InicioA CORUÑAAs traballadoras das grandes cadeas do téxtil responderon na rúa á sinatura...

As traballadoras das grandes cadeas do téxtil responderon na rúa á sinatura do convenio estatal ARTE

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este martes, os sindicatos CCOO e Fetico, asinaban coa patronal ARTE (da que forman parte 40 grandes marcas do sector retail textil e o calzado en España, entre elas Inditex, Mango, Primark…) o novo convenio laboral estatal. Un convenio que provocará un retroceso nos dereitos conquistados nos últimos anos a través da negociación colectiva provincial.

De aí as mobilizacións que levan protagonizando en Vigo e na Coruña as traballadoras das grandes tendas, en clave de humor e de rabia, pero que polo de agora non serven para parar a voracidade das grandes empresas.

As traballadoras volvían protesta cunha nova xornada de folga en defensa dos seus dereitos salariais, laborais e sociais. E cunha importante manifestación na que esixe á patronal galega asine un acordo interprofesional que garanta a prioridade aplicativa dos convenios provinciais fronte os recortes de ARTE.

Acampada

Con este obxectivo, as compañeiras e compañeiros, que levan dende o luns 25 cunha acampada diante da sede da CEC, acordaron continuar coa medida de presión ante o inmobilismo da patronal coruñesa xa que, ademais de ser a máis reticente a avanzar nun marco galego, tamén se nega a constituír a mesa de negociación do convenio de comercio vario que toca renovar.

Durante a mobilización, Lucía Domínguez, delegada da CIG, criticou que a patronal non teña contestado a ningunha das diversas solicitudes de negociación trasladadas pola central nacionalista e apuntou á responsabilidade que ten nesta decisión o Grupo Inditex, unha das principais impulsoras de asociación empresarial ARTE e a maior empresa do sector no país.

A CIG dirixirase ás empresas afectadas

Apuntou que nos caso de Pontevedra e Lugo as condicións do persoal quedarían protexidas de maneira temporal polos convenios provinciais que se veñen de asinar, pero para impedir a aplicación do convenio ARTE en Galiza, a CIG dirixirase a todas as empresas afectadas nas ten representación para solicitarlles por escrito un compromiso de non aplicación do marco estatal ou cando menos que se van respectar as actuais condicións salariais, laborais e sociais.

Máis novas

Acusan ao xigante téxtil Jevaso de consentir “un modelo laboral baseado no abuso e a violación da lei”

Persoal do comercio esixe á patronal da Coruña un acordo marco que blinde convenios provinciais

As traballadoras das grandes cadeas do téxtil volven protagonizar unha gran manifestación

As traballadoras das multinacionais do téxtil maniféstanse ao Bud Bunny

ÚLTIMAS

O BNG rompe o acordo de investidura co PSOE na Coruña a uns meses das eleccións municipais

Veñen avisando dende hai meses, e hoxe a portavoz do grupo municipal do BNG na...

Inés Rey insiste nunha área metropolitana de taxi: “A realidade actual é supramunicipal”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a creación dunha área de prestación conxunta...

O PP da Coruña tacha de “mar de cemento” a reforma dos Cantóns

O portavoz municipal do PP da Coruña e candidato á Alcaldía, Miguel Lorenzo, instou...

O Concello pon na Xunta a responsabilidade do deterioro dos centros de ensino

Continúa amosándose o enfrontamento directo entre Xunta e Concellos, neste caso o da Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here