Defensa do Común atribúe á mobilización cidadá a declaración como BIC da Casa Cornide
A Xunta declara BIC a Casa Cornide
O Consello da Xunta acaba de declarar como Ben de Interese Cultural a Casa Cornide, sita na cidade vella da Coruña. O histórico edificio, erguido arredor do 1750, é actualmente propiedade da familia Franco e, ademais, atópase en proceso de venda, a pesar de que hai varios informes que sinalan que a súa adquisición foi irregular.
Con esta declaración, o Goberno galego pretende dotar da máxima protección a un edificio emblemático da cidade herculina e que foi residencia dun dos grandes ilustrados galegos, o humanista José Andrés Cornide y Saavedra, xeográfo e naturista.
Esta casa, case abandonada no centro da Coruña, foi obxecto de numerosas mobilizacións sociais pola intención da familia Franco de vendela.
Con todo, a declaración BIC que parte dunha solicitude iniciada en 2019 polo Concello da Coruña, que a Xunta tardou máis de ano e medio en aprobar, recoñece o “gran valor cultural” deste edificio, segundo sinalou o presidente galego, Alfonso Rueda, e obriga aos actuais propietarios, á familia Franco, a protexer os obxectos que ten no seu interior así como permitir a visita catro días ao mes.
Ao ser preguntado se sancionarán á familia Franco se non cumpre coas súas obrigas, Rueda destacou que a Xunta ten que “facer cumprir a lei” e se o réxime de visitas non se cumpre, haberá sancións, como xa aconteceu no caso do Pazo de Meirás. En relación aos obxectos que hai no interior da vivenda, o presidente galego indicou que, cando a declaración BIC sexa efectiva, “se se retira algo do seu interior será castigado”.
O Concello impulsará os trámites para recuperar a propiedade
O Concello da Coruña incorporará agora dita declaración ao expediente co que acudirá aos xulgados para demandar a propiedade do ben, en mans da familia Franco desde 1962.
O Concello tamén solicitará que, igual que se fixo con Meirás no seu día, a Casa Cornide abra de xeito inmediato ao público.
7 mulleres liberadas e 14 detencións no desmantelamento de dous pisos de explotación sexual en Coruña e Córdoba
No marco dunha operación doble en España e Paraguai, coordinada pola Interpol e desenvolta pola Policía Nacional, un piso de citas foi desmantelado na Coruña (e outro en Córdoba) detendo a varias persoas acusadas de pertencer a organizacións criminais dedicadas á trata mulleres para a explotación sexual.
As vítimas, mulleres vulnerables capturadas principalmente en Paraguai, eran recrutadas no seu país de orixe a través de redes redes sociais ou contactos establecidos nese país. Eran enganadas cun futuro mellor en Europa, facilitábanlle a súa viaxe a España pero ao chegar eran recollidas por membros da
organizacións e trasladadas aos diferentes pisos, onde vivían e se prostituían en condicións de escravitude.
Controladas a través de cámaras de vídeo vixilancia instalada nos pisos, as mulleres que estar dispoñible as 24 horas do día sete días á semana, non podían escoller nin rexeitar ningún cliente ou tipo de servizo, non eran libres para decidir cando saír á rúa, e só percibían unha porcentaxe dos beneficios obtidos polo seu traballo.
Durante a operación, sete mulleres foron liberadas entre Córdoba e A Coruña (3 na nosa cidade) e 14 persoas foron detidas (10 no noso país e catro máis en Paraguai), entre os que se atopa unha cantante emerxente e coñecida paraguaio.
Así desmantelaba a @policia un piso de trata de mulleres que vivían nunhas terribles condicións de exclavitude, no marco dunha operación internacional entre España e Paraguai, que se saldou con 7 mulleres liberadas e 14 detencións.
Aquí a info completa: https://t.co/pStJEha72q pic.twitter.com/w9kqhM4MTU— Xornal da Coruña (@xornaldacoruna) April 27, 2023
As redes tamén se dedicaban á venda de substancias estupefacientes e medicamentos para a disfunción eréctil aos clientes que o demandasen. De feito, nos oito rexistros domiciliarios realizados nos dous operativos, interveu, entre outros obxectos, 19.700 euros en metálico, cheques ao portador por un valor de 63.000 euros, 35 títulos de propiedade de bens inmobles e vehículos, seis reloxos de luxo, seis vehículos, 24 teléfonos móbiles e 27 doses de cocaína.
Esta operación enmárcase no Plan Nacional de Policía contra Trata de seres humanos con fins de explotación sexual. Policía Nacional conta coa liña telefónica 900 10 50 90 e o correo trata@policia.es para facilitar a colaboración e a denuncia da cidadanía de xeito totamente anónimo.
O BNG denunciará ao goberno local da Coruña por convocar a ‘cea do deporte’ “uns días antes do comezo da campaña”
O BNG anunciou que vai denunciar ao goberno local da Coruña ante a Xunta Electoral de Zona por convocar a ‘cea do deporte’ o próximo 5 de maio, “apenas uns días antes do comezo da campaña das eleccións municipais”.
Segundo precisa a formación política, o 4 de abril publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) o decreto de convocatoria das eleccións municipais. A partir dese momento, e segundo a lei electoral vixente, engade, “non se poden producir actos de propaganda institucional”.
Para o portavoz do BNG no Concello herculino, Francisco Jorquera, trátase de “un intento por parte do goberno local de usar recursos públicos, institucionais, para publicitar o labor do propio goberno local, o cal contraviene por completo o establecido na lei electoral vixente”.
O tamén candidato nacionalista á Alcaldía reclama “xogo limpo” na campaña e que “non se usen recursos públicos, recursos de todos os cidadáns, con fins partidistas e electorais”.
A Plataforma SOS Sanidade Pública sae a rúa para esixir a aprobación da ILP pola Atención Primaria
Este mércores 26 de abril, celebrouse no Obelisco unha concentración convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública. Unha mobilización que tivo como obxectivo apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que ten colleitadas 50.000 sinaturas para esixir o reforzo da desmembrada Atención Primaria.
A sociedade quere seguir presionando, como fixeron máis de 50.000 persoas o pasado febreiro en Compostela, para que a ILP, que pasará o vindeiro 9 de maio por sede parlamentaria, sexa aprobada.
“Atención Primaria, queremos máis”, “Máis persoal nos centros de saúde” foron algúns dos berros que se escoitaron.
Artigos relacionados
- Ramón Veras: QUE PASA NA SANIDADE PÚBLICA? HAI RESPONSABLES?
A detención dunha persoa en Arteixo permite desmantelar un laboratorio de droga en Xetafe
A Operación Cerro Azul, desenvolvida pola Garda Civil da Coruña, saldouse coa detención de dúas persoas (unha delas un veciño de Arteixo) por tráfico de drogas e permitiu desmantelar un laboratorio dedicado á síntese de distintos tipos de sustancias estupefacientes situado en Xetafe (Madrid).
A operación, iniciada a comezos deste ano, prestaba atención á venda ‘polo miúdo’ de drogas en locais e zonas de lecer da provincia da Coruña. No marco desta vixilancia, os axentes detectaron a un home que, de maneira esporádica, desprazábase á provincia da Coruña para mercar cocaína e distribuíla en clubs de alterne.
Noutra viaxe realizada polo home, de nacionalidade estranxeira, a Garda Civil interviu xusto cando estaba mantendo un encontro nun vehículo cun veciño de Arteixo para mercar droga. A Garda Civil identificou entón os ocupantes do vehículo e procedeu á inspección do mesmo. No coche, foi localizado un paquete rectangular de 1.150 gramos de cocaína.
Tras deter aos dous individuos, os axentes practicaron entradas e rexistros nas súas vivendas, en Arteixo e Xetafe. Neste último foi desmantelado un laboratorio de procesado de diversas sustancias estupefacientes, e incautáronse utensilios para a súa manipulación e un vehículo.
A operación finalizou coa incautación de 4,3 quilos de cocaína, 5,6 quilos de MDMA, 1,5 quilos de pastillas de éxtases e abundante sustancia de corte, básculas de precisión, prensas e envasadoras ao baleiro. Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución nº5 da Coruña, acordándose o ingreso en prisión do afincado en Madrid.
Hospitalizado un home en Culleredo tras caerlle o brazo dun tractor no peito
Un home resultou ferido na noite deste pasado mércores na localidade coruñesa de Culleredo despois de caerlle encima do peito o brazo dun tractor, polo que tivo que ser trasladado ao Hospital da Coruña.
Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 21,00 horas nunha vivenda situada no lugar de Travesía de Outeiro e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia. Esta persoa explicaba que o tractor estaba estacionado nunha casa cando, sen chegar a envorcar nin a moverse, a pluma desprendeuse e caeu sobre o home, duns sesenta anos de idade.
A peza golpeouno directamente no tórax, provocándolle lesións, polo que urxencias sanitarias trasladouno ao centro hospitalario. No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil e os membros do servizo municipal de Protección Civil.
Reclama unha atención “de calidade e sen discriminación” nas administracións públicas
A CIG, no marco da campaña en demanda de atención presencial e por unha atención á cidadanía “de calidade e sen discriminación”, xunto co colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da central, concentrouse nesta xornada na Coruña ante a Delegación do Goberno.
Na protesta denunciouse que “coa escusa da transformación dixital e a cita previa, a parte máis vulnerable da cidadanía está a ser expulsada sen pudor das nosas administracións e servizos públicos”.
O secretario nacional de CIG-Administración, Luís Carballo, subliñou que o avance nas tecnoloxías non pode implicar que haxa unha discriminación na atención á cidadanía.
“Entendemos que o futuro da administración será pola vía telemática e dixital pero non se pode desatender a demanda dunha grande parte da sociedade porque non teña os medios ou a formación adecuada”.


