Inicio Blog Páxina 397

Este venres aprobarase a oferta pública de emprego do Concello da Coruña

O Concello da Coruña aprobará este venres a Oferta Pública de Emprego con 56 prazas nos diferentes grupos, segundo informa o goberno local.

Da totalidade das prazas, 29 son de acceso libre e contarán con catro prazas reservadas a persoas con discapacidade. Por servizo divídense en 12 para Policía Local de tipo C1, 10 auxiliares administrativos de tipo C2, dous de subalterno e unha para técnico audiovisual, oficial de Protección Civil e enxeñeiro agrícola. Ademais, convócanse dúas novas prazas para o corpo de bombeiros.

En canto á oferta de prazas por quenda de promoción interna, un total de 21, divídense en oito de administrativo/a de tipo C1, sete de auxiliar de bibliotecas de tipo C1 e dous de auxiliar administrativo, técnico superior de delineación e oficial operativo. O total da OPE 2024 complétase con seis prazas de mobilidade que serán para o servizo de Policía Local.

Esta nova Oferta Pública de Emprego “permitirá reforzar o persoal do persoal municipal nos diferentes servizos”, explica o goberno local.

A rexeración da ría do Burgo afronta a recta final coa plantación de novas zonas verdes

Esta mañá a Delegación do Goberno na Coruña celebraba un acto simbólico no Paseo Marítimo de O Burgo, en Culleredo. Aproveitando que mañá xoves, 21 de marzo, se celebran tanto o ‘Día Internacional dos Bosques’ como o ‘Día Mundial da Síndrome de Down’, as institucións contaron con nenos e nenas da Asociación Down Coruña para comezar a varios exemplares de árbores autóctonas que convertirán o espazo nunha zona verde. O proxecto contempla a plantación de 190 exemplares de piñeiro, bidueiro, sabugueiro, freixo, loureiro, espiño branco e maciñeira silvestre.

Plantacion arbores ria do Burgo-Culleredo 2

Durante o acto o Delegado do Goberno, Pedro Blanco, avancou que as obras de dragaxe e rexeneración da Ría do Burgo están a piques de rematar.
A actuación comezou a principios de 2022 e durante este tempo retiráronse do fondo da ría 583.000m3 de material contaminado nun procedemento cualificado como “cirúrxico” pola súa minuciosidade. Ao tempo, preserváronse 227.000m2 de hábitats e creáronse 70.000 m2 de zonas verdes que permiten dar continuidade ao paseo ao redor da ría.

Tamén se restituíron os canais da ría, os bancos marisqueiros e o fondo da lagoa de Culleredo e unha parte do material destinouse a recuperar a Praia de Santa Cristina. Así mesmo, o proxecto inclúe un minucioso control ambiental durante 10 anos que se estende antes, durante e despois das obras.

Lembrou que o goberno estatal investiu 37,5 millons de euros neste necesario proxecto, convertíndose na “actuación de rexeneración ambiental dun sistema costeiro máis ambiciosa da historia de España”.
Entre as partidas, destacan os 3,7 millóns destinados a compensar aos mariscadores da Ría que tiveron que paralizar a súa actividade neste tempo “a través dun novidoso procedemento”.

O delegado do Goberno en Galicia rexeita que haxa un problema co fentanilo tras unha incautación en Culleredo

delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, trasladou unha mensaxe de “tranquilidade” en relación á presenza de fentanilo, tras a intervención desta sustancia, entre outras, a un veciño de Culleredo. A preguntas dos xornalistas, sinalou que “non é un tema xeneralizado” e rexeitou que sexa “un problema grande” en España a pesar de recoñecer que si existe en relación ao consumo doutras drogas.

“Deixemos traballar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que tratarán de desactivar calquera tema”, sentenciou Pedro Blanco, quen insistiu en que non se fala “de que sexa un problema grande”. “Temos problemas de drogadicción en relación con outras de maior mangitude”, reiterou para incidir en que o caso de Culleredo é “anecdótico, non é un problema demasiado relevante en España”.

As dependentas de Inditex volverán ás rúas o 7 de abril

0

As traballadoras das tendas de Inditex volverán ás rúas este domingo 7 de abril. As dependentas do grupo téxtil manifestaranse na Coruña para reclamar as melloras nas súas condicións laborais que quedaron pendentes na anterior negociación. A protesta, convocada pola CIG, sairá as 12 horas da Praza de Lugo e rematará na Porta Real, seguindo o mesmo itinerario que na manifestación do 6 de novembro de 2022 que marcou o inicio das históricas mobilizacións das dependentas de Inditex.

A decisión de volver ás rúas adoptouse tras a falta de avances na reunión celebrada este mércores coa compañía para abordar cuestións tanto de ámbito económico (cobro da antigüidade, prima de vinculación ou plus de sábado e tarde) como laboral (equiparación de condicións entre todas as cadeas, redución da xornada en función da idade, melloras sociais, etc.).

Antigüidade e melloras sociais

A CIG-Servizos subliña que unha das principais reivindicacións é a recuperación do cobro da antigüidade por cada cuadrienio, pero “Inditex négase en rotundo a negociar nada relacionado co pago da antigüidade”, sinalan.

Xunto a isto, as traballadoras demandan que se lles apliquen as melloras sociais que xa teñen recoñecidas os compañeiros e compañeiras doutras empresas do grupo tales como as axudas para gastos de gardería, as axudas para persoas con crianzas con necesidades especiais ou o estabelecemento do bono comida. Unhas melloras que xa ían na plataforma reivindicativa da CIG, pero que ficaron pendentes tras os acordos salariais alcanzados en 2022.

“Negociar aquí e non en Madrid”

Precisamente, aquela loita histórica forzou que Inditex (contra a súa pretensión de centralizar e afastar as relacións laborais) tivera que reabrir a mesa de negociación en Galiza para tratar estas cuestións. Pero as negociacións non avanzan a causa das insuficientes propostas presentadas pola compañía que, xusto despois de anunciar beneficios milmillonarios de récord e un incremento do 28% dos dividendos, pretende adiar calquera acordo até o ano 2025 en previsión de que no próximo exercicio os resultados económicos non sexan tan espectaculares.

O TSXG eleva a indemnización a unha paciente informada por erro de que non tiña o ‘xene do cancro de mama’ no CHUAC

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou parcialmente o recurso de apelación dunha paciente do Sergas, e elevou a 109.054,91 euros a indemnización por ser informada por erro de que non tiña o chamado ‘xene do cancro da mama’, aos que se suman outros 70.000 euros xa recoñecidos en vía administrativa.

Segundo explicaron fontes xudiciais, a indemnización debe fixarse nesa contía pola incapacidade, o prexuízo estético, as intervencións cirúrxicas e o dano psíquico sufridos pola paciente, que foi diagnosticada dun cancro de mama meses despois de que non tiña ese xene. Os feitos remóntanse a 2014, cando esta muller se someteu a un estudo xenético no CHUAC, dados os seus antecedentes familiares (nai, tía e irmá con cancro), para detectar o chamado ‘xene do cancro de mama’, e con carácter previo a planificar un segundo embarazo.

Debido a un erro, os resultados das probas foron intercambiados cos doutra paciente, de maneira que se lle informou de que non tiña máis risco que unha persoa normal de padecer esa enfermidade porque non herdara ese xene. En 2015 quedou embarazada, e o cuarto mes de xestación diagnosticóuselle un cancro de mama.

Ante ese diagnóstico, comezou a quimioterapia e na semana 37 de embarazo provocóuselle o parto, renovándose daquela o tratamento contra o cancro, o que imposibilitou a lactación materna e o coidado da súa filla recentemente nada e do seu outro fillo, un menor de 2 anos. Nos meses posteriores foi sometida a diversas intervencións e tratamentos, e tamén se realizou un estudo xenético que determinou a existencia do xene asociado á síndrome de cancro de mama e ovario hereditario.

Despois de que responsables hospitalarios confirmasen á paciente o erro, esta solicitou de inmediato ser sometida ás intervencións necesarias para a prevención dun novo cancro de mama ou ovario, de modo que se lle practicaron unha masectomía e unha anexectomía (extracción das mamas e dos ovarios) en 2019. En 2020 un estudo confirmou que a filla da muller tamén é portadora dese xene.

DANO PSÍQUICO

O Sergas acordou unha indemnización de 70.000 euros por vía administrativa, e un xulgado da Coruña engadiu outros 104.054 euros polos prexuízos, a incapacidade e as secuelas, entre outras cuestións. Tras o recurso, o TSXG elevou dita indemnización ao considerar que o Sergas debe compensar á muller noutros 5.000 euros adicionais polo dano psíquico (ao que se suma a indemnización de 70.000 euros).

O alto tribunal galego expón que a propia administración recoñece “a existencia dun erro na súa actuación, que cualifica como infracción da ‘lex artis’, consistente na errónea información que recibiu a paciente sobre os resultados das probas xenéticas que se lle realizaron en marzo de 2015, o cal lle privou da posibilidade de adoptar importantes decisións que afectaron o seu ámbito persoal e familiar, en definitiva, ocasionoulle de modo directo unha lesión na facultade de autodeterminación da reclamante”.

A sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo indica que “non pode deducirse sen máis” que a afectada non padecese dano psíquico algún indemnizable derivado da mala praxe sanitaria, é dicir, “da información errónea sobre a existencia da mutación xenética”. Por iso, estima que debe outorgarse a suma de 5.000 euros neste concepto”. A sentenza do TSXG non é firme e pode ser recorrida en casación ante o Tribunal Supremo.

Aprobadas as bases do Concello da Coruña para a admisión na rede de escolas infantís o próximo curso

O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno local, as bases reguladoras para a admisión na rede de escolas infantís municipais o próximo curso.

Así o informou a alcaldesa, Inés Rey, en rolda de prensa, na que informou tamén da aprobación á addenda para a recepción do polígono de Pocomaco, coa achega de case un millón de euros por parte do consistorio para a mellora do mesmo.

Segundo explicou, o goberno local ten previsto apoiar á comunidade de propietarios do polígono para acometer as obras de mellora na rede de saneamento, sufragando a metade dos custos asociados a esta actuación.

Respecto das escolas infantís, a alcaldesa da Coruña incidiu, entre outras cuestións, en que se facilita o reagrupamiento dos irmáns na mesma unidade.

Tamén este xoves a Xunta de Goberno fixo balance das licenzas resoltas entre o 1 e o 14 de marzo, con 233 expedientes notificados dos que 24 foron licenzas urbanísticas e 134 foron obras en réxime de comunicación.

O Teatro Rosalía acolle este xoves a gala dos Premios María Casares, que homenaxeará este ano ao teatro musical

0

— —

Os XXVIII Premios de Teatro María Casares entregaranse este xoves, 21 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro a partir das 20.30 horas. A gala de entrega será un homenaxe ao teatro musical con “mar de fondo” no que os elementos marítimos serán unha constante sobre o escenario. Así o adiantou esta mañá a actriz Sara Fandiño, directora artística da gala, que contará sobre o escenario cun elenco formado por Alba Tojeiro, Germán Prenta, Iván L. Estévez, Iván Márquez, Mario Lagoas, Rocío Salgado e Verónica Peinado.

Na gala terán gran protagonismo as lendas do mar, o espírito atlántico e dous arquetipos fundamentais no imaxinario marítimo universal: os piratas e as sereas.

Pola súa banda, Eva Fórneas resaltou a implicación de máis de 50 profesionais de diferentes ámbitos na gala, ademais do número de inscricións a estes premios. “Se presentaron 47 espectáulos, dos que 19 aspiran a levar algún dos 16 galardóns nos que se dividen os premios”, apuntou a vicepresidenta da entidade organizadora en relación a unha gala que será retransmitida por streaming na canle de Premios María Casares.

19 espectáculos Finalistas

Este ano os Premios rexistraron a maior inscrición dos seus 28 anos de historia. Presentáronse un total de 47 espectáculos, dos cales 19 aspiran a levar este xoves algún dos 16 galardóns nos que se dividen os Maria Casares.

Os Premios de Teatro María Casares xa teñen finalistas

 

Durante a gala entregarase, ademais, o ‘Premio de Honra Marisa Soto’ a María Barcala.

Enxeñería financeira en Cambre para poder pagar as axudas pendentes das Anpas

0

O goberno local de Cambre espera pagar as axudas pendentes das Anpas do municipio coa liquidación das contas de 2023. Así o sinala nun comunicado tras a reunión que a concelleira de Economía, María Pan, e a edil de Educación, Ana Rodríguez, mantiveron con representantes das asociacións de nais e pais.

Sobre a mesma, sinala que se explicou aos representantes das asociacións que os pregos do servizo de limpeza de instalacións municipais están, actualmente, pendentes de informe por parte do departamento de Contratación, dependente de Secretaría. Ademais, as concelleiras explicaron que a intención era abonar as subvencións pendentes coa liquidación do orzamento do 2023, “un trámite no que se está traballando desde o departamento de Intervención”.

“Para minimizar as molestias da comunidade educativa e dos usuarios e o persoal do centro de saúde, o goberno local solicitou un reaxuste das horas de limpeza do persoal da empresa, priorizando a realización destas tarefas nos colexios e no centro de saúde de Cambre“, sinala o goberno local tras unha protesta de pais e nais.

Palavea reviviu, cunha feira solidaria, a crise dos Pellets

Esta pasada fin de semana foi especial por Palavea. A Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea e a cooperativa Espiga, organizaban, en colaboración cos os negocios locais Naidedía e 237 lab. Entrenamiento personal, así como o Concello da Coruña, a feira “RqR. Erre que erre cos pellets”, un evento solidario, cuxos fondos van destinados á compra de material para recollidas e limpezas de praias e actividades de divulgación ambiental acerca da sostibilidade, reciclaxe e reutilización nun marco comunitario contando coa participación do barrio.

Maria de Dina de Lixoatelier en Palavea
A loureá María de Dina de @Lixoatelier en Palavea

A cita tivo lugar no local da Asociación (Mercado Municipal de Palavea) e praza diante da mesma. Na feira da artesanía participaron entre outros, Rebeca Cambreiro Fotografia (@poloreghocomaomineral), María de Dina de Lixo Atelier (@lixo.atelier), A eito complementos (@aeitocomplementos), Rashel pintura e Ilustración e Menino Morreu (@meninomorreu).
Houbo tamén Obradoiro de balde de cestería e de aproveitamento de crebas no que participaron moitas mulleres da zona.

Moi boa acollida tivo o punto de intercambio onde se deixaban obxectos de todo tivo para darlle unha nova vida.

Punto de intercambio da feira de Pellets en palavea

A feira celebrou taén unha charla da Asociación Hábitat e ADEGA sobre a crise dos pellets, ademais do grupo de Musicoterapia de Abegondo e Palavea, para poñer o broche en clave de foliada.

Charla sobre Pellets en Palavea

A alcaldesa da Coruña acusa á Xunta de “torpedear” a súa petición de declarar tensionado o mercado do aluguer

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusou á Xunta de “torpedear” a petición do goberno local para declarar a cidade mercado tensionado e fixar un tope ao prezo do aluguer en determinadas zonas, de acordo coa lei estatal de vivenda.

Fronte a iso, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, instou ao consistorio a sacar chan público seguindo o modelo autonómico e insistiu en que á Administración galega correspóndelle facer cumprir a lei estatal.

“A Xunta di que ningunha cidade galega cumpre cos requisitos, non ten ningúna lóxica que primeiro esixan documentación para apoiar a solicitude e logo digan que non cumprimos”, aseverou a rexedora, en rolda de prensa, tras a Xunta de Goberno.

E é que para a socialista Inés Rey o que busca o Goberno galego é “torpedear” en lugar de dar “unha solución real” a un problema de vivenda. “Non comprendemos esa actitude”, asegurou mentres dixo, para xustificar a necesidade de declaración de mercado tensionado, que na Coruña en oito anos o prezo medio do aluguer “subiu un 56,6%”. “A Xunta fixo 40 vivendas en doce anos”, apostilou tamén.

Pola súa banda, a conselleira manifestou que a alcaldesa é “libre de declarar as zonas tensionadas, o que único que ten que facer a Xunta é que cumpra co mandato da lei estatal”.”Se ten dúbidas nós clarificámosllas”, aseverou nun acto sobre vivenda, en relación ás proxectadas no Ofimático, no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña.

Mentres, instou ao consistorio a facer “unha planificación a 20 anos” e con “un 20 por cento de vivendas públicas”, asegurou para incidir nas actuacións da Xunta nesta materia sacando a concurso adoito.