Inicio Blog Páxina 319

Desvío do tráfico na N-6 ao seu paso por Bergondo a partir de luns por obras na vía

0

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable informou de que desviará a partir do próximo luns, día 5 de agosto, o tráfico na N-6 ao seu paso por Bergondo por obras de seguridade viaria. En concreto, segundo explica nun comunicado, están a executarse traballos para a implantación da nova glorieta na confluencia da N-6 coa AC-164, en Guísamo, Bergondo.

Por iso, para garantir a seguridade de operarios e usuarios, a partir das 10.00 horas deste luns o tráfico rodado entre os puntos quilométricos 579,8 e 580,4 da estrada será desviado cara á nova glorieta, mentres se executan as obras nas vías de servizo. O Ministerio indicou que o orzamento desta actuación é de 1,34 millóns de euros e o obxectivo da mesma é eliminar un tramo de concentración de accidentes.

Potaxies e Fifes: Avanzar ou ficar atrás

Teño a sorte de traballar no ámbito educativo, non no posto que desexo mais, de momento, non me podo queixar. Tamén sigo formándome no ámbito académico. Polo tanto, estou en contacto continuamente coa xente máis nova, con ideas novas, con perspectivas novas das cousas e cos avances na ciencia social dos que hai que estar ó día. Isto require dunha constante renovación pola miña parte, dun exercicio de retrospección e deconstrución continuo, ou así é como eu o vexo. Pois deixar de aprender ou de querer facelo é o primeiro paso para facerse vello, para ficar atrás e, por conseguinte, volverse un rancio. Intentar manter o máximo tempo posible a chama da ilusión, da curiosidade e a enerxía dun neno ou nena debería ser o reto a perseguir por todo profesor e profesora (e tamén por calquera, independentemente de cal sexa o seu oficio). Manterse xoven e esperto. O mundo avanza e non agarda por nadie, se non avanzas con el ficas atrás coma os da movida madrileña, anhelando a liberdade franquista e chorando porque Arévalo non se conecta á ouija pa´ uns chistes “coma os de antes”.
Todos e todas tivemos ese profesor de Historia que nos falaba do medievo parecendo que el o viviu. O que segue o tópico de: “os mozos e as mozas cada vez saben menos, están embobados con tanta tecnoloxía”. Non é que sepan menos, cousa que se di dende o principio dos tempos, que xa coa chegada da televisión iamos a ficar todos e todas tontos (aínda que en certo senso sexa así, xa falaremos de Adorno, Gramsci ou Castells); quizais sexa que ti quedaches no século pasado e haxa unha fenda tan grande entre ti e eles que non exista ningunha conexión comunicativa entre ambas partes.

Ben, a todo isto vén este relato. Aos que din: “nos meus tempos…” e aos que avanzan. Non son amigo dos anglicismos, tendo unha lingua tan rica como a que temos, mais desafortunadamente, é preciso adaptarse a eles (neste caso a palabras incluso inventadas) para entender algunhas cousas das que fala a mocidade hoxe en día. Adoitamos desprezar e ridiculizar moitas das cousas das que falan, ou a maneira de dicilas e actuar da xeración máis nova, mais incluso Simone de Beauvoir estaría orgullosa escoitando a Paloma, unha nena de doce anos, explicándome o que é para ela unha persoa potaxie e unha persoa fife, máis socioloxía do xénero nela que en moita da xente que a presume nas institucións.  Parece unha cuestión banal falar de potaxies e fifes, mais existe bastante teoría sociolóxica detrás destes conceptos.

Estes termos nacen nas redes sociais e viralízanse rapidamente a través de contas con relativa repercusión por medio de memes, que funcionan como transmisores e eixes da cultura de internet e que crean unha significación para comunidades ou grupos. Un ou unha potaxie é esa persoa que, especialmente nas redes sociais, adoita ter actitudes e comportamentos feministas, defender dereitos LGTBI+ e ter unha mentalidade aberta e respetuosa. Ao contrario, un fife, xeralmente home, é ese mozo que vicia ós videoxogos (de aí o de fife), que acostuma ter actitudes e comportamentos machistas, tanto nas redes como na rúa, e que, en moitas ocasións, presume de selo. Estes teñen unha perspectiva das mulleres bastante desvirtuada da realidade, pois o seu contacto co xénero feminino é a través dunha pantalla vendo personaxes moi sexualizados e consumindo outro tipo de produtos onde as mulleres tamén adoitan estar sexualizadas e os homes abusar do seu poder. En relación a isto, non sorprende cando nos levamos as mans á cabeza ó ver os resultados das investigacións do CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas), que reflexan un aumento do machismo e valores conservadores na poboación máis xoven do país. Un dos estudos mostra que o 44% dos homes cre que o feminismo chegou tan lonxe que agora eles son os discriminados, foi o titular da meirande parte da prensa, mais esa é unha lectura sesgada, xa que iso só o pensa o 14% no caso dos de esquerdas e sobe ata o 74% no caso dos de dereitas, ou sexa, os de sempre. Xa chegáramos demasiado lonxe cando as mulleres puideron votar. Así é que estes datos non son tan negativos como aparentan, se xorde esa ola machista é en resposta a unha corrente feminista e progresista que o está a mudar todo, así cando antes había moita parte da poboación nunha neutralidade ficticia, agora si se posiciona dunha forma reaccionaria, mais estes son sempre menos.

Ademais, culpabilizamos aos mozos sempre, tradición histórica, cando son os adultos os que transmiten a ideoloxía que consumen nas redes sociais e serven de referencia para eles. Élites que posúen e controlan os medios de comunicación e redes sociais e fan chegar a mensaxe coa ideoloxía hexemónica ultraconservadora e neoliberal que lles convén de forma case instantánea por todas as canles posibles, en todas partes e en todo momento, dando maior visibilidade a un contido sobre outro, como mostran as investigacións sociolóxicas máis relevantes. Todos e todas sufrimos este problema, non só os máis novos, que son a maior vítima e, dende logo, non é peor o adolescente que vive mirando TikTok que o boomer rancio que vive na barra do bar arreglando o mundo baseándose en loiadas e cunha despregadura de tópicos e machiruladas. Ningún dos casos é o máis positivo, mais o capitalismo sempre confronta horizontalmente a estes dous individuos en lugar de que poidan mirar para arriba (todo sempre é indisociable da loita de clases). A tecnoloxía, como din os autores antes mencionados e Baudrillard cando fala da hiperrealidade, tende a afastar ás persoas (baixo unha promesa xusto do contrario, de conectalas). Desachega á xente da vida real na que todos e todas vivimos, dos problemas sociais. Adormécenos e subórnanos, que máis darán as bombas que caian en non sei donde se eu teño o Netflix & chill na casa? Desarráiganos a conciencia. Mais non todo está perdido, esta nova xeración danos mil voltas en cuestións de conciencia social, conciencia contra a discriminación, as desigualdades sociais, o coidado do noso planeta, teñen maís información na súa cabeza e hai que encontrar a maneira de poñela ó servizo da xente na rúa.

Volvendo ó que nos ocupa, non pretendo falar aquí do ben ou mal que fan os pseudorevolucionarios en redes, eses que arranxan o mundo en internet e na rúa carecen de conciencia ningunha, mais que nenos e nenas se identifiquen sendo feministas, respetuosos coa diversidade e teñan valores progresistas e esa conciencia social xa dende ben pequenos, sexa a través dunha aparente banalidade como é a cultura potaxie puchaina, paréceme que é sumamente positivo. Non sei a que instituto fóchedes vós nin en qué época, pero nos 90 e comezos dos 00 o bullying estaba á orde do día. Usábanse apelativos tan inxeniosos como chamarlle maricón ó que era máis sensible, marimacho a nena que xogaba ó fútbol ou gordo ó que era gordo. Os valentes que dirixían estas manifestacións de cariño ós demáis adoitaban ser os guays, os malotes que tiñan o respeto, a través do medo, dos seus compañeiros e compañeiras. Vaia! Os clientes do Amura, para que todos e todas o entendamos. Penso que se tedes nenos e nenas na familia, gustaravos saber que isto xa non ocorre do mesmo xeito, agora as potaxies sinalan ós fifes, é dicir, o maricón dille ó abusón que cale a boca e as marimachos xogan orgullosas ó fútbol. As nenas xa non calan co discurso machista do fife de turno, ese que, a día de hoxe, vai por aí coa actitude de: “xa cho explico eu que ti non sabes, muller”. Como diría miña nai, ese que lle vai explicar a unha muller como parir un fillo. Mira Pablo, se queres comer, aprende ti a facer as comidas esas tan laboriosas.

O que lamentablemente non cambia é que haxa eses abusóns, os fifes, seguen a ser os mesmos cazurros de sempre, máis cando antes estaban ben vistos, a mocidade os admiraba e respetaba, agora caen bastante no rechazo e repulsión dos compañeiros e compañeiras. Como exemplos, podémolos ver na televisión entrevistados todas as semanas polo fife supremo: Pablo Motos. Tampouco vamos falar aquí dos complexos de cousas pequenas que teña a xente. Eses alegan que antes había máis liberdade, que agora non se pode dicir nada. Home, dicir podes dicilo meu, mais se despois en lugar da ovación que buscas recibes un aplauso na cara, pois será que a xente avanzou e ti segues a ser o mesmo pailán que eras. Son eses que casi lles dá unha embolia ao ver Barbie. “Non me gustou nada e non fai gracia porque ós homes non nos gustan os cabalos, vaia tontería. Mijeliño, este finde rally, dalle jas! Tetas, cerveza, fútbol, motores, tetas!”.

Dito isto, haberá que facer unha especial mención a eses xogadores de fútbol, ós campións. Os mesmos que nunca apoiaron publicamente ás súas compañeiras do equipo feminino en ningunha das súas reivindicacións, peticións e denuncias. Imaxe para toda unha xeración. Eses fifes que din que non hai que opinar de política, pero despois non deixan de facer todo tipo de manifestacións fachas. Ás veces ata hai moito que aprender dos franceses. Estes fifes, tendo a ocasión perfecta para mandar unha mensaxe elegante, divertida, conciliadora… Pois elexiron facelo doutra maneira, con cánticos rancios e sendo o que son, como dixo perfectamente Esther Palomera na SER fai uns días: uns cuñados (os mesmos que os de: “xefe, esta copa está furada!”). Os fifes que, como no Amura, non dubidaron en ter comportamentos fóra de lugar cando Aitana subío a cantar, con miradas cómplices entre eles, risas e abrazos. A Carvajal aínda se lle pode ver por Madrid a día de hoxe berrando coma un tolo: “Viva España!”. Por outro lado, están os campións arxentinos, sempre destacando polo malo e exportando ó mundo o pouco nivel de educación e civismo que teñen, alardeando con proclamas racistas e homófobas. Isto é 2024 muchachos! O país en ruína mais eles empregan a neurona que teñen en rirse dos demais da forma máis noxenta.

Pois ben, isto é a xente potaxie e a xente fife. Uns avanzan e outros quedan atrás. Non é nada novo, existiu toda a vida mais agora poñénselle outro tipo de nomes. Eu dende logo teño claro a que grupo pertenzo. Se para ser un home fai falla ser unha persoa ruda, ter pouco respecto polos demais, non chorar porque é de débiles, ter sempre que ser o líder, o macho alfa, reprimir as emocións e os sentimentos, etc. Entón eu non son un home ou non quero selo, pero no bo sentido, non coma Roma Gallardo. Por sorte, penso que os homes somos cada vez menos fifes ou máis potaxies, e podemos sentirnos a gusto tamén con outro tipo de masculinidades. Aínda que resulte preocupante os referentes que existen, cada vez máis, na cultura popular que seguen unha ideoloxía máis conservadora ou branca (sen posicionarse explícitamente mais deixando ver un capital simbólico rancio que se cheira ao lonxe), tamén hai moito referente que desprende o contrario, é cuestión de saber buscalo ou ter as ferramentas necesarias para poder encontralo, xa que non é doado entre tanto contido hexemónico. Mais é bonito ver, como o progreso sempre se abre paso mesmo sen posuír os medios hexemónicos, e aquí un servidor aprende dunha nena de doce anos todo o que aquí se relatou hoxe.

  • Rubén Pérez. Doutorando en Ciencias Sociais e do Comportamento, graduado en Socioloxía e opositor para profesor de Xeografía e Historia. Vamos enchernos e falar de cousas, que diría Grande Amore.

Máis artigos de Rubén Pérez

A turistificación dos Espazos

A alcaldesa da Coruña declara que non vai “ceder á chantaxe” coa folga do lixo

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou que o consistorio non vai ceder ” á chantaxe”, ao ser preguntada polo conflito na recollida de lixo tras cumprirse unha nova xornada de folga indefinida convocada polo Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL).

“Cero traballadores secundaron a folga novamente”, recalcou coincidindo coa súa presenza no acto de presentación do proxecto ‘Reverberos’, na Torre de Hércules. Ademais, dixo que “tampouco se recolleu de maneira ordinaria o lixo” por parte do persoal da empresa concesionaria, Prezero. Debido a iso, esta tarefa está a asumila Valoriza.

En concreto, segundo os últimos datos respecto da situación de recollida, rexistrouse un cero por cento nos barrios de Matogrande-Eirís e Mesoiro-Feáns-Valaire.

Mentres, na Sardiñeira-Elviña foi dun 10%; nos Rosales-Labañou, un 15%; en Vos Mallos, un 30%; e un 35%, en Monte Alto, Sacra Familia, Ou Castrillón e Vos Castros. As cifras de retirada máis elevadas rexistráronse en Cidade Vella e Ventorrillo-Agra do Orzán, cun 45%, así como en Pescaría-Centro e Estadio onde a recollida foi dun 100.

Pola súa banda, a empresa Valoriza, encargada de reforzar o servizo durante a emerxencia sanitaria, retirou un total de 396 toneladas de lixo desde que comezou a traballar o pasado xoves, día 25.

En relación ao conflito, a rexedora volveu a esixir a Prezero que “siga tomando medidas contundentes con sancións e despedimentos”. “Hai unha folga de brazos caídos”, aseverou para incidir en que “nos últimos 15 anos, con este sindicato, houbo 21 conflitos”. “A miña posición está sumamente clara, non caer á chantaxe nin á extorsión”, subliñou.

A concesionaria da recollida de lixo na Coruña executa tres despedimentos disciplinarios

Prezero, a empresa concesionaria da recollida de lixo na Coruña, executou este martes o tres primeiros despedimentos disciplinarios desde o comezo da folga, que se iniciou fai máis dun mes. Segundo sinalaron fontes próximas á compañía, este tres despedimentos únense ás 39 sancións graves e 16 leves impostas ata o momento.

Así mesmo, estas mesmas fontes aseguraron que nos próximos días executaranse máis sancións de categoría moi grave e comunicaranse máis despedimentos. Neste contexto, este luns a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciaba que o Concello vai iniciar ” accións xudiciais” e proceder a presentar unha denuncia ante a Fiscalía o vindeiro mércores pola folga “atípica” e “pouco legal” no servizo de recollida de lixos e os “actos vandálicos dunha violencia extrema” no mobiliario urbano.

A alcaldesa de Cambre consegue un terceiro crédito para liquidar a débeda de 2023

A alcaldesa de Cambre, María Pan Lesta, conseguiu aprobar un terceiro recoñecemento extraxudicial de crédito de 1,2 millóns para abonar facturas de servizos básicos de 2023.

A proposta saíu adiante co voto a favor de Unión x Cambre, co voto en contra do PP de Cambre e coa abstención do resto dos partidos da corporación (PSOE, BNG, Alternativa dúas Veciños e da edil non adscrita).

Con leste, nos últimos meses, o goberno logrou sacar adiante ata tres recoñecementos extraxudiciais por un importe que supera os 3,5 millóns de euros.

O expediente deste mércores recolle pagos de servizos como limpeza viaria, mantemento de zonas verdes e xardíns, desratización, subministracións de gas, combustible e enerxía eléctrica, certificacións de obras e subministración de diversos materiais.

A alcaldesa avanzou que, proximamente, levarán novos expedientes cos que “liquidar toda a débeda de 2023”, un obxectivo que cualificou como “máxima prioridade”.

Investigado un veciño de Arteixo ao que se lle interceptou cocaína e pastillas

0

A Garda Civil investiga a un veciño de Arteixo (A Coruña) como presunto autor dun delito contra a saúde pública despois de que se lle interceptase varias doses de cocaína e pastillas preparadas para a súa venda nunha riñonera.

Segundo informou o Instituto armado, o home foi interceptado durante unha intervención preventiva de vixilancia que laxa xentes realizaban na Travesía do Rañal, na localidade de Arteixo.

Esta actuación levou a cabo debido á sospeita dun punto de venda de sustancias estupefacientes na zona, así como a posible venda e consumo de drogas nun chiringuito de praia próximo.

Durante a intervención, a Garda Civil deu o alto a un vehículo, conducido por unha muller. No coche viaxaba outra muller como copiloto e un home na parte traseira.

Ao decatarse da presenza policial, o ocupante do asento traseiro realizou un movemento sospeitoso, como tentando ocultar algo debaixo do seu corpo.

Os axentes procederon a identificar os ocupantes, que inicialmente aseguraron non portar nada ilícito. Con todo, o instituto armado sinala que, durante un rexistro superficial ao home, que presentaba unha actitude nerviosa, interceptáronlle unha riñonera cunha bolsa de plástico transparente con sete envoltorios, supostamente con cocaína.

Ademais, achouse un recipiente cadrado de cor vermella con numerosas pastillas, 37 delas marróns con forma de estrela e o logo dunha coroa, e dúas amarelas co debuxo dunha granada de man, supostamente MDMA.

Ante iso, a Garda Civil procedeu á investigación do home por un suposto delito contra a saúde pública. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución número da Coruña.

Tratan de converter o monumento natural de Dexo e Serantes nun centro de operacións militares

Mobilízase o Concello de Oleiros ante o novo ataque da Xunta ao seu patrimonio natural. No canto de protexer as zonas declaradas como protexidas, a Xunta aprobou no seu teórico plan de protección o permiso para realizar prácticas militares.

O Plan Especial de Protección do Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes impulsado pola Xunta é máis un pasaporte á degradación do lugar que un documento serio para a protección co ecosistema”, denuncia o Concello oleiro, que lamenta que se queira reducir a superficie protexida permitindo ademais entrar, a través de deportes como a escalada, nas fermosas furnas, nas que se desenvolve a vida de milleiros de aves mariñas.

As furnas da zona do Seixo Branco

Así, o Concello recorrerá e alegará a este documento “por atentar contra a vida natural e ser contrario ao Plan Xeral de Ordenación Municipal e á máis razoable versión do que debe ser un espazo natural protexido”.

Lembran que esta paraxe natural está protexida polo Concello desde o ano 2000 a través do Plan Xeral de urbanismo, logo de defendelo ante o Ministerio de Defensa, que quería declarar urbanizable parte do seu ámbito. Tras a súa inclusión na rede europea Natura como Monumento Natural, a Xunta asumía o compromiso da súa xestión e mantemento dun ámbito que abrangue desde o Faro de Mera ao Porto de Lorbé. “Esta colaboración nunca existiu. O único esforzo da Xunta foi financiar parte dun tractor para manter os accesos”, lamentan dende Oleiros.

A permisividade da Xunta abrangue tamén ás prácticas militares no ámbito costeiro, entre A Marola, O Marolete, Marola Pequena, Monte Meán, O Corval e a Cova do Ladrón, que poderían utilizarse por exemplo como zonas de tiro, algo “inadmisible” para o Concello.

Dexo Monumento Natural

O Concello da Coruña autoriza o convenio para rexenerar a fachada marítima das Xubias

0

O Concello da Coruña deu luz verde, en Xunta de Goberno, ao convenio para a rexeneración urbana das Xubias, un plan de colaboración público-privada para a rehabilitación da fachada marítima coruñesa cara á ría do Burgo, da man de David Chipperfield Architects e o fondo de investimento Ginkgo Advisor.

A firma do acordo formalizouse este martes e inclúe o desenvolvemento residencial na zona, a recuperación das vivendas mariñeiras e tamén o incremento das superficies destinadas a usos públicos, segundo informa o Consistorio.

Unha das iniciativas “máis destacadas” deste plan de intervención integral, engade, é a ampliación dunha senda peonil que termina na praia de Oza e permitirá, “a medio prazo”, conectala co paseo marítimo da ría do Burgo.

A este respecto, unha Comisión integrada por dous representantes do Concello e outros dous da entidade mercantil que representa a Ginkgo Advisor farán seguimento dos compromisos asumidos no catro anos de vixencia que terá o convenio, susceptible de prórroga por outros tantos.

Luis Yang estrea o I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego

0

Este I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego recibiu un total de 57 proxectos, con 54 publicacións válidas, que o público poderá ver  e ler na Expofanzines que acollerá Viñetas desde o Atlántico 2024 no Palexco da Coruña do 12 de agosto ao 30 de setembro.

— — —

Luis-Yang
Luis Yang

A Asociación Cultural Autobán vén de anunciar o gañador do I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2023-2024, o primeiro festival coruñés de cómic autoeditado. Luis Yang alzouse co galardón grazas á súa obra Sunny 16. decidiu outorgarlle, tamén, un accésit con diploma a Gemma Pérez, pola súa obra ‘Mi nick era #humeda’.

Este I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2023-2024 recibiu un total de 57 proxectos, con 54 publicacións válidas.

En palabras da Asociación Autobán, “esta mostra, e o palmarés en particular, ofrecen unha precisa radiografía dun movemento vizoso e inclasificable, sorprendentemente ecléctico e militante, que trata todo tipo de temáticas adultas con multitude de técnicas e enfoques. Botando un ollo a estas páxinas, evidénciase unha certeza: estas artistas chegarán lonxe, hai canteira en Galicia (e en galego). Esperamos con ilusión que o Premio Autobán se manteña e que, edición a edición, a colección de fanzines da Coruña non deixe de crecer e de documentar os cambios e transformacións dun medio orgullosamente mutante, desbordante de imaxinación e con potencial para seguir explorando”.

 

O público poderá ver e ler todas as obras presentadas a concurso na Expofanzines que acollerá o festival Viñetas desde o Atlántico 2024 no Palexco da Coruña do 12 de agosto ao 30 de setembro.

ACTA DO XURADO DO I PREMIO AUTOBÁN AO MELLOR FANZINE GALEGO

O xurado especializado do certame, integrado polos profesionais María Gil, historiadora da arte e investigadora; Brais Rodríguez, ilustrador e profesor; e Toño Vilaverde, libreiro especializado,

  • I PREMIO AUTOBÁN:Sunny 16, de Luis Yang.

Sunny 16_Luis Yang_1

O xurado outorga o I Premio Autobán a Sunny 16, de Luis Yang, polo xeito no que reflexiona sobre como a fotografía constrúe á vez que obstrúe o recordo. Trátase dun fanzine coidado tanto pola proposta estética como polo acabado e a edición. O xurado destaca que o seu elemento diferencial é a forma na que conviven a fotografía e o debuxo e o poder evocador que resulta desta interacción. Tamén se tivo en conta a traxectoria vinculada ao fanzine e á autoedición do autor, que leva anos traballando este tipo de formatos, nos que se mestura fotografía e debuxo.

  • Accésit con diploma:Mi nick era #humeda, de Gemma Pérez.

Mi nick era #humeda_Gemma Pérez

O xurado sinala que “Mi nick era #humeda” de Gemma Pérez é precisamente o que se nos ven á cabeza cando pensamos na palabra “fanzine”. Destaca polo seu uso do deseño gráfico, a súa edición coidada, a narrativa e o compromiso social abordado desde a vivencia persoal e o sentido do humor. “É o inicio á sexualidade dunha nena que logo se transforma”.

Mencións:

  • Macheta 7, da Asociación Artístico-cultural Huhú e Asociación Teixo, pola súa homenaxe ao punk.
  • Así somos, de Raquel Montero, polo seu aspecto táctil.
  • sólo una vez más, de Aisha Rey, polo seu emprego sensible da sinestesia.

O I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego consta dunha dotación económica de 1.250 euros e un trofeo realizado pola escultora, deseñadora e pintora de modelos en producións de Stop Motion Laura Pazos. A creadora deseñou unha colección de catro esculturas destinadas a ser pintadas cada ano por un artista diferente como parte da recompensa á persoa gañadora do certame. Nesta primeira edición, Aisha Rey (gañadora do Combate de Debuxantes de Autobán 2023) foi a encargada de pintar o trofeo para que sexa unha peza única.

Viñetas desde o Atlántico inaugura o 12 de agosto unha nova edición na que se homenaxea a Akira Toriyama