Inicio Blog Páxina 452

A folga da recollida de lixo pon en xaque o Nadal herculino

A folga do servizo de recollida do lixo, que arrincará a partir da media noite do 24, mantén a cidade en vilo. Xa vemos numerosos colectores sen recoller tras unha semana na que ademais de varias declaracións cruzadas, houbo actos de sabotaxe estranos como a aparición de rodas de camións picadas…

Mentres os xulgados investigan as posibles comisións que levaba o Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) nas contratacións durante anos no servizo de recollida de lixo da Coruña, o propio sindicato volve convocar esta folga e mesmo chegou a ameazabar con non cumplir os servizos mínimos por “abusivos” ao que á alcaldesa respostaba con contundencia.

Hoxe sae no apoio do grupo de goberno o BNG, que considera a folga como “un instrumento para chantaxear ao Concello e ao conxunto de coruñesas e coruñesas”, co único fin de “defender intereses espurios dun sindicato que non é tal”. Así de contundente se amosou Francisco Jorquera esta mañá. “O BNG é o primeiro en esixir que as concesionarias municipais se ateñan aos pregos dos contratos e cumpran coas condicións establecidas nelas para garantir unha correcta prestación dos servizos. É tamén o primeiro en defender o dereito á folga das e dos traballadores”, remarcou Jorquera. “Mais o que temos aquí non é unha mobilización movida pola defensa dos dereitos do cadro de persoal, senón ante unha convocatoria “cuxa razón de fondo é a defensa do statu quo dun grupo que se autodenomina sindicato, pero que non é tal, pois as súas prácticas son de moi dubidosa legalidade e, desde logo, absolutamente reprobábeis do punto de vista ético”.

Pola súa banda, o PP esixía a Inés Rey que “actúe” para que “a imaxe da cidade dende Noiteboa non sex catastrófica”. Lorenzo lembra que “a xestión deste contrato é un desastre: é anulado polo TSXG; o o adxudicatario solicitou a súa terminación; o xulgado instrutor investiga posibles delitos que revelan falta de control municipal sobre a execución”.

Máis novas

A alcaldesa da Coruña lembra ao persoal de recollida de lixo que se deben cumprir os servizos mínimos

Convocada folga intermitente do persoal de recollida de lixos na Coruña

 

A definición da fachada marítima e a posta en marcha da Aesia na Coruña teñen como horizonte o 2024

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, fixou como reto en 2024 a definición da fachada marítima e a posta en marcha da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia).

Fíxoo na recepción de Nadal ofrecido no Palacio Municipal de María Pita na que situou tamén como desafío cuestiones como a mellora do transporte urbano.

“A Coruña é o único ao que nos debemos”, argumentou tamén a rexedora ante as autoridades presentes, así como representantes da sociedade civil e persoal municipal.

A rexedora sostivo tamén que o próximo ano comezará con boas noticias para a cidade, en referencia á aprobación definitiva do orzamento municipal, que entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro. Tamén remarcou, sobre o acordo co BNG, o que os barrios sexan “eixo central” do proxecto de cidade.

Respecto da fachada marítima, sostivo que será “un desafío”, pero tamén “unha oportunidade”. “Na que espero contar coa colaboración de todas as institucións implicadas porque do deseño que fagamos dependerá, en gran medida, o futuro da nosa cidade”, sostivo.

Ao mesmo tempo, remarcou a posta en marcha da Aesia, “unha iniciativa que nos sitúa á cabeza de Europa no gran desafío social e económico destes tempos”. Todo iso nunha intervención con chamamentos ao diálogo coas outras forzas políticas.

Desarticulan unha organización que captaba mulleres para explotación sexual en Brasil, con vítimas na Coruña e Lugo

0

Axentes da Policía Nacional, nunha operación conxunta coa Policía Federal de Brasil, detiveron a dúas persoas en Oviedo e liberaron a seis vítimas de explotación sexual en Lugo, Oviedo, Zaragoza, A Coruña, Málaga e Brasil. A operación permitiu desarticular unha organización que captaba a mulleres de orixe brasileira para a súa explotación sexual.

A banda criminal, segundo indicaron desde a Policía Nacional, estaba asentada en Galicia e Asturias e dedicábase á trata de mulleres.

Os seus integrantes captaban ás súas vítimas en Brasil mediante falsas promesas de traballo e chegaron a falsificar certificados Covid cando eran requiridos para a entrada en territorio nacional. Despois, impúñanlles un control absoluto sobre as vítimas, ás que arrebataban os teléfonos, a documentación e encerraban nunha casa de citas para forzalas a exercer a prostitución.

Unha vez en España, esixíase unha débeda de 10.000 euros que se incrementaba exponencialmente, mediante a imposición de ‘multas’ pola súa manutención e aloxamento en domicilios empregados a modo de prostíbulo ou casas de citas e calquera atraso no cumprimento das normas que lles impuñan.
Forzaban ás súas vítimas a exercer a prostitución, e sometíanas a ameazas e violencia, ademais de fornecelas sustancias estupefacientes para que llas ofrecesen aos clientes.

Ademais, eran trasladadas dun lugar a outro para a súa explotación sexual, coa intención dos implicados de rotar as mulleres en diferentes cidades como Ourense, Vigo, Coruña e outros municipios, desta maneira, obtiñan máis diñeiro co que satisfacer a débeda adquirida.

Unha vez que a organización consideraba que as vítimas saldaran a súa débeda, a organización criminal expulsábaas da casa na que se atopasen nese momento e deixábaas á súa sorte en territorio español.

INVESTIGACIÓN POLICIAL

O operativo iniciouse por mor dunha denuncia da Asociación de Travestis e Transexuais da Provincia brasileira de Goiás, a través da Agregaduría de Brasil, pola que se puxo en coñecemento das autoridades que mulleres brasileiras estaban a ser vítimas de trata con destino a España.

A investigación logrou pór ao descuberto a banda criminal con vínculos afectivos e familiares e unha forte infraestrutura, dado que os membros da organización estaban especializados en áreas delimitadas como a captación, recepción e acollemento. Explotaban sexualmente a mulleres e transexuais vulnerables, a quen enganaban coa promesa de realizar un traballo diferente á prostitución e ben remunerado.

O operativo policial culminou coa liberación de seis vítimas de explotación sexual en Lugo, Oviedo, Zaragoza, A Coruña, Málaga e Brasil e o arresto de dúas persoas en Oviedo, polos delitos de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, relativos á prostitución, contra a saúde pública, ameazas graves, branqueo de capitais, contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros, falsidade documental e pertenza a organización criminal.

Máis novas

7 mulleres liberadas e 14 detencións no desmantelamento de dous pisos de explotación sexual en Coruña e Córdoba

O TSXG descarta a demolición de dous edificios na rúa Príncipe que causaron danos á muralla medieval

0

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) descartou que sexa necesario demoler dous edificios da Coruña para reparar os danos que a promotora causou á muralla da cidade herculina. En concreto, o alto tribunal galego avalou nun auto a resolución de Patrimonio da Xunta, na que dá o visto e prace á proposta presentada pola promotora destes dous inmobles, situados á altura dos números 6 e 8 da rúa Príncipe, dentro do ámbito do Plan Especial de Protección, Reforma e Intervención da Cidade Vella e Pescadería (Pepri) da Coruña.

Dita proposta ten como obxectivo reparar os danos causados a un treito da muralla medieval e, desta forma, cumprir a sentenza do propio TSXG emitida en 2018 na que decretou que o dolo da promotora derivou de non presentar un proxecto de musealización, así como dos desvíos das obras con respecto á licenza, dos que derivou o dano ao patrimonio. Desta forma, os maxistrados desestimaron o incidente promovido en execución da sentenza pola comunidade de propietarios dun edificio próximo, situado na rúa Santo Domingo número 2, e descartaron que sexa necesario demoler os dous edificios para reparar os danos patrimoniais causados.

A Sala tamén rexeitou declarar extemporáneo o proxecto de musealización presentado pola promotora, así como adoptar a medida cautelar de suspensión dos actos administrativos que demandaba a comunidade de propietarios. “Non pode prosperar un incidente en que se pretende obter a nulidade de determinados actos administrativos que, precisamente, ditáronse de conformidade coas posibilidades contempladas pola resolución sancionadora que deu completo e correcto cumprimento á sentenza”, destaca o TSXG.

SENTENZA “COMPLETAMENTE EXECUTADA”

O tribunal entende “completamente executada” a súa propia sentenza a través do ditado da resolución sancionadora da Xunta, coa que culminou o procedemento, impondo unha sanción á promotora de 102.000 euros, así como a obrigación de reposición, reflectindo diferentes alternativas, e a de indemnizar polos danos e prexuízos causados. O TSXG conclúe no auto que a competencia da Consellería de Cultura esténdese ás obras relacionadas coa muralla, mentres que a do Concello será determinar “o alcance das obras que se permiten na edificación da rúa Príncipe 6-8”.

Así, explica que a competencia en materia sancionadora é de Patrimonio da Xunta, aínda que ao Concello correspóndelle a concesión da licenza, “atendido que as obras non a respectaron, tendo en conta o grao de protección integral do edificio 8 e estrutural do 6, conforme ao Pepri”. Desta forma, incide en que será o Concello “o que haberá de acudir, nas súas decisións arquitectónicas, á armonización do conxunto histórico e, desde logo, salvagardando a muralla”.

Sobre o proxecto de musealización presentado pola promotora, os maxistrados indican que “non se está eludindo o cumprimento da sentenza, antes ao contrario, trátase de levar a execución o nela acordado, máxime atendida a súa relación coa defensa do patrimonio”. Ademais, sinala que, para ese efecto, “séguese considerando a procedencia, con relación á muralla bajomedieval e a súa incorporación á escena urbana, da necesidade da presentación dun proxecto de posta en valor, a través do correspondente proxecto de musealización, como foi confirmado polo Tribunal Supremo”.

As alegacións do PP ás ordenanzas e os orzamentos municipais para cancelar todas as subidas de impostos

0

O Grupo Municipal do PP da Coruña vén de presentar unha serie de alegacións aos orzamentos Municipais de 2024 e ás ordenanzas municipais aprobadas este mes. O grupo, que xa denunciara o baixo nivel de execución dos presupostos deste 2023, propón “cancelar todas as subas de impostos”.

“Propoñemos cancelar todas as subas de impostos. Ademais, no Ibi pedimos devolver os tipos impositivos aos que estaban en 2011. A baixada suporía gañar entre 6/7 millóns de euros menos, asequibles xa que en 2022 gañaron 12 millóns máis do que gastaron”, asegura Miguel Lorenzo.

“O goberno socialista non contempla medidas nin para as cousas máis básicas, como a inseguridade, a sucidade, os ascensores, o aparcamento, etc. Por iso propoñemos 340 medidas relacionadas con todas as áreas de goberno”.

Aproveitou para volver a criticar a baixa execución dos investimentos: “Os barrios son os grandes abandonados. 180 millóns para investimentos non executados no anterior mandato e 50 máis este ano. A falta de mantemento é un berro e hai barrios polos que non se recolle nin un só investimento. Propoñemos 293 medidas para todos os barrios”.

Máis novas

Critican o baixo nivel de execución dos Orzamentos municipais

A folga da recollida de lixo pon en xaque o Nadal herculino

A Coruña contará cun orzamento de 375 millóns para 2024

A alcaldesa da Coruña lembra ao persoal de recollida de lixo que se deben cumprir os servizos mínimos

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, advertiu aos traballadores do servizo de recollida de lixo que os servizos mínimos da folga convocada a partir do 24 de decembro deben “cumprirse”, ao ser preguntada pola postura do comité que viu abusivos os expostos pola concesionaria.

“A empresa presenta as súas propostas e o sindicato pode alegar e, en función das alegacións, decrétanse os servizos mínimos que teñen que cumprir e nosotro estaremos atentos para tomar as medidas necesarias“, dixo sobre o goberno local e as actuacións no caso de que non se cumpran.

Estas manifestacións realizounas ao informar os asuntos aprobados na Xunta de Goberno e a preguntas dos xornalistas ante a postura do Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL), con representación no comité da concesionaria do servizo de recollida de lixo e polos residuos xa acumulados estes días en zonas de colectores.

A iso, sumáronse picadas en rodas dos camións, segundo confirmaron fontes da empresa concesionaria, Prezero. “Esiximos que se cumpra co contrato”, insistiu a rexedora en relación co lixo ante colectores.

Mentres, preguntada polas demandas do PP que lle esixiu unha actuación ante o conflito e para evitar a folga, requiriulles para que fagan propostas “en positivo”. “E deixen de ser o altofalante do PP e Vox a nivel nacional”, engadiu.

REURBANIZACIÓN SAN ANDRÉS

Ademais, o Concello da Coruña adxudicou as obras de reurbanización de San Andrés, que recuperará a súa paisaxe orixinal do século XVIII, con máis de 80 novas árbores.

Así o informou a alcaldesa, Inés Rey, que explicou que a rúa pasará a estar disposta en formato de plataforma única: haberá un carril por cada sentido de circulación para o tráfico rodado, e disporanse barreiras vexetais para separar a calzada e as beirarrúas.

Trátase dunha intervención que se executará de forma conxunta pola UTE integrada polas empresas Abeconsa e Canarga, que terán un prazo de 12 meses para completar o plan de traballos unha vez que se poñan en marcha. O Concello previu un investimento de 3,2 millóns de euros.

A alcaldesa manifestou que, con iso, dáse cumprimento a un compromiso fixado no balance dos primeiros 100 días de mandato. “Era un dos compromisos asumidos polo goberno municipal antes de terminar o ano”, subliñou a este respecto.

A UDC aproba unha declaración pedindo o alto o fogo inmediato en Gaza

0

A Universidade da Coruña (UDC) aprobou, na sesión do Consello de Goberno, unha declaración sobre Palestina na que demanda un alto ao lume inmediato en Gaza.

Tamén, segundo informa o reitorado, o cumprimento polo Estado de Israel das resolucións da ONU que esixen a súa retirada dos territorios ocupados.

A iso, suma o “apoio activo á Corte Penal Internacional para investigar os crimes de guerra e de lesa humanidade cometidos en Palestina”.

Na mesma, lémbrase que en outubro a UDC adheriuse á declaración da Conferencia de Reitores das Universidades españolas (CRUE) rexeitando “a escalada bélica” e manifestando a solidariedade coa poboación civil e as comunidades científicas e universitarias de Palestina e Israel.

Falece o menor que se precipitou desde un noveno piso na Coruña

0

O menor que se precipitou na mañá do martes desde un noveno piso nun edificio situado no barrio dos Rosales, na Coruña, faleceu debido ás lesións sufridas, segundo informaron fontes consultadas por Europa Press.

Os feitos sucederon sobre as 11,00 horas e, de acordo cos datos que se tiveron constancia en relación ao suceso, caeu desde o piso sobre un vehículo estacionado na rúa Simón Bolívar. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, que o trasladaron con vida ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, onde, finalmente, faleceu a última hora do martes.

Tras os feitos, ao lugar tamén acudiron patrullas da Policía Local e da Policía Nacional, que investiga os feitos. Polo momento, fontes próximas ao caso apuntan a que non se trataría dun feito delituoso e non descartan ningunha hipótese.

PRIMEIRO AUXILIO

En declaracións a Europa Press, a primeira persoa en atender ao menor, o propietario dun taller situado nos baixos dun edificio con acceso tamén pola rúa Emilio González, explicou que escoitou un golpe “moi forte” coma se alguén patease á porta do seu negocio.

Con todo, Félix Aumaitre, que atendeu ao novo, duns 14 anos, ata a chegada dos servizos de emerxencia, sinalou que, ao saír, comprobou que estaba o mozo. Tras descartar que fose atropelado, algo que, segundo expuxo, pensou inicialmente, e comprobar que estaba vivo, púxose en contacto co 112 e seguiu logo as indicacións dun médico co que falou, ademais de sacar unhas mantas coas que taparlle.

Tamén precisou que apareceu a nai e máis tarde o pai, á vez que se desprazaron ao lugar efectivos policiais e sanitarios. Ao parecer, o menor tiña moita febre motivo polo que se atopaba en casa, onde, segundo o que transcendeu, a súa proxenitora estaba teletraballando. Agora investígase un suceso acollido con consternación polos veciños e veciñas.

O EMHU 2024 xa ten protagonistas

0
  • Juan Dávila, Ana Morgade, Roberto Vilar, Eva Hache, Galder Varas, Goyo Jiménez, Carolina Iglesias, Leo Harlem, Henar Álvarez, Silvia Abril, ou Luís Piedrahita serán protagonistas

    As entradas e abonos da cuarta edición do EMHU poderanse adquirir desde este venres 22, a partir das 11.00 horas, en www.emhu.es e na plataforma en liña www.ataquilla.com

— — —

O Encontro Mundial de Humorismo avanza este mércores a programación troncal da súa agardada cuarta edición, que se celebrará na Coruña do 25 de abril ao 5 de maio de 2024. Álex Clavero, Ana Morgade, Carolina Iglesias, Dalia Gutmann, David Amor, David Cepo, Eva Hache, Galder Varas, Goyo Jiménez, Henar Álvarez, Ignasi Taltavull, Javier Veiga, Juan Dávila, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Roberto Vilar, Sílvia Abril, Tomàs Fuentes, Xosé A. Touriñán e As R(h)umorosas (Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro) son os primeiros nomes que se dan a coñecer,

Serán 11 as xornadas que conten coas figuras máis destacadas da comedia galega e estatal.

ENTRADAS E ABONOS

As entradas e abonos do EMHU 2024 sairán á ventda este venres 22, a partir das 11.00 horas, na web oficial www.ehmu.es e na plataforma en liña www.ataquilla.com. O público poderá adquirir, tal e como é habitual no EMHU, catro tipos de abono.

AVANCE PROGRAMACIÓN EMHU 2024

26/04, Coliseum | La capital del pecado 2.0, de Juan Dávila.
27/04, Palexco | Mentes peligrosas. Con Ana Morgade, Carolina Iglesias, Eva Hache e Henar Álvarez.
28/04, Teatro Colón | Celebreixon, de Roberto Vilar.
01/05, Teatro Colón | Go Home. Con David Amor e Josito Porto.
02/05, Teatro Colón | Esto no es un show, de Galder Varas.
03/05, Afundación | Tengo cosas para hacer, de Dalia Gutmann.
03/05, Teatro Colón | La nueva normalidad, de Álex Clavero.
04/05, Teatro Colón | La ruina. Con Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes.
04/05, Pazo da Ópera | Humoris Causa. Con Goyo Jiménez, Leo Harlem, Luis Piedrahita e Sílvia Abril.
05/05, Teatro Colón | Fantastic Colofon. Con As R(H)umorosas (Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro), David Cepo, Javier Veiga e Xosé. A. Touriñán.

In Nave Civitas e o Mural celebran o XIV Día Lugrís “Reivindicando o acceso á beleza!”

0

Baixo o lema “Reivindicando o acceso á beleza!” a asociación cultural O Mural e o colectivo In Nave civitas celebran os 22 e 23 de decembro o XIV día Lugrís. Despois de máis dunha década loitando pola conservación da obra pública do pintor Urbano Lugrís, os colectivos invitan á veciñanza a participar nunha xornada para afondar sobre a reinvidicación da protección dun conxunto muralístico único que se atopa nunha casa en ruínas na rúa Olmos da Coruña.

A xornada do venres 22 centrarase nun Faladoiro pola recuperación dos Murais, que se desenvolverá a partir das 18:30h no Circo de Artesáns.

Xa o sábado 23 arrincará ás 18:00h no Obelisco cunha Pintada de Paraugas con motivos da obra de Urbano Lugrís.
Para iso, convidan ás participantes que leven, chova ou non, os seus propios paraugas, pinturas e todo o seu enxeño.

A partirdas 19:30 horas, realizarase unha Manifestación Atlántica dende o Obelisco na que os participantes cos paraugas decorados, as súas mellores galas mareiras e todo a potencia da obra de Lugrís percorrerán algúns dos lugares onde Urbano deixou a súa pegada na Coruña.

Arribaran ás 20:30 no Circo de artesáns onde no eido do “Feirón sen patrón” celebrárase o primeiro gran Baile de Sereas e Tritónsen homenaxe o pintor do mar.

Máis novas

“O desleixo das administracións para protexer os frescos de Lugrís non fai máis que medrar”

 

S.O.S. Lugrís