InicioCULTURACarlos Ares e Gandy serán recoñecidos nos Premios da Industria Musical de...

Carlos Ares e Gandy serán recoñecidos nos Premios da Industria Musical de Galicia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dous artistas herculinos recibirán os recoñementos máis importantes dos I Premios da Industria Musical de Galicia. Impulsados por Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) co apoio da Xunta e a Deputación da Coruña, veñen de anunciar ás persoas seleccionadas neste 2025 como Artista do Ano e Persoa do Ano 2025: Carlos Ares e Gandy.

AGEM decidiu outorgar a Carlos AresPremio ao Artista do Ano 2025 pola súa traxectoria e a súa contribución á difusión da cultura galega, como un talento innegable que se consolidou no circuíto grazas á súa singular identidade artística e ao seu fermoso directo, gañando novas e novos seguidores día a día.

Mentres, na categoría de Persoa do Ano 2025, foi elixido Francisco Gómez, popularmente coñecido como Gandy, polo papel chave que desempeñou e desempeña na consolidación e o sostemento da escena musical galega.

Talento e compromiso

En palabras de Josiño Carballo, tesoureiro de AGEM, “desde a Asociación Galega das Empresas Musicais recoñecemos a Carlos Ares co galardón ao Artista do Ano nesta primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia. Destacamos o seu talento, a súa traxectoria e a súa contribución á difusión do talento galego”. Carballo apuntou, tamén, que “Carlos Ares consolidouse este ano no circuíto musical grazas a súa singular identidade artística e ao seu fermoso directo. Son moitísimos os e as fans do artista que se suman día tras día e concerto tras concerto. Felicidades Carlos, noraboa!”.

Pola súa banda, Patricia Hermida, presidenta de AGEM, anunciou “que, desde a Xunta Directiva de AGEM, organizadora dos I Premios da Industria Musical de Galicia, decidimos outorgar o recoñecemento á Persoa do Ano 2025 a Francisco Gómez, popularmente coñecido como Gandy, pola súa traxectoria e o seu compromiso constante coa música en Galicia. O autor do himno do RC Deportivo é unha desas figuras fundamentais que, sen estar sempre diante dos focos, sostivo e sostén a estrutura do que somos como sector”.

Hermida destacou, tamén, que, “desde Copra Producciones, a súa empresa, Gandy contribuíu durante décadas a que a música suceda, que os artistas teñan escenarios, que o público viva experiencias memorables e que a cidade goce dunha vida cultural real e compartida. O seu traballo é esa labor silenciosa que constrúe comunidade: apoiar proxectos cando simplemente son unha intuición, abrir camiños, conectar persoas, crear espazos… E facelo sempre con profesionalidade, respecto, paixón é un sorriso na cara”.

A presidenta de AGEM engadiu finalmente: “Este recoñecemento ven a ser unha mostra de agradecemento colectivo pola súa constancia, pola súa visión, pola súa entrega de tantos anos e polo papel chave que desempeñou e desempeña na consolidación e o sostemento da escena musical galega. Grazas Gandy e parabéns por ser a Persoa do Ano nestes I Premios da Industria Musical de Galicia”.

Premio do público

Paralelamente, o público elixiu por votación popular ao Surfing The Lérez como gañador do Premio á Excelencia na Experiencia do Público neste 2025. A votación en liña finalizou o pasado luns, 10 de novembro, ás 23.59 horas e o proxecto máis votado nesta categoría aberta ás apartacións da audiencia foi esta singular cita pontevedresa, seguida en número de votos por outros queridos proxectos como Noites do Porto ou o Atlantic Pride da Coruña.

42 nominados polo xurado

Ademais destes tres galardóns anunciados, un xurado profesional integrado Anxela Baltar, música, produtora e comunicadora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora de sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas musicais Tito Lesende e Javier Becerra; e Fundación Paideia seleccionou un total de 42 proxectos finalistas no resto de categorías destes I Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados por AGEM: 3 por cada un dos 14 rangos xerais contemplados nos premios.

A noite do xoves, 27 de novembro, daranse a coñecer os gañadores nun encontro sectorial na Sala Capitol de Santiago de Compostela, onde tamén terá lugar a entrega dos galardóns. Estes son os nominados:

Mellor deseño de iluminación: 

  • Laura Iturralde e José Faro “Coti”, de Nononon.lab, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
  • Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras.
  • José Faro e As Dúas e Punto, de Nononon.lab, por A RONDA, de Mondra.

Mellor implementación de son:

  • Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants.
  • Rubén Montes, por La boca del lobo, de Carlos Ares.
  • Sara Martínez, por Uxía Lambona e a Banda Molona.

Mellor empresa provedora de servizos:

  • Escena Sonora.
  •  Luxevan.
  • Vacaline.

Mellor profesional de produción:

  • Paco Iglesias.
  • Victoria Blanco.
  • Xabi Carnota.

Mellor manager:

  • Aitana Cuétara.
  • Kin Martínez.
  • Manuel Tarrío.

Mellor produción discográfica:

  • Iago Pico, por Pouland Studios.
  • Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures.
  • Hevi, no Laboratorio Soyuz, por DE RONDA, de Mondra.

Mellor posta en escena:

  • Mondra e Daniel Rodríguez, por A RONDA, de Mondra-.
  • Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
  • Tanxugueiras, Diana Ballesteros “Dii Feeling” e Manuel Escurís por DILUVIO, de Tanxugueiras.
Mellor promotor/a-programador/a:
  • David Pedrouzo, de Todo Medre.
  • Iván Arias, de WORK ON SUNDAY.
  • Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio.

Mellor proxecto de comunicación:

  • Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste da Coruña, por Aquí tamén se fala.
  • The Office Comunicación, polo Atlantic Pride.
  • Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia.

Mellor identidade visual:

  • Zeltia Iglesias, Sofía Taboada, Daniel Rodríguez, Adriana Lado e María Ferradas por DE RONDA, de Mondra.
  • Adrián Canoura, Carlota Pereiro e Alejandro Guillán por Barullo, de Baiuca.
  • Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.

Mellor videoclip:

  • Lorenzo Negueruela, Yago Rodríguez, Mara Iglesias, Melania Freire e Lara Caeiro, por En fin, que máis dá, de De Ninghures.
  • Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
  • Xaime Miranda, por Ontes fun moi malo, de Grande Amore.

Mellor evento cultural / musical:

  • Noites do Porto.
  • Surfing the Lérez.
  • WOS Festival x SON Estrella Galicia.

Mellor espazo musical:

  • Sala Capitol.
  • Náutico de San Vicente.
  • Café Torgal.

Mellor proxecto de sustentabilidade:

  • Festival Agrocuir da Ulloa.
  • Festival de la Luz.
  • Festival Sinsal SON Estrella Galicia.

Máis novas musiqueiras

En Vilo busca afianzar cunha campaña de micromecenazgo o museo musical da cidade

O Jazz Filloa, unha das salas de jazz máis antigas de España, abriu o Noites do Porto

CUACFM entre os gañadores dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025

ÚLTIMAS

O Centro de Baixa Esixencia de Labañou cumple un ano: “Un espazo de dignidade dentro da cidade”

Facíamos unha completa reportaxe a comezos de semana sobre o traballo na rúa do...

Máis de cen taxis percorren a Coruña para denunciar o “intrusismo” dos VTC

O sector do taxi mobilizouse este xoves, día 13, na Coruña para denunciar a...

Nova política de “reverdecemento” da Coruña: 2.000 novas árbores en 2026 e case 160 antes de terminar este ano

O Concello da Coruña sacou a concurso o contrato de subministración de case 160...

A Deputación da Coruña recibe o premio Menina 2025 polo seu compromiso na loita contra a violencia machista

A Delegación do Goberno en Galicia outorgou á Deputación da Coruña o recoñecemento Menina...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here