Inicio Blog Páxina 179

A fotógrafa Annie Leibovitz presenta na Coruña a súa mostra ‘Wonderland’

0

A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) abre ao público, desde este sábado, día 22, e ata o 1 de maio de 2026, no Peirao de Batería da Coruña, a exposición ‘Wonderland’, a primeira gran retrospectiva en España de Annie Leibovitz, premio Príncipe de Asturias en 2013.

Nun percorrido cos medios de comunicación, a fotógrafa estadounidense destacou que a fotografía é “forte como arte” e engadiu que, para ela, nestes momentos a “máis extraordinaria é o fotoperiodismo”. “O meu traballo no mundo da moda non foi o máis importante pero si un mundo marabilloso para xogar”, indicou mentres sobre o que poderá verse na exposición.

Despois de máis de 50 anos de carreira profesional e con Robert Frank como “referente”, recoñeceu non ser “fotógrafa de moda”, pero apuntou á súa traxectoria neste sentido.

“Cada vez que fago unha exposición gústame devolver algo aos mozos e demostrarlles como se fan as cousas”, concretou para facer un repaso, durante a visita á mostra, da súa traxectoria como a fotografía que realizou de John Lennon e Yoko Ono.

“Céntrome na persoa”, asegurou tamén ao explicar parte do que o público poderá ver nesta mostra, dividida en diferentes seccións e cun repaso desde os seus inicios na década dos 70 ata a actualidade.

CONTIDO DA MOSTRA

Así, ao comezo da mostra pódese visualizar “a tolemia do tres meses de xira” que fixo co grupo británico nos seus primeiros traballos para logo avanzar cara a outra etapa máis vinculada coa moda e nos seus traballos para revistas neste ámbito, pero sen esquecer outros máis persoais e con persoas que para ela supuxeron un referente.

De feito, explicou ela mesma, a exposición vai “transitando” cara ao mundo da moda con fotografías da súa época en Vogue, con inspiración en historias como O Mago de Oz ou Alicia no País das Marabillas, e con presenza nas instantáeas elas de actores e actrices como Penélope Cruz ou cantantes como Rihanna.

“Hai unha sala con persoas ás que admiro”, sinalou para precisar que outra parte da exposición está dedicada ao seu últimos dez anos de traballo. “Gústame que as fotos duren independentemente de quen estea na foto”, incidiu.

A CORUÑA E A FUNDACIÓN MOP

Xa preguntas dos medios sobre a súa impresión á súa chegada á Coruña, sinalou que foi “impresionante” e cualificou o edificio que alberga a súa mostra como “marabilloso”. Para trasladar todo o que se expón ao edificio da Fundación MOP, aclarou que previamente fixo co seu equipo unha maqueta e xa logo con ela montaron a exposición “en dúas sesións”.

“Admiro o que están a tentar facer aquí, é incrible o que están a facer pola arte e a cidade”, apostilou para subliñar o orgullo sobre o resultado da mostra.

E é que nela se pode contemplar un percorrido polos distintos traballos da fotógrafa. De feito, comeza cos seus primeiros anos, nos que se labrou unha excelente reputación polos seus retratos íntimos de músicos como Bob Dylan, Grace Slick, John Lennon, Mick Jagger ou Keith Richards para a revista Rolling Stone.

Percorre despois a súa traxectoria polo mundo da arte, o cinema, a música, o deporte, a política, para dar paso, por último, a unha ampla selección da súa fotografía de moda, gran parte da cal nunca se expuxo antes ao público e que constitúe, segundo a organización, “a alma da mostra”.

ACTOS PREVIOS

A apertura ao público ten lugar despois de que a presidenta de Inditex, Marta Ortega, convertese, un ano máis, á cidade da Coruña no epicentro do mundo da moda e reunise a personalidades como Linda EvanGelista, Eugenia Silva, Almodóvar ou C.Tangana.

Ao acto, que tivo lugar na noite do mércores, acudiron diversas personalidades do mundo da moda, o cinema e a arte. Entre eles púidose ver ao director e guionista Luca Guadagnino, ao cineasta español Pedro Almodóvar, ás modelos Linda Evanxelista, Karen Elson e Malgosia Bela, así como os deseñadores Samuel Ross e Katy England.

Na mesma xornada, pola mañá, Marta Ortega presentou a exposición, nun acto de carácter privado, a diferentes autoridades políticas e representantes da vida empresarial, social e cultural galega.

“Memoria Veciñal”, botou a andar o novo proxecto de FAVA 

0

O Espazo Veciñal do Birloque acolleu onte a presentación do proxecto “Memoria Veciñal”. Unha iniciativa da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA) creada para recompilar, identificar e conservar o legado histórico do movemento veciñal da cidade a través de testemuños orais  dos seus protagonistas por medio de grabacións audiovisuais e dun arquivo documental físico.

Nesta primeira fase, fixéronse entrevistas en profundidade a catro persoas de referencia no asociacionismo coruñés: Manuel Vales, Isabel Fouz, María José Cebreiro e Margarida  Vázquez, que formaron parte ao longo da súa dilatada presencia no movemento veciñal de diversas entidades da cidade, así como da propia Federación. Durante o acto presentouse un pequeno tráiler con fragmentos breves destas entrevistas e, a partir de decembro, cada semana, a Federación publicará os vídeos completos coas entrevistas.

O proxecto inclúe ademais a creación dun arquivo físico destinado a conservar documentación histórica tanto da Federación como das asociacións veciñais que se adhiran ao proxecto, co obxectivo de evitar a perda dun patrimonio documental esencial para comprender a evolución dos barrios e as loitas veciñais na cidade.

A presidenta da Federación destacou que “Memoria Veciñal pretende dar voz a quen construíu, co seu traballo e a súa constancia, moitas das melloras que hoxe gozamos na Coruña. Era unha débeda pendente recuperar e protexer esta historia, recoñecer o esforzo de tantas persoas e poñer en valor a memoria colectiva do movemento veciñal”.

A Federación anunciou tamén que este proxecto terá continuidade en 2026, ampliando o número de entrevistas e convidando a máis asociacións, persoas e institucións a colaborar.
A iniciativa realizouse grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, cuxo apoio fixo posible o desenvolvemento desta primeira fase, así como da colaboración do Concello da Coruña.

Máis novas

A Gaiteira reivindica as rúas con nome de muller

 

A Rede Europea de Loita contra a Pobreza celebra o seu seminario anual na Coruña

0

Segue a cidade da Coruña situándose como un referente estatal en materia de servizos sociais. Como vimos comprobando nas pasadas semanas, infraestuturas como o servizo de de atención en rúa a persoas sen fogar, o Centro de Baixa Esixencia, ou a rede de entidades que traballan nos cimentos máis básicos da nosa sociedade, fan da Coruña un exemplo estatal na materia.

Seguro que esa é unha das razóns polas que a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español (EAPN-ES) veña celebrar os próximos 26, 27 e 28 de novembro o seu Seminario Anual ‘Garantía de Dereitos e Novos Modelos de Servizos Sociais’, en colaboración coa súa rede territorial EAPN-ES Galicia.

A presente edición reunirá a máis dun centenar de representantes das redes territoriais de todas as Comunidades Autónomas e das entidades Estatais que forman parte de EAPN-ES, co obxectivo de analizar a situación dos servizos sociais e a súa diversidade territorial, así como identificar os retos, carencias e oportunidades de mellora do modelo actual.

Trátase dun evento de referencia na análise e propostas de políticas públicas desde a visión experta das organizacións sociais. Neste sentido, examinarase tamén a función do Terceiro Sector como apoio e reforzo do sistema público, á hora de garantir que o estado do benestar chegue a toda a poboación.

A importancia do estado de benestar

O presente Seminario chega un mes despois da presentación do XV Informe ‘O Estado da Pobreza. Pobreza e territorio. Comunidades Autónomas e Unión Europea’. Entre as principais conclusións, EAPN-ES destaca a necesidade de mellorar as axudas e prestacións autonómicas, como unha das claves para previr a pobreza e a desigualdade territorial. De feito, segundo o estudo, en Galicia o estado do benestar evitou que 760.000 persoas entrasen en pobreza en 2024: de non existir ningunha axuda nin prestación, incluídas as pensións, a pobreza chegaría a 1.144.000 galegos e galegas.

Aínda así, as cifras mantéñense altas e constantes na rexión, con máis de 500.000 persoas en situación de pobreza.

O programa

A inauguración do Seminario terá lugar a tarde do 26 de novembro ás 17:00h no Paraninfo da Universidade da Coruña.. Despois da inauguración, terá lugar o primeiro relatorio marco do Seminario ‘Benestar e cambios sociais: claves para unha transición xusta e inclusiva’, a cargo de Antón Costas, presidente do Consello Económico e Social de España (CES).

Durante a xornada do xoves, cómpre destacar o Panel “Políticas e prácticas emerxentes: transformando os Servizos Sociais para unha maior equidade”, no que falará a directora do EMIS, Bea Leal, que nos achegaba ao traballo municipal.

Ao longo das xornadas falarán responsables de entidades e administracións.

Máis novas

O Centro de Baixa Esixencia de Labañou cumple un ano: “Un espazo de dignidade dentro da cidade”

Sísifo abre as portas da sociedade a base de calor

Os Servizos Sociais da Coruña para as persoas sen fogar, un mar de segundas oportunidades

A campaña #OrgulloTerceiroSector demostra a profesionalidade das entidades sociais

Arteixo terá parque de bombeiros para 2026 e estará situado en Morás

0

O novo parque comarcal de bombeiros de Arteixo, situado en Morás e que substituirá ao actual situado no polígono de Sabón, estará terminado en xaneiro de 2026.

Así o informa a Deputación da Coruña tras a visita ás obras do presidente do ente provincial, Valentín González Formoso; o alcalde do municipio, Carlos Calvelo; o deputado de Economía, Facenda e Avance Dixital, José Ramón Rioboo; e o xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Luís Barca.

Durante o percorrido, engade, no que tamén participou persoal técnico, supervisouse o avance dos traballos, que estarán finalizados “no mes de xaneiro de 2026”.

O traslado da base de bombeiros ás novas instalacións, culminará en “o primeiro trimestre de 2026, coincidindo co reforzo de persoal comprometido polo Consorcio nos últimos meses e que permitirá mellorar os tempos de resposta e o servizo á cidadanía”, apunta a Deputación.

 

Bombeiros comarcais anuncian protestas e o cese de horas extra por incumprimento da Xunta na contratación

Un Padroado de mínimos aproba convocar un novo concurso para a dirección da Fundación Luís Seoane

Esta pasada mañá de xoves 20 de novembro houbo unha importante reunión do Padroado da Fundación Luís Seoane. O salón Azul do Pazo de María acollía a primeira xuntanza despois do polémico concurso que denunciaba o Xornal da Coruña e que acababa coa rectificación por parte da presidenta do Padroado e alcaldesa de Coruña.

Unha Inés Rey que aseguraba que o concurso da praza de director/a substituto/a ía ser revocado e se ía volver a convocar un concurso, sen ter en conta o propio Padroado, e sen poder estar na reunión celebrada onte.

Así, o Padroado daba conta da renuncia da persoa que foi escollida no errático concurso, e acordouse convocar un novo concurso, para que o antes posible levarase a cabo unha nova reunión do Padroado no que se presentarán unhas novas bases, nas que non trascendeu se van aceptar as consideracións da ADACE.

Un Padroado de mínimos

Resulta interesante ver que na foto do Padroado faltaron as 3 institucións máis importantes: representantes municipais (si que estiveron presentes responsables do PP e do BNG), da Xunta e da Real Academia Galega, que intentou estar presente pero non puido por problemas de axenda.

Non pasou desapercibida, dende logo, a ausencia da alcaldesa, que marchou a Nova Iorque a un evento internacional despois de anunciar “a convocatoria dun novo concurso cando o máximo órgano da Fundación aínda non se reunira e nin sequera ratificara a decisión adoptada pola Comisión de Valoración a favor da persoa que finalmente acabou renunciando”, segundo denunciou Queixas. “Foi unha falta de respecto ao Padroado”, sinalou Queixas.

”Tampouco é de recibo que a alcaldesa, presidenta do Padroado, non estivese presente na reunión de hoxe. A escusa da súa viaxe a Nova Iorque non se ten de pé: é evidente que se podía ter axendado a xuntanza para outro día, o que garantiría a súa presenza”, criticou o BNG, que lamenta non ter acceso ao expediente nin resposta as súas preguntas sobre o fundamento xurídico da anulación desta convocatoria, trámite previo á abertura dun novo concurso.

Máis novas do procedemento

O PP da Coruña sobre a recuperación dos corpos de fusilados no franquismo: “É un dereito”

0

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña e presidente da formación a nivel local, Miguel Lorenzo, trasladou o “dereito que ten toda familia a recuperar os corpos dos seus seres queridos”, ao ser cuestionado sobre os labores neste sentido dos que foron asasinados ou fusilados na etapa franquista.

Así o expuxo a preguntas dos medios de comunicación nunha rolda de prensa para asuntos locais. Respecto desta cuestión, ha indicido en que “se hai unha lei que recoñece ese dereito, o Goberno central ten que apostar, pór o diñeiro necesario”.

“Hai que buscar medios, non se pode anunciar e logo non pór os medios necesarios por parte do Goberno central para que se cumpra este dereito”, insistiu. Mentres, sobre o antigo cárcere provincial da Coruña, utilizada durante a etapa franquista, avogou por recuperala “e que non nos custe diñeiro facelo”.

ORZAMENTOS 2026

Tamén Miguel Lorenzo trasladou as súas dúbidas sobre o feito de que o novo orzamento para 2026 estea aprobado en decembro e entre en vigor a 1 de xaneiro, como sostén o goberno local.

Así o manifestou nunha rolda de prensa para presentar o Contrato cos Autónomos, un documento elaborado co obxectivo de “mellorar” as condicións destes traballadores e “valorar o seu esforzo”, segundo expuxo.

Nela, e a preguntas dos xornalistas, manifestou que “non van estar en tempo e data”, aínda que asegurou que o importante é a súa execución. Fíxoo ao argumentar que este ano son “117 millóns sen executar, estamos a falar de partidas sociais que se rebaixan ou non se executan”.

Cuestionado polos vehículos de transporte con condutor (VTC), apelou ao diálogo co sector do taxi. “Os taxistas o único que piden é que se cumpra a normativa e si imponse as sancións que se executen, que non se garden nun caixón”. Lorenzo tamén demandou unhas regras “ben marcadas”.

 

 

Luís Bolón rescata hoxe os cancioneiros galegos na Agra do Orzán

0

Luís Bolón achégase hoxe, venres 21 ás 20:15h, ao local da Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” (Rúa Entrepenas, 38). O músico herculino, actual director artístico de Cántigas da Terra e mestre de instrumentos populares na Escola de Música Sementeira de Cambre, ademais forma parte do grupo Os Melidaos e do colectivo Cantometrics, repasará o seu espectáculo sobre Os cancioneiros galegos. Recompilación de música tradicional.

Entre outras, repasará algunha das coplas recuperadas en 1952 polo americano Alán Lómax, como esta gravada en Corcubión, cuios versos soan no espectáculo Efémeras de Cantometrics.

Carballeiriña escura
moza solteira e honrada
rise de quen a marmura

Luís Bolón naceu na Coruña en 1995. Aos oito anos comeza os estudos regrados de Gaita Galega que complementa con formación en frautas traveseiras, percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Tamén asistiu a cursos con Carlos Núñez, Dani Bellón, Cristian Silva, Luís Prego, Aleix Tobias, Xisco Feijoo, Carmen Rey, Efrén López. Posteriormente estuda no Conservatorio Superior de Vigo con Lorena Freijeiro, Iván Abal e Carlos Castro, onde acada o título superior en interpretación dos Instrumentos da Música Tradicional e Popular.

Levou a cabo diferentes concertos e recitais por todo o país e participou como músico solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira de Cambre. Realizou a composición e interpretación musical da banda sonora da obra teatral Bath time. Como docente impartiu aulas na A.C. Arume de Caión, Universidade de Vigo, EMM Abegondo.

O Pazo de María Pita acolle esta mañá unha reunión do Padroado da Fundación Luís Seoane

0

Continúa avanzando o proceso de recondución do polémico e fallico concurso de selección do / da Director/a substituto/a da Fundación Luís Seoane, que leva denunciando o Xornal da Coruña dende hai máis dun mes. Despois das declaracións da rexedora nas que aseguraba que a Fundación dá por anulado ese concurso, esta mañá de xoves 20 de novembro o Salón Azul do Pazo de María Pita acole unha nova reunión do Padroado.

O único punto da orde do día será dar información sobre o devandito proceso e “toma de acordos ao respecto”.

 

Máis novas do procedemento

ADACE ponse a disposición do Padroado da Fundación Luís Seoane

As familias de Oleiros responden ao Conselleiro con realidades e manifestacións por unha “educación pública, inclusiva e de calidade”

A loita das familias contra os recortes e a falta de apoio das administracións para co ensino público continúa. Se mañá haberá concentración comunidade educativa do CEIP Prácticas e o sábado coa manifestación da do CEIP Cidade Vella, hoxe mesmo houbo concentracións nos 5 centros educativos de Oleiros.

I é que onte, o Conselleiro de Educación Román Rodríguez acusaba de mentir ás familias de Oleiros sobre os recortes nos centros educativos en materia de mestres auxiliares para alumnado con necesidades educativas especiais. Pero as comunidades educativas dos centros oleirenses non se van amilanar, e van seguir loitando por unha educación pública de calidade e inclusiva.

Así o demostraron esta mañá con concentracións nos 5 centros co apoio das 5 ANPAS, e coas respostas ás declaracións do Conselleiro no Parlamento.

Así, esta mesma mañá de xoves 20, as comunidades educativas e veciñanza, concentrábanse, co apoio municipal, diante dos coles de Oleiros. As convocantes, a ANPA Valle Inclán (Perillo), AFA Nós (do CEIP Juan de Vega, Nós), ANPA CEIP Luis Seoane (Mera), ANPA Ensino CEIP Rabadeira (Oleiros), ANPA Bidueiro CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz) e ANPA CEIP Juana de Vega (Oleiros) aproveitaron o Día Mundial da Infancia, para reclamar una educación pública, inclusiva e de calidade para todas as crianzas.

Concentracion das familias do CEIP Valle Inclan
Concentracion das familias do CEIP Valle Inclán

Os participantes vestiron roupas negras co obxectivo de simbolizar o grave desamparo que están a sufrir as escolas e que pon en perigo a calidade do ensino público debido á falta de profesores de pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL), mestres titores e de reforzo nas aulas ou a eliminación de proxectos de gran interese educativo, cultural e comunitario.

Lembran que ps recortes máis graves rexístranse nos colexios Valle Inclán e Juana de Vega, pero poderían ter sido calquera outro.

Concentracion ANPAS Oleiros 3
Concentración no CEIP Luis Seoane

Respostas ao Conselleiro

”A Xunta de Galicia, responsable da educación no noso país, non atende as demandas das ANPAS e da comunidade educativa en xeral a respecto da dotación de persoal necesario deixando centros educativos con graves eivas para a consecución dunha educación inclusiva e de calidade para todos os nenos e nenas”, aseguran nun comunicado.

Aseguran ademais que son “varias ascousas que comenta o conselleiro que non se axustan á realidade: Di que no noso centro hai 425 prazas dispoñibles e que, segundo el, están ocupadas 323, fala polo tanto, de máis de 100 prazas libres. Falso. Resulta que a realidade é que temos 459 matrículas ponderadas (unha vez feitos os cálculos en base a necesidades especiais). Sin ponderar, 444 alumnos e alumnas”.

As familias, deixando claro que a crianza non pode depender de números, afían as cifras aportados polo Conselleiro: “A consellería indica que hai dous especialistas AL e PT por encima do que lle corresponde ó colexio. No noso centro, por catálogo, temos 1 PT e 1 AL. Pero tamén por catálogo o noso centro é de liña 2. É dicir, de dous grupos por curso. E a realidade é que en tódolos cursos, menos infantil e 1º de primaria, temos 3 grupos. Polo tanto, aínda que por catálogo corresponden 1 AL e 1 PT, os outros dous especialistas son provisionais dado o alto número de alumnado e as súas características. É dicir, corresponden 2 AL e 2 PT, dos cales un de cada están en plana definitiva e os outros dous son provisionais polas necesidades reais deste curso”, explican.

Van máis alá levando á contraria ao Conselleiro “cando fala de que as aulas están por baixo da ratio máxima. Isto é así porque a inicio de curso o Equipo Directivo do centro escolar solicitou facer un desdobre que a consellería non contemplaba. E foi autorizado. E foi autorizado a empregar os profesores MEGA de reforzo educativo. A ratio agora é a legal, pero cada aula debe ter un titor. Os mestres que cobren estes desdobres son os que deberían adicarse a reforzo e apoio nas aulas a alumnado con necesidades”.

Con todo, deixan claro que “non hai mestres suficientes para dispoñer do horario que precisa levar adiante a correcta vixilancia nas gardas, poñendo en risco a seguridade do alumnado. Porén, agora mesmo están totalmente paralizados moitos proxectos do colexio coma a sección bilingüe, robótica, informática, horta, viaxes e as excursións didácticas. Son proxectos de interese comunitario e vinculados á cultura, ó entorno e ó medio ambiente que combinan educación regrada e non regrada, algo que conseguiu dar a este centro unha excelencia e unha calidade que agora desapareceu.

Concentracion ANPAS Oleiros 2
Concentración no CEIP Isidro Parga Pondal

”A golpe de titular”

E rematan cunha reflexión as familias da ANPA Valle Inclán: “Parécenos terrible dar as costas desta forma á realidade do que se vive nos centros escolares e que os políticos gobernen a golpe de titular e non de responsabilidade. Seguimos loitando polo dereito a un ensino público de calidade, polos nosos fillos e fillas”.

Concentracion ANPAS Oleiros
Concentración no CEIP Rabadeira

Máis novas

A Xunta négalle ao CEIP Valle Inclán o aumento de profesorado na previa das concentracións das 6 ANPAS de Oleiros

As familias de Oleiros simbolizaron cunha marcha fúnebre o enterro do ensino público de calidade

As comunidades escolares percorreron Elviña e Monelos nunha multitudinaria manifestación por un ensino público de calidade

Outras novas das ANPAS

Bombeiros comarcais anuncian protestas e o cese de horas extra por incumprimento da Xunta na contratación

Os Bombeiros comarcais de Galicia anunciaron a convocatoria de protestas e o cese da realización de horas extraordinarias no Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña. A medida xorde tras unha asemblea na que denunciaron o incumprimento dos acordos sobre contratación de persoal e aspectos do convenio colectivo.

Os bombeiros sinalan que o persoal comprometido no acordo de desconvocatoria de folga de 2023 (para cubrir o exceso horario) debía estar contratado en 2024. Lamentan ter realizado “un número excesivo de horas” cunha confianza que non foi correspondida, o que levou ao “deterioro continuo dos servizos públicos”.

O foco do conflito céntrase nas bases dos procesos selectivos, elaboradas pola xerencia da Coruña e avaladas pola Dirección Xeral de Emerxencias. Critican que estas bases son “totalmente inadecuadas” e xeran un obstáculo na cobertura de 102 prazas de nova creación e 22 vacantes estruturais, en lugar de axudar a estabilizar ao persoal temporal existente.

Os profesionais acordan, por unanimidade, non realizar horas extraordinarias no Consorcio da Coruña, a cuxa xerencia responsabilizan de “evitar calquera reunión ou negociación”. Advirten que se as posturas se manteñen “inamóvibles” respecto das bases, a medida se estenderá ao resto de consorcios provinciais galegos. Tamén anuncian un calendario de mobilizacións, preferentemente ante o Consorcio da Coruña e a Dirección Xeral de Emerxencias, ademais de promover reclamacións por vía xudicial.