InicioA CORUÑAAs campañas de protección recuperan o 60% da superficie ocupada pola unlla...

As campañas de protección recuperan o 60% da superficie ocupada pola unlla de gato no ENIL da Torre

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fundamental o proxecto que lidera o Grupo Naturalista Hábitat para o Concello da Coruña de protección do Espazo Natural de
Interese Local (ENIL) Torre de Hércules. A unlla de gato (Carpobrotus spp), unha carnosa especie invasora, hai tempo que leva intentando colonizar a contorna, eliminando especies autóctonas como o brezo ou o propio toxo.

E contra esta invasión, non hai outra que a erradicación: xuntarse e arrincar e retirar a man estas loncas plantas. Para iso, o GH e o Concello levan anos facendo xornadas medioambientais, (xa superan as 100) que contan coa colaboracón medio cento de alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Víctor López Seoane, un colexio situado a apenas 500 metros do espazo.
As xornadas, así, ademais de efectivas, teñen un componente de concienciación ambiental moi importante, gracias ás explicacións do responsable da entidade e coordinador do proxecto, Andrés Pereira.

Durante este centenar de xornadas, nas que participaron máis de 2.000 voluntarios, retiráronse máis de 90.000 quilos da especie, recuperándose así para as especies autóctonas o 60% da superficie ocupada por esta especie invasora.

Accions contra a unlla de gayo no ENIL da Torre co Grupo Habitat 2
Imaxe da acción desta semana

A contorna de la Torre de Hércules declarouse ENIL de forma provisional a comezos de 2020. En maio do ano pasado formalizouse a declaración definitiva coa aprobación dun Plan de Conservación que regula o uso das 40 hectáreas protexidas (desde a praia das Lapas ata Durmideiras) baixo a premisa de facer compatible o uso cidadán coa máxima protección da biodiversidade

Retirada Unlla de gato na Torre Hércules 1 copia
Aíi estaba a zona da Torre infectada da especie invasora en febreiro de 2024, nunha imaxe tomada noutra sesión de erradicación

A zona do Acuarium, zona perdida

Entre os colectivos medioambientais hai preocupación tamén pola zona do Acuarium, onde a unlla de gato ten arrasado coa flora local dende hai tempo, sen que haia apenas control.

Máis novas

Retirada unha tonelada de especies invasoras na contorna da Torre de Hércules

A Xunta ratifica a declaración da Torre de Hércules como asegunda zona ENIL da Coruña

Olladas doutro tempo: Torre de Hércules (III)

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here