Inicio Blog Páxina 735

O Bloque pide recuperar o apeadeiro de Guísamo e de San Pantaleón

0

O deputado do BNG, Néstor Rego, reclamou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a mellora dos servizos ferroviarios na comarca das Mariñas mediante a modernización do trazado entre Ferrol e A Coruña e a construción do baipás de Betanzos.

Propoñen tamén nun comunicado, recuperar apeadeiros abandonados como o de Guísamo ou o de San Pantaleón e aumentar as frecuencias. Todo para “implantar os servizos de proximidade ferroviarias na liña A Coruña-Ferrol, co obxectivo de dar un servizo de calidade á comarca das Mariñas, en detrimento do vehículo privado”.

Lembran que durante a viaxe entre A Coruña e Ferrol, o maquinista aínda debe cambiar de cabina na estación de Betanzos-Infesta para investir o sentido da marcha, “o que provoca un atraso na hora de chegada”.

A isto engaden a obrigatoriedade de realizar un transbordo na estación de Betanzos-Infesta en servizos como o que sae de Ferrol ás 8,40 horas eleva o atraso ata os 40 minutos, “situación que non axuda a promocionar o uso do transporte ferroviario nas comarcas de Ferrol, As Mariñas ou A Coruña”.

Hai falta de policías na cidade da Coruña?

0

A subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, defendeu a dotación de axentes da Policía Nacional, ao ser preguntada polas denuncias de falta dos mesmos na cidade herculina e ante o aumento da delincuencia na cidade.

A preguntas dos xornalistas, no acto en recordo aos axentes falecidos ao tratar de rescatar a un mozo eslovaco na praia coruñesa en 2012, a subdelegada asegurou que o Goberno está a traballar “como nunca para poder repor eses medios”.

Neste sentido, Rivas manifestou que a convocatoria de emprego público deste ano “vai nutrir tamén ás Forzas e Corpos de Seguridade“. “Non o descoidamos”, sentenciou. Por outra banda, recalcou que o índice de resolución dos casos da Policía Nacional é “moi alto” e que o corpo responde “con celeridade e con profesionalidade” nas súas actuacións.

Reivindican máis recursos para dar unha atención integral ás vítimas de violencia de xénero

0

Esta maá de venres 27 de xaneiro, a UGT convocaba unha concentración na Avda. Fernández Latorre. Unha cita para reivindicar máis recursos para poñer fin á violencia contra as mulleres, co fin de previr e dar unha atención integral ás vítimas e, acelerar a aplicación efectiva dos distintos acordos e convenios acadados no ámbito nacional e internacional.

Dende o sindicato piden incrementar a efectividade do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero; ratificar o Convenio 190 da OIT sobre a violencia e acoso no mundo do traballo; ademais o Convenio 189, sobre as traballadoras domésticas.

A manifestación afondo na problemática do acoso no eido laboral, onde “é moi invisible; non porque non exista, se non porque non se denuncia”.

Dende UGT aseguran que “traballamos para apoiar ás mulleres que sofren violencia e denunciamos as situacións que detectamos. Traballamos para impulsar plans de igualdade e promovemos protocolos de prevención contra o acoso sexual ou por razón de xénero, protocolos obrigatorios dende 2007, pero son milleiros as empresas que non teñen”.

Manuel González presenta a biografía de José Gil

0

 

Este venres 27 a Fundación Luces organiza a presentación do libro “Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil”, (Galaxia) escrito por Manolo González. A cita será ás 19:00h na Fundación Luís Seoane.

Manolo González é o creador da Escola de Imaxe e Son, a Axencia Audiovisual Galega do bipartito da Xunta e o Chanfaina Lab, e actualmente, ademais de cinéfilo, é mestre de historia. Traerá este “exhaustivo estudo sobre unha das figuras pioneiras do cine en Galicia”.

González estará arroupado polo Secretario da Fundación e columnista do XornaldaCoruña José Manuel Sande.

Melandrainas prepara, con premio, a estrea da súa obra máis diversa e plural

0

”Flores de Ferro”, a obra da larachesa María Rei Vilas, gañou o pasado 2020 o Premio de Novela García Barro. Unha obra que arrasou pola comarca e que agora, o grupo Melandrainas de Arteixo, está levando ao teatro.

Queda aínda tempo para a gran estrea, o 27 de marzo polo Día internacional do Teatro, no Teatro Colón da Coruña, pero a preparación é máis que necesaria. Marga Fernández é a directora dun grupo de 60 persoas, dende rapazas ata avoas, entre actores, actrices, equipo técnico… Porque a adaptación non é cousa sinxela. Engade elementos audiovisuais, e un formato de escena moi esixente para tratar un tema tan necesario como o da memoria das vítimas silenciadas da represión.

O primeiro premio

Así, a entidade vén de recibir a boa nova de que a Deputación vailles outorgar un dos Premios “Luisa Villalba” do Departamento de Igualdade.

De Asociación a Cooperativa

”Melandrainas naceu como unha Asociación, pero sempre moi relacionadas co teatro”, explícanos Marga. “Temos unha escola de teatro, con diferentes grupos de todas as idades. E fai 8 anos que montamos un café cultural, Café Cultural Melandrainas, polo que agora temos un apoio da parte hostaleira, formalizada como Cooperativa”.

Nunha das sesións literarias que artella a entidade no Café, aló por outubro de 2021, María Rei Vilas encandilou ás presentes, entre as que se atopaban a propia Marga e Queta. Así xuntáronse e canda Monica Pan, Nacho Varela e Antía Fernández, forman o equipo que está guionizando e teatralizando a nivela.
Pero a cousa non é sinxela, porque a obra salta no tempo “e teatralmente é moi complexo. Así que coa axuda dunha persoa que controla do tema audiovisual, e facendo esa mistura, comezamos a darlle un pouco de forma, na que o audiovisual, sobre todo recolle aquelas escenas de 1940 que ten o libro”.

Todo feito na casa, partindo de 0, e o que xa se pode ver a día de hoxe (a web www.floresdeferro.art, o cartel, vídeos, tempo empregado, sesións de gravación…) é feito na casa. “Todo parte con 0 euros, sen presuposto, pero con moita ilusión, contactos… Un proxecto bastanta altruísta, a verdade. Dende Melandrainas axudamos con varios cáterings das sesión de gravación e si que ao principio puxemos un pequeno micromecenazgo para is sufragando algúns gastos, pero moi pouco”.

Si que contan cunha axuda da Deputación e a colaboración constante do Concello de Arteixo, por exemplo, na cesión do auditorio para os ensaios, onde contan, por suposto, tamén representar á obra máis pronto que tarde.

Diversidade como marca da casa

Son 62 persoas na equipa total, con 30 en escena, todos da casa. “O peso teatral o leva o grupo Pasapadentro, pero hai xentes de todos os grupos da escola. Ademais, con moita diversidade, dende o máis pequeno, que tiña 5 meses cando lle fixemos a gravación, ata unha persoa maior que ten 87 anos, que actúa en escena”, explícanos.

”A verdade está a ser unha experiencia moi bonita. Foi un recoller a todo o mundo, con novos, maiores, xentes con diversidade (somos varios con discapacidade, incluída eu mesmo cunha física). Un proxecto aberto á pluralidade da vida. Nós xa o facemos dende sempre, forma parte da identidade de Melandraina”.

A gran estrea

Agora, contan os días para que chegue o 27 de marzo, cando polo Día Internacional do Teatro, fagan a gran estrea no Teatro Colón.

&nsp

O Circuito de Carreiras Coruña Corre 2023 xa ten calendario completo

0

Presentou o Concello da Coruña o calendario completo do circuito Coruña Corre 2022. Nun acto conducido por Xalo Maira e Pablo Muñoz, e contou coa colaboración de Adela Bértolo. Polo escenario do Centro Sociocultural Ágora pasaron as e os mellores clasificados das diferentes categorías deste circuíto de carreiras populares.

Inés Rey foi a encargada de entregar os premios da categoría absoluta, que foron para Álvaro Presedo, Abdelaziz Fatihi e Álvaro Marín no cadro masculino e para Uxía Rodríguez, Nerea Sánchez e Nati García polo cadro feminino

A gala, á que asistiron máis de 200 persoas serviu para avanzar as datas das sete carreiras:

  • 25 de marzo: Nocturna da Torre de Hércules.
  • 7 de maio: Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma:
  • 21 de maio: Carreira Popular dos Rosales;
  • 25 de xuño: Carreira Popular de Matogrande;
  • 10 de setembro; Carreira Popular Volta a Oza;
  • 22 de outubro: Carreira Popular do Ventorrillo;
  • 26 de novembro: Carreira Popular de Novo Mesoiro.

O circuito tratará de superar os 12.000 participantes do curso pasado.

Ismael Ramos estreou as conversas do #TerceiroTempo do Café Universal

Arrincou esta noite de xoves o #TerceiroTempo do Café Universal. Unhas sesións de conversas ideadas polo xerente do bar, Xulio López, que artella María Yáñez (de Vinte) e a Libraría Lume. O escollido para estrealas foi Ismael Ramos, poeta de Mazaricos que vén de ser galardoado recentemente co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández pola súa obra ‘Lixeiro.

 

hostaleri
View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Espectacular acollida nun dos eternos epicentros culturais da vila para esta primeira sesión, na que Ramos, “un dos últimos millenials”, deixouse “flojito” e sentiuse encantado de ser “unha cobaya”. Falou con total normalidade de cousas das que nunca falara, deixando claro que grande parte da personalidade vén herdade por ter medrado no Bar dos avós.
Falou e moito daquel mítico Bar Castelo do Pino do Val, onde viu cousas que non debía ter visto un neno de 3 anos… Un bar que estaba situado na estrada que une Santa Comba e a praia, ou que estaba preto do puticlub da Pereira, polo que estaba sempre petado.

Comezou lembrando persoeiros singulares daqueles anos 90, e de como foi forzado con 6-7 a ser un forofo deportivista (era o único neto varón da familia). De feito, lembra con agarimo os anos do SuperDepor, pois foi cando primeiramente foi consciente que era gai, xa que a pesar de que me gustaba o concepto festa (de machos) que se vivía os dias de partido no bar), non acababa de encaixar.

Tocaba falar de tinder, e tamén dos bares, da importancia dos bares na vida herculina. Pero deixou claro que se “os escritores aos bares van a emborracharse, non a escribir. Ou van a pasar dúas horas co café, que non había cousa que máis lle jodera a miña avoa”. Ramos recoñeceu que ten escrito moito en medios de comunicación, “pero co ritmo que hai nun bar é imposible”.

Cita pois teremos cada xoves ás 21:00h no eterno café herculino.

Denuncian o procesamento “político” de cinco policías da Coruña que estiveron nos altercados do referendo catalán

0

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) manifestou a súa “indignación” e “estupefacción” ante a decisión de procesar a 45 dos policías nacionais que interviñeron en Cataluña fronte aos altercados producidos durante o referendo do 1 de outubro de 2017, deles cinco da Coruña.

“Nun momento no que a maior parte dos responsables daqueles feitos foron indultados, outros viron como as súas causas foron sobreseídas ou arquivadas, vemos como se persegue e procesa a un grupo de axentes que se desprazaron alí coa orde e o deber de preservar a estabilidade democrática“, lamentaron nun comunicado.

No mesmo, remarcan que cinco dos axentes investigados prestaban servizo no VIII UIP, con base na Coruña, en outubro de 2017, e defenden que “a pesar das enormes dificultades levaron a cabo unha intervención cirurxiá”.

No comunicado, apuntan que os servizos xurídicos do SUP prestan, desde o principio a través de LexAuria, a defensa penal á maior parte dos compañeiros galegos prexudicados –remarcan– “por un procedemento politizado”.

Os senegales que auxiliaron a Samuel Luiz volven ter ofertas de traballo tras ser despedidos

0

Os dous senegales que trataron de auxiliar a Samuel Luiz — o mozo falecido na Coruña en xullo de 2021 tras unha brutal malleira no paseo marítimo– recibiron ofertas de traballo tras o seu recente despedimento.

Así o confirmaron a Europa Press desde a CIG, sindicato co que se puxeron en contacto os dous homes tras o despedimento por parte de Puertas Betanzos, empresa que, no seu momento e tras coñecerse a súa participación no caso de Samuel Luiz, contratounos.

Está a haber algunha chamada, máis dunha, ao sindicato para ofertarlles un posto de traballo”, indicaron desde a central sindical. Desde a CIG, incidiron en que os dous homes o que queren é seguir “traballando”. “Queren gañarse a vida”, engadiron despois de denunciar que a empresa para a que traballaban despediunos por “coller vacacións”, algo que desde a mesma negaron.

En concreto, alegaron causas ecónomicas e produtivas e a necesidade de persoal “máis cualificado”. Con todo, desde a CIG, que se ratificaron nas súas denuncias sobre a empresa, aseguran que na carta de despedimento aos dous homes “recoñécese a improcedencia”. “Invoca causas económicas, pero non dá ningunha cifra que poida sustentalo”.

Tamén alegaron contradicións no relato da mesma sobre as causas do despedimento, mentres que a empresa avanzou que interporá unha demanda xudicial para esixir á CIG unha rectificación.

Entrevista a Cuanto Sufrimos Martín: “O Dépor tráenos moitos disgustos pero o podcast só alegrías”

0
  • “O deportivista é unha persoa moi dedicada, é moi autosuficiente, consume todo o que hai sobre o club”
  • “Somos o club das Cousas Extraordinarias”
  • “Enchémonos a boca, porque a todos nos gusta a canteira, pero ese carrusel de emocións no que vive o Depor ten consecuencias”

—-

Sentado nas bancadas de Riazor, no bar, no chat dos colegas branquiazuis, mesmo no Ikea… en calquera lugar da cidade podes escoitar unha conversa na que salgan palabros como a Cigüeña Villares, a #opiniondemierda, #pollaviejas, #gentedefútbol, 1ª Comemierda…

Moitas das expresións que Manuel e Benjamín utilizan no “Cuanto Sufrimos Martín Podcast” xa forman parte do imaxinario branquiazul, tras 6 anos alcumando algunhas das frases máis míticas do deportivismo.

Dous “afeccionados random”, como eles mesmos se definen, que levan, ademais dalgunha visita concreta a Especial Niños, entre General e Maratón Inferior dende o ano despois do penalti de Djuckic (pin de prata colocado por Tere Abelleira) sufrindo ao seu equipo, e aportando de 2017 (“sempre cara abaixo”) este podcast de culto, que nace dunha mítica frase que Arsenio Iglesias lle lanza a Martín Lasarte cando o equipo consegue salvarse ate o Betis na promoción do ano 91/92.

Manuel, xornalista de profesión e creador de manuais formativos para unha empresa tecnolóxica, e Benjamín, auditor de factorías de alimentación, utilizan este podcast como terapia para sacar de dentro todo que lle provoca sufrir con este club singular. Forman a rama moderada da guerra civil continua na que vive o deportivismo, cunha opinión que escoitan, sobre todo a través de ivoox, pero tamén en spotify, apple, ou no seu axitado twitter, ata 5.000 afeccionados branquiazuis (a comunidade de #cuantosufrilibers é, de seguro, moito máis ampla), entre os que se atopa boa parte do seo do club.

Falamos con eles dous nunha cafetería deos Mallos, e, sobre todo, botamos unhas boas risas:

  • XornaldaCoruña: Como foi aquela conversa na que vos decidistes a lanzar un podcast cando aínda non era moda?

– Benja: Recordo a conversación que tivemos na Granera, en Tabacos. Foi despois dun partido contra o Sevilla, que nos remontou con goles de Kanouté… Que tempos… Tivémolo claro e de feito, nesa mesma conversación xa dixemos que podíamos dar o premio Djalminha, o Evaldo… xa fixemos o guión do programa.
Pasaron 6-7 anos e a verdade non quero pensar nin o tempo declarado, nin o desgaste emocional… jajjaja

Sempre para abaixo, ademais. Lembro unha entrevista que lle facían a Gaspar cando gañamos a Liga que dicía algo así que como levábamos tantos anos chorando, pois que aí a tiñamos, así que agora podíamos pasar 20 anos sen gañar nada. E eu pensei, “!y tu que lo veas”… e míranos… jajajaja

 

  • XornaldaCoruña: Como foi o crecemento do podcast?

– Manuel: Foi moi pouco a pouco, boca a boca. Pero é que somos café para moi cafeteros, un consumo moi particular.
O noso punto álxido foi co Fuenlabrote, cunhas 5.000 descargas, que para un podcaster de verdade é unha risa. Pero creo que contribuimos ao despegue dos podcasting en xeral porque a xente cando nos ve, comproba que calquera pode facelo… jajajajaj

 

  • XornaldaCoruña: Hai posibilidade remota de acabar en twitch?

– Manuel: Non o vemos nin de coña, esixe moita dedicación. Para gañar diñeiro, para a xente que o xenere, está ben, pero para nós, que non temos ningún interese en vivir disto, non, que é un hobby. De feito se tivésemos publi, certo que chegou algunha campaña institucional no seu momento, engadiría unha carga de responsabilidade que é todo o contrario ao que significa este podcast.

– Benja: Ao longo do tempo se presentaron algunhas posibilidades, que outra xente con máis aspiracións seguro que tiveran aproveitado, pero nunca o formulamos, a verdade. Iso si, só poderíamos prometer engachement, comemos turrones de todo tipo, somos pioneiros poñendo de moda o BitterKas… jajajaja

 

  • XornaldaCoruña: Sodes conscientes do impacto que tendes?

– Manuel: Notamos o impacto do particular ao xeral. Miña nai fálame máis do podcast que de calquera outra cousa… o mellor que fixen nunca, dime… E no xeral, pois agora hai unha Peña Deporivista que se xerou polo podcast. Sabemos que dentro de club se escoita; ese tipo de penetración é moi significativo tendo en conta que somos dous fulanos falando do Dépor sen ningún criterio. É moi reconfortante.

– Benja: E nos trouxo moitas satisfaccións como deportivistas. Por exemplo cando estivemos comentando os partidos na Ser con Fran Hermida, algo moi bonito como afeccionado random do depor. Por exemplo, tamén puidemos compartir mantel con Rubén Ventureira, son oportunidades que se nos aparecen.

– Manuel: Tamén notas expresións que fixeron fortuna e que as comentas no podcast coa confianza de ser amigos de toda a vida, que empezan a entrar no vocabulario da xente. É moi bonito.
A verdade é que o Dépor só nos trae disgustos, pero o podcast só nos trouxo alegrías. Gracias ao podcast aguantamos co Deportivo… jajajaja

 

  • Xornaldacoruña: Se tivérades que elixir o momento máis bizarro do CSM, con cal se quedarían?

– Benja: Como a vez que nos preguntou Alberto Núñez Feijoo como quedou o Depor cando volvíamos a casa dun partido. A nós… jajajaj

– Manuel: Ou momentos estranos como que esteas nos concertos da praia e que unha xente che pida unha foto a estes dous pollaviejas, que parece que iamos ser os telorenos ou algo así…

 

  • Xornaldacoruña: Curioso non, que nunha cidade como Coruña pasen estas cousas. É tremenda a afección branquiazul, non?

– Manuel: Son unha mostra máis que o deportivista é unha persoa moi dedicada, é moi autosuficiente, consume todo o que hai sobre o club. A sensación de desagravio que vive a xente do Dépor, por causas internas e externas, e que non se contaron como se debía, segundo o que pensamos, fai que o afeccionado deportivista se peche máis en si mesmo.

– Benja: Se a xente non compra o noso relato, facemos nós o noso propio..

 

  • Xornaldacoruña: Pero como é posible que na 1ª Comemierda vaian 23.000 a un estadio?

– Benja: Temos teorizado moito con iso no podcast. Loitar durante tantos anos por cousas tan intensas, ascensos, descensos… sobre todo descensos… competindo a vida a morte.
Iso xenera adrenalina
. Instalarte no medio, baixa a atención, e a afección faise en base de momentos emocionalmente fortes.
O máis cerca que estivo o estadio de ficar baleiro foi na época de Caparrós, iso de estar varios no posto 10 é o adormece á afección. E non o digo como o algo positivo de terse comido á mierda. Dou unha simple explicación de que haia tanta xente enganchada, porque iso de vivir ao límite é droga pura.

– Manuel: Somos o club das Cousas Extraordinarias. Tennos pasado de todo dentro e fóra do campo. Vímonos ninguneados polas institucións do fútbol, vilipendiados polos árbitros…

 

  • Xornaldacoruña: Eu uso moito o “Ser de los que ganan es muy fácil”, tirando de epopeia, humildade, aprendizaxe dende a derrota… Como lle trasladades aos vosos fillos o voso amor polo Depor?

– Benja: A miña filla é moi pequena pero se lle falas de fútbol ela entende o Depor. “Apaga el Depor, papá”. Os nenos teñen que verche a ti. Se ve que tu papá é do Celta pero vive moito os partidos do Real Madrid en casa, igual ese sentimento está máis dividido.

– Manuel: Si, jajajaja, Hai que educar en valores, humildade, sufrimiento, resiliencia
A min me alucina, por exemplo, na comida da peña, moita xente de fóra. Chámame moito que haia afeccionados en todas partes pero tamén o dedicados que son xente implicadísima, pendentes de se o equipo se achega á zona onde vive para ir velos, comprando mercadotecnia…
A ver o que nos depara o plano deportivo, e con iso o económico, de aquí a 5-10 anos, pero creo que cando as crónicas fagan o relato, seguro que valoran o mérito é que a xente se ten empeñado emocionalmente en salvar ao equipo. E que despois de 3 anos en 1ª Comemierda que poidas suprimir que haia 24.000 persoas pagando relixiosamente por ver fútbol, paréceme algo do que presumir, a pesar de non poder presumir duha Copa, como non fan o 99% dos equipos do fútbol profesional ou non profesional. Pero ese sentimento de pertenencia vai ser difícil arrincar

 

  • XornaldaCoruña: Como nace entón esa Peña Cuanto Sufrimos Martín?

Foi Álex Condesuso, veciño da Laracha, que fixo un grupo de whastapp de xente que escoitaba o podcast, e que leva 6 anos falando todos os días… Xerouse moita amizade amizade e acabou evolucionando nunha peña. Agora hai xente que leva 3 anos sen escoitar o podcast… O podcast é uhha excusa, pero é unha cousa ben bonita. Estamos esperando a ver se o club nos manda alguén para inaugurala.

 

  • XornaldaCoruña: Un exercicio: O 11 dos maiores maulas que pasaron polo Dépor na época recente.

– Manuel: Buf… A coleccion de nomes que ten queimado este club é infinita…. Somos unha turbina que non para de centrifugar futbolistas ata o punto de que punto de Narro, que é un xogador que fichamos este verán como moi potente, soa para saír.

– Benja: Non sería un 11 sería unha galería dos horrores, con Javito como capitán de todos eles… Lembrámonos o outro día de Camuñas… Na portería temos moitísimos… Pantilimon… Só con porteiros faríamos un equipo xa.
Nós repartimos o Premio Evaldo, como referente, que nos deixou unha xogada para a historia, a Evaldiña, que ningún outro futbolista profesional.
Pero bueno, é difícil facer memoria… Krondeli, Boví… hai que facer esforzo por recordar xente que estivo aquí hai apenas 3 temporadas… Por exemplo anos dos portugueses que nos colocaron, Vitor Silva, Roderik, André Santos…

 

  • XornaldaCoruña: Hai suficiente #gentedefútbol no club ou hai demasiada #tecnocracia?

– Manuel: Cando chegou a tecnocracia, eu estaba moi farto ás idas e voltas ás que nos estaba levando a #gentedefutbol. Todo o mundo sabía pero o club só daba bandazos, e o club estaba coa soga ao pescozo. Chegou un momento de tal impresión de desgoberno, que o club estaba pendente dunha persoa que pode falar do Dépor como o podes facer ti, chafardeando… Chegamos a unha situación tan límite que pensei que adiante á folla de excel, e a empezar de 0.

– Benja: Todos os clubs necesitan un equilibrio perfecto entre fútbol e tecnocracia. E quero pensar que estamos máis cerca de chegar a ese equilibro. Quero pensar que os que se dedican á parte técnica, aínda que teñan menos de 60 anos, o están facendo ben. E da tecnocracia espero que fixera outra páxina, outra forma de facer a cousas, un saneamento integral con outra visión. Se nos ancoramos naquela xente de fútbol….

– Manuel: Ao mellor, coñecer aos fútbolistas polos andares como se fose a feira do gando, non é o único que vale. A xente de fútbol tradicional que despreza aos novos… pois vaia… Ao mellor en 2023 hai que meter o bo das dúas cousas. Estamos sempre reclamando o de antes, pero mesmo agora estamos como tolos lemnbrándonos de Héctor Hernández, como se marcase unha antes e un despois na historia do Dépor (e iso que o fixo ben), porque estamos en ciclos cada vez máis curtos.

 

  • XornaldaCoruña: Co paso dos anos, tamén pensades aquelo de “Bendita herencia que nos deixou Lendoiro”, como di Jabois, a pesar da débeda que quedou no club?

– Benja: Bendita mochila e bendita herencia, claro que si. Iso nunca estivo no foco. A transición foi outra cousa. Naquel momento histórico a transición foi necesaria, si. É a miña “opinión de mierda”, porque é o que din que “a Lendoiro xa non lle fiaban”. Cando iso é Facenda… Puidemos ter desaparecido, e aínda así, xa che digo, bendita mochila.

– Manuel Aquí poñemos sempre todo de xeito maximalista, como se pedises a purga de Lendoiro de todo o deportivismo. Pero é en todo, como eses alcaldes que levan 40 anos… non dubido da súa capacidade, pero me parece que é saudable para todos que unha institución non sexa uha persoa.
Nós vivímolo como adolescentes. Pasaron 22 anos daquela Liga. Eu non dubido de que é o máis sabe, pero tamén sei que o Fútbol non é o de hai 22 anos, xa non só en xestión, mesmo no fútbol… El sempre foi un adiantado a todo, pero…

 

  • XornaldaCoruña: Como se combina a urxencia eterna na que vive o club coa aposta pola canteira?

– Benja: O drama do Deportivo é ese. Enchémonos a boca, porque a todos nos gusta a canteira, pero ese carrusel de emocións no que vive o Depor ten consecuencias. O Deportivo vive sempre na urxencia, dende que empezamos o podcast. e iso incapacita o discurso de filosofía de canteira.
Si creo que a #gentedefútbol do club, cando se senta na casa a reflexionar, cre que lle gustaría ter unha filosofía de canteira, pero a realidade é que o excel de Villasuso me di que hai que ascender si o si.
Ademais quen eu como afeccionado random, para dicir se imos ascender ou non con 8 canteranos? Eu non son o corpo técnico, non vexo aos xogadores todos os días.

– Manuel: A realidade é que o Deportivo botou ao seu adestrador na xornada 6 con toda Liga por diante. Fan falta resultados inmediatos. “Os canteranos non poden un resultado inmediato?” Pode ser que si ou pode ser que non. E sí, ao canterano do Depor hai que querelo nas boas e nas malas. Canterano era Juan Domínguez, Juan Carlos, Alex… e se lles ten pitado en Riazor pola pouca paciencia.
Usar a canteira como ara arroxadiza é moi fácil, e demagóxico.

 

  • XornaldaCoruña: Pero estades confiados entón en que este ano #Sisepuede?- Manuel: Si, si, eu creo que este ano temos moitas posibilidades de ascender. Estamos como hai que estar, estamos mal, defenestrados… Facéndoo ben non nos serviu, a ver se nos vale. Algún ano se ten que dar.

    As análise do Dépor en XdC