Inicio Blog Páxina 333

O PP pide ao Goberno central que asuma as indemnizacións aos mariscadores da ría do Burgo

0

OO Partido Popular esixiu no Senado ao Goberno central que “asuma” as indemnizacións aos mariscadores da ría do Burgo mentres as especies resembradas non teñan a talla suficiente para que se poidan comercializar.

A través do seu senador, Manuel Ruiz Rivas, defenden que é o Executivo central o que debe asumir o pago destas compensacións, tendo en conta que, na súa opinión, é o Estado o que “liderou, adxudicou e contratou a obra”.

Para Ruiz “a obra dura non o que están as máquinas sobre o terreo, dura o que a declaración de impacto ambiental di que dura e a declaración de impacto establece que as afectacións chegan ata que as especies resembradas adquiren unha talla adecuada para a súa comercialización”.

O popular subliña, ademais, que a propia baixa orzamentaria da obra permitiría ao Estado poder facer fronte a estas indemnizacións. Incide tamén en que a rexeneración da ría do Burgo é competencia “única e exclusiva” do Executivo central.

O Samaín revive a Castelao

0

Por segundo ano e de xeito coordinado a Federación de asociacións culturais galegas Galiza Cultura organiza en distintas vilas do país a lectura pública de ‘Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete’, publicada en 1922 pola Editorial Céltiga de Ferrol.
Unha obra curta na que un esqueleto narra as súas peripecias dunha existencia máis aló da morte.

Unha lectura teatralizada, diversas lecturas públicas, foliadas, magostos, sorteos de libros, ruadas, baleirado de cabazas e mesmo unha queimada son as distintas actividades que ao longo do país van celebrar o Samaín e a data dos defuntos e das defuntas tomando como punto de partida a obra de Castelao.

Deste xeito, os actos dan comezo na cidade da Coruña, o xoves día 31, a partir das 19.30 horas. Nesta cita realizarase unha lectura teatralizada no Paraninfo da Universidade na rúa Maestranza. Sobre o escenario, e mediante a sucesión das intervencións dun elenco de actores e actrices caracterizados, desvelaremos cales son esas memorias, as vivencias que existen no máis alá e como, quizais, a morte se asemella demasiado á vida. E se o ano pasado, nesta actividade participaban as entidades Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva e Recreativa Agra, a Agrupación Cultural Tempo Novo e a Asociación Cultural O Facho, desta volta súmase tamén a Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal.
Para rematar, un magosto baixará o pano a esta actividade ‘arrepiante’ co que se celebrará na cidade herculina a chegada do Día de Defuntos e Defuntas tan arraigado na nosa cultura popular.

Tamén haberá lecturas en O Carballiño, Ourense, Ferrol ou Gondomar.

A actividade realizase grazas ao programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Área Cultura da Deputación da Coruña.

Investigan se roubaron varios bares da Coruña usando unha moto como ariete

0

A Policía Nacional mantén aberta unha investigación por varios roubos cometidos en establecementos da Coruña, sen que polo momento haxa detidos, segundo informaron fontes policiais consultados por Europa Press.

En concreto, precisaron que se tivo coñecemento de dous na noite do luns ao martes nun bar da rúa Maxistrado Manuel Artime, no que, precisaron, entraron pero “non levaron nada”. Tamén accederon a outro da rúa Sinfónica de Galicia do que roubaron a caixa rexistradora, “pero non tiña diñeiro”, apuntaron. Si se rexistraron nos local “danos”.

A Policía Nacional ratificou que só teñen denuncia destes dous casos e non de máis, a pesar de que se apuntase a outros. Tampouco confirmaron se os autores se desprazaron en moto, aínda que si expuxeron que había “un chasis dunha moto que puideron usar para romper”, pero sen poder ratificar se se utilizou.

A veciñanza da Agra do Orzán volve saír á rúa para reclamar o seu Parque

0

Volve a rúa a veciñanza do barrio da Agra do Orzán para reclamar o Parque da Agra no Campo da Burra. A Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” convoca unha manifestación que sairá dende a Praza das Cunchiñas, para o xoves 7 de novembro, ás 19:00 da tarde.

Pasan os meses, pasan os anos, de feito, xa máis de 50, como denuncian, e os diferentes gobernos municipais levan deixando un barrio de 30.000 habitantes sen zonas verdes. Nin sequera foron capaces de tumbar o muro da rúa Canceliña, que separa os terreos do Observatorio Meteorolóxico.

“Vai para 50 anos que os gobernos municipais do momento entenderon que quen tiñan que deseñar o barrio eran os especuladores. Ata cando imos seguir soportando que pasen de nós?” denuncian nun comunicado.

Lembran que a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda, entre 10 e 15 metros cadrados por habitante, mentres que a poboación do barrio da Agra conta a día de hoxe 1 cm2 por habitante, e o que Parque chegará a 0’5 metros cadrados por habitante. “Realmente precisaríamos máis de 300.000 metros cadrados de espazos verdes”, demandan.

Ademais da concentración do 7 de novembro, a Asociación seguirá baixando á praza de María Pita todos as mañás dos primeiros xoves de mes, invitando á veciñanza a participar nestas accións.

Así recollen a problemática dende NósTV

Máis novas

O novo Parque da Agra terá a sombra das vivendas de Cebrián

Campo da Burra: Por un parque na Agra do Orzán Xa!

A veciñanza da Agra do Orzán volve á rúa ante a “inoperancia” do Concello co Parque da Agra

O TSXG declara nulo o despedimento dunha traballadora dunha pizzaría da Coruña e obriga á súa readmisión

0

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulo o despedimento dunha traballadora de Pizzarías Cambalache “por entender que a empresa de restauración vulnerou a súa garantía de indemnidade“, informa a central sindical CIG.

A resolución do alto tribunal galego, engade, deixa sen efecto unha sentenza previa do Xulgado do Social pola que se declaraba este despedimento como improcedente. Agora, tras o suplicatorio da CIG en nome da traballadora, o TSXG resolve “corrixindo a inadmisión anterior e estima integramente a demanda, recoñecendo a nulidade do despedimento, ordenando a inmediata readmisión da traballadora con abono dos salarios de tramitación e impondo, ademais, o pago dunha indemnización por danos morais”.

A traballadora, cociñeira no restaurante, foi despedida, segundo a central sindical, “poucos días despois de solicitar o goce dos días de asuntos propios aos que tiña dereito” tras remitir previamente unha solicitude por correo, “non contestada”. “Poucos días despois sería despedida alegando non superación do período de proba, a pesar de que este período xa fora superado”, apostila.

A Universidade da Coruña crea grupos de traballo para adaptarse á LOSU

0

A Universidade da Coruña (UDC) constituíu os grupos de traballo para abordar a primeira fase de reforma estatutaria para a adaptación dos estatutos á Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU).

Foi na reunión do Claustro no que se realizou tamén a votación para a comisión de convivencia, que mediará na resolución de posibles conflitos. Ademais, nela ratificouse a proposta de nomeamento como doutora honoris causa de Emilia Casas Baamonde.

En relación á LOSU, concretouse que, unha vez que se incorporen todos os membros, tras o proceso de votación de hoxe, un total de 41 persoas participarán nos catros grupos.

En canto á comisión de convivencia, estará integrada por nove persoas. A súa principal misión será mediar na resolución de posibles conflitos que se poidan dar no ámbito da UDC.

Máis de 30 profesionais debaterán na Coruña sobre os camiños entre lingua e audiovisual

0

Medirá a Academia Galega do Audiovisual as interseccións entre lingua e audiovisual no segundo Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), baixo o título “Lingua e audiovisual”. A Cidade das TIC da Coruña acollerá, entre o 7 e o 9 de novembro, este punto de encontro para o sector que poñerá o foco na intersección entre a diversidade lingüística e o medio audiovisual.

O foro reunirá a máis de 30 voces expertas na materia, dende profesionais do guión, realización ou programación, ata da tradución e o subtitulado, xornalistas e docentes. Entre eles, Marta Cruañas, produtora en Canadá, a empresa de produción coñecida polos videoclips de artistas como Rosalía, Dua Lipa ou Aitana.

 

O Programa de FIGA é moi completo.
Os relatorios do xoves, 7 de novembro encádranse baixo o título “Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados” e, nela, abordarase o desafío de conectar cunha nova xeración de espectadores e espectadoras creando referentes visuais frescos e próximos.

Aquí, especialistas en programación, como Judith de Argila, responsable do Departamento de contidos dixitais e transmedia e creación de comunidades de 3Cat; Daniel Hernández, Director de Estratexia de 3Cat; Fernando Ojea, Director de Contidos da CRTVG.gal e Secretario Xeral de CIRCOM-Regional.eu; José Luis Blanco, Director de Programación de EiTB-Euskal Telebista/Primeran e Andrea Villa, programadora do Carballo Interplay compartirán as súas experiencias e propostas xunto con Adrián Canoura, realizador de videoclips, cine experimental e formatos contemporáneos e Marta Cruañas, produtora no estudio Canadá.
Tamén participarán Pablo Romero, profesor de tradución e lingüística na Universidade de Vigo; Charo Pena, actriz, directora de dobraxe e adaptadora de textos audiovisuais; María Suárez, tradutora audiovisual e Samuel Solleiro, tradutor audiovisual e literario, músico e escritor.

A temática do venres, 8 de novembro será “Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas ou minoritarias” na que se abordarán os desafíos que deben abordar as producións en linguas non hexemónicas, como poden ser o croata, o éuscaro ou o galego, desde a óptica dos creadores, como Dalibor Matanic, guionista e director da serie “O derradeiro artefacto socialista”; Asier Urbieta, director da serie “Altsasu”; Ghaleb Jaber Martínez, creador da serie “Motel Valkirias”; e Beli Martínez, docente e produtora en Filmika Galaika.
Tamén se contará co punto de vista da academia, coas intervencións de Fernando Redondo, investigador no Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela e Ana Viñuela, profesora de cine e audiovisuais na Universidade Sorbonne Nouvelle – Paris III.

O sábado, 9 de novembro, FIGA concluirá cunha xornada centrada en “Cara un circuíto estable e unha normalización na lingua do audiovisual”. A normalización da diversidade lingüística no audiovisual precisa dun ecosistema profesional estable e, neste debate, profesionais do sector explorarán a creación de redes e iniciativas que aseguren unha produción continuada, cun impacto que trascenda ao ámbito local. Intervirán produtores como Alfonso Blanco, director de Portocabo; distribuidores como Milo Baños, xerente da distribuidora Baños Films e Sonia Abbas, xefa de distribución nacional en Begin Again Films; guionistas como Araceli Gonda e Pepe Coira; a intérprete Lidia Veiga; a cineasta Paula Cons; Rosa Moledo, asesora lingüística das series “Fariña” ou “El caso Asunta”; e Jessica Izquierdo, coordinadora do Observatori de Continguts i Plataformes mediàtiques da Universitat Jaume I., guionista.

Máis novas

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

 

Manuel Rivas, Premio Nacional do Letras españolas 2024

0

Manuel Rivas vén de ser galardoado co Premio Nacional por Literatura española, correspondente ao ano 2024.

O xurado destacou ao autor pola “extraordinaria calidade narrativa que conxuga forza emocional e beleza formal e para a solidez dun versátil e coherente construído coa sensibilidade e defensa da memoria histórica, o responsabilidade social e lingua galega. Poucos autores no panorama literario español, partindo dun firme compromiso coa súa lingua, conseguiron conseguir ese recoñecemento en todo o mundo”.

Ademais, o xurado indicou que o seu traballo “acompaña o seu activismo, coa pluma que, sen adoutrinamento, axita conciencias, induce á reflexión e estimula o pensamento cara á defensa da pluralidade lingüística e cultural e cara á igualdade de xénero. Manuel Rivas, cunha voz poderosa e única, crea literatura e, con ela, sitúa de novo a escrita galega no Olimpo do Cartas Nacionais”.

O premio, outorgado pola Consellería de Cultura, está dotado con 50.000 euros. Distingue toda a obra literaria, en calquera das linguas castelán, dun autor español, cuxa obra se considera como parte integrante do conxunto da literatura española actual.
Na súa última edición, o premio recoñeceu a Cristina Fernández Cubas, sumándose a unha longa lista de premiados, entre os que se atopa Luis Landero, Rosa Montero, José María Merino Sánchez, Luis Mateo Díez, Francisca Aguirre ou Bernardo Atxaga, entre outros.

Biografía

Manuel Rivas (A Coruña, 1957), narrador, poeta e ensaísta, ocasionalmente dramaturgo, é membro da Real Academia Galega. A súa obra destaca no Medios galegos e no resto do Estado español que cobre tanto a xestión de xornais (como a revista ‘Luzes’), como a columnismo en xornais.

Como narrador destacan os seus libros de contos ‘Un millón de vacas’ (1989). Premio da Crítica Española, ‘In Wild Company’ (1993), Crítica a Galicia, ‘Que queres de min, amor?’ (1995), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Ficción, ‘O lapis do carpinteiro’ (1998), Premio do Crítica Española, ‘Os libros arden mal’ (2006), Premio da Crítica Española e Premio da Crítica Galega e ‘O último día de Terranova’ (2015).

No eido da poesía escribiu obras como ‘Balada en las playas del Oeste’ (1985), ‘Mohicania’ (1986), ‘No Swan’ (1989), Premio Leliadoura, ‘Costa da Morte blues’ (1995), ‘O pobo da noite’ (1996) ou ‘A desaparición da neve’ (2009), este último publicado simultáneamente en todas as linguas cooficiais do Estado español. Gran parte desta produción está recollida no volume ‘De lo coñecido polo descoñecido. Obra poética (1980-2003)’ (2003). O último poemario que apareceu é ‘La boca de la tierra’ (2015).

Manuel Rivas foi traducido a diferentes idiomas, recibiu numerosos premios á súa traxectoria xornalística e literaria e algúns dos seus as obras máis coñecidas convertéronse en películas.

O Concello asegura avanzar na nova ordenanza reguladora das vivendas de uso turístico

0

O Goberno municipal da Coruña mantivo esta mañá unha reunión para avanzar no establecemento dunha nova ordenanza reguladora para as vivendas de uso turístico (VUT) do municipio. Foi en marzo de 2023 cando o Concello anunciaba esta medida, permitindo dende entón que se duplicara o número de licenzas, sendo xa vivendas turíticas 3 de 4 que están en aluguer.

Esta mañá o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz, mantivo un novo encontro na mesa sectorial creada para avanzar no novo regulamento da man das distintas entidades.

Acudiron representantes da Federación de Asociacións de Veciños, Aproinco, Aviturga, Hospeco, Colexio Oficial de Administradores de Fincas, Colexio Oficial da Propiedade Inmobiliaria, COAG e Unión de Consumidores de Galicia.

No encontro, o concelleiro analizou as achegas recibidas durante o período de consulta pública, e explicou as liñas xerais do borrador de ordenanza no que está a traballar o Concello. Díaz indicou que durante as dúas vindeiras semanas está previsto traballar para consensuar a nova ordenanza a nivel político e avanzou que a mesa reunirase de novo tras ese período para escoitar tamén as aportacións que poidan facer as distintas partes.

Máis novas

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

A turistificación dos Espazos

3 de cada 4 vivendas que se ofertan na Coruña xa son de uso turístico

O PP pídelle á alcaldesa da Coruña unha política de vivenda “real” con fondos do Goberno central

O BNG pide ao goberno da Coruña que proceda a nomear fillos adoptivos aos senegaleses que auxiliaron a Samuel

0

O grupo municipal do BNG no Concello da Coruña pedirá ao goberno local que proceda a outorgar o título de fillos adoptivos aos senegaleses Ibrahima Diack e Magatte N’Diaye, que trataron de axudar a Samuel Luiz, falecido tras unha malleira á saída dun local de lecer en xullo de 2021.

Nun comunicado, afirma que tras os feitos o pleno municipal aprobou por unanimidade unha moción do BNG para iniciar o procedemento que leva ao seu nomeamento como fillos adoptivos.

“Ese procedemento, tres anos despois, aínda está pendente de executarse”, sinala a formación que avanza que a concelleira do BNG Mercedes Queixas vai levar este asunto ao próximo pleno en forma de pregunta oral.

En concreto, cuestionará por que non se cumpriu o citado acordo, con demanda do seu cumprimento en liña con iniciativas anteriores neste sentido.