas, na Coruña, Alacante e Ceuta, pola súa presunta vinculación coa distribución de material de pornografía infantil a través dunha aplicación de mensaxería instantánea, e investiga a un cuarto implicado, en Madrid. Segundo informaron fontes policiais, a chamada Operación Arkano permitiu descubrir que os sospeitosos compartiran decenas de vídeos, algúns de gran dureza pola curta idade dos menores que aparecían, e que almacenaban numerosos arquivos de abuso sexual infantil nos seus dispositivos.

A aplicación que utilizaban para difundir os arquivos permite aos usuarios rexistrarse de forma anónima, sen necesidade de facer visibles os seus datos nin o seu número de teléfono, polo que é usada habitualmente polos delincuentes para evitar ser detectados. Trátase, pois, dunha aplicación “moi utilizada por delincuentes avezados”, segundo a Policía, porque permite o intercambio de texto e arquivos de foto e vídeo sen que os usuarios teñan que revelar os seus datos. A investigación, iniciada por axentes da Unidade Central de Ciberdelincuencia (UCC), permitiu detectar unha gran actividade nesta aplicación por parte de catro individuos, que compartiran decenas de vídeos de pornografía infantil.

DETENCIÓNS

Co avance das pescudas, os axentes identificaron e localizaron a eses catro sospeitosos. Na Coruña foi detido un deles, tras compartir 29 vídeos moi explícitos a través da plataforma. Este investigado valíase tamén doutras aplicacións de mensaxería instantánea e de ‘chats’ para adolescentes co propósito de contactar con eles e obter material pornográfico infantil.

No municipio alacantino de Altea foi arrestado un cidadán inglés residente en España, e que enviara polo menos 36 vídeos de gran dureza. En ocasións mesmo compartía o mesmo vídeo con varios usuarios, multiplicando a súa difusión. O xulgado ordenou a retirada do seu pasaporte e prohibiulle saír de España, ante o risco de fuga.

No caso do detido en Ceuta, enviou a través da aplicación numerosos vídeos e fotos, algúns protagonizados por bebés. Nos rexistros, a Policía descubriu que almacenaba centos de arquivos no seu móbil (nun cartafol oculto) e no disco duro do seu computador. Finalmente, en Madrid foi localizado outro dos individuos, ao que se investiga pola distribución de varios arquivos, aínda que durante o rexistro do seu domicilio os axentes comprobaron que cambiara o seu modus operandi para actuar a través da ‘dark web‘, dificultando así a acción da Xustiza.

Por último, en Madrid localizouse a outro individuo ao que se investiga por distribuír varios arquivos deste tipo, aínda que durante o rexistro do seu domicilio os axentes observaron que cambiara o seu modus operandi para facelo a través da dark web dificultando, desta forma, a acción da xustiza. No marco das actuacións, a Policía Nacional interveu tres teléfonos móbiles, tres discos duros, dúas memorias USB e un computador portátil.

O Pleno de Culleredo aproba a reprobación da concelleira de Persoal

0

Marta Figueroa, terá que deixar a súa acta de concelleira de Cohesión Social, Réxime Interior e Recursos Humanos, despois da aprobación (co voto en contra do PSOE), no pleno de onte, da súa reprobación formal. O BNG levou a iniciativa a Pleno tras coñecer a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao concello por vulnerar os dereitos fundamentais dun funcionario ao suspendelo de emprego e soldo sen dereito a defenderse.

A condena ao Concello de Culleredo chegou despois de que o funcionario sancionado sen emprego e sen soldo gañara o xuizo e que o TSXG ratificara o fallo, por considerar que se vulneraron os dereitos do funcionario, como o da defensa xusta, e non se optou pola medida menos restrictiva con eses dereitos. Ademais, a medida tomada non serviu para conseguir o obxectivo de asegurar o normal funcionamento do servizo, sinala a sentenza.

Segundo sinala o BNG, a Secretaria Municipal –responsable do asesoramento xurídico do concello– xa advertira en contra desa medida, ata en dúas ocasións, por basarse “en opinións subxectivas e probabilidades apreciadas pola concelleira delegada de seguridade cidadá e persoal”, e aínda así optouse pola vía da discrecionalidade poñendo un funcionario con máis de 30 anos de servizo na rúa de contado, saltando os trámites esenciais do dereito á defensa.

Edis do BNG no Pleno de Culleredo
Edís do BNG no Pleno de Culleredo

O BNG, tras moitos meses pedindo a dimisión da concelleira, consegue con esta aprobación un cambio na política arredor do persoal, “debido ao paupérrimo funcionamento crónico da área e pola falta de persoal na administración municipal en xeral, e no Conservatorio municipal ou na Policía Local como casos máis destacados”.

Denuncia ademais o BNG que “o goberno municipal socialista tratou de evitar que a proposta fora votada en Pleno, a través de todos os medios posibles, incluso con métodos de dubidosa legalidade e nada democráticos. Retirou unilateralmente a proposta da Orde do Día unha vez acordada en Xunta de Voceiros e cando o BNG recurriu, comunicouse o adiamento do Pleno aludindo a problemas informáticos”. “Finalmente, tiveron que aceptar o recurso do BNG e incluír a proposta na Orde do Día, dando como resultado que a concelleira de Persoal, Marta Figueroa, fora reprobada polo Pleno da Corporación”, explican.

A AV Protección Civil de Arteixo recibe unha nova lancha neumática

0

A Agrupación de Protección Civil de Arteixo é unha das que recibiu este martes unha das embarcacións neumáticas que a Xunta inclúe no marco da orde de axudas do ano pasado para equipamento de emerxencias a concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

Ademais do concello arteixán, reciben tamén as Agrupacións de de Cabanas, Bergondo, Cerceda, Mazaricos, Monforte de Lemos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, Ponteceso, A Rúa, Viana do Bolo e O Vicedo.

As embarcacións semirrígidas entregadas este mércores están destinadas a operacións especiais, rescate rápido e outras actividades. Cunha eslora superior ao catro metros e unha manga de case dous metros, os cascos están construídos en poliéster reforzado con fibra de vidro. Deseñadas para o transporte de ata seis persoas, a propulsión componse dun motor de 40 cv que permite alcanzar altas velocidades e ter unha gran forza de arrastre para remolcar botes salvavidas en caso de catástrofe.

Na entrega de embarcacións neumáticas teñen prioridade as entidades locais integradas no Plan de Protección Civil de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga) ou que teñan encoros nos que ao longo do últimos tres anos realizáronse probas deportivas ou de adestramentos.

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

0

A política urbanística do goberno socialista da Coruña continúa dando mostras da súa intencións. Casos como o das urbanizacións de San Amaro-Orillamar, a de San de Visma ou das Percebeiras demostran que non temos superado os anos 90 nesta materia.

Así o entende Ricardo Vales, presidente de Defensa do Común, que xa ten denunciado nestas liñas a urbanización que se prevé instalar nas parcelas esquecidas entre a Maestranza e o Campo da Estrada (vexan como era hai un século en #Olladasdoutrotempo).

Neste caso, e debido a que o pleno municipal do próximo xoves, 14 de decembro, inclúe na súa orde do día a aprobación do estudo de detalle da parcela 2 que ten o Ministerio de Defensa no Campo da Estrada-Maestranza, e que permitiría á construtora Lipromo a construción de 56 vivendas, a entidade pide á corporación que defenda os intereses da cidadaía e non aprobe este punto.

Lembra a entidade que estamos ante outra consecuencia da irresponsable construción do porto exterior da Coruña, que permite que a Autoridade Portuaria esixa o pago desa débeda obrigando ao concello a obviar as necesidades da cidade, permitindo urbanizar parcelas como estas ou a da rúa Adelaida Muro, ou especular con espazos como o antigo cárcere provincial.

Defensa do Común lembra que estes casos xa foron debatidos en varios plenos nos que se aprobaron unha serie de mocións, en varios casos á iniciativa da propia entidade, para facer fronte a eses problemas, “pero o goberno municipal négase a executar eses acordos plenarios, non defendendo os intereses da Coruña e cedendo ante as presións das distintas administracións do Estado que só pretenden facer caixa a conta da Coruña”, lamenta a entidade.

Periplo histórico

Volve ao pleno do 11 de abril de 2016 cando o pleno aprobaba, sen ningún voto en contra, unha moción que tiña estes acordos: “esixencia de paralización da poxa; devolución gratuíta ao concello desas parcelas; instar ao goberno municipal a que tome as medidas necesarias para a modificación puntual do Plan Xeral de Urbanismo”.

Lembrou tamén unha consulta popular organizada os días 18,19 e 20 de maio de 2018, organizada por Defensa do Común deixaba claro que a cidadanía (o 97% das 449 persoas con DNI residentes na Cidade Vella) aprobaba o aproveitamento das parcelas da Maestranza-Campo da Estrada para “zona verde e equipamentos públicos”.

Ese mesmo 2018, o 11 de xuño, o Pleno aprobaba outra moción cos seguintes acordos: “Instar o Goberno de España a estabelecer unha mesa de negociación co Concello da Coruña, segundo o acordo aprobado na Comisión de Defensa do Congreso dos Deputados na súa sesión de 27 de xuño de 2017 [co voto a favor do deputado coruñés polo PSOE, Ricardo García Mira]: O Congreso dos Deputados insta o Goberno a establecer unha negociación entre o Ministerio de Defensa e o Concello da Coruña para estudar o traspaso ao Consello da Coruña das parcelas referidas, facilitando así desde do Ministerio de Defensa a devolución gratuíta ao Concello da Coruña dos terreos e parcelas referidas – sitas no Campo da Estrada – para o seu uso público, xa que son espazos comunais, bens propios, pertencentes á cidade desde a súa fundación”.Este pleno lembraba as raíces históricas desta reivindicación que quere recuperar esta zona para o uso da cidadanía.

Aínda o 7 de novembro de 2019, o Pleno aprobaba outra moción, sen ningún voto en contra, para “instar ao Goberno Municipal para que no prazo máis breve posible se realicen as modificacións correspondentes da ordenación urbanística na zona do Campo da Estrada e da rúa Adelaida Muro para que os terreos sexan destinados a zona verde e equipamentos públicos”, esixindo a devolución gratuita ou cesións dos terreos.

Así, con este repaso histórico, Defensa do Común pide que “Se a Corporación Municipal é a expresión da vontade popular, tendo en conta as mocións reiteradamente aprobadas e a opinión da veciñanza, o Pleno do 14 de decembro non pode autorizar a edificación de 56 vivendas nunha das parcelas do Campo da Estrada, e debería reiterar a petición de esixir ao Ministerio de Defensa a devolución gratuíta das parcelas e acabar cunha política urbanística especulativa, que non pretende outra cousa que facer caixa a conta da Coruña”.

Novas relacionadas

A veciñanza arrinca a loita contra a urbanización de San Amaro – Orillamar sinalizando a Fonte do Picho

 

 

Aprobada a licenza para urbanizar a última parcela de Náutica

 

https://xn--xornaldacorua-tkb.gal/2023/10/28/olladas-doutro-tempo-o-campo-da-estrada-e-o-aviador/

As Asociacións trasladan ás administracións a mobilidade que queren

0

Esta pasada tarde de lunes 11 de decembro celebrouse no Centro Cívico da Cidade Vella unha reunión organizada pola Federación de Asociacións Veciñais sobre o futuro da mobilidade da cidade.

Gran expectación entre a veciñanza para esta xornada que levaba por título, “O futuro da Mobilidade: sostibilidade e transporte público. Que necesita a cidadanía?’, polo que a presidenta da entidade organizadora Luisa Varela Insua se comprometeu a retomala para poder escoitar ás entidades.

Estiveron presentes a subdelegada do goberno María Rivas, a alcaldesa Inés Rey, e o director da Compañía de Tranvías, Ignacio Prada.

María Rivas e Luisa Varela Xuntanza de Mobilidade coas asociacions da Coruna
María Rivas e Luisa Varela Xuntanza de Mobilidade coas asociacions da Coruna

Foi unha “xornada moi interesante, pero nos quedou algo curta sobre todo en relación ao transporte público”, explicounos Varela. Porque “é un tema moi controvertido na cidade e este 2024 é importante unha vez que remata a concesión a Tranvías da Coruña, e temos un ano para deseñar, dacordo con todas as asociacións veciñais, un modelo transporte público colectivo”.

Por iso, e se ben valora que hai boa sintonía e sente que as administracións parecen escoitar as demandas da veciñanza, quedaron en volver facer unha reunión para xaneiro, para que sexan as asociacións ás que expoñan as súas peticións.

Varela apunta as liñas principais sobre as que traballar cara unha “mobilidade sostible, sempre priorizando ao peatón, e quitándolle importancia ao coche privado. Non estamos en contra do coche privado, pero non dentro da cidade. Se hai un transporte público colectivo adecuado e que sexa efectivo, utilizarase menos o coche privado, témolo claro”, explicou.
Puxo en valor a revolución da bicicleta e dos Vehículos de Mobilidade Persoal (os patinetes eléctricos coñecidos tamén como VMP), pero pediu un “regulamento máis incisivo”.

Sobre o sistema de transporte colectivo, sinala varios camiños: “ten que cambiar a mentalidade dos usuarios, dos veciños. Non podemos ter paradas de bus á carta. O transporte público colectivo non te vai levar á porta de casa, pero hai que entender que tamén temos que andar”, explicou Luisa. Porén, o servizo ten que ofrecer “máis frecuencias, e qu eo tempo de espera do bus sexa máis curto”, e sinalou como prioridade “darlle mobilidade aos polígonos, unha pata quebrada dende hai moito tempo”.

Zona de baixas emisións

Na súa intervención, a subdelegada do goberno María Rivas quixo poñer en valor o compromiso do Goberno polo desenvolvemento sostible do transporte público e o benestar da veciñanza, que se traduce nos 20 millóns de euros concedidos polo Ministerio de Transporte á cidade da Coruña para o impulso á mobilidade sostible.Esta inversión se centra no desenvolvemento de diferentes actuacións que contemplan a aceleración da implantación de Zona de Baixas Emisións, a compra de bicicletas eléctricas para mellorar e ampliar o servizo de BiciCoruña, melloras na xestión do tráfico e en distintas rúas da cidade e a accesibilidade dos barrios.

Rivas lembrou que o anteproxecto da ‘Lei de Mobilidade Sostible’, enmarcada dentro dos obxectivos do Plan de Recuperación Transformación e Resilencia, está en fase de tramitación, e que ten como eixes principais “a sostibilidade, a dixitalización e a cohesión social e territorial”. “En definitiva, trátase de ver a mobilidade como un dereito social; que sexa limpa, saudable; moderna, innovadora e dixitalizada; e que
redunde nun mellor servizo para a cidadanía mellorando a súa calidade de vida” expresou Rivas.

BiciCoruña e bus urbano

Por parte do Concello, participou cun relatorio da concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, que focalizou o esforzo municipal no exemplo a renovación do servizo público de BiciCoruña, con 55 estacións proxectadas que se ampliarán a 90 neste novo mandato. Pero tamen falou do autobús, e a súa aposta polos descontos no “prezo do billete sendo hoxe o máis barato da súa historia”, a pesar da falta de axudas doutras administracións.

Así e todo, A subdelegada do goberno lembrou o Goberno central transferiu 11.609.205,37 euros nos últimos tres anos para financiar os servizos de transporte público urbano.

Denuncian o “estancamento” das obras de humanización do Paseo Marítimo entre o Dique e San Amaro

O prazo de execución das obras de humanización do Paseo Marítimo entre o Dique e San Amaro, asinado en outubro de 2022, era de 10 meses. Xa van 14 e malia que a obra está bastante avanzada, o tráfico segue pechado dende a rotonda de Durmideiras (aberto só para residente) e non ten visos de entrega.

Ante esta situación, o BNG vai preguntar no vindeiro pleno polas obras. “No grupo municipal do BNG estamos escandalizadas co que sucede coas obras de humanización e naturalización do Paseo Marítimo á altura dos Pelamios”, afirma a concelleira nacionalista Avia Veira, onde se preve a creación dunha zona de ocio. “O que se ve a simple vista, como o víamos no verán cando xa denunciamos esta situación no Concello, é que as obras están estancadas e que a empresa adxudicataria non puxo todos os medios para rematar os traballos nos prazos establecidos na licitación”, afirma a concelleira.

Así, a moción do BNG esixirá ao Goberno Local que “explique que está a pasar coas obras e segundo o insta a que fiscalice e, no seu caso sancione, a empresa adxudicataria, se se demostrar que non puxo os medios suficientes para cumprir coas súas obrigas contractuais”. “Non pode ser que unha empresa sexa adxudicataria dunha obra do Concello, non cumpra co contrato e aínda por riba se libre da fiscalización e sanción oportuna por parte do Goberno Local, cando se está a producir un dano a un barrio tan populoso como o de Monte Alto”, conclúe Veira.

Novas relacionadas

Tempo de obras: o paseo, a rúa Torreiro, o parque de Bombeiros, tres skatepark…