Inicio Blog Páxina 316

60 entidades convocan a V Marcha pola devolución da Casa Cornide

No marco da polémica pola apertura e a falta de contundencia da Xunta para cos Franco, 60 entidades da cidade convocan para o vindeiro sábado, 14 de decembro, con saída ás 13 horas da praza de María Pita da Coruña a V Marcha pola devolución da Casa Cornide, hoxe en poder da familia do ditador Franco.

Baixo o lema “Fóra os Okupas da Casa Cornide”, as entidades convocantes buscarán unha grande demostración social como a vivida en novembro de 2023, lembrando a necesidade de establecer medidas, non só para abrir polo menos 4 días ao mes a Casa Cornide, como obriga a todos os edicifios considerados Ben de Interese Cultural (no caso da Casa Cornide aprobada) o 27 de abril de 2023) a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, senón que vai máis alá e pide a devolución da Casa Cornide ao patrimonio municipal, tal e como foi aprobada por unanimidade no Pleno municipal de 12 de setembro de 2019.

Por iso, piden que o concello presente unha demanda no xulgado para recuperar a propiedade.

“Se os Franco non queren asumir eses gastos deberían devolver esa propiedade ao concello da Coruña”, sinalan as entidades que lembran que o Pleno municipal da Coruña de 11 de setembro de 2017 declaraba aos Franco como “persoas non gratas”.

As entidades critican a “ridícula” sanción de 3.000€ proposta pola Xunta. “A Xunta de Galicia non aplica unha sanción exemplar ao Franco por negarse reiteradamente a cumprir a lei, e a familia do ditador propón a apertura da Casa Cornide se hai un convenio coa Xunta. Estamos ante unha chantaxe, absolutamente inaceptable, que xa aceptou a Xunta de Feijóo no caso do pazo de Meirás, pagando aos Franco máis de 50.000 euros a través de varios convenios, que non se pode repetir”, denuncian.

O Manifesto da convocatoria da V Marcha esixe ao Goberno Municipal que traslade á Comisión de Honras e Distincións e ao Consello Municipal de Memoria Histórica, sen máis dilación, a proposta de retirada de rúas e distincións a Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina Brandao e Sergio Peñamaría de Llano, principais promotores do espolio do pazo de Meirás e Casa Cornide para beneficio do ditador Franco. E que execute xa a proposta do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses para a retirada de rúas e distincións a 14 persoas pola súa participación no Golpe de Estado de 1936, colaboradores ou cargos públicos na ditadura ou que participaron na represión, en cumprimento da Lei de Memoria Democrática, independentemente das futuras ampliacións do informe dese Instituto.

Apoios provisionais.

Defensa do Común, CRMH, ARMH. Organizacións políticas: Sumar, BNG, Marea Atlántica, Unión Republicana, PCG, Verdes-Equo, Sada Maioría, Alternativa dos Veciños, Corrente Vermella, Podemos. Sindicatos: CIG, UGT, CCOO, CUT, CNT, CGT. Asociacións Veciñais: Federación de Asociacións Veciñais da comarca da Coruña, Agra do Orzán, Monte Alto, Palavea, Eirís, Labañou, San Cristobal das Viñas-Birloque, Feans, Gaiteira-Os Castros, Castrillón-Urbanización Soto. Asociacións Culturais: Alexandre Bóveda, O Facho, Gomes Gaioso, Irmáns Suárez Picallo de Sada, Eira Vella de Betanzos. Campo de Pena de Palavea, Vieiros das Mariñas, Roxín Roxal de Paderne. Manchea, Plataforma en Defensa da Ría de Sada-Betanzos, Acampa, Forum Propolis, Vangarda Obreira, Irmandade Moncho Valcarce, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Ergosfera, Ecoloxistas en Acción, Proxecto Cárcere, Hábitat Social, Galiza Nova, Xuventudes Socialistas, Xuventudes Comunistas de Galicia, Erguer, Sindicato de Estudantes, A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Amigos dos Museos de Galicia, Colectivo das Pedras Galladas de Culleredo, Cultura Aberta de Carral, Amnistía Internacional.

Máis novas

A CRMH volve esixir á Xunta que resolta a apertura da Casa Cornide e sancione aos Franco

Rueda afirma que serán “moi estritos” co Franco na Casa Cornide: “Non hai ningún tipo de favoritismo”

A Xunta propón sancionar con 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público a Casa Cornide

Centos de persoas volven reclamar na Coruña a recuperación da Casa Cornide

Nace na Falperra-Os Mallos o primeiro Sindicato de Barrio para combater o rendismo

0

O espazo A Revolteira nacía aló por marzo na Falperra (no nº13), como un lugar vivo, activo, como unha “alternativa colectiva e comunitaria fronte un sistema que exclúe ás maiorías e ameaza a supervivencia dos nosos barrios, da nosa cidade, do noso país e do noso planeta”.

Ten realizado nestes meses presentacións de libros, obras de teatro, charlas, merendas, obradoiros, ensaios, clases… De feito, durante cara martes e mércores se desenvolven no centro clases de baile, ensaios de charanga, un club de videoxogos, obradoiros de teatro ou sesións de pensamento crítico.

A seguinte actividade terá lugar este sábado 30 de novembro, e reflexionará sobre o problema do acceso á vivenda na cidade e nos barrios. Abrirá a xornada, a partir das 18:00h, Javi Quiroga, que debullará a iniciativa #Ninmedionormal, que desenvolve a través do seu proxecto @Onovonormal e sobre a que xa temos falado.

De seguido, terá lugar a presentación do “Sindicato de barrio de Falperra – Os Mallos”. “Unha comunidade de loita coa que enfrontar colectivamente as dinámicas de expulsión e empobrecemento que padecemos as veciñas do barrio”. Unha comunidade autoorganizada para loitar contra o proceso de destrución social provocada polo rendismo.

Para rematar poderase cear comida vegana e bailar da man de DJ Tochi.

Máis novas

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

Javi Quiroga de “O Novo Normal”: “Moitas veces pasamos pola vida demasiado rápido. E pasan cousas guais”

 

A nova plataforma Lideremos presentou a súa idea de alentar o talento emprendedor galego

0

Acollía onte o Salón de Actos da Fundación Barrié a presentación de Lideremos Galicia, a plataforma/lanzadera de talento xuvenil que está tratando de buscar xerar impacto social positivo para mellorar as condicións da mocidade en todo o estado.

Máis de 400 persoas, na súa meirande parte novos emprendedores, acodían a esta posta de longo da versión galega da Plataforma, que foi apoiada polo presidente da Xunta de Galicia; Alfonso Rueda, e pola alcadesa da Coruña, Inés Rey, entre outras personalidades.

O presidente nacional de Lideremos Tomás Güell, o de Lideremos Galicia, Max Cánovas, así como a voceira da entidade, Noelia Gil, fixeron de anfitrións, nun acto foi presentado polo vicepresidente de Lideremos, Xavi García Tort, onde ao principio deixou claro que “Lideremos é un proxecto totalmente independente e transversal”.

O acto contou coa presentación da coñecida empresaria carnotá Yaiza Canosa (fundadora de Goi, entre outros proxectos empresariais) e Emilio Frojan. Tamén do subcampión do mundo galego de Taekwondo, Ivan García, ou do presidente dos Xóvenes Empresarios Galegos, Luciano Cobello. Tamén participaron Iciar Rivera, Eliseo Sambad, Lucía Casal, Nuria Blanco ou Alejandro Alonso, entre outros.

400 persoas para a presentacion de Lideremos Galicia
400 persoas na presentación de Lideremos Galicia

Medidas

A entidade foi presentando o plan de acción de Lideremos Galicia, que pasa pola presentación de presentar medidas concretas para mellorar a situación da mocidade e organizar encontros con líderes de toda a comarca, “co fin de promover e fortalecer o desenvolvemento da mocidade na comunidade”.

Os representantes da entidade explicaron as tres propostas xa presentadas por Lideremos: Menos burocracia, máis saúde mental e máis vivenda. Propostas que xa están a conseguir cambios lexislativos en todo o territorio.

 

Falece un mozo en Arteixo tras saírse da vía e chocar contra un poste de formigón

0

Un mozo, de 18 anos, perdeu a vida en Arteixo tras saírse da vía co seu vehículo e chocar contra un poste de formigón. Segundo informou a Garda Civil, o suceso produciuse sobre as 14.45 horas deste xoves na estrada CM-0398, no punto quilométrico 2,800. Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Arteixo, a Policía Local, a Garda Civil, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Protección Civil de Arteixo.

Precisamente os bombeiros tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ao home, por cuxa vida nada puideron facer os profesionais sanitarios. Foron varios os particulares os que alertaron aos servizos de emerxencias, indicando que a situación era grave e que a persoa estaba atrapada. Con todo, unha vez no lugar, os sanitarios non puideron salvar a vida do novo, a pesar de que se desprazou ata alí unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico.

A serie Pringadas, da herculina Belén Puime, despide a segunda temporada con Fillas de Cassandra

0

Esta mesma tarde, a partir das 20:00h, subirán ao escenario no Centro Ágora, nun novo concerto, de balde, do Festival Festigual. Pero tamén as poderemos escoitar na plataforma Agalega, porque as Fillas de Cassandra participan no último episodio da segunda temporada da serie Pringadas.

Escrita e dirixida por Belén Puime (A Coruña, 1998), este fenómeno dixital fala cara a cara á mocidade, tratando temas habitualmente tabús nas canles ordinarias. Así, entre os capítulos, a serie reflexiona a sexualidade, as relacións, as infeccións de transmisión sexual ou os conflitos co entorno.

Nesta nova e última entrega, a serie afonda na trama de Catu, quen debe navegar o mundo das relacións de poder e o machismo no marco dun certame de literatura. Xunto a novas adicións ao reparto como Miguel Canalejo (A Coruña, 1991) ou Fernando Rivas (Redondela, 1969), a serie trata a vida de tres universitarias da capital galega, interpretadas por Carmela Vázquez (A Coruña, 2003); Catu, interpretada por Lara Álvarez (Redondela, 1999); e a Antía, interpetada por Camila Ferreyra (Buenos Aires, 2000).

Acollida

Pringadas comezaba a súa andaina no festival de contido dixital Carballo Interplay, onde consigue o Premio a proxecto e posteriormente o premio Mellor Serie Galega. Foi finalista dos premios Mestre Mateo do Audiovisual e pasou por festivais de renome nacional como o Serielizados.
Tamén foi proxectada en eventos conducidos pola directora, chegando a espazos coma o Teatro Colón da Coruña e o Palacio Cibeles de Madrid. Así, a serie chegou a ser a primeira ficción seriada en galego da plataforma Filmin, e a primeira serie en galego dirixida por unha muller que logra proxectarse nunha OTT.
Nesta volta do proxecto ás pantallas, tivo a oportunidade de celebrar un evento que encheu a Igrexa da Universidade da USC e que contou cun photocall e unha presentación por parte a directora Belén Puime xunto con Uxía Vázquez.

 

Máis novas

A directora herculina Alicia Úbeda debuta en ficción con “Ratiña”

Myke Towers volve á Coruña o 23 de maio

0

O cantante Myke Towers anunciou que realizará a súa xira europea en durante 2025, entre a que inclúe once concertos por toda España durante os meses de maio e xuño, segundo anunciou a súa axencia de comunicación Be the one no seu perfil de Instagram. O cantante de Porto Rico arrincará a súa xira europea o 20 de maio cun concerto en Madrid, ao que seguirá Cádiz (22 de maio), A Coruña (23 de maio) e Málaga (24 de maio). Posteriormente, Myke Towers trasladará a súa xira a París, para realizar o seu espectáculo o 25 de maio, e a Zúric (Suíza) o 28 de maio.

Myke Towers regresará a España o 29 de maio para o concerto en Barcelona, ao que lle seguen Pamplona (30 de maio), Zaragoza (31 de maio), Granada (1 de xuño), Valencia (3 de xuño), Sevilla (4 de xuño) e Murcia (6 de xuño). A xira terminará o 8 de xuño en Londres. A súa axencia de comunicación sinala que os grandes temas do artista non fallarán nestes concertos. Así, os espectadores poderán escoitar ‘Adivino’, ‘Degenere’ e ‘También’, que forman parte do seu actual álbum ‘La Pantera Negra Deluxe’, pasando polos xa clásicos, ‘Diosa’, ‘Girl’, ‘La Falda’ ou ‘Lala’, entre outros. “Myke Towers promete un show onde os éxitos se suceden un detrás doutro, convertendo os recintos nunha gran festa dificilmente superable por calquera outro artista do xénero”, afirma Be the one. As entradas estarán dispoñibles o 4 de decembro e a preventa o 3 de decembro.

O ‘Eurojackpot’ do ONCE deixa na Coruña un premio de preto de 300.000 euros

0

O ‘Eurojackpot’ do ONCE deixou na Coruña un premio de 285.510,80 euros, nun boleto con premio de terceira categoría, no sorteo deste martes.

O vendedor Alejo Devesa Neira, desde o seu punto de venda situado na rúa Benito Branco Rajoy, número 2, foi a encargada de levar a sorte á Coruña.

Para o sorteo deste venres, 29 de novembro, ‘Eurojackpot’ pon en xogo un bote de 120.000.000 de euros.

Máis novas

Un acertante na Coruña gaña máis de 1,1 millón de euros no sorteo de ‘A Bonoloto’

Investigan un roubo con violencia no que maniataron a un veciño de Sada

0

A Policía Xudicial da Garda Civil do posto de Betanzos está investigado un roubo con violencia no que maniataron a un veciño de Sada. Segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas polo Europa Press, os feitos producíronse o pasado sábado cando o home abriu a porta a unha muller que coñecía e, tras ela, no domicilio entraron dous homes. Polo momento non se produciu ningunha detención e a Garda Civil investiga o sucedido. Ademais, fontes preguntadas sobre o roubo, detallan que pode tratarse dun asunto relacionado con drogas.

A Coruña entona o “Grita, Galega, Canta” polo 25N

0

Emotivísimo o acto polo 25N celebrado este 25 de novembro na Coruña. Lideradas por Lucía Aldao, un coro de máis dun milleiro de mulleres entonou o himno “Grita, Galega, Canta”. Un himno creado xunto coa artista chilena Cecilia Barriga nun proxecto, ”Onde me leve o nome”, que se desenvolveu dende Italia ata Corcubión, pasando por Madrid. Un proxecto que une mulleres e linguas que cantan xuntas contra as violencias.

A marcha arrincou no Obelisco e percorreu os Cantóns ata a Praza de Galicia. Foi alí, diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde se leu un manifesto da Marcha Mundial das Mulleres, centrado na loita por unha necesaria educación sexual feminista para loitar contra os feminicidios.

Tomou a palabra artista herculina Lucía Aldao, que puxo a cantar a todas as mulleres nun simbólico coro.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Miguel Bosé anuncia o seu regreso aos escenarios oito anos despois, cun concerto o 11 de xullo na Coruña

0

Miguel Bosé anunciou este xoves o seu regreso aos escenarios oito anos despois coa súa xira mundial ‘Importante tour’, que arrincará en febreiro de 2025 en México, e coa que acudirá a once cidades españolas durante o verán dese mesmo ano, segundo anunciou a súa empresa de representación RLM.

O cantante iniciará a súa xira por España o 28 de xuño en Murcia, seguido de Madrid (1 de xullo), Barcelona (3 de xullo), Sevilla (5 de xullo), Bilbao (9 de xullo), A Coruña (11 de xullo) e Valencia o 16 de xullo. Así mesmo, acudirá a Alacante o 17 de xullo, a Chiclana de la Frontera (Cádiz) o 19 de xullo, Marbella o 23 de xullo e finalizará en Santander o 26 de xullo.

Nesta nova etapa, Bosé estará acompañado por unha banda de músicos e coristas baixo a dirección musical de Mikel Irazoki. Xuntos interpretarán unha extensa lista de éxitos, entre os cales non faltarán ‘Amante Bandido’, ‘Te amaré’, ‘Nena’, ‘Nada Particular’, ‘Si Tú No Vuelves’, ‘Morena Mía’, entre moitos outros.

RLM promete que os concertos serán “espectaculares, innovadores e vibrantes”, nos que o público poderá gozar do legado dun dos artistas “máis importantes das últimas décadas”. As entradas para a xira sairán á venda o martes 3 de decembro ás 12.00 horas, e estarán dispoñibles no Corte Inglés e en MiguelBose.com.