Inicio Blog Páxina 177

Un lazo humano polo 25N

0

O acto municipal polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres artellado na Coruña, consistiu nunha representació dun lazo, unha andaina e unha lectura do manifesto institucional.

As persoas participantes (representantes das entidades deportivas da cidade, persoas que forman parte das actividades deportivas e comunitarias municipais, público xeral e membros da corporación local) partiron ás 11.00 h desde a explanada de Riazor e desde o frontón do C.D. A Torre, para atoparse no miradoiro do Matadoiro e rematar formando un grande lazo violeta humano arredor das 12.15 h, como xesto simbólico de apoio ás vítimas e ás superviventes.

Baixo o lema “Non hai escusas”, a declaración institucional destacou tamén o avance da violencia vicaria, da trata e da explotación sexual, así como o impacto crecente da violencia dixital exercida a través das redes sociais e das aplicacións de mensaxería. O texto alerta da especial vulnerabilidade das persoas menores e de mulleres con discapacidade, maiores ou migrantes, e apela á responsabilidade de todas as institucións para garantir o acceso á protección e á información en condicións de igualdade. “Negar ou minimizar a violencia machista non é unha opinión máis: é deixar desprotexidas ás mulleres e ás crianzas e poñer en risco a convivencia democrática”, sinalou a alcaldesa, referíndose ao avance dos discursos negacionistas.

O Centro 24h

Durante a súa intervención, Rey volveu reclamar con firmeza a posta en marcha dun Centro de Crise 24 horas para vítimas de violencia sexual na área da Coruña, ao abeiro da Lei Orgánica 10/2022. “É inxusto que A Coruña siga sen contar cun Centro de Crise 24 horas propio. Esiximos á Xunta que cumpra e dote a nosa cidade dun recurso especializado, próximo e coordinado cos servizos municipais e co tecido asociativo que leva ano traballando con vítimas de violencia sexual”, esixiu Inés Rey. A rexedora lembrou que a cidade xa dispón dun CIM de referencia, recursos de acollida e pisos de transición, “pero falta unha peza clave para completar o mapa de atención e non pode haber territorios de segunda en dereitos”.

O Concello da Coruña reclama á Xunta un Centro de Crise 24 horas para vítimas de violencia sexual e a Xunta analiza abrir máis centros

As familias do CEIP Cidade Vella esixen na rúa con contundencia compromisos das administracións

0

Algo pasa cando familias de toda a comarca estean na rúa día si e día tamén contra o desleixo das administracións para cos seus centros de ensino. Estes días temos visto todas as familias dos 5 colexios de Oleiros unidas contra os recortes do profesorado, temos visto á comunidade escolar do CEIP Prácticas celebrar un ano de mobilizacións ante o deterioro rabioso das instalacións, e temos visto ás familias do colexio da Cidade Vella unirse ante o abandono das administracións.

A do sábado, foi unha manifestación multitudinaria. Moitas familias secundaban a convocatoria da ANPA do CEIP Cidade Vella, que partía do propio centro e acabana diante do concello (Praza de María Pita). As familias levaban pancartas de todo tipo, demandando unhas necesarias obras de reparación urxentes para garantir a seguridade e saúde dos nenos e nenas. “Queremos unha escola digna e segura” rezaba a pancarta principal, apoiada por outras pancartas e cánticos con “A Escola está morta, familias en loita” ou “Os nenos tamén somos cidadáns”.

Manifestación CEIP Cidade Vella 6

Manifestación CEIP Cidade Vella 6

Duras críticas ás administracións

“Hoxe chegamos ata aquí xuntas para poñer límites ás escusas que levamos aturando anos, mentres vemos como o centro das nosas fillas e fillos se degrada ante a pasividade de quen tería que coidalo. Este colexio cae e non imos deixar que con el caian tamén a dignidade e a seguridade das nosas nenas e nenos”, sinalan no manifesto lido en María Pita.

“Nos últimos anos pedíronnos paciencia, comprensión e tempo; o mesmo tempo que tivemos que empregar en arranxar e custear nós mesmas os arranxos máis urxentes do edificio. Medidas de urxencia non só para o seu mantemento inmediato, senón para frear o seu deterioro continuo. Coa paciencia esgotada e a comprensión limitada, esiximos o mínimo cumprimento das competencias asignadas a cada administración para construír entre todas un colexio seguro, digno, reparado e atendido. Sen pingueiras nas mesas, sen humidades nas aulas, sen fendas que percorren os muros e óxido que se acumula en reixas e estructuras”.

“Non estamos a pedir favores, nin moito menos luxos: estamos a esixir a garantía de cumprimento dos nosos dereitos e a aplicación das responsabilidades derivadas das súas
competencias.

Requirimos a aplicación dos acordos que xa están aprobados. Temos escoitado plans,
reformas, partidas orzamentarias, melloras urxentes… pero onde están? As familias
estamos cansas de titulares e frases para gañar tempo: “Estamos niso”, “Estamos
valorando”, “Está previsto” … Queremos planificación das melloras, obras e. transformacións reais. Queremos que se cumpra o asinado”, solicitaron con contudencia, deixando claro que piden acción a todas as administracións non teñen intereses partidistas. “Este colexio non é un debate, é un punto de unión”.

“Queremos compromisos firmes, solucións reais, investimentos e promesas realizadas. Que as institucións actúen agora, que as medidas se coordinen XA”, apuntaron invitando a continuar a loita.

Manifestación CEIP Cidade Vella

Máis novas

A ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en loita contra o deterioro do centro

As familias do CEIP Cidade Vella mobilízanse e chaman á Xunta e ao Concello por “unha escola segura e digna”

As familias de Oleiros responden ao Conselleiro con realidades e manifestacións por unha “educación pública, inclusiva e de calidade”

Outra “xogada estupenda” do PP

0
  • O Tribunal Supremo condena ao Fiscal Xeral do Estado Álvaro García Ortiz.
  • Como chagamos até aquí? Esta é unha documentación recollida do libro de Manuel Monge “FEIJÓO, BIOGRAFÍA DUN FARSANTE (non autorizada)”:
  • O PP quere controlar o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e o Tribunal Constitucional (TC) cando goberna e tamén cando está na oposición. Ignacio Cosidó explica “una jugada estupenda”

— — — —

O interese do PP por controlar o poder xudicial con todo tipo de “xogadas” vetos, escusas e chantaxes, non é nada novo. O PP perdía o goberno en xuño de 2018, e xa co Goberno de Pedro Sánchez tocaba renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) porque o 4 de decembro dese ano caducaba o mandato. Pouco antes, PSOE e PP chegaban a un acordo en novembro de 2018 para a renovación do CXPX, que suscitou críticas internas no PP, o mesmo que nas negociacións de renovación de outubro de 2022. Ignacio Cosidó, portavoz do PP no Senado e que foi Director Xeral da Policía no goberno de Mariano Rajoy, defendía o acordo co PSOE, que valoraba así nun wasap que enviaba aos compañeiras/os no Senado: “Ha sido una jugada estupenda”. Segundo ese acordo, o PP elixiría nove vogais e a presidencia e o PSOE os outros once vogais. Cosidó estendíase na explicación: “Obtenemos el mismo numéricamente pero ponemos un presidente excepcional (Manuel Marchena), un gran jurista con una capacidad de liderazgo y auctoritas que las votaciones no sean 11-10, sino cercanas al 21-0. Y además controlando la Sala Segunda desde detrás y presidiendo la Sala 61” [Manuel Marchena forma parte do tribunal que condenou ao Fiscal Xeral do Estado].

A Sala Segunda do Tribunal Supremo, a do Penal, era moi importante porque é competente para xulgar deputados, senadores e membros do Goberno, e a encargada de xulgar políticos e líderes nacionalistas cataláns polo referendo do 1 de outubro de 2017. Por outra parte, a Sala 61 é a que ten competencia sobre os procesos de ilegalidade e disolución de formacións políticas, segundo a Lei de Partidos.

Explicaba Cosidó que o acordo co PSOE incluía non poñer vetos para non prolongar a renovación. Un dos vogais propostos polo PSOE era José Ricardo de Prada (seguía cuestionado polo PP catro anos despois), que xulgou o “caso Gürtel”, unha trama de corrupción que tivo graves consecuencias políticas para o PP. Cosidó daba detalles: “En cualquier caso, sacar a De Prada de la Audiencia Nacional es bueno, mejor de vocal que poniendo sentencias contra el PP”. E concluía: “Ha sido una jugada estupenda”. Ese inoportuno wasap frustrou ese acordo e o xuíz Marchena renunciaba a presidir o CXPX.

Esta mensaxe de Cosidó contiña as liñas xerais de actuación do PP respecto ao poder xudicial porque non era unha “jugada” particular, senón que transmitía a política decidida pola dirección nacional do PP:

– Non respectar a división de poderes e considerar que o poder xudicial é unha peza máis da súa maquinaria política, que hai que controlar “por detrás”.

– Hai que evitar que haxa xuíces (veto a De Prada) que poidan ditar sentenzas contra o PP, sobre todo en casos de corrupción.

– O reparto do CXPX é mellor facelo entre dous porque así toca a máis, evitando que tamén participen Podemos, ERC, PNV etc.

– Non só queren controlar o CXPX, tamén Tribunal Constitucional, Tribunal Supremo etc., queren controlar todo e por iso falan de que “nos jugábamos centenares de nombramientos en el poder judicial, vitales para el PP”.

Feijóo lidera un “golpe de Estado” cos xuíces designados polo PP e o PP bloquea o CXPX

O PP non recoñecía a lexitimidade do goberno para modificar a lei que regula o procedemento de elección e utilizaba os xuíces nomeados polo PP para paralizar esa renovación co argumento de que como o goberno, segundo eles, abandona a Constitución, eles recorren ao TC en defensa da democracia e da Constitución, pedindo medidas cautelarísimas para impedir a votación no Congreso, sinalada para o 15 de decembro de 2022 pola tarde que, finalmente se realizou con este resultado: 184 votos a favor, 64 en contra e 1 abstención; membros do PP e Vox decidiron non votar.

Despois de aprobarse polo Congreso a reforma do CXPX, estas eran algunhas opinións:

Ana Pardo de Vera titulaba o seu artigo “Caretas fuera”: “Ya no hay disimulo. Ni guante blanco. Ya no hay finezza ni vergüenza. La (ultra)derecha política y judicial se han dejado de medias tintas y han actuado exactamente como se espera de ellas cuando se sienten acorraladas: avasallando, atacando y arrasando la herramienta más preciada que tenemos los ciudadanos/as, representados por los parlamentarios en las Cortes: nuestro voto. Con el intento de bloqueo del voto parlamentario (el tuyo y el mío, insisto), jueces reaccionarios y PP (Vox hace tiempo que va a cara y pecho descubiertos) se arrancaron las máscaras a la vez y enviaron un mensaje clarísimo: “Miren, ya está bien, que ustedes no pueden seguir intentando renovar las mayorías de la cúpula judicial, porque ésta nos pertenece y –parafraseando a Dolores de Cospedal– ‘o nosotros, o el caos’. Convoquen elecciones y dejen paso” (publico.es, 16-12-2022).

Xavier Vidal-Folch referíase ao comportamento do TC como “Estado de excepción que la ultraderecha pretende imponer a la Constitución esterilizando al Congreso como sede de la soberanía popular que delibera las leyes y las aprueba o rechaza” (El País, 19-12-2022).

Javier García Fernández, catedrático emérito de Dereito Constitucional na Universidade Complutense de Madrid,  titulaba o seu artigo “La desestabilización constitucional de España” e sinalaba que “la operación del PP pondría al alto tribunal por encima del Parlamento” (El País, 19-12-2022).

Matias Vallés titulaba o seu artigo: “Golpe de Estado Constitucional” Falaba de “Nocturnidad y alevosía”. “Un golpe de Estado Constitucional, dado que sus autores caducados y no muy educados se enfundan en la condición de Tribunal para disparar un arma nuclear que por definición debe evitarse, la anulación de las cámaras legislativas donde reside la soberanía popular”. (La Opinión, 21-12-2022).

Javier Aroca: “La clave de todo esto está en el bloqueo, en el filibusterismo del Partido Popular aliado con una pandilla de jueces y juristas de reconocido prestigio que están bloqueando las instituciones democráticas y constitucionales”. “Los ciudadanos del Estado somos menos soberanos porque lo que votamos en las urnas, que es lo que dice la Constitución y donde reside nuestra soberanía popular, ha sido secuestrado y burlado por un grupo de jueces y magistrados insurrectos” (“Hablando Claro” de TVE, 20-12-2022).

  • Manuel Monge. Socíologo, e activista pola memoria histórica.

Máis novas de Manuel Monge

Manuel Monge destaba a historia secuestrada de Juan Carlos I no seu novo libro

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

O pobo de Cambre clama contra o bloqueo municipal

0

Levan meses de concentracións os traballadores do Concello de Cambre. Pero a de onte foi unha concentración cidadá. O pobo uniuse para pedir o “desbloqueo” municipal e a “parálise administrativa“ que ten secuestrada a vida municipal.

Baixo a chuvia, e detrás dunha pancarta que rezaba, “Contra un concello parado, un pobo unificado”, preto de medio millar de persoas dunhas 50 asociacións pedían responsabilidade e unión aos partidos políticos.

Máis novas

O persoal do Concello de Cambre sae de novo á rúa ante a inacción municipal para solventar a súa precariedade

Desarticulan en Oleiros unha banda especializada en roubos con butrón que operaba en toda España

0

O Grupo de Delitos contra o Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña, en colaboración con axentes da Policía Nacional, desarticularon un grupo criminal itinerante especializado en roubos mediante butróns e lanza térmica. segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, a investigación comezou por mor dun roubo sucedido o 8 de xuño deste ano nun taller de xoiaría da localidade coruñesa de Oleiros.

Alí, subtraeron 225.000 euros en pezas de orfebería e accederon ao lugar mediante un butrón realizado no tellado e, tras desconectar os sistemas de alarma do establecemento, forzaron as caixas fortes mediante lanzas térmicas. Un mes despois, houbo outro roubo con forza nunha reloxaría situada nun centro comercial de Alcobendas, en Madrid. Os ladróns accederon ao establecemento forzando a fechadura da porta de entrada, pero non puideron subtraer nada.

O terceiro roubo tivo lugar o pasado 21 de agosto nunha inmobiliaria en Málaga. Os autores fixeron un butrón no local contiguo e, posteriormente, violentaron o sistema de alarma. Con todo, non chegaron a consumar o delito.

Tras a investigacionces conxuntas, determinaron que os tres feitos estaban relacionados e foran realizados polo mesmo grupo especializado. Os autores elixían negocios con caixas fortes ou caixas de caudais, aos que accedían tras forzar os sistemas de alarma e, unha vez no interior, forzaban as mesmas con lanza térmica ou grupo oxicorte. Así mesmo, para os desprazamentos usaban vehículos subtraídos con matriculas dobradas para dificultar o labor policial.

A operación finalizou con cinco homes detidos –catro en Madrid e un na Coruña– como supostos autores dos delitos de pertenza a grupo criminal e roubo con forza. Os axentes, no rexistro de varios domicilios en Oleiros, interviñeron máis de 30.000 euros e incautaron varios vehículos relacionados directamente coa actividade delituosa.

Hoxe comezan as obras do tramo de paseo da Ría do Bugo pendente entre Oleiros e Cambre

0

Hoxe luns comezarán a traballar as máquinas nas obras de construción do tramo de paseo da ría pendente entre Oleiros e Cambre. Xa este pasado xoves deuse por iniciada a obra coas tarefas de replanteo e unha reunión in situ para abordar diversos asuntos entre a xefatura de Costas da Coruña e o Concello de Oleiros.

Con estas obras conectarase o Paseo da ría con Cambre e Culleredo; e daráselle tamén continuidade ás sendas e paseos costeiros creados e abertos polo Concello por todo o litoral de Oleiros, transitable desde Lorbé ata Perillo.

As obras teñen un custo de 1,8 millóns e un prazo de execución de 9 meses. Realizaranse en terreos de propiedade do Concello de Oleiros clasificados como zona verde, no parque público do Seixo.

Para a construción das escolleras será necesario talar todos os eucaliptos limítrofes co paseo, así como as acacias que se atopan no linde co actual paseo de Cambre, onde rematará esta obra. Tamén serán eliminados os dos dous fosos existentes, que antigamente serviron como embarcadoiros.

Proximamente a sendas oleirenses veranse incrementados co tramo do litoral de Dorneda entre Naval e Canide.

Obras no paseo da rIA DO BURGO
Autoridades no comezo das obras

“JEVASO rouba dereitos”. Folga nun dos grandes proveedores de Inditex

Púxose en folga o persoal de Jevaso, un dos xigantes textís que abastece a Inditex. I é que as condicións dos traballadores desta fábrica situada no polígono de Sabón son lamentables, tanto para os traballadores propios da empresa, como para os centos que chegan a través de ETTs.

Estes 23 e 24, o persoal púxose en folga, e onte houbo unha importante manifestación ás portas da fábrica. Dende UGT denuncian que “JEVASO rouba dereitos, penaliza a antigüidade e castiga a quen nunca falla no seu posto”. A situación laboral leva sendo grave moito tempo, cunha rotación do persoal temporal esaxerado, pero o sindicato denuncia que utiliza a absorción do Salario Mínimo Garantizado e de complementos pactados, transformando o avances logrados durante anos en recortes encubertos.

Folga en Gevaso 2

Folga en Gevaso 2

“Soben por unha banda, e restan pola outra”, denuncia UGT, eliminando o premio de asistencia, a mellora voluntaria, os pluses vinculados e a permencia”. “É un recorte escondido detrás do SMG”, aseguran.

Hai tamén pactos que se conseguiron coa empresa, como aqueles incentivos que naceron como premio, e que só poderán deixar de abonarse se a empresa obtén menos do 3% de beneficio. A pesar dos inxentes beneficios deste xigante do textil, pretenden absorver estas melloras a costa do SGM.

Folga en Gevaso

Folga en Gevaso 4

Máis novas

Jevaso, o “xigante textil” que crece por fóra pero se baleira por dentro

Traballadores da téxtil Jevaso mobilízase en Arteixo para pedir condicións laborais “dignas”

Convocan a 6ª edición do Premio Marcelino Liste, Xustiza e Liberdade

0

Coa intención de recoñecer o traballo de entidades ou personas a título individual na defensa dos dereitos humanos, o club de opinión Foro Cívico da agrupación cultural Alexandre Bóveda anuncia a convocatoria da 6ª edición do Premio Marcelino Liste, Xustiza e Liberdade. Para poder optar ao mesmo, tanto as asociacións como as personas interesadas, terán que desenvolver súa actividade no ámbito da comarca da Coruña.

As propostas deberán identificar á entidade ou á persona seleccionada con nome, enderezo teléfono e mail, acompañadas dun breve historial que xustifique os méritos para a eleizón. Poderánse enviar através do mail  info@acalexandreboveda.gal, tamén vía correo ordinario ao enderezo rúa Santo André, nº 36-1º, ou personalmente no mesmo enderezo en horario de tarde, indicando en ambos casos no sobre que se trata do Premio Marcelino Liste.
O prazo de entrega finaliza o vindeiro 8 de decembro. Un xurado integrado por socios da agrupación cultural Alexandre Bóveda, pero non da xunta directiva, decidirá o gañador desta 6ª edición que tentará entregarse coincidindo precisamente co 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos.

O Foro Civico considera que o impacto que Marcelino Liste tivo no nacemento e consolidación do movemento asociativo veciñal na Coruña desde 1974 foi trascendental para dotar aos barrios de infraestructura e servizos dos que adolecía.  A denuncia das inxustizas e da hipocresía imperante nunha época de fortes convulsións sociais, permitiulle desenvolver unha inesgotábel capacidade de traballo a prol dos sectores máis vulnerabeis e desfavorecidos dos barrios cunha valente actitude de defensa das liberdades individuais fronte ao crecente intervencionismo dos sectores máis acomodados. A coherencia en todo momento co tempo que lle tocou vivir, xustifica que o seu nome estea inseparablemente unido ao concepto de xustiza e liberdade.

Redes recicladas e feitas polos internos do CIS para os goles do CEE Aspronaga

0

Xornadas de inclusión integral as que xeran habitualmente dous dos colectivos sociais máis activos da cidade, como son a Fundación Érguete-Integración o CEE de Aspronaga. Xornadas nas que persoas que pasan o seu último tramo da condena no Centro de Inserción Social da Coruña, colaboran coas persoas con discapacidade do centro de Cidade Xardín, para

Xa teñen xuntado esforzos na limpeza de praias, ou instalando mobiliario urbano feito en Teixeiro nos coles da cidade. Desta volta trátase de Tecer Redes, literalmente, noutro dos proxectos da entidade social no marco do programa Xeitos Ver, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Unhas redes, feitas con residuos cedidos pola Autoridad Portuaria de A Coruña, que foron recicladas por un grupo de persoas que cumplen condea no C.I.S de A Coruña, e que se convirten nas novas redes das porterías do Centro de Educación Especial.

As persoas participantes na iniciativa levan meses achegándose ao oficio das redes de pesca, a través da Asociación Ilha da Estrella, e coa redeira Rosa Rodríguez como peza singular do proxecto, como exemplo de empoderamento, e transformación de mulleres que dentro dun sector moi masculinizado foron capaces de levar a cabo unha proposta de economía circular.

A redeira Rosa Rodríguez nunha xornada formativa do proxecto Tecendo Redes da Fundación Érguete Integración no Centro Penitenciario de Teixeiro
A redeira Rosa Rodríguez nunha xornada formativa do proxecto Tecendo Redes da Fundación Érguete Integración no Centro Penitenciario de Teixeiro

A través da aprendizaxe desta profesión secular, non só se mostra ao grupo unha nova realidade social que lles axude na súa transformación persoal, senon que adquiren ferramentas para levar a cabo creacións que servan como elementos divulgativos de valores en igualdade e que revertan na propia comunidade. Así o grupo decidiu crear canastas e porterías que lles podan servir aos centros educativos da zona, aos que se trasladan para repoñelas, sendo unha acción que vai moito máis aló do mantemento, senon que se achega valores como a reciclaxe, a inclusión e a igualdade.

 

Tecendo Redes e Xeitos de Ver da Fundacion Erguete no CEE Aspronaga 2

Tecendo Redes e Xeitos de Ver da Fundacion Erguete no CEE Aspronaga
O grupo instalou as súas primeiras creacións no CEE Aspronaga, con axuda do alumnado do propio centro, acompañados pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e participación Nereida Canos

Máis novas

Sísifo abre as portas da sociedade a base de calor

Cando limpar praias é un verdadeiro exercicio de inclusión

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

As crianzas dos Rosais e Monte Alto rematan o curso cun agasallo moi especial feito por persoas privadas de liberdade

Ana Suárez: “Nas entidades sociais está bastante normalizado o uso do galego, non tanto na administración penitenciaria”

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

Touriñán, entrevistado polos intern@s do CP de Teixeiro: “O que quero, na vida e no traballo, é seguir xogando como un neno”

Un milleiro de persoas concentráronse no Obelisco en protesta pola sentencia do TS contra o Fiscal Xeral do Estado

0

Ata a Coruña chegou a respulsa pola sentenza do Tribunal Supremo contra o Fiscal Xeral do Estado. Preto dun milleiro de persoas concentráronse esta mañá dominical no Obelisco, sen unha convocatoria oficial por ningunha entidade, para denunciar que se trata dunha “sentenza inxusta”.

Foi o grupo de Sumar Galicia o único que se manifestou sobre o asunto, amosando o seu apoio “a unha persoa inocente” e critica a un PP que “dirixe aos xuíces, como nas ditaduras”. O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia e tamén profesor Titular de Ciencia Política na USC, Paulo Carlos López, vén de participou na concentración, denunciando que o PP “se está cargando o Estado de dereito e a separación de poderes, dirixindo aos xuíces como pasa na ditaduras”. Para López, “o que estamos vendo estes días é un intento descarado do PP de usar os tribunais como instrumento de oposición política ao Goberno”, “non aceptando leccións de separación de poderes por parte de quen levaba anos bloqueando a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial para manter maiorías conservadoras nos órganos de goberno dos xuíces”, indicou López.