Inicio Blog Páxina 724

#MoveaLingua: A AMEGA celebra o Día dos Medios en Galego con Ortiga e Grande Amorte

0

Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua, ‘O Tío Marcos d’A Portela’, publicada en 1876.

Para celebralo, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebra un minifestival de música galega contemporánea, es xoves 9 ás 20:30h na Sala Capitol con Ortiga e Grande Amore, para o que as entradas se esgotaron en apenas un par de horas.

Este propio martes 7, celebrouse unha rolda de prensa de presentación no Pazo de San Roque, a sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa presenza do presidente da organizadora Asociación de Medios en Galego (AMEGA), Pablo García (de Radio Estrada), Valentín García (SXPL), Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, e os artistas Ortiga e Grande Amore.

Pablo García sacou peito da “rede estable de medios de comunicación que constitúen un soporte para unha información veraz, plural e participativa en galego. Sen caer na autocomplacencia é momento de sacar peito e de estar moi orgullosos do camiño percorrido, hoxe celebramos a sexta edición dos medios en galego, máis unidos e mais fortes ca nunca, dentro dos máis de 130 medios que conforman AMEGA temos todo tipo de medios, TV, RADIO, Prensa Escrita, Dixitais… que cubren todas as necesidades de información e lecer. Medios xeralistas e especializados, que non só é que utilicen como lingua vehicular o galego, senón que difunden e posibilitan o xeito de vivir en galego”.
García apuntou ademais que o concerto que será retransmitido pola Rede de emisoras municipais galegas.

Pola súa parte, a concelleira Mercedes Rosón, foi reivindicativa. “É tan importante reivindicar este día para visibilizar esa eiva de que a meirande parte da oferta informativa está en castelán e que os datos do uso do galego son moi comprometidos, onde a perda de galegofalantes se acentúa sobre todo nas novas xeracións. Semella que o 50% da docencia en galego non é suficiente, cando a área ciencia-tecnolóxica queda fóra desta porcentaxe”.

Valentín García dou a benvida ao Pazo de San Roque, ao “Pazo da Lingua, que se pon de gala para recibir aos medios en galego, fundamentais no proceso de normalización”.  Destacou a cifra de 130 medios na nosa lingua, “un dato para estar orgullosos, pero non para baixar a intensidade. Nunca houbo tantos medios como agora na nosa lingua, pero todas as administracións temos que seguir fomentando a creación de información nos medios Máis próximos á mocidade, como redes sociais, dixitais, radios, tv… Porque recibir información na nosa lingua é como recibir unha información máis nosa”.

Tamén quixeron estar na rolda os arrtistas invitados. Grande Amore fixo un paralelismo entre a situación dos medios en galego e o mundo da música. “Nunca houbo a sensación de dicir cantos proxectos musicais hai en galego”. A pesar dos datos, considera que é “momento de ser optimista, porque creo que hai efervescencia creativa na nosa lingua”. Ademais, cun sorriso, sinalou que “para min, galegofalante da variante da Mariña, que digo orgulloso faigo, estou aquí encantado, porque ademais nunca tiven o debate de que en lingua fago música, é algo evidente”.

Ortiga deixou claro que non ten un discurso politizado, pero que cre “super imporante reivindicar a lingua, pero non facelo con descendencia, e non na eterna chorada do “non nos axudan”. Como a ninguén. Temos que asumir que a cousa está complicada pero hai que remar”. En calquera caso, defende que “creo que aportamos, na medida do que podemos, a normalizar a cousa”, orgulloso de que a AMEGA o contactase para participar nisto.

Ambos reflexionaron sobre o bo momento da música galega contemporánea. “É verdade que temos un foco enriba, de que “mola” cantar en galego. Pero tamén vemos que aínda existe iso de “Guau… y lo haces en gallego”. Non sei se iso chagará a cambiar nunca”, comentou Ortiga. “Eu, se un tema me saen en galego, en galego, se me sae en castellano, en castellano. A sociedade ten que evolucionar. Creo que iso é normalizar. Aínda me preguntan “Por que en galego?” Pero que pregunta é esa?!”, preguntouse, orgulloso.

 

Dúas compañías solicitan construír compoñentes de eólica mariña no porto exterior da Coruña

0

Dúas compañías solicitaron construír compoñentes de eólica mariña no porto exterior da Coruña, segundo recolle este martes o Boletín Oficial do Estado (BOE). En concreto, nel precísase que desde a Autoridade Portuaria resolveuse iniciar o trámite de competencia de proxectos en relación coa solicitude de concesión presentada por Candieira Offhsore Wind.

É, neste caso, para a construción e explotación dunha planta de prefabricación e montaxe de plataformas flotantes para aeroxeradores. Tamén se resolve iniciar o trámite de competencia de proxectos en relación coa solicitude de Moncobra para a construción e explotación dunha planta de prefabricación e montaxe de grandes compoñentes para a industria eólica mariña e proxectos modulares análogos.

Suspenden a folga do guindastre e a ORA na provincia da Coruña tras un principio de acordo polo convenio

0

A folga convocada polos traballadores das empresas concesionarias dos servizos de guindastre municipal e control de estacionamento (ORA) na provincia da Coruña pola negociación do convenio quedou desconvocada.

Fixérono, segundo informaron a Europa Press desde UXT, tras unha mediación no Consello Galego de Relacións Laborais e un “principio de acordo” entre a patronal e sindicatos, de forma que quedaron tamén desconvocadas as folgas dos días 14 e 28.

Foi, principalmente, despois de achegarse posturas en relación cos aumentos salariais demandados polo persoal, precisaron desde a representación sindical. Agora, e á espera de abordar “flocos” pendentes e de asinar o convenio, os paros quedaron desconvocados tras xornadas previas de mobilizacións por parte dos empregados.

A alcaldesa da Coruña pide máis policías pero pide non caer en “alarmismos”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, instou a non caer en “alarmismos” tras a agresión a un mozo na Coruña, feitos polos que o presunto autor, un menor, ingresou nun centro de menores, á vez que pediu “prudencia”.

Fíxoo a preguntas dos xornalistas e despois de reclamar máis axentes da Policía Nacional. “É importante, despois dos días vividos, tentar, con toda a seriedade que require este asunto, non caer no alarmismo”. “Pediría prudencia“, manifestou tamén despois de que, inicialmente, se apuntara á posibilidade dunha banda. Por iso, instou a deixar traballar á Policía Nacional “sen sacar conclusións erróneas”.

Na mesma liña, demandou facer “discursos responsables” e, en particular, rexeitou que se “falte ao respecto” á Policía Local ao ser preguntada por críticas desde as filas populares. “O presidente da Xunta debería controlar o que din”, apostilou.

Radioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de Padre Rubinos

0

Radioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de Padre RubinosA radio libre e comunitaria da Coruña está moi máis viva do que parece. A CUAC FM, a pesar dos atrancos e do esquecemento, segue demostrando o seu compromiso social coa cidade.

E un dos seus exemplos vémolo co programa e podcast de Radioactiva, que cada semana dende hai 8 anos nos trae a realidade máis complicada da nosa sociedade. A viguesa Clara de Vega leva dirixindo este programa dende o seu comezo, abríndonos as portas das instalacións de Padre Rubinos.

Cada mércores ás 18:00h, en directo (xoves ás 9:00h a redifusión) salta na grella da emisora este programa protagonizado polas persoas do refuxio, esas persoas que non teñen vivenda, e que pasan un tempo a acubillo desta entidade. Cada semana, ademais, son persoas diferentes as que pasan polos micros da entidade, superando xa as 200 persoas que teñen participado.

Falamos con Clara:

  • Como nace Radioactiva?

Pois eu fixen Xornalismo e comunicación audiovisual, e fixen as prácticas na COPE,. Pero despois fixen Técnica de Integración Social, e fixen as prácticas no antigo albergue de Padre Rubinos. Cando a entidade se mudou, contratáronme, e un día facendo un videoforum, vendo un docu sobre a Radio Colifata, xurdiu a idea de “Por que non facemos unha radio?”. Ao principio ninguén daba un duro, por ser xente sempre itinerante, pero con gañas e ilusión, e moitas ideas, contactei coa CUAC, que me deron todas as facilidades a nivel técnico, e creamos este programa que creo que é parte da esencia da emisora xa.

  • E que tal funciona? Cóntanos, cóntanos?

Pois a verdade é que funciona moi ben,. Conseguín unha implicación tremenda, con persoas con historias de vida complicadísima, pero que acaban encantados da experiencia. Van 100epico programas emitidos, con máis de 200 voces diferentes participantes.

  • E que lles aporta aos usuari@s?

Axúdalle en moitas facetas. A acceder ás normas, a perder medos, a decatarse de que poden facelo, incidindo moito nos procesos de cambio de cada persoa. Trabállase a autoestima, as rutinas, horarios, o compromiso… require un esforzo grande pero o resultado é marabilloso. Unha experiencia que lles gusta repetir. Válelle moitítimo para saír adiante. “Son capaz de facer un texto”, dinse.

Paréceme incrible que semana a semana sexan persoas diferentes as que se enfrontan a un micro, 5 persoas que fan radio por primeira vez cada semana, e saen cousas moi interesantes.

  • Como reaccionan os usuari@s?

Pois temos testemuñas de todo tipo: “Nunca pensei que podería cantar unhas cancións en directo e que estivera escoitando a xente. Foi unha experiencia para miin alucinante porque nunca vivira eso”, díxonos un, ou “fíxome sentirme confiada e entusiasmada” respondeu outra.

Noutra reflexión bonita, un usuario destacou a importancia de “recuperar a autoestima. Darte conta de que podías volver pensar, a traballar coa cabeza. darte conta de que estabas equivocada, de que seguías sendo unha persoa vàlida. Creo que é impensable que unha persoa que está en situación sen fogar, nun espazo moi corte de tempo, estea facendo un programa de radio”.

  • E de paso pregúntoche. Que pasa ca CUAC? Por que está tan pouco visibilizada na Coruña a pesar de ser un proxecto magnífico?

Pois si que está moi pouco visibilizada. A verdade é que o Documental funcionou moi ben, que agora segue espallándose. Pero tense que ver máis. A oportunidade de que calquera poida facer radio é unha pasada. Ademais está bastante profesionalizado, a pesar de xente voluntaria, con xentes técnicas.
E iso tendo en conta que hai liberdade absoluta na liña editorial, sen financiación de ninguén, polo que pode ser certo tampouco se quere apoiar.
Veñen xentes aos congresos de todo o mundo e alucinan co que facemos aquí. Temos que explotalo.

podcast de Radioactiva de CuacFM

Os coidadores de pacientes con enfermidade de Alzheimer: ‘pacientes ocultos’ que pasan desapercibidos

0

O coidado dos pacientes con enfermidade de Alzheimer recae maioritariamente nun familiar próximo que asume a súa labor movido por un deber moral e un profundo vínculo afectivo pero sen ter, a cambio, remuneración económica ou destrezas para implementar ben a súa labor.

Tradicionalmente, esta figura tiña nome de muller -en probable relación con factores de índole psicobiolóxica ou menor empregabilidade-, pero hoxe en día, os cambios sociais a nivel demográfico e de estrutura familiar fai posible que cada vez haxa máis coidadores homes que integran o coidado a un enfermo dependente nas súas tarefas diarias. Existe unha tendencia, e tamén unha recomendación, que defende que os enfermos deben de permanecer o maior tempo posible vinculados á familia a á comunidade en aras de preservar os lazos afectivos e manter as rutinas, cousas que parecen incidir positivamente nunha maior estabilidade clínica. Neste escenario que se presenta como ideal, a familia asume una carga importante que empeza a xestarse cando reciben un diagnóstico devastador que altera a súa dinámica, desencadeando todo tipo de desaxustes en diferentes aspectos, motivo polo cal, esta enfermidade, cualifícase como ‘enfermidade familiar’.

Diferentes estudos que deixan patente o deterioro físico, emocional e de saúde que sofren los coidadores. Os coidadores, infradiagnosticados e cun escaso coñecemento da enfermidade, amosan un incremento considerable da frecuencia de enfermidades psicolóxicas e físicas, adoitan ter maiores niveis de ansiedade e depresión, síntomas somáticos, sensación de illamento social, peores niveles saúde auto-percibida, e precisan de atención psicolóxica e consumo de fármacos psicotrópicos en maior medida que a poboación xeral. Ademais, un coidador sobrecargado ou desorientado ten moitas posibilidades de instaurar pautas de coidado pouco axeitadas para o enfermo.

Chegado a este punto, sería necesario reflexionar sobre si as institucións, que descansan o traballo de coidados nas familias aforrando con iso importantes custes, están a altura de corresponder de maneira equitativa a quen dedica anos da súa vida a coidar sen descanso, porque o coidado de larga duración é como ter á comida ó lume, nunca se pode deixar sen atender.

Ana Diaz Cortés, socióloga, doutora en Saúde e depkendencia pola Universidade da Coruña

O menor que agrediu outro mozo cunha navalla, ingresado nun centro de menores

0

O Ministerio Público solicitou o internamento do menor que se entregou este luns en dependencias policiais tras a agresión cunha navalla a un mozo na Coruña o fin de semana, un internamento nun centro de menores que xa se ordenou, segundo confirmou esta mesma mañá o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

Foi tras a posta a disposición do mesmo á Fiscalía por parte da Policía Nacional na tarde do luns, día no que, pola mañá, entregouse na comisaría. Posteriormente, quedou detido como presunto autor da agresión.

Trátase dun menor que, como outros, participou na tarde-noite do sábado no incidente que derivou na agresión. Produciuse despois de que varios mozos trasladásense á contorna da praza de Recife, na Coruña, onde hai unhas pistas polideportivas. Alí iníciase por parte deste grupo unha discusión con outros que estaban a xogar ao baloncesto.

Outros mozos que tamén estaban no citado lugar saíron en defensa do grupo que se atopaba inicialmente na praza. A continuación, prodúcese unha “forte discusión”, segundo a investigación, que se traslada á zona de Médico Rodríguez, en confluencia con Juan Flórez, onde ten lugar a agresión.

A mesma foi, de acordo coa información facilitada pola Subdelegación do Goberno na Coruña, cunha navalla de pequenas dimensións e co resultado de “tres picadas” á vítima, que foi trasladada ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), onde lle deron o alta o domingo.

Sobre este caso, o delegado do Goberno en Galicia explicou que o presunto autor personouse coa familia e un avogado nas oficinas da Policía Nacional e que, tras tomarlle declaración e porse a disposición da Fiscalía, ordenouse o seu ingreso nun centro de menores.

A investigación segue aberta para coñecer o alcance de todas as participacións que puido haber“, ratificou Miñones, quen descartou que se trate dunha “cuestión de bandas”. “Non existen bandas como tales aquí en Galicia”.

Liceo – Caldes nos cuartos de final da Copa

Na tarde de onte celebrouse o sorteo da Copa do Rey en Calafell. Se xa vimos como quedaba o cadro feminino onde compiten as nosas, o bombo tamén foi benigno co Deportivo Liceo e emparellárono co Caldes nos cuartos de final. O equipo catalán é, teóricamente, o rival máis asequible dos clasificados, pois agora mesmo marcha noveno na táboa da OK Liga. Pero todos sabemos que nas eliminatorias a partido único pode acontecer de todo, e ese é precisamente o maior atractivo da Copa, a competición máis impredecible e emocionante.

Se o Liceo é quen de superar a eliminatoria, enfrontaríase ó gañador do Noia – Voltregá. No outro lado do cadro: Barcelona – Igualada e Reus – Calafell completan os cruces de cuartos. Vemos que o Liceo evitaría ó temido Barcelona ou ó potente Reus ata unha hipotética final. Aínda que non foi mal sorteo para os verdibrancos, o camiño ata o título nunca é doado. Agardamos con impaciencia ó 2 de marzo para ver rodar a bola.

 

  • Fernando Campos Matiñán. Comecei a xogar ó hóckey sobre patíns no Liceo ós 8 anos.
    Licenciado en CC. Da Actividade Física e o Deporte no INEF de Galicia. Entrenador e preparador físico de varios clubes (INEF Galicia, CP. Ordenes, EMH Cee, HC Liceo) Actual entrenador do Colexio Obradoiro.

MÁIS NOVAS DE HOCKEY

A alcaldesa da Coruña sinala que a elección da cidade como sede da AESIA: “Foi un proceso baseado en criterios obxectivos”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, manifestou entender, desde o punto de vista humano, a “frustración” en Granada por non ser elixida como sede da futura Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia), pero insistiu en que a elección da cidade herculina responde a “criterios obxectivos”.

O proceso foi transparente, público, baseado en criterios obxectivos, unha comisión técnica que valorou as candidaturas presentadas e elixiu A Coruña como a mellor”, recalcou.

Fíxoo a preguntas dos xornalistas e despois de que o Concello de Granada formalizase o recurso ante o Tribunal Supremo contra o acordo do Consello de Ministros do pasado 5 de decembro.

Sobre esta cuestión, a alcaldesa herculina contrapuxo a postura de Granada, que cualificou de “belixerante”, coa do “resto de cidades” que optaban a ser sede e das que dixo obter “felicitacións” e ofrecementos de “colaboración”.

O Volei Zalaeta sementa talento

0
  • O club precisa máis instalacións para desenvolverse.

—-

Un club de instituto que é toda unha referencia da categoría de prata do voleibol español dende a fundación da SuperLiga Feminina 2. Compite máis arriba que o mesmo Deportivo, a pesar de que a súa visibilidade sexa infintamente menor.

Así é o Volei Zalaeta Autos Cancela. O cadro herculino é un todo un exemplo de perserverancia, de dedicación, de demostración de que a canteira pode, tendo en conta que falamos dun equipo que non paga ás súa xogadoras (apenas ofrece aloxamento a algunhas de fóra) pero compite con equipos profesionais.

O Club ten un orzamento de arredor dos 100.000 euros, cun 80% provinte da Xunta, sobre todo, e do Concello. E cos cartos do primeiro equipo sufragan a metade das categorías inferiores, que ten que cobranr cota mensual ás familias, sobre todo polos desprazamentos, xa que a meirande parte dos 14 equipos compiten en Ligas Autonómicas.

Son 140 nenas as que forman parte desta familia, que serían moitas máis de dispoñer de máis espazos para adestramentos. “Este ano tivemos que rexeitar 50 solicitudes de rapazas da cidade por non ter espazo onde adestrar”, recoñece o adestrador Jorge Barrero Amor.

Recoñece que o club recibiu un aluvión de solicitudes á saída da pandemia, de aí que o seu crecemento dependa dun novo pavillón. Porque o pequeno pavillón que teñen detrás do Instituto fica máis que saturado cada semana, e o pavillón do Barrios das Flores, o que lle corresponde, é compartido.

A competicións

Foi unha bombonera o pavillón o pasado venres. O equipo recibía a todo un Leganés, inmerso na loita polo ascenso. As herculinas tiñan un dos últimos trens e fixeron un partidazo pero caeron 2-3 nun apretado 5º set. Comandadas por unha espectacular Emma Ordóñez, as herculinas foron quen de manter a incerteza ata o final, pero acabaron caendo por 20-25/25-17/18-25/25-23/9-15).

Quedan na 5ª praza, a 6 puntos da terceira praza, que dá acceso ao playoff de ascenso.

Sementando

rptnb

Nas bancadas do Barrios das Flores, ademais do bombo habitual, había un grupo procedente do CEIP Torre de Hércules. A rapazada escolleu o Barrio das Flores por diante de Riazor, uns días despois de que a xogadora e adestradora da base Andrea Rivas, e o preparador físico Emilio, acodisen á chamada da ANPA para dar unha masterclass na actividade extraescolar de voleibol.

Xogadora e preparador aprendéronlle moitas cousas á máis de 40 rapaces e rapazas do centro de ensino de Monte Alto, espallando así a semente. Seguro que algunha rapaza acaba no club veciño.

Volei Zalaeta no Torre de Hercules