Inicio Blog Páxina 719

Marea Atlántica a Unidas Podemos: “As portas están abertas de par en par”

0

O candidato da Marea Atlántica á Alcaldía da Coruña, Xan Xove, asegurou que as portas da organización están “abertas de par en par” para calquera que queira traballar por unha cidade “verde, feminista, democrática e xusta”.  Xove rexeitou valorar “ao resto de candidaturas” ao ser preguntado polo candidato de Unidas Podemos, José Manuel Sande.

“Cando naceu Marea Atlántica en 2014 era para superar lóxicas partidistas e mantemos as portas abertas a calquera que queira participar para unha Coruña mellor”, respondeu Xan Xove, a preguntas dos xornalistas sobre a mensaxe de “integración” e a vontade de “negociar” exposta polo candidato de Unidas Podemos, José Manuel Sande.

En canto á posibilidade de integrar unha candidatura conxunta, Xove insistiu en que as decisións da súa formación tómanse “democraticamente”. “Marea Atlántica fala por si mesma”, sentenciou.

Así mesmo, destacou que a organización “está a demostrar ser útil, transcendental e decisiva” e non vai perder ” enerxía” neste tipo de cuestións. “Aí están as enquisas dicindo que a Marea recupera un 8% de intención de voto“, apostilou.

NOVA PÁXINA WEB

Xove fixo estas declaracións nunha rolda de prensa convocada para presentar as novidades no deseño da páxina web da candidatura de Marea Atlántica. Neste acto estivo acompañado pola portavoz municipal, María García, quen respecto de Sande sinalou que en Unidas Podemos “terán que ver que perspectivas teñen e que beneficio achégalle á cidade”.

Respecto da páxina, Xove explicou que ata o momento está a recibir “entre 2.000 e 2.500 usuarios únicos cada mes e ao redor de 4.000 visitas con 20 actualizacións mensuais”. Entre as novidades destacou un vínculo para acceder a un sistema de recollida de propostas e a inclusión dun menú cos perfís do dez primeiras persoas da candidatura.

Ponse en marcha no Chuac unha formación en hemodinámica pediátrica para “dar resposta á necesidade de formación dos cardiólogos pediátricos”

0

As fundacións María José Jove e Profesor Novoa Santos puxeron en marcha no complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) un programa integral de formación en hemodinámica pediátrica.

As cardiopatías conxénitas son unha das primeiras causas de defectos conxénitos e a primeira causa de morte no primeiro ano de vida, explican. Coa posta en marcha desta bolsa no Chuac, “quíxose dar resposta a esta necesidade de formación dos especialistas en cardioloxía pediátrica xa que permitirá completar a formación en hemodinámica en cardiopatías conxénitas en idade pediátrica”.

Cunha duración de dous anos, o primeiro ano do programa centrarase en completar a formación en cardioloxía infantil e, fundamentalmente, en hemodinámica en cardiopatías congénitas; mentres que, no segundo, priorizarase formación en hemodinámica infantil e o desenvolvemento de simuladores.

Letrados da Administración de Xustiza na Coruña anuncian concentracións os mércores

0

Letrados da Administración de Xustiza na Coruña anuncian concentracións os mércores, ante a Delegación do Goberno en Galicia, a partir das 11,00 horas.

Segundo explican, “tras máis de 15 días de folga sen que o Ministerio de Xustiza cumprise co seu deber de negociar co comité de folga” manterán a súa intención de convocar protestas, ata xuño, se non hai avances.

Os letrados da Administración de Xustiza comezaron a folga o pasado 24 de xaneiro, cun seguimento do que destacan a elevada participación e que aseguran ten paralizado “case completamente” os xulgados galegos.

A Deputación da Coruña e Next Educación impulsan un curso sobre territorio rural intelixente

0

A Deputación da Coruña e Next Educación promoven o curso de especialista en territorio rural intelixente, segundo informaron os seus respectivos presidentes, Valentín González Formoso, e o xornalista Manuel Campo Vidal.

Esta formación, dirixida polo propio Campo Vidal, pretende axudar a impulsar a dixitalización e a economía circular nos núcleos rurais a través da implementación nos negocios de diferentes ferramentas tecnolóxicas e técnicas para conseguir o seu desenvolvemento.

O dirixente provincial apuntou que “desde as institucións, principalmente as de carácter local, impulsamos estes cursos para dotar de instrumentos ao mundo rural coruñés e conseguir a súa dinamización”.

Por outra banda, o departamento de Cultura da Deputación da Coruña destina medio millón de euros para financiar as actividades de fundacións e entidades persoais sen ánimo de lucro a titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas.

“Punto de inflexión”: Máis de 50.000 persoas na manifestación de SOS Sanidade Pública

0

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
Miles de persoas abarrotaron este domingo as principais rúas de Santiago de Compostela nunha manifestación en favor da sanidade pública e da atención primaria que os seus organizadores, SOS Sanidade Pública, xa cualifica de “masiva” e “histórica”. Con ela buscan “responder á grave situación que atravesa o sector, ao límite pola xestión da Xunta”.

Morre un condutor de 66 anos nun accidente logo dunha indisposición e chocar contra outro vehículo na Coruña

0

Un home de 66 anos, con iniciais V.D.O.I, faleceu este luns na Coruña despois de sufrir unha indisposición cando conducía o seu vehículo pola zona de San Xosé e chocar contra outro turismo.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 12,30 horas. Nese momento, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactou coa central de emerxencias para informar de que unha UVI móbil dirixíase cara a ese lugar para atender a unha persoa tras producirse unha colisión entre dous turismos.

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deu aviso á Policía Local e aos Bombeiros da Coruña. Finalmente, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar a morte do home.

O aeroporto de Alvedro segue sen tirón depois da Covid

0

Os aeroportos de Vigo e Santiago de Compostela superaron en xaneiro o número de viaxeiros rexistrados no mesmo mes de 2019, antes do estalido da pandemia do coronavirus, mentres que o aeródromo da Coruña continúa aínda con datos inferiores a ese ano.

Segundo cifras publicadas este luns por Aena, o aeroporto de Lavacolla Rosalía de Castro contabilizou 214.616 viaxeiros o pasado xaneiro, un 20% máis que no mesmo período de 2019. Deles, 212.729 foron viaxeiros de voos comerciais, con 45.281 persoas que voaron en ligazóns internacionais, un 68,4% máis que en 2019. O aeroporto compostelán operou 1.734 voos, un 16,9% máis que en xaneiro de 2019. A terminal de carga manexou 372 toneladas de mercadoría un 48,6% máis.

No caso de Peinador, rexistrou un total de 74.233 pasaxeiros en xaneiro, un 3,3% máis en comparación co mesmo mes de 2019. As operacións subiron un 45,8%, ata 1.220 voos, dos cales 738 foron comerciais, un 6,2% máis. O aeródromo vigués contabilizou máis de 30 toneladas de mercadoría, un 72,4% máis.

Pola súa banda, desde A Coruña voaron 82.624 persoas, quedándose aínda no 90,7% do tráfico de pasaxeiros previo á pandemia, sendo así o único aeroporto galego que non recuperou niveis previos ao coronavirus. O número de operacións foi de 1.104, delas 746 foron voos comerciais, tamén menos que en 2019.

DATOS ESTATAIS

A nievl nacional, máis de 16,9 millóns de pasaxeiros transitaron polos aeroportos de Aena o pasado mes de xaneiro, o que supón un incremento do 2,1% con respecto ao mesmo mes de 2019 e, por tanto, a primeira vez que as cifras superan as prepandemia.

Ademais, esta cifra representa un aumento do 62,7% con respecto a xaneiro do ano pasado. En canto aos movementos de aeronaves, en xaneiro xestionáronse 156.500, o 98,1% dos de 2019 e un 18,7% máis que en 2022. En xaneiro movéronse 74.547 toneladas de mercadoría, o que supón unha recuperación do 96,4% con respecto ao mesmo mes de 2019 e un 97,2% fronte a xaneiro de 2022.

Un choque entre un autobús escolar e un turismo en Arteixo sáldase sen ningún ferido

0

Un turismo e un autobús escolar chocaron este luns, sobre as 11,00 horas, no municipio coruñés de Arteixo. En concreto, o choque produciuse á altura dunha parada de autobús situada na AC-552.

Segundo trasladou o 112, no autobús, que se dirixía á Biblioteca de Arteixo, viaxaban 43 nenos, de idades comprendidas entre o tres e o seis anos, e cinco mestres, ademais do condutor e o acompañante. Ningún deles resultou ferido.

Ata o lugar, mobilizados polo 112 Galicia, acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo.

Os alcaldes/as do Consorcio das Mariñas reúnense para debater o modelo de xestión da planta de Nostián

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e alcaldes e rexedoras do Consorcio das Mariñas mantiveron este luns unha reunión, no consistorio coruñés, para abordar o modelo de xestión da planta de residuos de Nostián e o tratamento dos mesmos.

Fixérono ao ser os concellos que integran o Consorcio usuarios da citada planta e despois de que o consistorio aprobase o anteproxecto para a licitación da renovación da planta.

Ademais do alcalde de Abegondo e presidente do Consorcio das Mariñas, José Antonio Santiso; asistiron a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez e a de Betanzos, María Barral. Tamén o fixeron o rexedor de Carral, Javier Gestal; o de Culleredo, José Ramón Rioboo e o de Oleiros, Anxo García Seoane, xunto á alcaldesa de Sada, María Nogareda.

Do contido da reunión, a alcaldesa declinou facer valoracións remitíndose a unha decisión de todos os presentes a este respecto.

CRITICAS NA OPOSICIÓN

Si o fixo a portavoz municipal da Marea Atlántica, María García e ex concelleira de Medio Ambiente na etapa de Xulio Ferreiro como alcalde, quen, a preguntas dos xornalistas nunha rolda de prensa que ofreceu este luns, denunciou ausencia de “prioridade” neste asunto. “Só se deron pasos atrás, é a nada durante catro anos”, declarou.

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, manifestou que o encontro “chega tarde”. “É incrible que a alcaldesa non tivese un contacto cos alcaldes do Consorcio antes de presentar o proxecto da nova planta de Nostián”, engadiu.

A veciñanza arrinca a loita contra a urbanización de San Amaro – Orillamar sinalizando a Fonte do Picho

Falaba onte Xurxo Souto da fonte sagrada do Picho, a raíz dos avances da urbanización da zona de Orillamar-Santo Amaro. Unha urbanización ante a veAciñanza comeza a mobilizarse despois de agotar a vía administrativa.

Foi a Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto-A Torre a que convocaba unha concentración este pasado sábado 11, de denuncia da “avaricia construtiva” e en defensa da recuperación da Fonte de Santo Amaro ou Fonte do Picho, unha fonte de “augas sanadoras” (e se cadra termais) recollida en numerosas publicacións e lendas.

Xurxo Souto tomou a palabra

Máis de medio centenar de persoas acodiron ao acto, que serviu para colocar un sinal na zona onde nace a fonte. Non faltaron xentes como o propio Xurxo Souto ou o historiador Felipe Senén, que considera necesario pasar a unha mobilización cidadá porque ”non só temos argumentos arqueolóxicos, históricos, mitolóxicos… senón aínda máis importante os da convivencia, urbanismo e humanismo. Necesitamos espazos onde o ser humano se exprese, e esta é zona de campas, onde a veciñanza se manifesta nas festas populares, como eran os magostos. Agora nin hai onde facer unha fogueira, hai que invadir o lugar sagrado como é o mar”, sinala.
”Isto paréceme antidemocrático o que vai en contra dos valores do humanismo”, e considera a urbanización como “un exemplo de deshumanizar a cidade”.

Tamén estivo presente a arqueóloga Ana Filgueiras, coa que se vai facer un foro aberto para seguir divulgando o asunto. En xeral, consideran necesario que a Dirección Xeral de Patrimonio interveña para controlar a edificabilidade.

Novas relacionadas