Inicio Blog Páxina 655

A Coruña sae en defensa da súa lingua ante o ataques arredor da nosa toponimia

Con indignación, pero tamén con retranca, recibiu o pobo galego os ataques á nosa lingua protagonizados polo colectivo de Hablemos Español. Esas provocadoras pancartas sobre a nosa toponimia xa se convertiron en tendencia nas redes sociais, facendo burla do xa superado intento por recastelanizar os topónimos oficiais.

Ademais dos carteis colocados en Sanxenxo, A Coruña ou Ourense, a sociedade tuitera ten feito verdadeiras demostración de sarcasmo.

carteis espanol

Creacións humorísticas creadas na rede
Creacións humorísticas creadas na rede

Esta mañá, ademais celebrouse unha concentración no Obelisco convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Un evento paa defender a lexislación vixente trala publicación dun manifesto na súa páxina web que recibiu máis de 7000 sinaturas de apoio en menos de 48 horas.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordou que “a toponimia fala da Historia, da cultura e da lingua dos pobos” e que, polo tanto, “agredir a toponimia galega é agredir o pobo galego”. Neste sentido, criticou duramente as “campañas de odio, vidas desde fóra, que pretenden borrar a pegada que o pobo galego deixou no seu territorio, no noso territorio” e salientou a rápida e contundente resposta do pobo galego, que “non está disposto a ser humillado por ninguén” e, por iso, “respostou masivamente rexeitando as campañas de odio contra o galego”.

Maceira denunciou, sen embargo, a falta de resposta dos poderes públicos. “O máis preocupante”, abundou, “é o amparo dos poderes públicos a estas agresións, como o apoio da xefatura do Estado ou da presidencia da Xunta ao Foro que deturpa a toponima da Toxa ao final de cada verán”. Neste sentido, recordoulle ás administracións galega e española que “a cidadanía galega falou estes días alto e claro”, recordando “que os nosos lugares se chaman en galego”.

A Mesa recorda que os poderes públicos deben actuar en defensa da lei e contra o uso reiterado e sistemático das formas deturpadas tanto nesta campaña publicitaria como na sinaléctica, nos medios de comunicación ou mesmo mapas dixitais como os de Google. 

Detido un veciño tras roubar, disfrazado, unha farmacia de Cambre

A Garda Civil do Posto Principal de Cambre en colaboración coa Policía Local conseguiu deter un home como presunto autor dun delito de roubo con violencia.

Todo tras un suceso acontecido o pasado 22 de xuño, cando o home entraba nunha farmacia de Cambre disfrazada e coa cara cuberta por unha máscara, ameazando aos empregados do establecemento cunha suposta arma de fogo e un coitelo, subtraendo medicamentos.

Despois de que esta persoa abandonase as instalacións, os empregados do establecemento denunciaron os feitos ao Centro de Operacións de Servizos (COS), mobilizando de inmediato aos compoñentes do devandito Centro ás patrullas do servizo da zona, aparecendo varias patrullas nun curto espazo de tempo, Iniciando unha operación de busca na zona, con resultados negativos.

Trala investigación, apoiada pola colaboración cidadá, conseguiron identificar ao suposto autor do delito de roubo con violencia, realizaron un rexistro do seu domicilio,  achando no transcurso do mesmo as pezas de vestir utilizadas para ocultar a súa identidade, así como a pistola e coitelo simulados empregados no crime.

As Enfermeiras do CHUAC esixen melloras na contratación

Centos de enfermeiras manifestábanse na pasada mañá de xoves arredor do CHUAC convocadas polo colectivo A por todas Coruña, e para protestar pola precariedade laboral, a diminución de dereitos, o aumento de ratios e carga asistencial, perda de poder adquisitivo… que levan sufrindo nos últimos anos.

Con pancartas como “Sen persoal non hai sanidade”, “Nistal queremos persoal”, “Nós cumprimos, vós non”, “Se alquila enfermera por horas”, “Dirección Dimisión”m “Stop Autocobertura” ou “Vocación, non explotación”, as profesionais demostraron a súa unidade e a necesidade de tomar medidas urxentes por parte do SERGAS.

Dende o colectivo aseguran que seguirán pelexando para conseguir melloras na contratación e no trato que se lles dá como profesionais, e lembran as principais demandas que teñen.

Manifestacion Aportodas Coruna CHUAC 12

Máis novas

Os Bombeiros de Arteixo esixen concisións semellantes ás doutros Parques

Xa falabamos con eles a semana pasada. Os Bombeiros de Arteixo representan á perfección á folga que está levando este colectivo en toda Galicia. Unha folga que apenas se manifesta coa decisión de non aceptar facer horas extras, demostrando a necesidade de ampliar o persoal en todos os parques. Apenas 3 profesionais quedan para afrontar as emerxencias, polo que levan anos pedindo melloras tanto no número de efectivos como de material.

Esta semana o Parque de Arteixo cumple 19 anos. 19 anos “coidando” unha poboación fixa de 130.000 persoas, ademais do fluxo xerado nos parques industriais da zona.

Denuncian a “discriminación” da comarca, pois fan comparación con outros parques e o ratio é moi inferior: O de Lugo conta con 9 bombeiros por turno para unha poboación de 98.000 habitantes; o de Ferrol conta con 8 bombeiros por turno para 65.000 habitantes…

Co gallo do aniversario e no marco da folga, os profesionais pregúntanse “como é posible quesiga existindo semellante abandono do servizo por parte da Deputación e especialmente da Xerencia do Consorcio. Abandono cara a cidadanía, cuia protección é o obxecto do Consorcio, xa que parece que hai cidadáns de primeira e de segunda, ademais do abandono dos profesionais desprezando a súa seguridade laboral”.

Os Bombeiros aseguran que “van seguir loitando pola seguridade dos cidadáns e do patrimonio aínda mantendo esta situación tan precaria”, pero reclaman condicións dignas semellantes ao resto de compañeiros de outros parques así como unha xestión digna do Servizo”.

Novas relacionadas

Arrincou o Mercado Templario do Burgo de Faro

0

Este xoves, ás 17:00h, arrincou o Mercado Templario do Burgo de Faro. Un gran desfile foi o encargado de baixar o telób

O paseo marítimo do Burgo está, ata o domingo, cheo de postos variados, dende artesanía ata gastronomía e actividades singulares.

Para os máis pequenos e pequeno hai un espazo aberto para xogos infantís, obradoiros e
atractivos ecolóxicos. E a música será un son común no Mercado.
Todos os días haberá numerosos espectáculos, segundo a programación dispoñible no organización: desfiles, espectáculos de lume, batucadas, humor, e personaxes como mosquitos, seres mitolóxicos ou bufóns, entre outras moitas propostas.

A fin de semana vén completa na vila do Burgo, pois hoxe tamén comeza o festival Burgojazz.

Máis info

Luisa Villalta será a homenaxeada o Día dás Letras Galegas 2024

0

A Real Academia Galega (RAG) dedicará o Día dás Letras Galegas 2024 a Luisa Villalta (A Coruña, 1957-2004). Así o decidiu o pleno da institución reunido este xoves en sesión ordinaria.

Segundo detallou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, en rolda de prensa, acordaron homenaxear a este poeta e ensaísta o próximo 17 de maio, coincidindo co 20 aniversario do seu falecemento.

Villalta, creadora dunha obra singular e sólida converteuse nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e primeiros dos 90.

A enseada do Orzán volverá converterse nun circuito estatal de traiñeiras

0

Volverá lucir esta fin de semana a enseada de Riazor e Orzán coas mellores galas para acoller a VII e VI Bandeira Cidade da Coruña de traiñeiras. Será, ademais, o inicio da Eusko Label Liga masculina e da Euskotren Liga feminina, a competición máis seguida e multitudinaria deste deporte.

Serán un total de 20 equipos (12 masculinos e 8 femininos) os que participen esta cita deportiva de primeiro nivel.

A primeira xornada, a do sábado 1 de xullo, comezará ás 17.30 horas coa primeira quenda das dúas previstas da VI Bandeira Cidade da Coruña, a categoría feminina. Ás 18.26 horas está previsto que comece a primeira quenda das tres previstas da VII Bandeira Cidade da
Coruña, a categoría masculina. A segunda e definitiva quenda será o domingo pola mañá, co comezo da categoría feminina ás 11.25 horas e a masculina ás 12.21 horas. Na categoría feminina, denominada Euskotren Liga, os equipos participantes percorrerán 1,5 millas mariñas, un total de 2.778 metros, no conxunto das quendas, mentres que na categoría masculina, denominada Eusko Label Liga, percorreranse un total de 3 millas mariñas e 5.556 metros.

O escenario desta competición será a enseada do Orzán, cun percorrido lineal que transcorrerá entre un punto á altura das Escravas e outro á altura do Millennium.

Quendas Eusko Label Liga

  • Quenda 1: Hondarribia, Samertolameu-Fandicosta, Ondarroa Cikautxo e Kaiku Berez
    Galanta.
  • Quenda 2: Orio Oriaki, Getaria, Lekittarra-Elecnor e Zierbena Bahías de Bizkaia.
  • Quenda 3: Itsasoko Ama Santurtzi, C.R. Cabo da Cruz, Amenabar Donostiarra, Bermeo Urdaibai.

Quendas Euskotren Liga

  • Quenda 1: Nortindal Donostiarra, Donostia Arraun Lagunak, SD Tirán Pereira, Tolosaldea Arraun Kluba.
  • Quenda 2: Hondarribia Bertako Igogailuak, Orio Orialki, Hibaika Jamones Ancin, C.R. Cabo da Cruz.

Así é a organización municipal no Concello da Coruña

Este xoves tivo lugar en María Pita o pleno de organización, onde se aprobou, por unanimidade, o organigrama das áreas de xestión municipal e a configuración da Xunta de Goberno Local, así como as contías que cobrarán os edís con dedicación

1,5 millóns de euros en retribucións

Non houbo discrepancias nin nos réxime de retribucións establecido para as e os concelleiros dos grupos municipais, pois todos contan con diferentes dedicacións:

A alcaldesa Inés Rey percibirá 75.200, un 2% máis que ata agora, e un 20 % menos do máximo que fixa a lei para os alcaldes e alcaldesas de cidades entre 150.000 e 300.000 habitantes. Ademais, os tres concelleiros con grandes áreas (Lage Tuñas, Yoya Neira e Gonzalo Castro) percibirán 69.582 euros, e os outros 3 edís contarán con decidación dedicación exclusica cun soldo de 64.582 euros brutos anuais, sendo un total de 7 dedicacións exclusivas para o PSOE:

No caso do Partido Popular contémplanse tres dedicacións exclusivas (64.582 euros brutos anuais), dúas do 80 % da xornada (51.666,19 euros brutos anuais) e sete do 50 % (32.291,37 euros).
No caso do BNG serán dúas exclusivas e dúas do 80 %.

Un total de 1,5 millóns de euros, repartidos case a metades entre o grupo de goberno e os dous grupos da oposición.

3 áreas

No pleno expúxose a configuración do novo Goberno municipal, presidido por Inés Rey, que
se organiza baseándose a tres grandes áreas:

  • Área de Economía e Planificación Urbana (dirixida polo voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage): Economía, Oficina Orzamentaria e Facenda, Recursos Humanos, Patrimonio, Contratación, Concesións municipais, Fachada marítima, Desenvolvemento industrial e actividade comercial portuaria, Intervención, Tesourería, Planificación e calidade dos servizos, Xestión Tributaria.
    – Concellería de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas (Nereida Canosa): Innovación e desenvolvemento tecnolóxico, Cidade das TIC e AESIA, Mobilidade e Infraestruturas, Transporte, Estación de Autobuses e Parque Móbil Municipal
    – Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda (Francisco Díaz Gallego):  Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Edificación, Ruínas, Espazos Públicos.
    – Concellería de Medio Ambiente (Noemí Díaz): Medio Ambiente, Sanidade, Xestión de residuos e limpeza viaria, Cemiterios e servizos funerarios, Saneamento, tratamento e depuración de augas residuais, Benestar animal.
    – Concellería de Atención Cidadá e Seguridade (Montse Paz): Interior e atención cidadá, Informática, Seguridade cidadá, Tráfico.
  • Área de Benestar Social (dirixida pola concelleira Yoya Neira): Servizos Sociais, Igualdade, Participación cidadá, Mocidade, Diversidade, Planificación familiar, Loita contra a violencia de xénero.
    – Concellería de Educación, Emprego e Relacións Institucionais (Juan Ignacio Borrego): Educación, Emprego e Relacións Institucionais.
  •  Área de Fomento e Promoción da Cidade (dirixida polo concelleiro Gonzalo Castro): Cultura, Festas, Bibliotecas, Museos Científicos, Memoria democrática, Arquivo histórico municipal, Arquivos administrativos, Promoción da lingua
    – Concellería de Deportes (Manuel Vázquez): Promoción do deporte, Instalacións deportivas, Promoción da vida saudable.
    – Concellería de Turismo, Comercio e Hostalería (Diana Cabanas): Turismo, Comercio, Mercados e Hostalería, Consumo.

A alcaldesa, ademais, asumirá directamente as áreas de Barrios e proxectos europeos.

 

Os plenos

Os plenos serán todos os primeiros xoves de cada mes, ás 10.00 horas, co mes de agosto inhábil a respecto da realización das sesións.

Comisións informativas e Xuntas de Goberno

Serán 8 órganos de carácter ordinario, integradas por unha persoa representante de cada un dos 3 grupos:

  • Comisión de voceiros dos grupos municipais,
  • Comisión de Economía, Facenda, Planificación Urbana e Administración Xeral;
  • Comisión de Benestar Social, Comisión de Fomento e Promoción da Cidade,
  • Comisión de Mobilidade,
  • Comisión de Transparencia,
  • Comisión de Suxestións e Reclamacións
  • Comisión de Honras e Distincións.

Haberá, por outra banda, catro comisións informativas de carácter especial: Comisión Especial da Fachada Marítima, Comisión Especial da Área Metropolitana, Comisión Especial da Axenda Urbana e Comisión Especial de Bibliotecas.

As Xuntas de Goberno Local celebraranse cada 14 días, en mércores, coa participación dos concelleiros e concelleiras José Manuel Lage, Yoya Neira, Gonzalo Castro, Nereida Canosa, Francisco Díaz Gallego, Noemí Díaz, Diana Cabanas e Juan Ignacio Borrego.

 

 

 

A Mesa convoca unha concentración de defensa da toponimia oficial, este venres ás 12h no Obelisco

0

Diante das que entenden como “provocacións protagonizadas os últimos días por parte dun grupo ultra que está a contratar valados publicitarios para deturpar os nomes oficiais de varias localidades galegas“, A Mesa pola Normalización Lingüística vén de convocar á cidadanía a concentrarse este venres, día 30 de xuño, ás 12h, no Obelisco da Coruña para defender a toponimia oficial das nosas cidades e vilas.

A cidadanía respondeu masiva e inmediatamente a través das redes sociais, obrigando mesmo a retirar algúns dos valados, pero a entidade de defensa da lingua considera necesario “amosar tamén nas rúas a oposición frontal ás agresións galegófobas e defender, unha vez máis, a Lei de Normalización Lingüística, que no seu artigo 10 establece que a única forma oficial dos topónimos é a galega”.

A Mesa recorda que “os poderes públicos deben actuar en defensa da lei e contra o uso reiterado e sistemático das formas deturpadas tanto nesta campaña publicitaria como na sinaléctica, nos medios de comunicación ou mesmo mapas dixitais como os de Google”. “Atacar e  ocultar a nosa toponimia é facelo tamén coa nosa dignidade colectiva e a capacidade de dicirlle ao mundo quen somos e onde estamos”, defende un manifesto promovido na rede pola entidade de defensa da lingua.

Por iso, piden tanto á Xunta de Galiza como ao Goberno español e aos concellos tomen “todas as accións necesarias para garantir o cumprimento da legalidade na toponimia, instar as compañías de xeolocalización a que empreguen as formas correctas e oficiais dos nomes de lugar e manifestarse contra as campañas de odio á lingua galega e á denominación do seu territorio”.

Novas relacionadas

Hablamos Español traslada a polémica de “Sangenjo” a “La Coruña” cun novo valado

Miles de persoas denuncian a “normalización” de discursos “LGTBIfóbicos” no Día do Orgullo

Miles de persoas saíron ás rúas da Coruña convocadas pola asociación Alas para celebrar o orgullo de “ser diversos” e animaron a plantar cara “ao fascismo” que normaliza os “discursos do odio” e cuestiona a consecución de dereitos para o colectivo LGTBI+ logrados tras décadas de loita.

No día en que se celebra o Día do Orgullo, a manifestación reuniu a centenares de persoas que percorreron as rúas da cidade herculina desde a praza de Ourense para culminar na praza de María Pita, onde portavoces de Alas leron un manifesto no que se alertou do aumento dos discursos retrógrados cara ás persoas LGTBI, migrantes ou refuxiadas.

Antes, a marcha, á que asistiron persoas dun amplo abanico de idades, transcurriu en ton festivo polo centro coruñés presidida por unha pancarta na que se podía ler ‘Orgullo LGBTI+: Revoltas do pasado, celebración do presente e conquistas do futuro’.

Ao longo da marcha coreáronse lemas contra a regresión dos dereitos e os ataques verbais e físicos, que os manifestantes atribúen á “normalización” de discursos “LGTBIfóbicos” dos que responsabilizan a partidos como Vox e o seu “socio” o Partido Popular.

Os participantes exhibiron pancartas nas que podía lerse ‘Os nosos dereitos non se tocan’, ‘Se todes molestache, de cristal es ti’ ou ‘Non existe o orgullo hetero porque a ti non te pegan, insultan ou asasinan por selo’.