Inicio Blog Páxina 178

A programación do Nadal da Coruña incluirá máis de 300 eventos a partir deste venres

0

A programación do Nadal da Coruña comeza este venres, día 28, co aceso por parte do ex xogador deportivista Bebeto. A mesma incluirá máis de 300 eventos como concertos, obras de teatro, festivais, visitas guiadas ou actividades infantís.

“Unha amplísima programación cultural e de lecer”, anunciou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, este luns durante a presentación da mesma.

Todo iso tras avanzar que a principal novidade é o mercado do Nadal que se abrirá na praza de María Pita este mesmo vernes, con dez postos de hostalaría e 31 comerciais.

O mercado abrirá as súas portas este mesmo venres e permanecerá aberto ata o venres 2
de xaneiro. O seu horario será de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 22.00 horas todos os días e ata as 23.00 horas os venres, sábados e véspera de festivo. Contará unha praza central cos
postos de hostalería nos que non faltarán produtos habituais desta época do ano, como os
churros, as crepes, o viño quente ou os gofres, mais tamén haberá postos de comida de
diferentes partes do mundo. Por outra banda, haberá unha gran variedade de postos
comerciais no mercado, con alimentación variada, menaxe, xoierías, produtos de artesanía,
complementos, roupa, decoración de Nadal…
Un dos postos será dedicado ás entidades sociais da cidade.

“Haberá animación durante todo o día e decoración de Nadal”, destacou para apuntar que haberá coros e panxoliñas, ademais dun concerto de Cantigas da Terra. A programación cultural chegará aos centros cívicos, ao Coliseum, Ágora, Fórum Metropolitano e asociacións veciñais, explicou.

Respecto á iluminación, concretou que “haberá case 3 millóns de luces led no medio millón de arcos repartidos polos diferentes barrios da cidade”. “O obxectivo é chegar de maneira máis equitativa ao maior número de rúas da cidade”, incidiu.

Máis novas

A Coruña instalará case tres millóns de luces polo Nadal, con Bebeto como protagonista o día do acendido

Carolina Iglesias volve a casa con Les Coruña

O Noites do Porto comezará no San Xoán

O pleno da Deputación da Coruña aproba para 2026 o maior orzamento da súa historia, 256,5 millóns

0

O pleno da Deputación da Coruña aprobou para 2026 o maior orzamento da súa historia, que ascende a 256,5 millóns de euros. Foron aprobados co voto a favor de PSOE, BNG e Alternativa dúas Veciños e o voto do PP en contra.

E é que para os populares trátase dunhas contas que supoñen a “suma e segue” dun proxecto “esgotado e sen criterio”. Para esta formación, trátase dunhas contas cunha visión “desenfocada, superficial e conformista” sen unha avaliación “rigorosa” do sistema de subvencións, segundo argumentou o seu portavoz, Evaristo Ben.

Pola contra, o goberno provincial sostén que consolida o modelo municipalista iniciado en 2015 e “reforza o apoio directo aos 93 municipios da provincia, o benestar social, a seguridade viaria, o emprego e os servizos públicos”. “Concibido para os municipios”, remarcou o deputado de Economía e Finanzas, José Ramón Rioboo.

A portavoz do BNG, Avia Veira, sinalou que o orzamento “se compromete a financiar adecuadamente aos municipios, que cada vez teñen máis necesidades” e centrouse nas políticas turísticas e culturais da Deputación. Pola súa banda, o portavoz de Alternativa dúas Veciños, Ángel García Seoane, subliñou a necesidade de seguir aumentando o investimento en estradas e obras.

O presidente da Deputación da Coruña , Valentín González Formoso, expuxo, á súa vez, que as obras de saneamento e abastecemento poden incluírse no Plan Único, dado que os municipios teñen total liberdade para elixir as obras e os servizos que se financiarán co POS+, o que representou, engadiu, “unha revolución no financiamento municipal”.

O fallo do concurso do deseño da fachada marítima coruñesa notificarase “no outono de 2026”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey anunciou que o fallo do concurso internacional para a redacción do plan que definirá os futuros usos dos peiraos interiores do porto da cidade herculina notificarase en “outono do ano 2026”. Foi a comezos de mes cando se pechou o prazo de presentación de equipos redactores.

Será “no outono de 2027” cando se presente o Máster Plan de quen fose seleccionado, engadiu.

Fíxoo a preguntas dos xornalistas sobre este asunto tras a presentación da programación de Nadal. “Agora, hai que analizar detidamente, por parte dunha comisión independente, esas candidaturas que se presentaron ao concurso”, expuxo.

Cuestionada tamén pola súa intervención, xunto ao presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, na Conferencia Mundial da Asociación Internacional de Cidades e Portos celebrada a semana pasada en Nova York, a rexedora destacou que a súa participación foi “tremendamente produtiva para a cidade”.

“Foron xornadas de traballo intensas nas que aprendemos moito e vimos outros desenvolvementos”, explicou respecto dunha “aprendizaxe” para afrontar retos de “cara ao futuro do porto” da Coruña.

Entre eles, destacou compatibilizar usos portuarios, económicos, actividade pesqueira, transporte mercadorías, de viaxeiros e cruceiros, así como a posibilidade de xerar espazos de uso residencial nas zonas costeiras.

Máis novas

Presentadas 15 propostas para a redacción do Máster Plan de Coruña Marítima

A presidenta do COAG desmonta o proceso da Fachada Marítima: “O que vexo é que a Autoridade Portuaria quere sacar rendemento económico”

Debe condicionar o pago da débeda do porto exterior a trascendental reordenación da fachada marítima?

Manuel Monge destaba a historia secuestrada de Juan Carlos I no seu novo libro

0

”Usted debería saber. La historia secuestrada de la monarquía. 90 años con Franco” é o título do novo libro que Manuel Monge vai publicar en 2026, na colección Endovelia de Edicións Laiovento. O histórico politico, sociólogo, ensaísta e activista pola memoria histórica revela a historia, que se nos quere ocultar sobre a monarquía española, tomando como referencia a propia confesión do rei Juan Carlos I nas súas memorias.

Concibido cunha urxencia democrática, especialmente ante o descoñecemento histórico na sociedade e, sobre todo, na mocidade, o libro eríxese como un manual para comprender as claves dun presente político marcado polo auxe da dereita. Manuel Monge ofrece unha análise rigorosa, unha ferramenta de combate intelectual, necesaria e urxente, para comprender as claves dun pasado que se nega a desaparecer e que segue determinando o noso futuro. É un texto valente e necesario que interpela directamente ao lector e entrégalle argumentos para defender a democracia das súas propios pantasmas.

“E se os restos do franquismo continúan en 2026?”

O libro parte dunha premisa: “E se os restos do franquismo continúan en 2026?”. Lonxe de ser unha análise académica distante, a obra defínese como un «panfleto pedagóxico», unha ferramenta de intervención cívica forxada desde a experiencia persoal do autor como vítima da ditadura.

Monge sostén unha tese tan contundente como documentada: vivimos nunha democracia, con limitacións, pero en 2026 cumpriranse «90 anos con Franco». Para demostralo, o libro non busca arquivos inéditos, senón que se mergulla na fonte máis reveladora e insospeitada: as memorias de Juan Carlos I, tituladas Reconciliación. A través dun minucioso exercicio de revisionismo, Monge utiliza as propias palabras do rei emérito para desmantelar o mito fundacional da democracia española e expoñer a continuidade de restos dun sistema que, en palabras de Franco, foi deseñado para que todo quedase «atado e ben atado para o futuro».

O libro sitúa a figura de Juan Carlos Borbón non como o motor do cambio, senón como o piar fundamental dunha monarquía herdeira do franquismo. Monge presenta ao rei como un sucesor designado polo ditador, non elixido democraticamente, que profesaba a Franco un profundo «afecto e admiración». É o propio rei quen proporciona a proba de cargo definitiva cunha pregunta retórica demoledora que vertebra todo o ensaio: “Por que mentir se foi el [Franco] quen me converteu en rei?”.

A obra documenta a conexión persoal e ideolóxica entre ambos, a corrupción como unha práctica sistémica que conecta o réxime co reinado e, nunha das súas acusacións máis graves, cuestiona o papel oficial do monarca durante o golpe de estado do 23-F, lembrando que o propio rei manifestou simpatía polos golpistas. Deste xeito, “Usted debería saber” non é só unha biografía crítica, senón a autopsia dunha lexitimidade construída sobre o silencio e a manipulación, demostrando como a inviolabilidade constitucional ha servido para blindar á institución de calquera rendición de contas.

Pero a análise de Monge non se detén na figura de Juan Carlos Borbón; transcende á institución para sinalar as estruturas de poder que garanten a súa pervivencia. O libro traza unha liña directa entre o franquismo –o congreso fundacional de AP, despois PP, en marzo de 1977, acababa cos congresistas en pé gritando Franco Franco– e as principais formacións da dereita española, ás que describe como herdeiras ideolóxicas dun sistema que nunca foi depurado. A crítica esténdese a un poder xudicial cuxa independencia é posta #en cuestión, baixo o provocador epígrafe «A xustiza non é inocente».

Máis novas

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

 

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

Carolina Iglesias volve a casa con Les Coruña

0

Sempre é agradecida a volta dunha das mulleres máis visibles da rede estatal á súa cidade. Carolina Iglesias, tamén coñecida como Percebes y Grelos (con case medio millón de siareiros só en IG) volve á Coruña da man co colectivo Les Coruña.

A escritora, cómica e comunicadora oleirense volverá no marco  do programa anual de actividades de Les Coruña pola visibilidade lésbica. Iglesias ctuará no Claro Boba!, na Rúa do Socorro 37, nunha cita patrocinada polo Concello da Coruña e que promete ser unha mestura de humor, reflexión e festa comunitaria.

“Xúntanse dúas cousas que me encantan: estar na Coruña, na miña terra, e o colectivo LGTB do que formo parte, defendo sempre que podo e polo que creo que hai que alzar a voz”, explica Carolina. Conta que se sente especialmente acompañada nestes eventos e que tenta devolver ese apoio. “Faime moita ilusión que se faga este tipo de eventos na miña terra e que as persoas do colectivo sexan cada vez máis visibles e sintan menos medo. Non todas as realidades son como as que temos preto”.

O encontro será distendido e interactivo. De feito, Carolina avanza xa o ton: “Imos pasar un bo rato e aprender. Sobre todo eu. Vou preguntar cousas. Trátase de que as persoas que veñan se sintan a gusto, como na casa, coñezan outras persoas, fagan amigas e ata liguen! Eu aí xa non me meto”.

Desde Les Coruña destacan o significado de contar con Carolina nesta celebración. A presidenta da asociación, Sandra López, resume así o obxectivo da actividade: “Promover a visibilidade lésbica, xerar referentes positivos, fomentar o diálogo e a reflexión e crear comunidade. Trátase de fortalecer redes e construír vínculos entre nós”. E engade: “Carolina é unha referente na visibilidade lésbica e das persoas bisexuais. Para nós é moi importante a súa presenza na Coruña”.

As portas da sala abriranse ás 21.00 horas. As entradas están dispoñibles en venda anticipada neste enlace e tamén poderán adquirirse na propia sala o día do evento. Antes da charla, a marca sueca líder en produtos eróticos de alta calidade, Lelo, impartirá un obradoiro centrado na sexualidade feminina.

“A Coruña impartirá, por primeira vez, docencia en Medicina”, di o reitor da UDC

0

O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, puxo en valor que “por primeira vez, estará recollido nun concerto que a UDC impartirá docencia de Medicamento”. En declaracións aos medios, tras a aprobación por unanimidade no Consello de Goberno da institución académica do acordo para a descentralización do grao desta disciplina, destacou aspectos “chave” deste pacto que considerou “positivo”.

Entre eles, citou que as universidades participarán na elaboración dos plans de organización docente, así como a preservación da vinculación do complexo hospitario universitario da Coruña (Chuac) á UDC. “Seguirá sendo o noso hospital universitario”, incidiu.

Cao recalcou que o proceso de descentralización da teórica e a práctica dos últimos tres cursos de Medicina comezará o próximo ano e culminará no curso 2028-2029. “Apróximandamente, formaranse cen estudantes no Chuac e outros cen en Vigo“, expuxo para engadir que “o 50% das prazas de profesorado convocaranse pola universidade á que estea vinculado o hospital”.

A reunión produciuse despois de que o Consello para a coordinación dá docencia clínica en Galicia ratificase o xoves o citado acordo. Prevese que a próxima semana sexa aprobado pola UVigo. Nel se explicita que tanto UDC como UVigo “manteñen as súas aspiracións” sobre a titulación: comprométense a non solicitalo ata 2029 — vixencia do acordo –, pero estarán “lexitimadas” a facelo se se incumpre algunha cláusula do convenio.

CALENDARIO

O calendario do acordo establece a descentralización progresiva da docencia, tanto teórica como práctica, de 4º, 5º e 6º curso do grao de Medicamento. Así, para cando finalice a aplicación do acordo, no curso 2028/2029, o tres últimos cursos do grao en Medicamento impartiranse ao completo nas cidades de Santiago, Vigo e A Coruña.

O Noites do Porto comezará no San Xoán

0

A sexta edición de Noites do Porto xa ten datas. O festival que mellor coida ás salas da cidade dá unha volta ao seu calendario e adianta a programación para converterse, a partir de 2026, no primeiro festival de música do verán da Coruña.

Así, desde o 22 de xuño e ata o 15 de xullo, Noites do Porto ofrecerá quince días de programación musical nos que primará o carácter que define ao evento desde a súa creación en 2021: calidade, eclecticismo, propostas singulares, estreas e directos únicos tanto na Coruña como en Galicia.

Afirman que a sexta edición de Noites do Porto será a máis ambiciosa de todas as celebradas ata o momento, coa incorporación de novos espazos, máis contidos e novas  cápsulas de programación. Pero sobre todo, ratifica a súa aposta polas salas de concertos, artistas, creadores de diversas disciplinas e, especialmente, o público.

Michelle David & The True-tones en Noites do Porto © Andrea Sánchez 15
Michelle David & The True-tones no Garufa no Noites do Porto 2025 © Andrea Sánchez

Máis novas do Noites

Océano Eskizo revive na Mardi tres xeracións de punk coruñento

O Jazz Filloa, unha das salas de jazz máis antigas de España, abriu o Noites do Porto

“I know it could be safer to stay at home”. Crónica amarga do concerto dos Lemonheads

O Bristol, as salas da cidade e La Casa Azul, protagonistas do Noites do Porto

8.400 persoas gozaron dos concertos especiais das Noites do Porto

 

Novos cortes de tráfico a próxima semana pola remodelación de Alfonso Molina, na Coruña

0

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na Coruña, provocarán novos cortes de tráfico a próxima semana.

En concreto, desde as 10,00 horas deste martes, 25 de novembro, ata o venres, 28 de novembro, ás 13,00 horas cortarase o ramal de ligazón entre a avenida San Cristóbal (AC-10) e a avenida Alfonso Molina (AC-11) en dirección saída da cidade.

Esta actuación pretende minimizar os importantes movementos que causan problemas de seguridade viaria que dan lugar a retencións, conxestión, ruído e contaminación, cunha afectación global aos accesos á cidade e á mobilidade de toda a área metropolitana.

A ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en loita contra o deterioro do centro

Está sendo moi grave o desagravio das administracións para cos centros de ensino para que teñamos centos de familias na rúa protestando. Falamos das familias de todo o Oleiros criticando os recortes en materia de auxiliares de inclusión; falamos do profesorado que xa se ten manifestado en folga; falamos das familia do CEIP Cidade Vella, que saen mañá sábado nunha manifestación polo escaso mantemento do centro, ou falamos da Comunidade escolar do CEIP Prácticas, que leva un ano que o cole lle caen enriba:

Hoxe, venres 21 de novembro, as familias volveron a concentrarse ás portas do centro a pesar de que o pasado 12 de novembro na sesión da Comisión 4º de Educación do Parlamento de Galicia, conseguiuse grazas ao BNG que a Consellería de Educación admitise a necesidade dunha reforma integral do CEIP de Prácticas e o propio Secretario Xeral indicou que no 2026 habería boas novas para o colexio.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


Con todo, as familias precisan “prazos concretos porque as nosas demandas si que son concretas”. E enumeran as carencias que ten o centro a día de hoxe:

  • Renovación do convenio entre Xunta, Concello da Coruña e UDC para a xestión do centro que leva caducado dende 2022.
  • Os diferentes enreixados de peche así coma as cancelas, están enferruxados e rachados co perigo que isto pode supor para o alumnado.
  • O chan do patio está cuberto de fochancas.
  • As humidades son dunha relevancia tan grande que mesmo nacen fungos en mesas e portas.
  • O alicatado de zonas comúns coma o ximnasio ou algúns baños cae por falta de mantemento.

A cousa é tan grave que neste mes de novembro foi precisa unha desinfección urxente por mor de que varias crianzas tiveron problemas de erupcións cutáneas por usar determinados elementos do ximnasio…

As familias están “fartas de promesas incumpridas e da nula asunción de responsabilidades por parte das administracións” e dubidan das promesas porque nos Orzamentos 2026 da Xunta non aparece o centro e ningunha das partidas, e porque seguen esperando ás demandas rexistradas por vía telemática.

Critican ademais a falta de acordo das 3 administracións competentes mentres, os grandes perxudicados, os 250 nenos e nenas que reciben aulas no CEIP de Prácticas.

Máis novas de recortes no ensino

Outro venres ás portas do esfolado CEIP Prácticas

As familias do CEIP Cidade Vella mobilízanse e chaman á Xunta e ao Concello por “unha escola segura e digna”

As familias de Oleiros responden ao Conselleiro con realidades e manifestacións por unha “educación pública, inclusiva e de calidade”

As comunidades escolares percorreron Elviña e Monelos nunha multitudinaria manifestación por un ensino público de calidade

O “cidadán can”: Unha guía didáctica sobre tenencia responsable de animais

Aproveitando a visita guiada do Programa Ambiental do Concello da Coruña organizada pola Fundación Érguete para as persoas residentes no Centro de Inserción Social da Coruña, queremos facer unha guía práctica sobre a tenencia responsable de animais.

Máis tendo en conta, como xa temos falado, que vivimos nunha cidade con máis cans que menores de 14 anos, o que fai necesario case asumir aos animais como “cidadáns cans”. Todo nun contexto no que a irresponsabilidade duns poucos “donos” coas recollidas das cacas, con levar cans soltos e sen bozal… acaba provocando unha controversia social importante.

E co gallo de unir camiños, traemos esta interesante guía sobre tenencia responsable de animais.

Os principios básicos serían proporcionar unha alimentación e unha saúde axeitada, e terlle posto microchip e telo rexistro no RELIAC.

En breve, a sociedade española falará da esterilización de todos os animais que non sexan destinados á cría, como xa acontece a día de hoxe no norte de Europa.

Áreas caninas e zonas de esparcimento canino

Son tres os tipos de espazos onde, unicamente, se poden soltar aos cans: a pequena e contaminada cala de Bens), a única onde os animais se poden bañar todo o ano; as áreas caninas e as Zonas de esparcimento canino.

Hai 5 Áreas caninas na cidade, onde os cans poden estar libres, pero cómpre manter as normas básicas como recoller os excrementos… Estas son:

  • Eirís,
  • Bens,
  • Novo Mesoiro,
  • Santa Margarida e
  • Parque Adolfo Suárez, en Visma.

En canto ás Zonas de esparcimento canino (áreas máis grandes nas que poden ir libres en horarios, en inverno dende as 20:00 as 8:00, e en verán dende as 22:00), temos as de:

  • San Diego,
  • A Maestranza,
  • Barrio das Flores,
  • Torre de Hércules e
  • Parque Adolfo Suárez, en Visma.

Durante o inverno, as praias convírtense en zonas de esparcimento canino e os cans só poden estar ceibos neste mesmo horario, de 20:00h a 8:00h.

Cans potencialmente perigoso

Facemos especial fincapé nos cans “potencialmente perigosos”, que na lei intentaron denominar como “de manexo especial”. Son 16 razas e os cruces entre elas, os recollidos na ordenanza, pero tamén se inclúen cans que tiveron un precedente de agresión a persoas ou animais; e outros que foron educados como garda.

Estes teñen que levar bozal sempre, ir amarrados cunha correa de 1,5m, e ademais requiren un seguro especial e unha licenza municipal nominal (e só poden saír á rúa coa persoa que teña esa licenza, non pode haber un can “da casa” que pasee toda a familia, supoñendo esta un dos principaus argumentos das sacións).

Outro día falaremos da canceira municipal, onde a meirande parte dos animais, curiosamente, son dos considerados “potencialmente perigosos”…

Máis novas

De mascota a “perrhijo”: A Coruña, a cidade con máis cans que nenos