Inicio Blog Páxina 548

O acordo asinado, a “desunión sindical profunda” e a “división entre o profesorado” non impide un seguemento amplo da folga do Ensino

0

Actividade intensa no mundo do ensino estes días con diversas folgas. Se por un lado as traballadoras das Escolas Infantís continúan mañá co seu calendario de mobilizacións, polo outro, hoxe 31.000 docentes de centros de ensino de Primaria, Secundaria, FP, Conservatorios… estaban chamados a unha nova xornada de folga.

Unha folga convocada polos sindicatos CIG, CSIF e STEGA, despois de que a Consellería de Educación asinase un acordo con UGT, CCOO e ANPE. Un acordo que ten validez oficial a pesar de non estar asinado polo sindicato maioritario (dos 15 postos da parte social, a CIG ten 8, e os sindicatos asinantes teñen 7). “Se isto fose unha empresa privada, non habería acordo”, lamenta o secretario nacional da CIG, Suso Bermello, criticando que “os funcionarios públicos non temos dereito a un acordo de convenio colectivo como na privada”.

Bermello, ademais de lamentar a “desunión sindical profunda”, fai fincapé na “división entre o profesorado” que ten provocado a Consellería coa súa proposta na que ofrece melloras pero diferenciando as direccións, o mestrado de Infantil, Primaria ou Secundaria. ”Estase aprobando un acordo lowcost”, califica Bermello.

Participación “maioritaria” na folga

Se ben a Xunta asegura que o seguemento ronda o 15%, a CIG, tras facer unha boa “batida de chamadas pola meirande parte dos centros, hai seguemento de 70% de Secundaria, e un 40% en Primaria. A media quedaría por riba do 60%, e ese dato, tendo en conta a división xerada entre o profesorado e bombardeo incesante da Conselería e os medios afíns nestas semanas, parécenos un éxito rotundo. “Es diferenza ten unha razón de ser porque trata dun xeito diferente un profesor que o outro”, reincide Bermello.

Ademais, esta mañá desenvolvíase unha manifestación pasada por auga, en Compostela, con “máis do doble de xente que nunha manfeistación semellante de hai 4 anos, e daquela se convocaba polos 4 sindicatos que estamos na mesa de negociación (CIG, UGT, CCOO e ANPE), e temos claro que a presenza dun acordo polo medio desmobiliza, e aínda así notamo que segue un rexeitamento claro”.

Manifestacion da CIG ENsino en Compostela
Imaxe da manifestación de hoxe en Compostela

Reivindicacións: Ratio, horario e soldo

Na CIG aceptan que no acordo asinado “non hai recorte no que vén sendo ese acordo asinado polos outros 3 sindicatos, pero non hai por onde collelo na política de mellora de dereitos”.

”A parte máis criticable é o da ratio”, explica. “O calendario de aplicación en Infantil é real, a 3 anos, pero é impresentable que en Primaria se vaia a 9 anos; e que o de ESO e FP empezaría a negociarse dentro de 4 anos. Hai casos máis graves como o FP no que, a pesar do boom e a alta demanda, non se toca nada nos ratios”.
Hai outro punto que Bermello describe como a “Cláusula de descolgo”, que podería permitir que “pola porta de atrás se permita non desdoblar grupos que superan o máximo de 25 alumnos por aula. “O acordo deixa a porta aberta a que no caso de que non haia espazo fisico nun centro para reducir as ratios, se poidan manter enviando un novo alumno a outro centro”.

Outro punto clave é o Horario lectivo: “Só reduce en infantil e primaria de 25 a 23 horas lectivas. Nós estabanmos disposto a aplicar un calendario de 2 anos, se chegásemos ás 21 horas que xa tiñamos antes da modificación do PP”.
Ademais, “ao resto de profesorado non se lles recupera o horario, polo que estamos diante doutro elemento que divide o profesorado”.
Outro argumento principal para que a CIG non asinar o acordo é que non hai medidas que reduzan a burocracia”.

E por último, “está o aspecto económico. “Nós propuxemos que se incvestiran os cartos para contratar máis profesionais, equitativamente entre todo o profesorado. Pero a Xunta fixo algo que non se fixo dende 1990: máis cartos para direccións, asesoramento, máis cartos para quen é máis antigo… e 10 miseros euros en 2 anos para os profesorado de base. Outra medida para dividir”.

Vindeiros pasos

A CIG prepara un comunicado cos outros dous sindicatos (STEGA e CSIF) para enviarlle a súa proposta á Consellería, pero sen moita confianza en que rectifique polo que “teremos que continuar coas mobilizacións”.

Folga paralela das Escolas Infantís

Paralelamente, as traballadoras/es das escolas infantís privadas e de xestión indirecta (no caso coruñés, as municipais), etapa 0-3, volverán á folga este mércores 25 de outubro en resposta ao bloqueo patronal á negociación do convenio colectivo, cuxas táboas xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.
Como na primeira xornada de folga (convocada por CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP), que foi un éxito, o persoal mobilizarase nas cidades de Vigo e A Coruña.
Na Coruña, a mobilización será ás 11:30 dende a Praza de Pontevedra até o Obelisco, pero ademais, de non rectificar o Concello da Coruña os abusivos servizos mínimos decretados para as escolas infantís municipais (de xestión privatizada), a protesta continuará dende o Obelisco até a Praza de María de Pita.

Novas relacionadas

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

Iñigo Quintero chega ao número 1 mundial de Spotify con ‘Si no estás’, superando a Bad Bunny ou Taylor Swift

0

O cantautor galego Iñigo Quintero alcanzou a primeira posición do ‘Top 50 Global’ de Spotify coa súa canción ‘Si no estás‘, superando na lista a temas de estrelas como Bad Bunny, Tate McRae, Jung Kook, Taylor Swift ou Doja Cat. O coruñes chegou ao número 1 da lista, que recolle as cincuenta cancións máis escoitadas na plataforma a nivel mundial, con máis de 5,7 millóns de reproducións o luns 23 de outubro do seu tema, o cal xa se fixo viral en Tiktok en agosto.

mozo, de 22 anos, converteuse no primeiro artista español en pór unha canción en solitario na primeira posición deste top, que xa encabezou no seu momento o canario Quevedo pola súa sesión co arxentino Bizarrap. Así, Quintero, que en marzo de 2023 contaba con 30.000 oíntes mensuais en Spotify e agora rolda os 20 millóns, é o fenómeno musical do momento pola súa canción, da que en redes se sinala que inclúe unha mensaxe relixiosa. O seu equipo non descartou esta teoría e sinalou nun comunicado ao “debate en redes” sobre se se trata “dunha canción dedicada a Deus” ou “unha ruptura amorosa”.

“Pouco ou nada sospeitaba Iñigo Quintero que o seu ‘Si no estás‘ íase a converter nun himno para miles de mozos e que se situaría por encima de superestrelas en listas de todo o mundo. A súa música é un recordatorio da capacidade da arte para tocar a alma e provocar o pensamento. Por primeira vez, unha canción exitosa non fala só de coches caros, noites de discoteca e luxos fóra do alcance da maioría”, indicou tamén o equipo do novo.

Así mesmo, situou a Quintero como parte “dunha xeración de músicos que volve tratar a música como unha ferramenta para transmitir emocións reais do día a día”. O éxito do cantautor galego viuse impulsado por TikTok, onde a finais de setembro os usuarios subían ata 30.000 vídeos diarios co tema. “O novo hit acumula máis reproducións ao día que o mítico ‘Flowers‘ de Miley Cyrus ou cancións da mismísima Taylor Swift”, sinalou o seu equipo respecto diso.

Ferrol en Común pide á Xunta partidas para mellorar o transporte coa Coruña

0

O portavoz do grupo municipal de Ferrol en Común, Jorge Suárez, asegurou que esta formación presentou unha moción ao pleno desta cidade demandando que “os orzamentos da Xunta doten dunha partida para suplementar unha concesión que de xeito evidente é insuficiente, moi deteriorada respecto da anterior concesión” do transporte público por estrada entre as cidades de Ferrol e A Coruña, xa que á súa entender “a Monbus só lle interesa un rédito económico, en lugar de garantir un transporte público para aqueles que acoden a un centro de traballo, sanitario ou educativo”.

Na presentación desta moción, onde estivo acompañado da outra edil deste grupo, Nerea P. Carblleira, Suárez asegurou que o transporte público “é un dos problemas máis graves na nosa comarca” e que por iso “cremos que é necesario que nos concellos fagan precisión, para que se poñan os medios suficientes”.

Queremos solidarizarnos cos condutores dos autobuses, que son o parapeto, non responsables, dos principais enfados cidadáns, por outra banda lóxicos, por estar horas esperando en paradas de autobús e non cumprirse os horarios en ningún caso”, sinalou.

Por outra banda, Suárez detallou que tamén presentaron unha moción de apoio ao pobo palestino, e que así detallou que “nos parece inconcibible que nunha sociedade que se di que é avanzada se escoite con frialdade nos medios de comunicación que as incubadoras de bebés prematuros van empezar a deixar de funcionar por falta de combustible” e que ante isto “permanezamos impasibles”, ademais de criticar a actitude do Goberno de Israel neste conflito.

A UDC elixirá novo reitor ou reitora o 4 de decembro

0

As eleccións a reitor ou reitora na Universidade da Coruña (UDC) serán o 4 de decembro, segundo informa o reitorado tras a sesión do Consello de Goberno. A convocatoria publicarase este venres, día 27.

En caso de ser necesaria unha segunda volta, o proceso electoral celebraríase o día 13 do mesmo mes. O actual reitor, Julio Abalde, non concorrerá a estas eleccións tras terminar o seu segundo mandato. Os estatutos da Universidade da Coruña limitan a dúas os mandatos consecutivos.

No Consello de Goberno, abordáronse outros asuntos. Entre eles, aprobouse a participación da UDC na empresa que se constituirá para xestionar a Cidade das TIC, conxuntamente co Concello da Coruña, despois de que o pleno municipal así o acordase. A sociedade xestora da Cidade das TIC ten como obxectivo desenvolver diversas actividades económicas, industriais e de servizos como a promoción da participación da cidadanía no uso eficiente e sustentable das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Xornada de inauguración das hortas urbanas do Parque Adolfo Suárez

  • Abrese unha nova quenda de inscricións para as 23 hortas e 4 mesas de cultivo dispoñibles

 

Esta mañá de martes 24 de outubro o Concello da Coruña publica na web da Concellería de Medio Ambiente, a lista de persoas adxudicatarias das 64 novas ecohortas do parque de Adolfo Suárez, sito en San Pedro de Visma.

Co que xa poderán poderán recoller as súas chaves na Concellaría de Medio Ambiente, nas instalacións municipais da Casa da Auga, en horario de 08.30 a 14.30 horas, ata o venres 27. Teñen ata o 8 de novembro para facelo, do contrario abriranse novas prazas.

En total, recibíronse 116 solicitudes de persoas físicas e asociacións ou entidades, das que 52 foron rexeitadas por atoparse fóra de prazo ou non cumprir os requisitos establecidos na convocatoria. Das parcelas adxudicadas, 62 pertencen a persoas físicas e 2 a asociacións ou entidades da cidade, nomeadamente a Asoc. de Veciños dos Rosales e a RIBS Padre Rubinos.

As persoas adxudicatarias de todas as parcelas e mesas de cultivo das catro ecohortas teñen unha concesión que vencerá o 9 de maio de 2026.

Novo prazo
A partir do mércores abrirase o prazo para solicitar as derradeiras 23 hortas e 4 mesas de cultivo das instalacións de Adolfo Suárez.

A cidade conta agora mesmo cun total de 318 parcelas de ecohortas, sumando estas novas de Visma coas do Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Eirís ofertando un total de 318

 

Datando os torques de Betanzos

Visita institucional hoxe o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, o lugar onde técnicos do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) analizan os dous torques achados de maneira causal nunha leira da comarca de Betanzos. Segundo as primeiras hipóteses, poderían proceder da Idade do Ferro.

Durante a súa visita, o responsable autonómico de Cultura explicou que as pezas foron entregadas á Administración autonómica por un particular e depositadas no Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón, da Coruña, o centro de referencia para os achados localizados nesta comarca, para o seu estudo e avaliación por parte dos técnicos, segundo a Xunta.

Tras isto, a Administración galega levou a cabo unha prospección arqueolóxica e xeofísica na parcela co fin de comprobar si se escondían outras pezas, pero non foron detectados nin niveis arqueolóxicos nin tampouco materiais antigos.

Román Rodríguez aproveitou a ocasión para agradecer o proceder da persoa responsable do descubrimento pola súa dilixencia que “dá unha nova oportunidade para profundar máis no noso pasado máis singular e na historia desta comarca”.

A investigación preliminar feita por Xosé-Lois Armada e Carlos Otero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, mediante análise da composición química, estudo analítico da composición do metal e observación microscópica, apunta a que os dous torques atópanse en bo estado de conservación e poderían proceder da Idade do Ferro.

Dende o Concello de Betanzos solicitou á Xunta que os torques localizados sexan depositados no Museo das Mariñas. Para a alcaldesa do municipio, María Barral, o museo, que este ano cumpriu 40 anos, conta cunha sala provista de medidas de seguridade, na que se expoñen outras pezas similares que foron localizadas na comarca, que “sería o lugar idóneo para a súa exposición”.

CUAC FM celebra con música local polas salas da cidade os 25 anos do seu Concurso de Bandas e solistas

A emisora libre e universidade da Coruña, Cuac Fm leva apostando polo apoio á música de artistas pouco coñecidos dende 1996. Paralelamente, o Concurso de Bandas e Solistas, con algún cambio de nome, chegou á súa XXV edición en 2023 e había que celebralo.
A familia xa celebrou o pasado 6 de outubro un gran concerto de Sickeeper e Crowded na Sala Filomatic, dunhas bandas moi novas mais cunha proxección espectacular.

Pero ciclo de concertos gratuitos continúa, coa colaboración do Concello da Coruña, e serán un total de cinco noites nas salas máis activas da cidade: Jazz Filloa, Garufa Club, Sala Mardi Gras, Sala Filomatic e La Disfrutona del Orzán.

En todos darase a oportunidade de deixar unha aportación económica voluntaria para a Cociña Económica da Coruña, unha desas entidades que fan unha labor incrible por toda a xente que a precisa.

A semana que comeza poderás disfrutar do talento de Leticia Rey Quintet, no mítico Jazz Filloa con case 43 anos de vida. Será o martes 24 en dous pases, ás 21:45 e ás 23:00.

Leticia Cuadrada GPS
Leticia Cuadrada

E o sábado 28 chega o turno de Las Antonias e Amoebo no Garufa Club, con apertura de portas ás 22:00 horas.

Xa en novembro, o sábado 11 o ciclo visitará á sala máis xoven da cidade, La Disfrutona del Orzán, con Somos La May e Krece no seu esceario.

O ciclo rematará con Mixing Martines o día 22 de decembro na Sala Mardi Gras.

Ademáis dos concertos, estase a preparar un fermoso obxecto que servirá tamén para celebrar eses 25 anos do noso Concurso de Bandas e solistas. 

 

Novas áreas verdes completan as obras de humanización do polígono de Agrela

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou hoxe o polígono de Agrela, onde xa se completaron os traballos de humanización promovidos polo Concello na rúa Severo Ochoa, unha das principais arterias de circulación do parque empresarial.

As obras supuxeron un investimento de 833.720,53 euros, partida orzamentaria cofinanciada nun 80% con fondos FEDER ao amparo da estratexia de rexeneración urbana EidusCoruña.

O obxectivo xeral da intervención foi a mellora ambiental de toda a zona, a través de diversas accións orientadas á creación de espazos verdes e a mellora da mobilidade.

“Renováronse o firme e as beirarrúas, mellorouse a accesibilidade ás paradas de autobús existentes, creáronse novas áreas verdes e plantouse arboredo na medianeira central da rúa”, explicou Inés Rey.

PREMIO

Noutra orde de cousas, segundo informa o consistorio, a Policía Local da Coruña resultou gañadora do Premio ás Boas Prácticas en Educación Viaria no VIII Premios Nacionais de Seguridade e Educación Viaria para as Policías Locais.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, recibirá o galardón este martes, 24 de outubro, nunha cerimonia que terá lugar en Madrid na Convención Nacional sobre Seguridade Viaria das Policías Locais.

O xulgado denega a suspensión do contrato de recollida e residencia de animais domésticos da Coruña

0
O maxistrado do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 da Coruña rexeitou a suspensión da adxudicación, por parte do Concello da Coruña, do contrato do servizo de recollida, transporte, mantemento e residencia de animais domésticos.
O xuíz entende que non procede a adopción da medida cautelar, que foi solicitada por Mais Coidados Multiservicios S.L.U. No auto, explica que a empresa fai referencia a “un dano ou prexuízo irreversible” de non acordarse a suspensión, pero en ningún momento o acredita, nin sequera indiciariamente, “máis aló do feito de non ser adxudicataria do contrato”. Ademais, salienta que, se se acollese o recurso presentado por Mais Coidados Multiservicios contra a adxudicación, a empresa sería resarcida mediante a correspondente indemnización.
O maxistrado resalta que neste momento procesual non se dispón do expediente administrativo e non procede, en ningún caso, examinar os “pretendidos vicios de procedemento” que relata a empresa. “A prolixa alegación na que se pretende fundar a pretensión cautelar accionada non é senón unha extensa invitación a entrar no exame do fondo do litixio, invitación que ha de rexeitarse”, destaca o xuíz no auto, contra o que cabe presentar recurso de apelación.

Abordan na Coruña o desenvolvemento azul nos portos galegos para o crecemento sustentable

0

Autoridades e expertos apelaron a impulsar o “crecemento azul” nos portos para impulsar o aproveitamento sustentable dos recursos. Así se expuxo por parte dos asistentes á presentación das bases para a estratexia de crecemento azul do porto da Coruña, un acto que contou coa presenza, entre outros, do conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

Nel, o titular do departamento autonómico destacou a aposta da Autoridade Portuaria da Coruña pola sustentabilidade e a xestión responsable dos recursos mariños, en liña, engadiu, coa da Xunta de Galicia polo crecemento azul.

Tamén subliñou a “conversión” de Punta Langosteira nun “porto excelente do século XXI” e abordou as actuacións da Xunta para dispor dun plan de actuacións, “fundamentalmente en materia de conservación e recuperación da biodiversidade do oceáno e da costa”, engadiu.

O acto contou coa presenza do reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, e do presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, que incidiu no obxectivo desta de impulsar iniciativas “que redunden nun aproveitamento sustentable de recursos mariños, na innovación e a modernización”.

DOCUMENTO

O documento que expón as bases para o crecemento azul foi elaborado por Fernando González Laxe e Federico Martín Palmeiro, investigadores do Instituto de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña.

Ambos puxeron de relevo a importancia de que as autoridades portuarias sexan institucións proactivas nas súas áreas de influencia, xerando economías de escala e liderando a transición dixital, entre outros factores.

Sinalaron que o 80% do comercio internacional realízase por vía marítima e, no caso da Coruña, apuntaron a oportunidade que se presenta para converter o porto nunha referencia como centro enerxético, liderar a transición ecolóxica, impulsar a electrificación e os novos combustibles ou favorecer a economía circular, ademais de promover as actividades urbanas nos espazos portuarios.

O documento sinala que as principais empresas que operan no Porto da Coruña prevén facturar entre 2023 e 2027 máis de 86 millóns de euros, e investir 80 millóns no mesmo período.

Sinala, no entanto, que se trata dunha estimación de mínimos, xa que, tal como lembrou Fernández Prado, os novos operadores que se instalarán en Punta Langosteira, en actividades de economía azul vinculadas ás novas enerxías, xa están a tramitar proxectos que suman investimentos por 1.500 millóns de euros at