Inicio Blog Páxina 158

Inés Rey reivindica o proxecto de fachada marítima como “modelo de cooperación” ante urbes atlánticas

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou o proxecto para o deseño da fachada marítima coruñesa como un “modelo de cooperación para avanzar cara a unha cidade máis aberta, innovadora e sustentable”.

Foi no marco do 25 aniversario da Rede de Cidades Atlánticas, en Xixón, cidade que acolleu á asemblea xeral e que reuniu a representantes de diferentes cidades europeas.

A rexedora, que preside a rede desde setembro de 2024, liderou o cume que reuniu a representantes de San Sebastián, Faro, Bilbao, Santander, Viana do Castelo e Brest.

Foi co obxectivo de compartir políticas locais para protexer o litoral e impulsar novas formas de desenvolvemento sustentable. Durante o encontro subscribiuse a Declaración de Xixón 2025, un documento estratéxico sobre o compromiso conxunto co futuro do espazo atlántico europeo.

“A declaración aposta por transfomrar as cidades desde o mar, promovendo a economía azul, a resiliencia climática, a planificación urbana sustentable, a igualdade e a cohesión territorial”, sinalou Inés Rey.

O TSXG estima o recurso para recoñecer as lesións e secuelas dunha axente da Coruña e unha intervención

A sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso interposto por un axente contra a Dirección Xeral da Policía para que lle recoñecese que as lesións e secuelas que padece teñen relación directa de causa-efecto cunha intervención que realizou na Coruña en outubro de 2022.

Durante a mesma unha persoa abalanzouse contra o funcionario recorrente e o seu compañeiro, establecéndose un forcejeo, no que o detido propinou patadas e puñadas. En consecuencia, os maxistrados declararon que as secuelas da hernia discal, a intervención cirúrxica, así como a situación de baixa ou de incapacidade temporal, “teñen relación de causa efecto por agravación co accidente sufrido en outubro de 2022, para todos os efectos administrativos e económicos”.

A Sala indica na sentenza, que non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo, que ha de optarse “pola concorrencia da relación de causalidade entre o accidente e a hernia discal, á vista dos informes emitidos, no curso deste litixio, por un facultativo en traumatología e cirurxía ortopédica e por un neurocirurxián”.

“Quen foron contundentes á hora de incidir no dato obxectivo, que resulta sumamente ilustrativo, de que as lesións sufridas na intervención policial, polo menos, contribuíron como factor de agravación e foron determinantes para a produción da hernia discal”.

“Os dous informes dos mencionados especialistas resultan reveladores da concorrencia da relación causal reclamada e serviron de base e sustento para o informe pericial emitido polo médico especialista en valoración do dano corporal, perito designado xudicialmente, a quen non lle ofrece a menor dubida a existencia daquela relación de causalidade por cumprirse todos os criterios de imputabilidad médico legal á vista da información médica dispoñible”, subliña o TSXG.

Tamén explica que o primeiro dos devanditos criterios é o cronolóxico, “co que se trata de establecer a concordancia entre o feito traumático e a aparición dos primeiros síntomas”. O segundo criterio, segundo consta na resolución, é o da integridade anterior, “co que trata de demostrar a inexistencia dun estado lesivo previo que poida xustificar o dano que se imputa ao traumatismo”.

A iso engade, entre outros, o da verosimilitude do diagnóstico etiológico, “co que se trata de demostrar certeza no diagnóstico etiológico, e quere dicir que as secuelas alegadas gardan relación cun determinado mecanismo anatómico ou fisiopatolóxico”.

Aprobada a memoria de xestión da UDC con consolidación da oferta formativa e incremento da investigación

A Universidade da Coruña (UDC) aprobou a súa memoria de xestión correspondente ao ano pasado, con consolidación da oferta formativa e incremento da actividade investigadora, informa o reitorado.

Foi no Claustro celebrado este xoves no que tamén se presentou o informe da Valedora da institución académica, que recolle as queixas e reclamacións da comunidade universitaria.

Na reunión, o reitor, Ricardo Cao, destacou os “avances significativos” alcanzados na universidade e destacou como “fitos” a captación de fondos de investigación e a incorporación de dous novos centros.

En canto á oferta académica, destacouse o que a UDC se consolide “cunha oferta ampla e innovadora, con 43 graos, sete progamas de simultaneidade e dous graos abertos”.

E a Casa Cornide segue sen abrir

A Xunta xustifica a existencia dun litixio coa familia Franco que impide maior afluencia á Casa Cornide. A deputada nacionalista Mercedes Queixas preguntou este mércores na Cámara Galega sobre as accións que leva a cabo a Xunta para garantir a apertura ao público da Casa Cornide. Foi o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o encargado de responder, facendo un repaso pola situación á que se enfronta o inmoble, declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Neste punto amparouse Queixas, que cualificou de “tomadura de pelo á cidadanía” o peche da Casa Cornide, a pesar de que pola súa condición de BIC os propietarios do mesmo teñan que permitir un acceso mínimo de catro días ao mes. Bota de menos, comentou, un “pronunciamento público contundente” por parte do Goberno a este respecto.

Anxo Lorenzo defendeu a actuación da Xunta, pero puntualizou que actualmente existe un litixio en marcha, que arrincou en 2024 cando os propietarios da vivenda alegaron que a utilizaban habitualmente, algo que non coincidía coa valoración dos técnicos de patrimonio, que apuntaron que non había mobles. En xuño de 2024, incóase un procedemento sancionador á familia por incumprir o recolleito na lexislación, que se salda cunha infracción leve, que leva unha sanción dunha multa de 3.000 euros.

VISITAS GUIADAS

Os propietarios presentaron recurso de alzada a esta decisión, agora en estudo. A pesar disto, en novembro de 2024 presentan unha proposta de visitas e a dirección xeral dá conformidade para que sexan guiadas, de luns a xoves e de 9 a 13 horas, en catro quendas de visita con cinco persoas máximo por quenda.

Xa este ano, no mes de abril, os propietarios envían un escrito alegando que a normativa que obriga a permitir as visitas “non di que teñan que ser eles os que asuman os custos”. A dirección xeral de Patrimonio responde este mesmo mes de maio que, en base á normativa, é “obrigación inherente á condición de propietario e que a lei non atribúe á administración estes gastos”.

Cooperativistas de Xuxán piden á Xunta que interveña e anule o contrato coa xestora Galivivienda

0

Cooperativistas de Xuxán esixen “transparencia” á xestora Galivivienda — á que o Executivo galego adxudicou esta promoción – e piden á Xunta que faga unha auditoría para ter “control” sobre esta empresa tras o cambio de condicións ao que se viron expostos.

“Pedímoslle transparencia, que non aumente e que conserve as condicións iniciais“, explicou unha das afectadas por esta situación en declaracións a Europa Press. “O primeiro que necesitariamos é que a Xunta auditase a esta xestora para poder fiarnos e que tivese un control sobre ela”, sinalou tras explicar que “o modelo de cooperativa, se non se lexisla e se axusta ao modelo de aluguer e se non hai un control rigoroso sobre a xestora, é moi difícil que saia adiante”.

Doutra banda, tamén asegurou que “se están incumprindo algunhas normativas” e apuntou que “en base aos estatutos habería que quitarlle o chan a Galivivienda, convocar outro concurso público e darllo a outra”. “Unha situación que non desexamos que suceda”, engadiu.

Para os afectados “crear aluguer social a través dunha cooperativa ten unha serie de complicacións porque está concibida para investidores e propietarios”. “Este sistema colócanos en certa vulnerabilidade porque temos todas as obrigacións dun propietario pero non os dereitos”, incidiu unha delas para engadir que van “ser inquilinos durante 50 anos e, finalmente, quen recolle eses edificios é a Xunta de Galicia”.

En canto ao Ministerio de Vivenda, especificou que hai ingresos que proveñen desta carteira “pero en canto ao funcionamento e á xestión evidentemente a responsable é a xestora e a responsable de escoller nun concurso público a esta xestora é a Xunta”. “Así como de escoller o método da cooperativa para construír vivendas de aluguer social”, reiterou.

Pola súa banda, a Xunta ofreceu diálogo e colaboración pero entende que a situación vén derivada do Instituto de Crédito Oficial (ICO), algo que negan desde o Goberno central e esixen á Administración autonómica que exerza as súas competencias en materia de vivenda.

GRUPO VIVENDA COLABORATIVA

En relación a este caso, o Grupo Galego de Vivenda Colaborativa traslada o seu desacordo “con que proxectos levados por xestoras de cooperativas poidan ser considerados como vivenda colaborativa”. Aínda que trasladan o seu apoio aos afectados e confían nunha solución, rexeitan que poida considerarse “vivenda colaborativa”.

“En primeiro lugar non existe un grupo humano non empresarial á fronte do proxecto senón unha xestora de cooperativas movida licitamente por un interese lucrativo e, por tanto, a primeira premisa necesaria”, sinala sobre a “autogestión”. Ademais, remarca que é “evidente” que os xestores de Galivivienda “non van residir en Xuxán e, por tanto, non van formar parte desta comunidade”.

Treixadura abre este venres o ciclo Folk no Colón

0

Arrinca este venres 16 de maio a segunda edición do Folk no Colón. A mítica banda galega Treixadura estará a partir das 21.00 horas, aínda coas últimas entradas, a partir de 16 euros, están á venda a través de Ataquilla, na praza de Ourense e, este mesmo venres antes do espectáculo, no despacho de billetes do propio Teatro Colón.

Desde 1990, Treixadura leva aos escenarios un espectáculo único que combina o canto e a gaita e eleva a música tradicional ao máis alto nivel artístico. Fieis á súa esencia, rescataron melodías do anonimato, crearon novas composicións e compartiron a forza evocadora do canto colectivo.

Cunha traxectoria de 8 discos, colaboracións con figuras como Rodrigo Romaní ou Kepa Junkera, Treixadura representa a ponte viva entre a raíz cultural galega e a súa reinterpretación contemporánea. Unha experiencia emocionante que converte o público no verdadeiro protagonista de cada concerto.

II Folk no Colón

● 16 de maio | Treixadura
● 6 de xuño | Abraham Cupeiro
● 10 de setembro | Capercaillie
● 11 de outubro | Milladoiro
● 9 de novembro | Tiruleque
● 21 de novembro | Felisa Segade
● 20 de decembro | Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
● 26 de decembro | Carlos Núñez

Unha persoa excarcelada tras caer no seu vehículo por un terraplén en Arteixo

0

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá de xoves nun accidente acontecido ás 8:35 en Arteixo. Un dos vehículos, un Volkswagen Touran, caía por un terraplén e a condutora tivo que ser excarcerada polos bombeiros do parque provincial de Arteixo. Tamén estivo implicado un Peugeot 206.
As dúas persoas condutoras foron trasladadas ao CHUAC por medios sanitarios. Completaron o servizo Policía Local, Garda Civil e 061.

As “maquis” Filomena e Dolores, as coruñesas combatentes da Resistencia Francesa

Estes días toda Europa celebrou o fin da II Guerra Mundial, pero aínda hai moitas historias que cómpre rescatar. Esa é a idea de Kike Benlloch, que vén de publicar un interesante artigo, “aberto”, na Revista Nalgures, da A.C. Estudios Históricos de Galicia, sobre a presenza de “Galegos na Resistencia Francesa” (páx.155), nunha edición presentada no Casino o pasado xaneiro.

Falamos dos tempos trala caída da República no República, cando hai unha avalancha de refuxiados á zonas de Francia que xa tiñan vínculos con Aragón, Cataluña… antes do conflito bélico. Pero esa marea foi tratada como gando, metidos en campos de concentración franceses, custodiados por xendarmes e soldados africanos, preto das praias, en situacións hiperprecarias, e facendo traballos esclavos. Moitos morreron mentres comezaba a espallarse unha campaña internacional que entendía aos republicanos españoles, como xente miserablea que “comían os cans”. Cando Alemaña toma francia, os resistentes galegos saben o que vén, e foxen dos campos e bótanse ao monte, algúns uníndose á estrutura da resistencia francesa, e outros dirixiron e activaron a resistencia nos montes da zona.

No marco desa complicada tesitura, Benlloch sinala que ”hai moi pouca información, paupérrima e fragmentada”. Por iso entende necesaria esta recollida de memoria. “A meirande xente que combatiu morreron aos 30, non deixaron fillos, os seus pais foron morrendo, e non quedou ninguén que poida contar a súa historia. Imaxina, péganlle un tiro a unha chavala galega de 27 anos nun monte francés. Que imos saber dela?”, reflexiona invitando a seguir investigando. “Espero que haia outras persoas investigadoras que poidan completar esta información”, deixando claro que esta clase de colleita de nomes e de pequenas pero grandes historias. “O artigo non é un artigo definitivo, é un artigo aberto”.

Combatentes, non vítimas

Neste caso, e quitando o enfoque de vítimas, Benlloch pon o foco en 30 persoas combatentes galegas que estiveron na resistencia francesa. “O meu artigo non vai de vítimas. Estamos acostumados de aproximarnos a esta xente como tal, pero creo que óptica debe ser a de pensarmos en combatentes, de xentes que loitou, xentes morreron e outros sobreviviron, ata acabar liberando alemaña cos EEUU”, explica.

Debulla as 30 persoas que recolle en dous perfís: “o irregular e autodidacta, que se foi ao monte e se foi unindo á guerrilla; e por outro lado hai militares de carreira, que interviron en accións de combate na IIWW, e outros que participaron en Intelixencia no Norte de áfrica. Estes xa sabían o que se viña enriba, porque xa o viviran en Cambados, Ribeira… e xa sabían o que ía pasar en Francia”, explica.

No Xornal da Coruña queremos destacar o papel de dúas coruñesas que si pasaron algo máis polos papeis: Filomena Biencinto Naya e Dolores Pérez-Tilkin.

Dolores Pérez-Tilkin (1910-2007)

Son dous casos distintos ademais. “O de Dolores é un caso particular, porque dela si podemos saber algo”, avanza Benlloch. “Ela desvinculouse da Coruña moito antes, porque seus pais xa emigraran antes do comezo do conflito, a Francia, e cando todo pasou ela xa estaba asentada alí. Cando alemaña invade Francia o seu home é mobilizado, e unha vez que se ve soa, é unha das fundadoras da resistencia na súa zona, facendo de todo, participando en imprentas clandestinas que lanzaban pasquines combativos, en cadeas de fuxidas de xente represaliada… ata que a GESTAPO arresta aos seus pais, torturan á familia para que canten, e ela bótase ao monte, cos maquis, convertíndose en guerrilleira e participando na liberación de Toulouse.

Reencontrouse co seu esposo ao concluir a contenda, época na cal, ao servizo da seguridade militar e como intérprete de castelán, e participou na repatriación de deportados, especialmente de españois procedentes do campo de concentración de Mauthausen. Foi nomeada Cabaleira da Lexión de Honra e Oficial da Orde Nacional do Mérito”. “Nunca tiven medo”, chegou a declarar nas homenaxes que lle renderon posteriormente.

”Por iso si que atopamos algunha foto de Dolores, xa que en Francia si que recibiu un recoñecemento formal por parte da República, tratando aos galegos recoñecidos como Héroes nacionais, algo que nunca se fixo aquí”, critica. “Aquí nunca houbo ese proceso de recuperación”, lamenta poñendo en valor “a memoria que pervive aínda na medianía arredor de Toullouse, e gracias ao consenso antifascista, que xa se está a piques de quebrar, hai museos da resistencia por todas partes”,

Filomena Biencinto Naya (n. 1905)

Da que se sabe aínda menos é de Filomena Biencinto Naya. “Non sabemos case nada dela, e mesmo hai traballos de investigación moi potentes que non recollen os seus nomes. Dela só sabemos que xunto con outras catro españolas (Regina Arrieta, Dolores Clavero, Rosita Gil e Rosita Udave) estivo destinada na brigada da Alta Garona, departamento limítrofe con Aragón e Cataluña e cuxa capital é Toulouse”, explica Benlloch no texto da revista, reiterando a invitación a investigar máis a fondo: “Por iso eu o que quero é lanzar pistas, para que outros investigadores sigan investigando do fío, por exemplo na zona de Cariño e de Ferrol, é incrible a labor heroica de moita da súa xente, que se metían en chalupas fuxindo cara o norte de África, para enrolarse na resistencia, facendo o camiño contrario das pateras de hoxe en día”, avanza.

Máis novas

Asociación Cultural de Estudos Históricos de Galicia presentou o novo número da revista Nalgures

Chisco Fdez. Naval: “Meus fillos tiñan que saber”

A ARMH instala 10 novos stolpersteine lembrando víctimas do fascismo

A suba do aluguer social a cooperativistas de Xuxán irá ao Senado da man do PP

O PP rexistrará no Senado unha pregunta e unha moción sobre a situación de cooperativistas do barrio coruñés de Xuxán ante, segundo as súas denuncias, a subida do aluguer social en relación ás vivendas proxectadas.

“Para que o Goberno do Estado garanta o financiamento adecuado aos cooperativistas de Xuxán”, sinala a formación popular nun comunicado.

A pregunta rexistrada formúlase para que sexa o Goberno “o que responda directamente e sen evasivas a se vai flexibilizar o financiamento para que se manteña o carácter social da promoción”.

Na moción, que se aprobará, subliña, ao contar o PP con maioría absoluta na Cámara Alta, ínstase a que o Executivo central “garanta un adecuado financiamento do ICO, xa que pretende establecer un modelo que fai inviable o acceso dunha parte importante dos cooperativistas”, sinala.

Faino fronte aos argumentos do Goberno, trasladados polo seu máximo responsable en Galicia, Pedro Blanco, que rexeitou que teña que ver cos créditos ICO e instou á Xunta a asumir as súas competencias nesta materia.

O colexio coruñés da Sagrada Familia tamén gaña o Premio Dígocho Eu de Ouro

0

Ademais do Premio Mil Primaveras, o proxecto proxecto “Vitamina G” do CEIP Sagrada Familia vén de recibir un novo premio pola súa promoción da lingua galega.

Coordinados pola mestra Mariña Lema, os nenos e nenas de 5ºC do colexio herculino volven demostrar o potencial dinamizador e normalización e fanse co premio de ouro do popular programa da TVG Dígocho Eu, conducido por Esther Estévez.

CEIP Sagrada Familia co Vitamina G

Nun centro orgullosamente plural e con alumnado procedente de diversos países de varios continentes, a mestra Mariña Lema conseguiu facer da lingua galega un modelo de aprendizaxe para nenos, nenas e familias dende a promoción audiovisual e en redes.

Nos vídeos realizados, os estudantes explican dunha forma lúdica e didáctica conceptos e termos relacionados con contidos como o medio ambiente, tradicións galegas, reciclaxe ou mesmo gastronomía. Os materiais poden ser consultados na conta de Instagram “@vitamina_gue” demostrando o poder revulsivo da lingua.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Vitamina G (@vitamina_gue)

 

Máis novas

O proxecto Vitamina G, do CEIP Sagrada Familia, entre os gañadores dos Premios Mil Primaveras

Referentes nacionais pídenlle ao Dépor que por fin sexa “da Coruña”

AMEGA presenta unha guía didáctica sobre a historia dos medios en galego,