Inicio Blog Páxina 460

O Goberno recibe 106 candidaturas para dirixir AESIA

O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública pechou o proceso de presentación de candidaturas para ocupar a dirección xeral da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia), posto ao que se presentaron 106 persoas, segundo informou este venres a carteira que dirixe José Luís Escrivá.

A apertura da convocatoria concretouse o pasado 8 de abril cunha expresión de interese coa o Executivo buscaba atopar ao “perfil idóneo” para liderar esta institución. Os requisitos para as persoas interesadas en ocupar o posto incluían experiencia académica e técnica en intelixencia artificial, habilidades de xestión e liderado, coñecemento legal e perspectiva ética, así como unha “ampla rede de contactos” no ámbito empresarial, institucional e académico.

“A vacante tivo unha gran acollida, pois no mes no que estivo aberto o proceso presentáronse un total de 106 candidaturas con perfís variados que abarcan desde o mundo empresarial ata o académico. Ademais, a experiencia acreditada polos candidatos, así como os traballos de reflexión para plasmar a súa visión da Aesia –como esixía a manifestación de interese– demostran unha calidade impecable do talento español en materia de intelixencia artificial”, valorou o Ministerio para a Transformación Dixital.

A realidade perfila o comprometido programa da nova edición da Rede Acampa

0

Queda menos para o VIII Encontro Internacional Acampa pola Paz 2024, que se desenvolverá nos Xardíns de Méndez Núñez do 7 ao 9 xuño. Unha cita a deste ano que terá como fío condutor troncal “Infancia e Mocidade Refuxiada”. Pero “como non mirar cara a Gaza, cara a Ucraína, cara á fronteira sur, cara a Afganistán, Sudán, Iemen…” recoñecían os representantes do comprometido colectivo na rolda de prensa desta mañá, no que se facía fincapé no feito de convertir á cidade herculina nun referente nacional do xornalismo humanitario e do compromiso na defensa dos Dereitos Humanos.

O programa, case fixado pola máis rabiosa actualidade, permitirá que a sociedade coruñesa e galega faga unha reflexión colectiva. Durante tres días, relatoras como a Ministra de Juventud e Infancia do Goberno Central, Sira Rego, a directora da UNRWA España, Raquel Martí; a que foi responsable de actividades médicas de MSF en Gaza, Ruth Conde ou Vicente Raimundo, director de Cooperación Internacional e Acción Humanitaria de Save the Children, falarán sobre a infancia vulnerable en todo o planeta.

Tamén estará na Coruña o fotógrafo palestino Majdi Fathi, autor da incónica imaxe que dá forma ao cartel desta edición.

A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024

 

Memorial en lembranza da infancia asasinada en Gaza

Acampa pola Paz poñerá en pé un Memorial pola infancia asasinada en Gaza, unha instalación colaborativa de alrededor de mil  elementos onde render homenaxe aos máis de 14.000 nenos e nenas asasinados en Gaza. Fronte a el está previsto celebrar o domingo 9, ás 12 horas, un Minuto de Silencio que, desde a mudez, berre Non máis mortos!
Haberá visitas guiadas para público en xeral e para colexios e institutos.

ACAMPA chama ao voluntariado para construir o Memorial pola Infancia asasinada en Gaza

Mostras fotográficas de gran formato

Ademais de Majdi Fathi, conforman a nómina de fotoperiodistas convidados Ana Palacios, Diego Ibarra, Pedro Armestre, Vincent Tremeau, Rodrigo Abd, Bruno Thevenin e Marta Moreiras. Coas súas imaxes, unha intención clara: convidar á cidadanía para reflexionar sobre eses millóns de nenos aos que se roubou o seu dereito para selo. As súas propostas expositivas, que permanecerán en Xardíns ata o 30 de xuño,  viaxan desde Gabón, Togo ou Benin á fronteira sur de España, mostran Gaza, Afganistán ou Ucraína. Trasladarán ao público á Cañada Real de Madrid, condenada á escuridade desde fai máis de catro anos, e enfrontaranlle a coma se vive a infancia se se nace cunha discapacidade en Guinea Bissau. Tamén permitirán ao observador achegarse a ese universo soñado por moitos nenas e nenos que, en metade dun conflito, pensan que desexan ser de maiores. Algúns deles, os que poidan acudir á cidade nesas datas, farán visitas guiadas polas mostras. As exposicións continuarán nos Xardíns de Méndez Núñez e o Obelisco ata o 30 de xuño.

Cinema, música e actividades paralelas

Dúas proxeccións están programadas no ACAMPA2024. O documental “M”, producido pola Deputación de Cádiz, con guión do xornalista Nicolás Castellano e a curta “Aunque es de noche”, dirixido por Guillermo García López, gañador do Goya 2024 nesa categoría. O público asistente poderá gozar da charla entre Castellano e Ismail El Majdoubi, un dos mozos que protagoniza o documental e que hoxe, xa de adulto, preside a Asociación ExMenas. Tamén, do encontro da presidenta da Asociación Cultural Tabadol, da Cañada Real, Houda Akrikez, e Marina García, da produtora Sintagma Films que sacou adiante a curta.

Este ano, poñerán son  dos grupos “Kreze”, “A Quinta de Do”, Belém Tajes e os músicos ucraínos Anna Haidukova, Myroslava Tatarchuk, Artem Matovka, Solomia Javchuk, Ihor e Lida Popadiuk

Como en edicións anteriores, haberá ademais moitas actividades paralelas a cargo dalgunhas das organizacións membros da rede Acampa pola Paz e o Refuxio. Entre elas, un Obradoiro de Primeiros Auxilios para nenos, impartido pola ONG AIRE, un Xogo de roteiros migratorios a cargo de MSF, un contacontos a cargo da ONG Por que non? e un taller impartido por Mundo sen guerras e sen violencia.

Apoios

Facer realidade este oitavo Encontro Internacional é posible grazas ao patrocinio do Concello da Coruña coa colaboración da Universidade da Coruña, a Deputación provincial coruñesa e o Concello de Narón. Tamén ao apoio doutras entidades e empresas. Agradecer a complicidade do CIFP de Someso e de RETO, a das empresas como Tórculo Edicións e Terras Gauda, así como todo o traballo do voluntariado de rede Acampa pola Paz  sen quen, seguro, sería inviable sacalo adiante.

Máis novas da Rede Acampa

A activista nicaraguana Haydée Castillo e o voceiro de SOS Sanidade Pública recibirán o Recoñecemento Acampa

A Rede Acampa, Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade

Edición 2023:

A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa

Inditex, entre as mellores empresas para traballar no Estado segundo Randstad

0

A consultora Randstad presentou este venres un informe que recolle ás 17 mellores empresas para traballar en España, que inclúe a L’Oréal, Nestlé, Correos, Amazon, Bayer, Mercedes Benz, RTVE, Ikea, Inditex, PwC, BBVA, Indra, Teleperformance, Siemens Gamesa, Schneider Electric, Mapfre e Telefónica.

Os resultados destacan que, para que unha empresa sexa atractiva para un profesional, ha de asegurar un paquete de compensación competitivo que inclúa un salario xusto e beneficios atractivos, aínda que a ‘Xeración Z’ outorga menos importancia a estes factores, pero si mostra maior interese na reputación e a calidade de formación ofrecida pola empresa.

Ademais, explican desde Randstad, é fundamental que as empresas prioricen a conciliación entre a vida laboral e familiar, como poden ser políticas flexibles de horarios e opcións de teletraballo. Tamén é esencial que exista un ambiente laboral positivo e colaborativo na empresa, que fomente o crecemento profesional e o benestar dos empregados.

Así mesmo, implica proporcionar oportunidades de desenvolvemento profesional e crecemento, así como valorar a diversidade e a equidade dentro da organización. Os resultados sinalan que, en concreto, a Xeración Z é relativamente máis propensa a deixar a súa empresa como resultado dunha “falta de aliñación cos seus valores persoais” e por non ser recompensada equitativamente debido ao seu xénero, etnia ou relixión.

Estudios Mans ou a gravación de máxima calidade accesible para toda clase de proxectos

Ao pensarmos nos Estudios Mans, seguramente se nos ven á mente algo inalcanzable para as bandas de a pé. Un espazo onde só a elite musical pode gravar os seus traballos, pero que non é accesible para bandas emerxentes ou pequenos proxectos individuais que dan os seus primeiros pasos no mundo da música.

Sorprendidos ficamos ao coñecer as iniciativas formativas, e as posibilidades de utilizar o tremendo espazo e contar con profesionais para a gravación das túas primeiras intentonas, seguindo a filosofía da promotora, a Fundación Paideia, de achegar a cultura e o emprendemento a todo o mundo, incluídos os colectivos en risco de exclusión.

Así o comprobamos esta mañá de xoves 9 de maio na visita que os internos e internas do Centro Penitenciario de Teixeiro e do Centro de Inserción Social da Coruña realizaban a través da Fundación Érguete. Un grupo de 15 persoas privadas de liberdade que teñen vinculación coa música gozaron dunha visita inesquecible, que seguramente servirá de inicio para o proceso de apertura social dos propios Estudios.

Mercedes Cervelo e Lorena Asorey guiaron a visita polo modernísmo edificio que a Fundación Paideaia construía en pleno Polígono de Pocomaco hai 20 anos. Ademais dos estudios, a “nave” é un Centro de Emprendento empresarial e cultural, e acolle un viveiro que conta con 38 empresas, que poden disfrutar de espazos comúns, ximnasio con formador, espazos de coworking, salas de reunións, comedor, diversas terrazas… Un viveiro tremendamente vivo.

Lorena Asorey e David Paredes nos Estudios Mans

Pero a visita tiña un componente musiqueiro moi marcado, e tod@s agardaban con ansia a entrada nos Mans. ”Estes estudios teñen a porta aberta a toda clase de proxectos”, avanzaba Lorena dándolle paso ao enxeñeiro de son David Paredes. Con entusiasmo, e recoñecendo a alegría de poder disfrutar da súa profesión ao máximo, de poder xogar ao que máis lle gusta coas ferramentas máis modernas, Paredes valorou a aposta da Fundación “por achegar á música a xentes de todas as idades e sectores, aportando formación común e personalizada cos mellores formadores do mundo, e axudando a crear proxectos musicais, pero tamén empresariais”.

Porque a Fundación herculina, mantendo esa marcada vea social que a caracteriza, ten prezos imbatibles para proxectos emerxentes, puideron alugar durante 8 horas o tremendo estudo de gravación, contando cos profesionais e técnicos de Mans, para gravar 3 ou 4 temas, por menos de 400 euros. Cómpre “vir ben ensaiados”, iso si, avisaba Paredes, para poder aproveitar ao máximo a gravación, pero polo resto, a elite técnica da música está ao servizo dos proxectos menos “pudientes”.

Paredes repasou os concursos que teñen en marcha e os proxectos formativos, culturais e empresariais, que desenvolven, facendo que as 15 persoas privadas de liberdade volveran ás súas rutinas, pero coa idea na cabeza de que os seus soños non son tan inviables.

Internos do CIS xogando coa musica nos Estudios Mans
Os internos puideron cantar unhas pezas e ver como se gravaban e editaban

Así homenaxea A Banda da Loba a Luísa Villalta

0

A banda da Loba lanza a traca final da súa homenaxe a Luísa Villalta neste 2024 no que lle dedican as Letras Galegas: ‘E o mar‘. Con esta canción de ritmo ‘ska’ que recorda un pouco ao Bella Ciao, as ‘lobas’ queren reivindicar a cara máis social da escritora “que formou parte do movemento Nunca Máis ou escribiu posicionándose do lado do pobo palestino nesta guerra que semella non ter fin”.

No videoclip, como protagonista principal, unha muller que viviu a catástrofe máis grande da nosa costa na súa infancia, o ‘Prestige‘, e que de maior tivo que volver ás praias, esta vez para recoller os pélets. “‘E o mar‘ é unha homenaxe ao activismo de Villalta, ao seu compromiso, á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer. Tralo ‘Prestige‘, os pélets. Que virá despois?”, pregúntase a banda.

101 festivais de toda Galicia nun fío

Como recoller a inmensa marea de festivais musiqueiros de todo o país nun fío de X. O traballo de Rodri Míguez é monumental. Este xornalista musical, natural de Redondela, vén de ser finalista a Creador de Contido Dixital nos Carballo Interplay e dos Premios Martín Códax, é xa un referente do panorama festivaleiro galego. Con máis de 15.000 siareiros nas súas redes sociais, non repara en poñer en valor a nosa música galega contemporánea.

Hoxe vén de recoller nun só fío de X, 101 citas festivaleiras para este verán no noso pais. Ide facendo axenda.

O Teatro Colón ofrecerá concertos semanais de jazz co apoio da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña promove concertos semanais gratuítos de jazz no Teatro Colón, a través do ciclo ‘Maio Jazz’ que comezará o día 11 co concerto de Marcos Coll.

O mesmo continuará os días 12, 19, 25 e 26 coas actuacións de Xacobe Martínez Antelo Quinteto; Xosé Miguélez & Jean-Michel Pilc Quartet; Miguel Seoane Trío e Charo Quicler & Band.

A deputada de Cultura da institución provincial, Natividade González, presentou este mércores a programación, acompañada polos músicos Charo Quicler e Xosé Miguélez. As entradas para os concertos poderán retirarse de maneira gratuíta na páxina web de Ataquilla.

Por outra banda, o organismo Europe Direct, dependente da institución, celebrará o Día de Europa con varias actividades programadas para este xoves. Será co obxectivo de difundir o coñecemento da Unión Europea entre a cidadanía da provincia.

O alcalde de Sada, unha edil e outra exconcelleira citados a declarar por suposta prevaricación administrativa

O Xulgado de Instrución número 1 de Betanzos citou a declarar, en calidade de investigados, ao alcalde de Sada, Benito Portela (Sadamaioría), a actual edil de Seguridade Cidadá, Pilar Taibo, e a súa antecesora no cargo, a exsocialista María Pardo, por suposta prevaricación administrativa. Será o próximo 17 de xuño, segundo fontes consultadas por Europa Press.

Farano tras unha denuncia ante a Fiscalía presentada pola exalcaldesa, María Nogareda, que promoveu en novembro de 2022 — antes dos últimos comicios municipais — xunto a outros edís, expulsados dos seus partidos, entre eles María Pardo, unha moción de censura contra Benito Portela, que, con posterioridade, volveu gañar as eleccións.

A exrexedora denunciou ante o Ministerio Público, a comezos do pasado ano, o suposto pago de horas extras e gratificaciones á Policía Local. Fiscalía admitiu a denuncia e interpuxo unha demanda no xulgado, que abriu agora dilixencias previas por un posible delito de prevaricación administrativa.

Sadamaioría, formación á que pertence Benito Portela, defendeu, nun comunicado, “a inocencia do equipo de Goberno”. Denuncia, ademais, que a formación sofre “desde hai anos unha persecución política que se aproveita dos mecanismos xudiciais para entorpecer un labor de goberno avalada ata en distintas ocasións polos veciños de Sada”.

“Algunhas tentan buscar na Xustiza aquilo que non lograron nas urnas”
, sinalan no citado escrito. “Curiosamente foi a propia Nogareda quen reclamou en numerosas ocasións formando parte do goberno, e quen autorizou xa como alcaldesa, o que agora se investiga”.

Tamén reivindica o goberno “íntegro” en Sada. Ademais, inciden en que nos últmos anos a Xustiza arquivou distintas denuncias “ao observar que non existían razóns para seguir adiante na investigación xudicial”.

Touriñán, entrevistado polos intern@s do CP de Teixeiro: “O que quero, na vida e no traballo, é seguir xogando como un neno”

Experiencia de vida a que levou Xosé A. Touriñán a pasada semana. O popular cómico e actor de Culleredo disputaba o pasado mes no Centro Penitenciario de Teixeiro un partido de fútbol entre amigos, ex xogadores e veteranos do Depor contra un equipo formado por internos e internas. Pero este pasado venres volvía ao centro para realizar unha visita máis completa e coñecer de primeira man o día a dia das persoas privades de liberdade.

Foi invitado pola Fundación Érguete, e gracias á colaboración do centro, para partipar como entrevistado especial nun dos programas dun Taller de Podcast que desenvolve a entidade social recentemente premiada, coa axuda da Deputación da Coruña no módulo 1. Touriñán foi recibido con admiración e respecto, pero tamén con moita expectación, tanto polos internos como polos funcionarios, que quixeron ver a súa faciana máis humana.

Coa súa humildade e naturalidade habitual, Touriñán asinou autógrafos, bicou e apertou a todo quen llo pediu, e respondeu ás preguntas dos internos e internas que participan no taller de podcast, que quixeron debullar a súa carreira, ademais de coñecer como foi por dentro a rodaxe do filme +Cuñados, que se atopa estes días nas pantallas dos cines de todo o país.

“Teño o mal costume de cobrar por traballar, pero para estas cousas, se teño tempo, apúntome encantado”, sinalaba atravesando as ruidosas portas do centro para deixar claro que unha cousa é vir coñecer o centro e responder unhas preguntas, e outra sería “poñerse o mono de traballo para facer reír”. “É unha experiencia de vida”, recoñecía, tendo en conta ademais que en certos proxectos ten traballando con personaxes que teñen moita relación coa prisión.

Xose A Tourinan diante do mural de Mandela de Mondevane do Modulo 1 do Centro Penitenciario de Teixeiro
Xose A. Touriñán diante do mural de Mondevane do Módulo 1 do Centro Penitenciario de Teixeiro

”Que consellos nos darías”?

Foron varias as preguntas máis persoais que lles lanzaron, durante case unha hora, os “xornalistas” do podcast “Presiradio”. Sorprendido quedou cando lle preguntaron cales son as cualidades que ten que ter unha persoa para ter a súa amizade. E sorprendidos quedamos os asistentes ao saber que lle gusta estar rodeado de xente que “conta, e que conta ben”, pois se considera unha persoa que “prefire escoitar”.

Non calou falando de política á pregunta de se prefire a Feijoo ou a Pedro Sánchez. Sen coñecer a Sánchez, apuntou que Feijoo tiña un trato con el moi amable, pero recoñeceuse como unha persoa “máis de esquerdas”, que normalmente “voto aos que perden”. Contou tamén unha divertida anécdota, que foi cando de mozo, nunha das súas primeiras eleccións, votou ao PP de Culleredo polas 2.000 pesetas que lle regalaban os seus avós.

Tamén lle preguntaron que consellos lle daría ás persoas privadas de liberdade, despois de visitar algunha das celdas nas que pasan 15 horas ao día. Sen considerarse unha persoa de consellos, si que lles propuxo “a busca de momentos felices”, así como darll unha “doble pensada” antes de decidir, e sobre todo, intentar cambiar de dinámicas unha vez volvan á realidade. “A teoría é moi fácil”, valorou consciente Touri da dificultade de romper co teu pasado, pero si lles propuxo intentar “quitarlle volume ás cousas que facías coas amizades que te axudaron a equivocarte”.

Mucha, con ela empezou a “Xogar”

Se ten que escoller un papel da súa vida, con todo o difícil que pode ser iso, ese sería o de Mucha, a parella que fixo con Marcos Pereiro (Nucha) que as levou á fama. Ese foi o comezo de todo, tendo en conta que foi co seu amigo Marcos (compañeiro de pupitre, no balomnán…) co que comezou facendo teatro no cole, nos bares… e que acabou convertíndose no espectáculo co que saltaron á fama en Luar.

Nese sentido tomou como ”un regalo traballar con grandes desto como Miguel de Lira ou Fede Pérez”, nos dous filmes Cuñados e +Cuñados. “É moi fácil xogar con Mella ou Yeremay”, agradecendo con este símil a arte de todo o elenco dos filmes.
Porque precisamente, unha das cousas que segue buscando tanto na súa vida, a na súa carreira, “é seguir xogando, seguir sendo un neno”.

Falou tamén dos seu referentes, xentes como Gila, Martes y Trece, Eugenio, Chiquito, Paco Martínez Soria… ou os Carlos Blanco, Quico Cadaval, David Perdomo, David Amor… cos que agora ten a sorte de compartir escenario e cos que comparte o “gran superpoder humorístico dos galegos: a retranca”.

Land Rover, o final dunha etapa

Fixo un percorrido pola súa carreira, e demostrou saber rirse de si mesmo relatando a cantidade de veces que foi nomeado para os Premios Mestre Mateo, sen chegar a recibir nunca un dos galardóns do audiovisual galego.

Falou de Luar e do seu admirado Gayoso, de Botarse ao Monte (TVG) e Rutas Bizarras (La2), de series como El desorden que dejas (Netflix) ou da presión que se puxo enriba cando fixo “Tourilandia”.

E tamén falou, e nunca o fixera, do remate da súa etapa no LandRober, o programa de Roberto Vilar. “Creo que a colaboración chegou ao cumio e non había moito máis camiño. É posible que nos estancáramos nos personaxes e que non se estaba valorando o suficiente a participación, polo que o mellor era marchar”, explicou.

Así e todo, Touriñán levou unha boa “experiencia de vida” que lle serve para documentarse e para entender como é a vida das persoas que pasan as súa condenas nun centro penitenciario como o de Teixeiro.

Novos cortes de tráfico no cruzamento de Solymar para instalar a pasarela peonil

0

Unha vez habilitado o tráfico polo paso subterráneo na autovía AC-12, continúa a recta final das obras Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible no nivel superior do cruzamento de Solymar, en Perillo, Oleiros.

Así, dende 23:00 horas de mañá xoves día 9 e ata as 6:30 horas do venres 10 de maio cortarase a circulación nos catro carrís do tronco da AC-12 que discorre polo paso inferior. Os vehículos poderán circular polas ramas autorizadas da zona parte superior da ligazón.

Durante este tempo realizaranse os traballos de formigonado do forxado superior da pasarela peonil metálica recentemente instalada entre o Prazas de Agramar e Areeiros. A estrutura ten un ancho de 3 metros e unha lonxitude aproximada de 15 metros.

cortesolymarmapa

Unha vez formigonada a lousa superior da pasarela, o obras de construción de beirarrúas e zonas axardinadas, ampliación de mesturas bituminosas para formar os pavimentos destinados ao tráfico e instalación de semáforos e mobiliario urbano. Estas accións de
realízanse a urbanización e a integración estética e paisaxística un novo espazo de máis de 3.000 m2, que mellorará notablemente a permeabilidade e recreación peonil mediante a creación de novas zonas humanizadas e axardinadas.