Inicio Blog Páxina 542

A Xunta adxudica as obras da Torre Polivalente do ‘Novo Chuac’

0

A Xunta adxudicou por 33 millóns as obras de execución da Torre Polivalente do ‘Novo Chuac’, segundo informa a Consellería de Infraestruturas en relación ás obras de ampliación.

Esta intervención, adxudicada á UTE FCC Construción, S.A.- Construcións e Obras Taboada Ramos, S.L.U., conta cun prazo de execución de 18 meses.

La Torre Polivalente, que será a primeira construción do ‘Novo Chuac’, será o punto desde o que se administrará todo o complexo e tamén o nexo entre as novas edificacións e o hospital actual, a través dunha pasarela elevada que o conectará co bloque oeste existente.

 

O caso do novo apuñalado na cidade asumido polo equipo que investigou o crime de Samuel Luiz

0

O equipo que investigou o crime de Samuel Luiz, falecido na madrugada do 3 de xullo de 2021 tras unha brutal malleira no paseo marítimo coruñés, asumiu o caso do novo apuñalado mortalmente na Coruña na madrugada do día de Noiteboa.

Así o informaron a Europa Press fontes próximas ao caso, no que se trata de identificar o autor ou autores do apuñalamento ao novo, un español de 22 anos de orixe peruana, que será enterrado este mércores no cemiterio de Feáns. En concreto, nun suceso no que se decretou o segredo de sumario, o equipo a cargo da investigación é a Unidade de Delincuencia Organizada e Violenta (UDEV) do Corpo Nacional de Policía, que é a que asume este tipo de casos.

Mentres se investigan os feitos, a través das redes sociais do club deportivo Cristal, no que o mozo xogou, fíxose un chamamento a todas aquelas persoas que queiran colaborar e axudar á familia nos gastos do enterro. Para reclamar xustiza e en recordo ao seu achegado e coñecido, houbo tamén o día de Nadal unha concentración no lugar onde se produciu o apuñalamento, no inicio da rúa Sinfónica de Galicia, en confluencia con Juan Flórez.

Do sucedido, o servizo de emerxencias 112 tivo constancia tras chamar un particular, sobre 06,35 horas do día de Noiteboa, informando de que había un home apuñalado. Ao lugar desprazáronse servizos de Urxencias Sanitarias 061 e efectivos da Policía Local e da Nacional. O mozo recibiu dúas puñaladas, unha no abdome e outra no corazón, que lle provocou a morte, durante unha pelexa.

O hospital da Coruña, o mellor de Galicia no índice do Instituto Coordenadas

0

Os complexos hospitalarios universitarios da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo repiten nas tres primeiras posicións na oitava edición do Índice de Excelencia Hospitalaria 2023, que elabora o Instituto Coordenadas de Gobernación e Economía Aplicada.

Esta análise conxunta de centros hospitalarios, tanto públicos como privados, elaborado mediante enquisas a 2.100 profesionais da saúde en toda España, volve situar por sexto ano consecutivo como mellor hospital de Galicia ao Universitario da Coruña. No índice xeral do país, este hospital coruñés ocupa a posición número 17, tras perder un posto respecto da edición de 2022.

O Clínico de Santiago colócase outra vez en segunda posición do índice en Galicia, mentres que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo consolídase na terceira posición do ranking. O Hospital QuirónSalud A Coruña mantense no cuarto posto e a quinta posición volve ser para o Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.

EXCELENCIA HOSPITALARIA

O Índice de Excelencia Hospitalaria (IEH) analiza de forma anual os centros hospitalarios españois que máis apostan pola cualificación do seu persoal, os investimentos en infraestrutura hospitalaria e en tecnoloxía médica, o nivel científico, a atención ao paciente e a accesibilidade ao sistema de saúde.

A SUP di que os policías dispararon ao “delincuente” en defensa propia

0

A Policía abriu unha investigación en relación á morte dun home na Coruña que atacou cunha barra de ferro aos axentes que participaron nunha intervención policial para a súa detención. Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas ao caso consultadas, que precisaron que é o habitual. “Como en todos os casos onde hai unha morte“, apostilaron aclarando que tanto sexa por causa dun policía como pola implicación doutra persoa.

Para casos deste tipo, existe, ademais, un plan de promoción da saúde mental co que se pon a disposición dos axentes os recursos dun psicólogo, que lles dá unhas pautas para casos así. De acordo coa información facilitada, houbo unha actuación por parte de axentes do Corpo Nacional de Policía debido a altercados previos protagonizados polo home, de 34 anos. No enfrontamento cos axentes do dispositivo desprazado ao lugar, precisaron fontes consultadas, empregou unha barra de ferro.

Os feitos producíronse este luns no polígono da Grela, ao redor das dez da mañá e, como consecuencia dos disparos da Policía Nacional, o home faleceu. Sobre o sucedido, fontes próximas indicaron que se trata dun home de orixe cubana, “moi agresivo”, e que estaba a romper cristais de coches na zona da Grela. Por iso, desprazáronse os axentes que tentaron paralo coa pistola eléctrica taser, o que non funcionou, segundo precisaron, debido a que o home levaba moita roupa.

Durante o enfrontamento, un dos axentes, que se atopaba xa no chan, efectuou o disparo que ocasionaría a morte ao home, “un delincuente”, precisaron desde o Sindicato Unificado de Policía (SUP) en redes sociais en referencia aos antecedentes delituosos do home.

A Cámara da Coruña adxudica a obra de reforma do futuro Club Cámara Noroeste a Desenvolve Obras e Servizos

0

A reforma do local do futuro Club Cámara Noroeste, no local do Parrote, xa ten adxudicada á empresa Desenvolve Obras e Servizos para a súa execución. A obra contempla un investimento de 2 millóns e prevese que estea lista no verán de 2024.

Segundo un comunicado da Cámara, a elección da proposta responde á súa “adecuación” ao proxecto de deseño, ademais da súa “calidade” e “dispoñibilidade” de equipo humano e técnico “especializados” e “adecuados” ás características da obra.

O proxecto, que aspira a ser un punto de encontro de empresarios, contará cun espazo de 1.500 metros cadrados en salas de reunión, despachos, espazos para a celebración de eventos e instalacións deportivas. A metade destes espazos estarán abertos ao público xeral.

O Club Cámara Noroeste pretende “aglutinar” e “dinamizar” as iniciativas empresariais e o intercambio de opinións e ideas, colaborando tamén con outras entidades e clubs camerais estatais.

CUAC FM edita o libro “Galicia MusiCalidade” para celebrar o XXV aniversario do seu Concurso de Bandas e Solistas

0
Dentro do ciclo de actividades de conmemoración do vixésimo quinto aniversario do Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM, este mércores 27 ás 19:30 celébrase no centro da Coruña a presentación dun libro que leva por título “Galicia MusiCalidade. Unha terra feita de acordes”. Trátase dunha obra escrita por Noel Miguélez, coñecido no mundillo musical como Noel Turbulencias, polo seu programa do mesmo nome en CUAC FM e ilustrado por Victoria Sánchez.
A obra recolle unha serie de nomes relevantes do mundo musical galego de diversas épocas e non trata de ser unha mirada enciclopédica se non unha visión persoal do autor. Dende Suso Vaamonde ou Golpes Bajos ata Tanxugueiras e Baiuca.
 
A presentación será no local cedido pola A. C. Alexandre Bóveda na rúa Santo Andrés 24, dentro do Circo de Artesáns no primeiro andar.  A actividade é de entrada libre e intervirá como presentador Tomi Legido, fundador de CUAC FM e impulsor do Concurso de Bandas e Solistas, inicialmente chamado de Maquetas porque se enviaban en cassette en 1997, para conmemorar o primeiro aniversario de CUAC FM. 

Máis novas

CUAC FM celebra con música local polas salas da cidade os 25 anos do seu Concurso de Bandas e solistas

CUAC FM celebra con música local polas salas da cidade os 25 anos do seu Concurso de Bandas e solistas

O documental de CUAC FM, xa en aberto na rede

Radioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de Padre Rubinos

Falece un home na Coruña tras disparos da Policía nunha intervención

0

Un home faleceu este luns 25 de decembro na Coruña por disparos nunha actuación policial a cargo da Policía Nacional.

Segundo fontes consutadas tería habido unha actuación por parte de axentes do Corpo Nacional de Policía debido a altercados previos protagonizados polo home, de 35 anos. O home de orixe cubana, “moi agresivo”, estaba a romper cristais de coches na zona da Grela arredor das 10:30h da mañá.

Unha vez chegada a Policía Nacional, o home tería tentando agredir a un policía cunha barra de ferro. Os axentes que tentaron paralo coa pistola eléctrica taser, pero funcionou, segundo precisaron, debido a que o home levaba moita roupa.

Durante o enfrontamento, un dos axentes, que se atopaba xa no chan, efectuou o disparo que ocasionaría a morte ao home. O Sindicato Unificado de Policía, en redes sociaism, ofrecía ao seu compañeiro apoio xurídico e psicolóxico.

Aberto o paso inferior da nova ligazón de ‘Sol e Mar’

0

O Gordo non caeu en Oleiros, pero coma se caese. Esta mañá, o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable puña en servizo este venres o paso inferior da nova ligazón da estrada AC-12, ao seu paso polo núcleo de Perillo (Oleiros) e nos accesos á cidade herculina.

O mesmo substitúe á antiga intersección semaforizada de ‘Sol e Mar’ e del beneficiaranse diariamente máis de 50.000 vehículos. Deste xeito, o tráfico de paso de longo e medio percorrido circulará no nivel inferior da nova ligazón, reservando o superior para o tráfico local e o tránsito peonil.

Apertura do paso inferior da ligazón de ‘Sol e Mar’ en Oleiros con presenza, entre outros, do delegado do Goberno, Pedro Branco; o alcalde, Anxo García Seoane, e o presidente da Comisión de Transporte do Congreso, José Ramón Gómez Besteiro. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Ademais do número de condutores e condutoras que se beneficiarán desta posta en servizo desta parte da obra, o delegado do Goberno confirmou que, unha vez aberto este punto, a obra proseguirá pola urbanización e integración estética do nivel superior, para temrinar no primeiro semestre do próximo ano.

 

Lotaría.- A protectora Gatocan e Amas de Casa A Coruña, entre as agraciadas co 2º premio: “Non mo cría”

0

Sorpresa e emoción na protectora de animais Gatocan e entre as membros da Asociación de Amas de Casa da Coruña, dúas das agraciadas do “moi repartido” 2º premio da Lotaría de Nadal, que deixou 162,5 millóns de euros na cidade herculina.

“Cando mo dixeron pensei que me estaban tomando o pelo. Non mo cría”, comenta aínda nerviosa e emocionada a administradora de Amas de Casa A Coruña, Guadalupe Rivera.

O número 58.303, –125.000 euros por décimo–, deixou un total de 220 millóns de euros en oito municipios galegos. O montante principal caeu na Coruña. Nesta cidade, a administración situada en rúa Nova, número 4, ‘O filón de ouro’, vendeu 1.300 décimos, divididos á súa vez en participacións.

Pablo Seivane, responsable da Administración, recoñece que a alegría é “inmensa, enorme”. “Estamos nunha nube e non baixamos aínda”, comenta emocionado, cunha camiseta na que se pode ler ‘o 2º premio tocou aquí’ e despois de bañarse en champaña.

Aínda que xa pasaron algunhas horas desde que os nenos de San Ildefonso cantasen o número premiado no terceiro arame da novena táboa, aínda son poucos os agraciados que se pasaron pola administración, como recoñece Pablo.

O que si pode confirmar é que, debido ás participacións, o premio está “moi repartido”. “E iso é o bonito, facer moi feliz a moita xente”.

Este non é o primeiro premio que vende ‘O filón de ouro’ na Lotaría de Nadal. En 2011 xa caeu o terceiro premio do sorteo nesta céntrica administración coruñesa.

“NON ARRANXA A VIDA, PERO DANCHE UNHA ALEGRÍA”

Entre os poucos afortunados que se pasaron pola rúa Nova a celebrar, coa súa propia botella de champaña e copas de plástico, estiveron Sergio e a súa familia, con tres participacións do premio –75.000 euros–.

Tal e como relatou ante os medios, visiblemente emocionado, a “culpable de todo” é a súa nai que, aínda que moito máis tímida ante as cámaras, tamén os acompañou e que foi a que comprou as participacións na protectora de animais Gatocan.

Desde que hai anos leva ás súas gatas a castrar, a nai colabora coa protectora e sempre lles axuda a vender lotaría, calendarios e outros similares. Tamén o fixo este ano, vendendo entre as súas compañeiras de traballo 25 participacións, ademais do tres que reservou para a súa familia.

“Estaba na miña casa e, como todos os anos, cos décimos encima da mesilla. E de súpeto vexo que o número acaba en 303 e chamo á miña nai e pregúntolle por que dous números empezaban esas participacións. Cando me di 58, guau! Unha alegría incrible”, relata Sergio.

Aínda que di que o gañado “non dá para moito”, utilizarao para “pagar algunha cuentilla e seguir traballando, e divertirse”. “Agora mesmo é unha alegría. Todos os anos velo e bo, un ano que toca un pellizquito, pois a gozalo un pouco e a seguir na rutina. Non arránxanche a vida, pero danche unha alegría, e a vida son estas pequenas alegrías, non?”, comenta.

Outra coruñesa, Cristina, tamén se pasou pola administración para celebrar adquirir a participación de Gatocan con varias compañeiras de traballo. “Tocounos a bastante xente, pero houbo outra xente que quedou sen el porque se esgotaron as participacións, que vende unha compañeira. O que estaba no café ou de día libre, pois non puido ser”, chancea.

Recoñece non saber moi ben cales son os pasos a dar agora. “Como nunca che pasan estas cousas…”, comenta. Con todo, insiste varias veces ante as cámaras, entre risas, que “o importante é ter saúde”.

“PENSEI QUE ME ESTABAN TOMANDO O PELO”

Na sede da asociación de Amas de Casa da Coruña tamén hai moito alboroto. “Nin comín”, comenta unha das socias mentres busca un cargador para o seu móbil, “morto despois de tantas chamadas”.

A administrativa da asociación, Guadalupe Rivera Pérez, pon palabras ao sentimento compartido que, tras as cámaras, todas expresan: incredulidade. “Non mo cría, non daba crédito. Crin que me chamaban para felicitarme o Nadal porque hoxe é venres. E cando me contan a noticia… Ti estasme tomando o pelo”, narra.

Contan que cada ano escollen o número “completamente ao azar”, como tamén fixeron este ano. “Eu xogo pouco á lotaría e o que xogo é ao azar. Non busco nada concreto, nin unha data nin nada de nada”, insiste Guadalupe.

Esta é a primeira vez que toca a lotaría nesta asociación, que o máximo que rascaron “” é algunha devolución. “Nunca sabes onde a tes”, sinalan entre risas, destacando ademais “o bonito” de que tocase tan repartido.

Amas de Casa vendeu 173 décimos repartidos en participacións de catro euros. Cando se lle pregunta polo que van facer co diñeiro, a resposta é rápida: “Primeiro, celebralo con todos os socios e socias. Tomarnos unha copita e logo pensaremos a ver ata onde se pode estirar para facer algún evento especial”, comenta.

Ao que si confirma que dedicarán un belisco “seguro” é a comprar décimos para a lotaría de Reis para volver tentar á sorte.

Décimos do Gordo de Nadal, o 88.008, vendéronse na Coruña

0

O número 88.008 resultou agraciado co Gordo, os primeiro premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 4.000.000 euros á serie. Convértese así no máis ‘remolón’ da Historia.

O máis tardío ata agora saíra en 2014, cando non apareceu ata as 13.00 horas e en 2018 demorouse ata as 12.35 horas. Ademais, este ano o ‘Gordo’ foi o último dos grandes en saír. O número foi cantado ás 13.16 horas no oitavo arame da novena táboa.

En Galicia, vendéronse ata en 17 municipios, a maioría décimos soltos. Na Pobra do Caramiñal (A Coruña), unha administración repartiu 8 millóns de euros tras vender 20 décimos de ‘El Gordo’. Tamén se expediu o 88.008 nas cidades da Coruña, Lugo, Vigo e Ourense.