Inicio Blog Páxina 386

8 anos de prisión para un home por agredir sexualmente da súa sobriña menor de idade

0

O agresor aproveitábase dos síncopes que paralizaban o corpo da vítima para someterla a tocamentos

— — —

A Audiencia Provincial da Coruña impuxo unha pena de 8 anos de prisión para un home por agredir sexualmente en dúas ocasións da súa sobriña menor de idade, que sufría síncopes paralizantes dos que se aproveitaba o seu agresor para sometela a tocamentos e outro tipo de abusos.

Nunha sentenza facilitada este mércores polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a audiencia coruñesa considera probado que o home cometeu dous delitos de agresión sexual a menor de 16 anos, polos que, ademais da pena de prisión, condénao a unha orde de afastamento da vítima por un período de cinco anos.

Os feitos tiveron lugar a comezos de 2022, cando a menor se mudou a casa da súa tía, parella do agresor, debido á situación que atravesaba cos seus pais, como recolle o tribunal nun fallo contra o que cabe recurso de apelación.

O condenado aproveitouse da condición da súa sobriña política, que sufría síncopes que a paralizaban de movementos, aínda que podía continuar percibindo o que pasaba ao seu ao redor.

En dúas ocasións, valeuse destes momentos para sometela a tocamentos das súas partes íntimas e bicos contra a súa integridade, que a menor relatou á súa nai no mes de marzo, cando se interpuxo a denuncia contra o procesado.

Máis de 250 profesionais participan no IX Congreso da Asociación Técnica de Portos e Costas

0

Máis de 250 profesionais ligados ao sector portuario reúnense esta semana na Coruña no IX Congreso da Asociación Técnica de Portos e Costas (ATPYC), organizado por Portos do Estado, a Autoridade Portuaria da Coruña e a propia ATPYC, coa colaboración de diferentes entidades privadas e públicas.

O congreso comezou este mércores cunha visita ao Porto Exterior de Punta Langosteira. Posteriormente, o 3 e 4 de outubro celebraranse os relatorios e mesas redondas no Palacio de Congresos e Exposicións (Palexco).

O acto inaugural terá lugar o xoves 3 de outubro. Contará coas intervencións de Álvaro Rodríguez Dapena, presidente de Portos do Estado; Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia; Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, e Manuel Arana Burgos, presidente de ATPYC, informa o organismo portuario coruñés

Nesta edición, o título do encontro profesional é ‘Contribución de portos e costas á transición enerxética’, un campo que está de plena actualidade e que está a marcar o desenvolvemento do conxunto da sociedade. Ao longo dos dous días das xornadas abordaranse temas como as estratexias de adaptación ao cambio climático, novos combustibles, retos no desenvolvemento da eólica mariña ou novas tecnoloxías.

O barrio de Eirís contará dende 2026 cun centro de día e atención ambulatoria para persoas con dano cerebral

Representantes da Asociación de Dano Cerebral da Coruña (Adaceco) e de administracións asistiron este mércores á colocación da primeira pedra do novo centro desta entidade, que estará situado no barrio de Eirís. O novo inmoble, que estará dispoñible antes de que finalice 2026, será centro de día e terá atención ambulatoria para 130 usuarios, con terapias pautadas tres veces á semana.

O acto contou coa presenza, entre outras autoridades, da alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a deputada provincial Yoya Neira; e a delegada da Xunta na Coruña, Belén Docampo; así como do presidente de Adaceco, Juan Luís Delgado, e do xefe de comunicación de Inditex, Raúl Estradera. Todos eles coincidiron en incidir na importancia deste novo centro de cara a mellorar a calidade das persoas con dano cerebral e das súas familias. Só en Galicia estímase que hai 7.000 afectados, deles algo máis de mil na área sanitaria da Coruña-Cee.

Así, a alcaldesa fixo fincapé no “compromiso” das administracións de “visibilizar” aos afectados por esta enfermidade e ás súas familias. Na mesma liña, a deputada provincial lamentou que se trate dun colectivo “invisible, tanto no ámbito dos social como sociosanitario”. Pola súa banda, Pedro Blanco destacou a “preocupación” por parte do Goberno central tanto polas persoas con dano cerebral como polos seus coidadores, “un elemento fundamental”.

Na súa intervención, o presidente de Adaceco agradeceu a cesión do Concello da Coruña da parcela para construír este edificio e a doazón de traballadores de Inditex que “cobre case o 50 % do importe do proxecto”. Neste sentido, o xefe de comunicación desta empresa concretou que o diñeiro “provén das achegas realizadas polos empregados no mercadillo de Nadal” e recalcou as iniciativas da compañía “enfocadas á protección da vida e o benestar das persoas”.

Os conserxes dos polideportivos esixen o pago do seu plus

0

Este domingo foi un día histórico para a cidade, coa incrible estrea do Basquet Coruña no Coliseum. Pero para o persoal de conserxería dos polideportivos da cidade foi unha ocasión para espallar a sía loita. Un grupo de traballadores e traballadoras levaron as pancartas ás portas do Coliseum e berraron arengas para esixir o cumprimento do convenio colectivo e o pago o complemento de polivalencia, por parte do Concello e da empresa concesionaria, Ilunion Outsourcing.

O presidente do comité, Xulio Ramilo, explicou que o persoal de conserxería dos polideportivos e campos de fútbol municipais está regulado por un convenio propio que contempla o pago dun plus de 300 euros.
Pero dende agosto, Ilunion Outsourcing (Grupo Social Once) négase a pagar este complemento “porque di que o Concello da Coruña non lle abona a contía”. Ramilo apunta que o convenio colectivo foi publicado o ano pasado e a administración local era coñecedora dos acordos que se estaban a negociar. Por iso, reclámalle á empresa e ao Concello que cumpran cos dereitos salariais destes 80 traballadores e traballadoras e que de inmediato se proceda ao pago das cantidades adebedadas.

Máis mobilizacións

As mobilizacións coordinadas a través do comité (CIG, UGT e CCOO) non descartan a folga, pero polo de pronto continúan estes xoves 3 de outubro, coincidindo coa sesión do pleno municipal, cunha concentración a partir das 09:00h na Praza de María Pita, onde tamén disputarán un partido de fútbol reivindicativo.

Unha colisión entre catro coches provoca retencións nos accesos de entrada na Coruña

0

Unha colisión entre catro coches provocou retencións nos accesos de entrada á cidade da Coruña durante esta mañá de mércores, segundo informou o Centro de Control de Tráfico do Noroeste.

Foi pasadas as 8:00 da mañá cando se produciu o sinistro, con catro vehículos implicados no mesmo, e en dirección entrada á urbe, precisaron.

O mesmo provocou retencións de varios quilómetros que no caso da autoestrada chegaron ao quilómetro sete mentres que tamén se estenderon ata a zona de Perillo, no municipio de Oleiros, no tramo da N-6.

Artistas da cidade convocan para este xoves no Ágora o Festival pola paz e contra as guerras

0

As guerras atravesan os cinco continentes. Unhas máis mediáticas, outras permanentes, algunhas completamente esquecidas. Máis ca nunca é preciso alzar a voz e clamar en contra dos conflitos que atravesan de violencia a vida das persoas que os padecen, especialmente as crianzas, en beneficio dos intereses duns poucos.

De aí que a comunidade social e artística da cidade convoque para este xoves, 3 de outubro, ás 20:15 h terá lugar unha nova edición do festival “Pola paz e contra as guerra”, artes escénicas e circenses para reivindicar o dereito a vivir en paz.

O festival Pola Paz e Contra as Guerras quere poñer o foco sobre as guerras e facer un chamamento pola solidariedade. Promovida pola Asociación Agra de Orzán e coordinada por Pallasos en Rebeldía, participan nela a monologuista Leti da Taberna, a compañía de circo Desastronauts, o músico Mondra e o mago cómico Dani Blanco, presentados polo pallaso Fran Rei e coa participación de Iván Prado, representante de Pallasos en Rebeldía.

20241003 Pola paz e contra as guerras

Este festival, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

A Gala por Palestina: A risa bate coa barbarie

Persoal da Escola Municipal de Música da Coruña mobilízase para pedir a xestión directa do consistorio

Persoal da Escola Municipal de Música da Coruña proseguiu este martes co calendario de mobilizacións acordado para reclamar a xestión directa por parte do Concello, que se lle asigne o orzamento necesario para ofertar un ensino público de calidade e para demandar tamén que se respecten os dereitos laborais e salariais recollidos no convenio.

Nesta ocasión, informa a CIG, a protesta trasladouse ás oficinas do Consorcio para a Promoción da Música “posto que a escola xestiónase a través deste ente mediante un contrato-convenio que, neste momento, atópase coa prórroga terminada”.

O calendario de mobilizacións continuará o mércores 9 de outubro, ás 11.30 horas, diante da escola; e o mércores 16 de outubro, á mesma hora, haberá concentración diante do Concello da Coruña, en María Pita.

Segundo o persoal, o principal problema é que o centro “non ten partidas propias nin autonomía de funcionamento e depende do Consorcio para calquera xestión, compra ou arranxo que se precise”. “A dirección non ten capacidade para poder desenvolver e avanzar no proxecto educativo”, argumentan.

O profesorado da Escola Municipal de Música protesta polo deterioro das instalacións

Restablecida a circulación na AG-55 ao seu paso por Arteixo, que permanecía cortada polo envorco dun camión

0

A circulación na AG-55 quedou restablecida tras permanecer cortada durante a tarde deste martes á altura de Arteixo debido ao envorco dun camión no quilómetro 12 desta vía.

Tal e como informou o 112 Galicia, foron varios os particulares que contactaron coa central de emerxencias para alertar deste sinistro sobre as 12.30 horas.

En concreto, o suceso ocorreu á altura do quilómetro 12 desta vía e, segundo a información recollida polos operadores do 112, un camión remolque envorcara neste punto, o que provocara que a estrada quedase cortada na súa totalidade.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que cando chegaron ao lugar sinalaron que o camioneiro se atopaba atrapado no interior, xa que o vehículo estaba totalmente ladeado e o condutor non era capaz de abrir as portas.

A continuación, deuse aviso aos Bombeiros de Arteixo, que tiveron que empregar material de excarceración para liberar ao condutor polo parabrisas dianteiro do vehículo.

Debido a este accidente, informou a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a AG-55 estivo cortada durante a tarde deste martes desde o quilómetro 8, en Vilarrodís, ao quilómetro 11, en Loureda.

O PP incide na falta de execución dos investimentos do goberno socialista: “A falta de 3 meses só executou o 11%”

0

Volve o PP da Coruña no pleno deste vindeiro xoves 3 de outubro, incidir na baixa porcentaxe de execución dos Orzamentos de 2024. Xa o denunciou o ano pasado, criticando que o PSOE se deixase sen executar 100 dos 243 millóns do orzamento de 2022, pero as cifras deste ano van polo mesmo camiño.

O voceiro do PP, tras analizar o estado de execución orzamentaria que acompaña a documentación da modificación de crédito do M5, denuncia que o goberno socialista “só executou o 11% do orzamento de investimento despois do 75% do ano: ata o 24 de setembro só gastou 13M€ dos 114,76M€ presupostos para obras”.

No que respecta ao orzamento total, 431,3 millóns, a falta de tres meses para o peche, só se executou o 43% (188,8 millóns), con 242,5 millóns pendentes.

A porcentaxe é peor en cesións por obras realizadas por outros como subvencións para rehabilitación, instalación de ascensores, etc. Só se executou o 2,6%: 622.859,50 euros dos 23,89 millóns de euros orzamentados.

Fai balance ademais o PP, denunciando que o goberno socialista “deixou 225 millóns sen executar para os barrios nos seus 5 anos e isto vai camiño de record negativo”.

”Goberno en minoría”

No pleno deste xoves tamén alzará a voz o BNG que lle lembrará ao PSOE que goberna “en minoría”. O que favoreceu a investidura de Inés Rey lembra “os moitos exemplos que demostran que non ten nin maioría simple”, como poden ser proxectos tan importantes como o “convenio con Gingko sobre o futuro das Xubias, o nomeamento de Isabel Pardo de Vera como directora do Plan Estratéxico A Coruña 2030-2050 ou a candidatura para ser sede do mundial de fútbol masculino 2030”. Proxectos dos que o BNG asegura se enteirou pola prensa.

Por todo isto, piden “diálogo” e “consenso” e lembrou a necesidade de “cumprir o acordado”, di en relacióná negociación dos orzamentos para 2025.

Máis novas

As diferentes opinións de PSOE e BNG sobre a primeira reunión para negociar os orzamentos de 2025

Critican o baixo nivel de execución dos Orzamentos municipais

Critican o recorte e a falta de execución das axudas para a instalación de ascensores

A Coruña pon en valor liderado político das mulleres

0

23 alcaldesas galegas e outras 9 chegadas do resto de España participan durante a xornada de hoxe martes 1 de outubro no II Encontro de Alcaldesas baixo o título ‘Tomando decisiones para cambiar el mundo’. Unha cita promovida dende o consistorio coruñés para poñer en valor o liderado político das mulleres na administración local.

Durante a xornada matutina, as 10 alcaldesas de cidades capital de provincia, comunidade autónoma e máis de 100.000 habitantes, asinaron unha declaración conxunta, a chamada “Declaración de María Pita”, na que se compometen a loitar pola igualdade dende as institucións.

As alcaldesas que asinaron son: Carolina Darias, alcaldesa de Las Palmas de Gran Canaria; Goretti Sanmartín. Alcaldesa de Santiago de Compostela; Amaia del Campo, alcaldesa de Barakaldo; Miriam Andrés, alcaldesa de Palencia; Parricia Caavada, alcaldesa de San Fernando; Aínda Castilleja, alcaldesa de Rivas Vacia-Madrid; e Sandra Guaita, alcaldesa de Reus.

Pero ademais, un total de 23 alcaldesas galegas adheríronse ao documento, representando case 2 millóns de persoas entre todas.

A Ministra pola tarde

A Xornada de tarde, aberta ao público e dispoñible en streaming O II Encontro de Alcaldesas continou pola tarde cun evento aberto á cidadanía no PALEXCO, e retransmitido en streaming a través do Youtube do Concello da Coruña.

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, instou, no II Atopo de Alcaldesas, a “espantar as ameazas” que para unha política igualitaria supoñen, dixo, “os partidos de ultradereita” con “algún concurso da dereita”.

Nel, avogou por estar alerta para que “non haxa na orde internacional un retroceso e volva caer sobre unha laxa nas nosas costas”. “O que ocorra en Estados Unidos en novembro vai ser determinante”, citou tamén nunha intervención na que pediu “unirse” fronte á “secuela” da violencia de xénero.

En declaracións aos medios, antes de inaugurar este encontro, convocado na Coruña baixo a lema ‘Tomando decisións para cambiar o mundo’ e con participación dunha trintena de rexedoras, reivindicou promover “políticas de igualdade” desde as institucións.

“E espantar as ameazas”, dixo ao aludir, especificamente, aos partidos de ultradereita, “con algún concurso da dereita”, de face a evitar “que suframos retrocesos nos nosos dereitos e as nosas liberdades”.

Todo iso para lograr, engadiu, “unha igualdade efectiva entre homes e mulleres”. Por iso, destacou iniciativas como a convocada no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) e impulsado desde o consistorio herculino. En particular, apelou ao papel desde as Alcaldías para que a súa xestión convértase nun elemento “transformador” tamén nesta materia.

A ministra animou tamén ás mulleres “a dar un paso adiante” e dedicarse a asumir postos de responsabilidade en distintas áreas. E para iso, insistiu, deben contar con “o respaldo necesario”.

“España é vangarda en moitas das políticas feministas como coa lei de paridade”, indicou Montero para quen, no entanto, non se debe “baixar a garda” e traballar para acabar co “machismo estrutural”. “A desigualdade é un lastre para todo e tamén para a democracia”, apostilou.

 

Máis novas

(ENTREVISTA) Inés Rey: “Eu arranxo unha rúa e veñen os das tres colindantes a dicirme, a miña para cando?”