O festival Mar de Mares converterá á cidade da Coruña en xuño na “capital mundial dos océanos”, segundo informa a organización.
O evento celebrarase por undécimo ano consecutivo con actividades multidisciplinares para abordar a divulgación dos océanos. Será entre os días 8 ao 16 de xuño.
Entre as novidades desta edición, figura, ademais do cambio de data para coincidir co Día Mundial dos Océanos, a estrea da súa nova sede.
O edificio do mercado de San Agustín foi o lugar elixido este ano para instalar o clásico Mercado do Mar e celebrar a “maior festa do mar”, engade. Xunto a ela, e baixo a lema ‘Éncheche de océano’, haberá expresións artísticas e culturais, así como outras vinculadas co activismo ou a gastronomía.
Así daba conta no programa El Hormiguero, onde anunciaba a posta en marcha deste proxecto innovador equipado coa última tecnoloxía, que marca un fito na medicina moderna. Este vehículo revolucionario está deseñado para levar a cirurxía minimamente invasiva, mediante incisións de só dous centímetros, ata os recunchos máis remotos do planeta. A técnica do cirurxián coruñés, o Uniportal VATS.
Rivas, que xa ten viaxado por todo o mundo facendo estas intervencións, era consicente de que a gran problemática era a falta de recursos nos hospitais de países en desenvolvemento.. E de aí nace esta unidade co capacidade funcionar de forma autónoma con enerxía solar durante 30 horas continuas, integrando tecnoloxía de punta e equipamentos cirúrxicos equiparables aos mellores hospitais de España o mundo, e poder “dispoñer desta tecnoloxía para poder ofrecer ás persoas máis desfavorecidas dos países en vías de desenvolvemento as mesmas garantías de cirurxía minimamente invasiva que terían se fosen operadas nun país desenvolvido.
“O que creamos cambiará o panorama da atención sanitaria global”, dixo o doutor, pois “esta unidade móbil permite realizar cirurxías moi complexas en calquera lugar, garantindo que a distancia ou a falta de infraestruturas non limiten o acceso a tratamentos que salvan vidas”.
Malia ser un proxecto con claras raíces coruñesas, a Unidade Móbil, foi fabricada integramente en Zaragoza. E sen tempo a descansar parte este venres cara a África, co seu primeiro destino Ghana onde se realizarán as primeiras operacións. O médico estará acompañado do seu equipo habitual de enfermeiras e anestesistas que o acompañarán nesta misión de achegar servizos cirúrxicos avanzados a comunidades antes inalcanzables.
No marco do falso proceso de unificación, a Rede de Bibliotecas tiñan como obxectivo marcado a súa ampliación coa creación das bibliotecas de Novo Mesoiro e Palavea, e a ampliación da da Sagrada Familia. Así o corroboran os orzamentos de 2024, onde figuran partidas para estes proxectos.
Pero por agora, segundo denuncia o BNG, non hai movemento, e por iso, dende o grupo da oposición veñen de rexistrar preguntas.
”O Goberno Local comprometeuse a dotar Novo Mesoiro de biblioteca, aula informática e espazo interxeracional. E Palavea, de biblioteca e nova aula informática”, sinala Mercedes Queixas que lembra que tamén hai hai diñeiro consignado para “ampliar a biblioteca da Sagrada Famlia pondo en marcha un proxecto de innovación bibliotecaria e de participación cidadá coñecido como A Eira, un proxecto que leva sendo adiado xa durante demasiado tempo”, precisa.
Efectivos policiais desprazáronse este xoves á zona da Rolda de Nelle, na Coruña, por unha falsa alarma vinculada co que parecía ser unha arma.
Ao lugar, trasladáronse axentes da Policía Nacional e tamén da Local polo aviso de que unha persoa nova ía cunha arma de balines.
“Un mozo novo, non sabemos se menor, ía xogando, facendo movementos, pero non houbo incidente xa que con toda probabilidade era simulada”. “Aparentemente non era real”, precisaron sobre o sucedido fontes consultadas por Europa Press.
Anunciáronse onte os finalistas aos Premios Martín Códax 2024. A Asociación Músicas ao Vivo fixo pública a lista de 57 proxectos que optan ás 19 categorías dos premios coñecidos como os Grammy galegos.
E a presenza da cidade da Coruña é bastante singular.
A mítica Sala Mardigrass, presente na final dos Martín Códax
A Sala Mardigras, que xestiona Tomi Legido, está entre as Salas finalistas xunto coa Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) e a ourensá Arca de Noé. A tremenda programación da mítica sala herculina merece este e moitos premios máis.
As outras grandes protagonistas son as Leria, a banda de indiepop galaico formada por Mayra Vila (voz e guitarra), Helena Barreiro (batería e coros), Itzi de Blas (baixo e coros) e Andrea López (teclas e coros está nominada á mellor Artista Emerxente, xunto con Mondra e Gloria Pavía.
A cantautora Lucía Aldao é finalista, gracias ao seu traballo PAVA, na categoría Pop e Indie, na que competirá cos muradáns The Rapants e a banda ribeirense Mai.
A eterna gaiteira de Cecebre, Susana Seivane, volve á primeira liña como finalista na categoría Folk xunto coas costeiras Caamaño&Ameixeiras e o grupo compostelá De Ninghures, que vén de levar o premio aRi[t]mar.
Un pouco herculina tamén é a banda A Gramola Gominola, que ten a Paco Cerdeira, Pakolas (mexicano de Cerceda), como doble finalista da categoría infantil coa divertida Banda Uxía Lambona e a Banda Molona.
A Blues, Funk e Soul ten acento coruñento. Por un lado temos, entre os finalistas, a Brais Morán & Nasaufunk, ourensán pero xa herculino de adopción, que volve á primeira liña da escena galega contemoránea co traballo “Revolución Chic”. Unha das bandas máis bailablles de toda Galicia.
Paula Martins e Víctor Aneiros onte na presentación dos finalistas dos Premios Martin Códax
Tamén forma parte dos finalistas Martíns Aneiros Band, a banda do ferrolán Víctor Aneiros e a mítica cantante coruñesa Paula Martins, que foi a voz da Big Bottom Band, e doutras moitas bandas con esa rasgada e inconfundible voz. Aínda a vemos estas semanas pola rúa Real herculina dando verdadeiros espectáculos.
A bandaRYMER, con raíces en Arteixo, compiten na categoría Metal e Heavy con Her Anxiey e Youcanthide.
Na categoría de músicas urbanas, a axencia discográfica AAldea Music Group compite con dous dos artistas coruñeses: hydn, artista introspectiva conectada ás tendencias culturais, que combina a moda e o estilismo coa produción creativa no seu proxecto; e C Mirazo, artista e compositor galego que bebe da escena musical de Europa e LATAM e experimenta con distintos xéneros da música urbana, apostando por un son propio e recoñecible.
O Concerto das Letras Galegas, que se celebrará o próximo 16 de maio no Teatro Colón. A cita, organizada polo Consello de Cultura Galega (CCG), porá en valor a faceta musical de Luisa Villalta (A Coruña, 1957-2004), artista homenaxeada este 17 de maio, con “unha presenza moi destacada de violíns”.
Así o anunciaron, na presentación da décimo cuarta edición deste evento, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o concelleiro de Fomento e Promoción da Coruña, Gonzalo Castro; a irmá de Luisa, Susana Villalta; e o director do Grupo Instrumental Século XX, Florian Vlashi.
O obxectivo desta homenaxe, explicaron, é “unir literatura e música, dous fíos que están na propia biografía e actividade cultural” da artista, unha “recoñecida violinista”.
O concerto, que se emitirá en directo na web do CCG, celebrarase na véspera do Día dás Letras Galegas, a partir das 20,30 horas e a entrada será libre.
O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico da Garda Civil investiga a dous adolescentes de 15 e 16 anos de idade por conducir un coche pola localidade coruñesa de Bergondo sen obter nunca o carné.
Os feitos remóntanse ao pasado 12 de abril, cando ambos foron sorprendidos conducindo un vehículo, a pesar de ser menores de idade. Todo iso tras ser detectados despois de subir varios vídeos a redes sociais manexando un coche por estradas secundarias de Bergondo.
Tal como explica a Benemérita, os vídeos revelaban que o automóbil circulaba a unha velocidade superior á permitida, o que aumentaba o risco de accidente. Ademais, eran menores de idade, legalmente inhabilitados para obter o carné.
Xa está en marcha a V edición do Mera Sup Festival, que terá lugar na primeira fin de semana de maio. Unha cita consolidada no circuito nacional que fusiona no areal oleirense deporte, mar, música e gastronomía para ofrecer un experiencia inesquecible para todos os asistentes.
Durante o festival poderase gozar das competicións internacionais de Stand Up Paddle: o Campionato de España e Galego de Praia, que consiste en completar un circuíto entre ondas que porá a proba a técnica, destreza e resistencia dos pilotos, e que contará coa participación de deportistas de Hawai, Dinamarca, Sudáfrica, Xapón, Inglaterra, Francia, Portugal, Italia….
Tamén se disputará o Campionato de España de Sprint Marítimo, co distancias máis curtas. E por último, o Campionato de España de Prone, atraendo aos mellores deportistas de cada modalidade para ofrecer un espectáculo deportivo de primeiro nivel, tanto para os pilotos e o público.
Música e moito máis
Ademais das apaixonantes competicións, SupMera ofrecerá, dende o venres e ata o domingo, unha gran variedade de actividades para todos os gustos, como música en directo a cargo de DJs e bandas como Samba dos Amigos, Anuncia ou Juego Sucio, deporte adaptado liderado por Enki, obradoiros de manualidades, xornadas de limpeza de praias e recollida de residuos con WeSustainability, rutas e saídas de paddle surf, e clínicas e sesións para quen desexen perfeccionar as súas habilidades neste deporte acuático.
Un dos pratos fortes do evento será a presenza de deportistas de recoñecido prestixio como Connor Baxter ou Guillermo Carracedo. Connor, de Hawai, cun balance de 10 vitorias no Campionato do Mundo e Carracedo, xa coñecido na provincia (é natural de Louro, Muros) é Campión de Europa de Sup Surf, compartirán as súas experiencias, consellos e habilidades, inspirando novos talentos e afeccionados ao sup.
O Xulgado do Social número 6 da Coruña condenou á empresa que xestiona o centro deportivo do Castrillón, Viraxes, a readmitir un traballador ao que, segundo a CIG, “despediu en represalia por negarse a manifestar a súa afiliación sindical”.
A sentenza, explica o sindicato, “declara nulo o despedimento ao entender que a empresa vulnerou os dereitos fundamentais do monitor, concretamente o dereito á liberdade sindical e o dereito a non sufrir discriminación”.
O xulgado condena á empresa “a readmitir de inmediato ao traballador no seu posto, a abonarlle os salarios deixados de percibir e impón, ademais, o pago dunha indemnización pola vulneración dos dereitos fundamentais”.
As ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros, en colaboración co Concello de Oleiros, organizan esta tarde de xoves 25 de abril, 17.00 horas, no Auditorio de A Fábrica (Perillo), unha intresante charla sobre o impacto das pantallas na infancia.
A ponente será a coñecida María Couso, de @play.funlearning. Licenciada en Pedagoxía en 2009 pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), leva 17 anos prestando apoio psicopedagóxico na chegada de nenos adoptados procedentes doutros países (China,
Rusia, Etiopía), traballa con nenos con dificultades de aprendizaxe e trastornos como dislexia e TDAH (atención á diversidade). Dende 2019 ofrece formacións ó profesorado e ás familias de forma aberta por todo o territorio nacional co seu proxecto “Cerebro y Juego” promovendo o uso de xogos de mesa como ferramenta de aprendizaxe (ABJ) e como metodoloxía facilitadora de procesos cognitivos.