Inicio Blog Páxina 547

O xulgado require documentación sobre o servizo de lacería, tras admitir a querela dunha empresa

0

O Xulgado de Instrución número 2 da Coruña admitiu a trámite a querela interposta pola empresa Máis Coidados Multiservicios contra un concelleiro do Concello da Coruña, dous traballadores municipais e a empresa Servigal, concesionaria do servizo de recollida, transporte, mantemento e residencia de animais domésticos.

Esta decisión coñécese despois de que un xulgado do contencioso denegase a suspensión da adxudicación por parte do Concello do citado servizo, un concurso ao que concorreu Máis Coidados. O titular do xulgado rexeita que a empresa acredite un “dano irreversible”. “Máis aló do feito de non ser adxudicataria do contrato”, remarca nunha resolución dada a coñecer polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Xulgado de Instrución acorda incoar dilixencias previas e dá un prazo de dez días ao concello para remitir a información relativa a este expediente e os contratos coa empresa que resultou adxudicataria do servizo. Desde o Concello da Coruña, consultados por Europa Press, remitíronse ao proceso de adxudicación.

A Deputación da Coruña premia 20 propostas no seu certame para difundir o Reino de Galicia

0

Un total de 20 propostas resultaron gañadoras no certame ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia’, segundo informou Natividade González, responsable de Cultura da Deputación da Coruña, organismo convocante do mesmo.

Entre elas, hai propostas audiovisuais, xogos de cartas, espectáculos, unha colección de roupa e un ‘escape room’ que contribúen á “visibilización e reivindicación” da historia medieval de Galicia.

Para a deputada é “un orgullo ver o noso pasado medieval representado en múltiples formatos que permiten chegar a públicos moi diversos”. Nesta segunda edición, esta iniciativa recibiu un total de 49 solicitudes.

Os 20 proxectos seleccionados, que recibirán 10.000 euros cada un, céntranse na historia do Reino de Galicia ou en aspectos particulares e vinculados directamente á mesma co obxectivo de “contribuír a combater a desmemoria e o descoñecemento deste período de gran esplendor do país”.

Podedes debullar os proxectos na web da Deputación, pero aquí deixamos os títulos:

  1. Dicionario da Galicia Histórica: un Reino da A á Z. Proxecto audiovisual transmedia de divulgación do Antigo Reino de Galicia presentado por Ciencia Galega Industrias Creativas S.L.
  2. Cronoaventuras: presentado por Aqueladas Sociedade Cooperativa Xuvenil, é un xogo de cartas cooperativo.
  3. Conexión co Reino, unha miniserie de divulgación de Cristela Torres Nine.
  4. Discordia & Reconciliatione: Unha escolma da “Historia Compostellana”. Presentado por José García Sendón, é un proxecto editorial divulgativo.
  5. Cantigas e murais para o coñecemento do Reino Medieval de Galicia, un espectáculo didáctico en directo de Xoan Curiel.
  6. Pío Latrocinio, un proxecto de documental animado de Fernando Cortizo Rodríguez.
  7. María Balteira. Curtametraxe didáctica, unha peza audiovisual de contido didáctico proposta por Sétima Sociedade Cooperativa Galega que xira ao redor das Cantigas medievais.
  8. Suevos e galaicos. Noso Plans e Proxectos Sociedade Cooperativa Galega presenta o deseño e auto edición dun xogo de mesa de cartas.
  9. Unha Tiktoker no Reino de Galiza. Sara Seco Rial propón difundir a historia do reino galego a través de vídeos curtos en TikTok.
  10. O rei Afonso VIII da Galiza na Costa da Morte, un priecto de recreación a través das artes escénicas de Bernardino Martínez Castiñeira.
  11. Game of fortes: episodio I. Ameaza clerical (Inmersión auditiva no Antigo Reino de Galicia). Presentado por Iván Dávila Grande, é un proxecto coproducido polas compañías NegroLópez e Limiar Teatro.
  12. “Porto de Bois”: unha experiencia de historia ao vivo. Aldán López Dacosta presenta a primeira Xornada de Historia Viva «Porto de Bois»: un evento inmersivo para 20 persoas.
  13. O legado do Reino de Galicia_Escape room. Artefeito Producións Sociedade Cooperativa Galega presenta un Escape Room en liña, orientado ao alumnado de Educación Secundaria.
  14. O segredo do Betanzos Medieval: Unha ruta histórica para descubrir unha das sete capitais do Reino de Galicia. De Marma Sociedade Cooperativa Galega.
  15. Guía Visual do Reino Medieval de Galiza, unha “Guía Visual do Reino Medieval de Galiza” proposto por Trespés Producións Culturais S.L.U. pretende ser un recurso de referencia para público xeral, estudantado que procure saber máis sobre a fascinante historia de Galiza, e concretamente do seu período medieval.
  16. Historia do Reino de Galiza en 10 minutos. O proxecto, de Daniel Seoane Souto, simplifica nun vídeo de 10 minutos aqueles fitos políticos, lingüísticos e culturais.
  17. Biografías esenciais do Reino da Galiza. Proxecto de Sermos Galiza para publicar 3 libros, e 3 podcasts.
  18. O Panteón Real de Compostela: A Alianza do Regnum e o Sacerdotium para a configuración dun Templo Nacional.
  19. Onda gravitatoria Balteira. María Estíbaliz Espinosa del Río fará un libro e un audiolibro.
  20. O Reino de Galiza na moda. Deseños para conectar o pasado co presente. Proposta da marca galega de roupa Acontravento, formulada por Daniel Portela Macua.

Arranca a fase final de votación dos Orzamentos Participativos 2023

0

Hoxe mércores 25 de outubro, e ata o xoves 2 de novembro, está aberto o prazo para a votación final das propostas de investimento que foron más apoiadas pola cidadanía no marco da sétima edición dos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña.

Na fase anterior houbo unha participación de 3.514 persoas, e trala avaliación técnica, pasan á “final” os proxectos viables que superasen un mínimo de 60 apoios para as propostas de cidade, ademais das catro primeiras ideas de cada distrito.

Como votar

Calquera persoa maior de 16 anos e empadroada pode vortar través da plataforma nacorunacontas.coruna.gal (coa súa conta iniciada a través do correo electrónico), pero tamén poderá votarse tamén de maneira presencial.

Cada persoa poderá votar propostas da partida de toda a cidade ata o límite de 1.000.000 de euros e ademais propostas nun máximo de tres distritos, ata o límite de 150.000 euros en cada un deles.

Haberá 12 espazos de votación presencial en urna, que serán os seguintes:

  • Mércores 25 de outubro no Centro Cívico Municipal Novo Mesoiro en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 h.
  • Xoves 26 de outubro no Centro Socio-Cultural Ágora en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 h.
  • Xoves 26 de outubro no Polideportivo San Diego de 17.00 a 20.00 h.
  • Vernes 27 de outubro no Fórum Metropolitano en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 h.
  • Venres 27 de outubro na praza de María Pita en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 h.
  • Sábado 28 de outubro na praza de Lugo, en horario de 11.00 a 14.00 h.
  • Luns 30 de outubro no Mercado de Elviña, en horario de 11.00 a 14.00 horas
  • Luns 30 de outubro no Centro Cívico Municipal Castrillón en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 h.
  • Luns 30 de outubro no centro comercial Espacio Coruña en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 h.
  • Martes 31 de outubro no acceso á Casa da Auga en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 h.

Máis novas

3.500 persoas participaron na primeira fase dos Orzamentos Participativos

Mantense a alerta severa por seca na conca da ría da Coruña

A Xunta vén de desactivar a prealerta por seca en varias concas do país. Non así no sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña, onde se mantén a situación de alerta por escaseza, pois a recuperación do encoro de Cecebre non é suficiente por agora.

Si que mellora e pasa de nivel de alerta severa a prealerta o sistema costa da Coruña ata o límite de Arteixo.

Con todo, as chuvias desta 3ª semana de outubro así como as previstas para vindeiras semanas, fan que en Augas de Galicia haia unha posición máis positiva de recuperar niveis habituais.

Máis novas

A Coruña ve “garantido” o abastecemento de auga e descarta restricións

Activada a alerta na comarca coruñesa pola escaseza de auga no encoro de Cecebre

Un youtuber adéntrase nas zonas “máis picantes” dos barrios de Os Mallos e Sagrada Familia

0

Interesante o relato que recolle Joaco Santos na súa visita polos barrios de Os Mallos e Sagrada Familia. O youtuber arxentino, especialista en barrios non turísticos, sumérxese nos puntos máis denunciados da cidade herculina polo “trapicheo” e delincuencia.

En apenas dous días ten xa case 50.000 visitas, falando directamente cos colectivos máis marxinais.

As árbores e o bosque do Dépor

  • Xornada 9 – UE Sabadell 0 – Depor 1
  • Vitoria dun Depor compacto e sufridor fóra da casa.
  • Noveno partido de Imanol Idiákez como adestrador do Dépor en partido oficial (2V | 5E | 2D)

Partido gris, escuro e moi pelexado polo Dépor para sumar tres puntos que marcan o camiño a sufrir nesta tempada. Porque se algo fixo ben o Dépor en Ponferrada e máis en Sabadell foi saber sufrir, porque neste barro da 1ª RFEF, un equipo que aspira a ascender ten que pásalo mal fóra da casa. A verdade é que o equipo fixo un perfecto Italian Job para sacar tres puntos dun xeito único, deixando claro a forma de xogar e de gañar nos campos imposibles deste barreiro de competición.

A semana pasada nesta mesma columna de análise e opinión, falabamos dun equipo que elevara a súa competitividade e que puidera marcar un punto de non retorno a ese errante comezo de tempada. Isto confírmase con esta nova vitoria despois de case dous meses da última, eleva a moral do equipo, dálle un respiro o adestrador e axuda a levar mellor a semana a afección.

Pero, ollo. Que as árbores nos deixen ver o bosque! Visto todo en conxunto, seguimos arrastrando gran cantidade de erros no xogo, seguimos sufrindo moito nos balóns colgados dende os laterais do campo e temos moi pouca pegada na portería rival, feito demostrado por só 8 goles en 9 partidos e que os pichichis do equipo sexan un central e un extremo dereito. Do Expediente X de Lucas e a súa nula aportación ao xogo, nas combinacións dos atacantes, nos desmarques e de cara a portería, mellor non falar. Falta fai traer un substituto para Barbero que axude a controlar esa parcela do campo e ampliar as opcións do ataque.

Ten o Dépor agora por diante dúas xornadas moi interesantes con rivais que comezaron moi ben a tempada: o líder Nástic de Tarragona e o Real Unión de Irún, colocado nos postos de playoff. Máis que polo que reflexará a clasificación despois destes dous próximos partidos, a reactivación das cabezas dos xogadores e a consecuente reactivación de pernas, sumar vitorias ante este rivais suporía un clara rotura da negatividade reinante dende o mes de setembro no seo do equipo. Haberá que seguir regando esas árbores para que o bosque luza florido no mes de marzo.  

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

Intelixencia Artificial ou ciencia de datos na Corunna Innovate Summit

0

A Cidade das TIC da Coruña acollerá os próximos días 26 e 27 de outubro o congreso Corunna Innovate Summit, un evento sobre a revolución dixital organizado por DataSpartan, que reunirá a expertos nacionais e internacionais tecnoloxías disruptivas; Intelixencia Artificial, Ciencia de datos ou IoT.

Peritos confirman que as lesións puideron causarlle a morta á vítima dun intento de asasinato no Barrio das Flores

0

Os dous médicos forenses que elaboraron un informe polo intento de asasinato dun home no Barrio das Flores, en maio de 2022 -feitos presuntamente cometidos por dous coñecidos da vítima– explicaron que presentaba feridas que poderían ocasionarlle a morte de non ser atendido. Foi auxiliado, nun primeiro momento, polos axentes da Policía Nacional que acudiron ao lugar dos feitos.

No xuízo que se celebra na Audiencia Provincial da Coruña, e que continuará o 17 de novembro, precisaron que foron feridas “incisas en varias rexións corporais, cabeza, brazo e perna dereita” que poderían provocar “sen dúbida” hemorraxias masivas “importantes” que supuñan un compromiso vital moi grave.

Na vista, outro perito tamén ratificou un informe médico forense que confirma que o principal acusado presenta unha patoloxía compatible con trastornos mentais e de comportamento debido ao consumo de alcol, drogas e medicamentos.

A defensa por parte de ambos acusados acusado solicita a libre absolución. Fronte a isto, Fiscalía cualifica os feitos como un delito de asasinato tentado, con aleivosía, e outro de roubo con violencia en casa habitada.

OS FEITOS

No escrito de cualificación, a Fiscalía sostén que ambos os acusados planearon facerse co diñeiro da vítima, que tiña unha minusvalía do 85 por cento “e graves problemas de mobilidade” polo que se desprazaba en cadeira de rodas. O Ministerio Público sinala que isto foi aproveitado polos acusados que, na medianoite do 23 de maio de 2022, desprazáronse á vivenda do home e romperon a xanela . “Incapaz de reaccionar”, tirárono ao chan e golpeáronno.

Finalmente, fixéronse con 700 euros en efectivo e varios cartóns bancarios, deixando ao home “agonizante” aínda que logrou salvarse pola axuda dos axentes da Policía que acudiron ao lugar.

Comeza este mércores na Coruña a nova edición de Womex, o evento musical para profesionais máis importante do mundo

0

Unhas 3.000 persoas están xa a cidade da Coruña para participar no festival Womex (Worldwide Music Expo), un evento musical para profesionais.

En cada edición unhas 5.000 persoas relacionadas coa música de raíz, étnica, tradicional, jazz, sons urbanos, electrónicos ou o folk danse cita nunha cidade.

Womex 23 comezará este mércores cun acto dedicado a Picasso no que catro bandas e artístas das cidades e comunidades que marcaron a vida do pintor actuarán, a partir das 20,00 horas, no Palacio da Ópera.

O andaluz Niño Josele onde Picasso naceu; Caamaño&Ameixeiras de Galicia, onde iniciou a súa andaina artística; a manchega Karmento e Torta Relena de Cataluña, onde realizou a súa primeira exposición e conectou cos artistas máis vanguarditas, serán as formacións que actúen mañá pola noite.

Ademais, Palexco, o Palacio da Ópera, o Parrote e diferentes localizacións como o Teatro Colón e o Rosalía de Castro, a Sala Pelícano, a Praia Club e a Filmoteca de Galicia acollerán durante cinco días actuacións de artistas nacionais e internacionais, así como máis dunha decena de documentais e actividades para apoiar e visibilizar diferentes culturas do mundo.

O Concello da Coruña presentará este ano a demanda para reclamar a propiedade da Casa Cornide

O Concello da Coruña presentará este ano a demanda para reclamar a propiedade da Casa Cornide, segundo ratificou despois de facerse firme a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) do inmoble.

Pola súa banda, ante a obrigación dos Franco de abrilo a visitas catro días ao mes, o grupo municipal do BNG sostén que debería facelo xa desde maio de 2021. Nun comunicado, o consistorio asegura que o goberno municipal celebra que o inmoble sexa xa BIC, unha medida que vincula co posicionamento do goberno local e cos informes técnicos “dos mellores profesionais que avalaron o resultado logrado”.

“A decisión de impulsar a declaración como BIC non só tiña como obxectivo a protección do noso patrimonio histórico e artístico, senón tamén lograr que todos os cidadáns teñan acceso a un ben que tiña que ser público“, engade. Ademais, recalca o seu “compromiso” de promover a demanda pola titularidade do inmoble “leste mesmo ano”. Dela, engade que “se verá reforzada agora coa declaración BIC”.

APERTURA A VISITAS

Pola súa banda, o grupo municipal do BNG lembra que a protección da Casa Cornide, con réxime de visitas do público e inventario de bens mobles contidos no edificio, “é total desde o momento en que o Diario Oficial de Galicia publicou, o 24 de maio de 2021, o expediente de incoación da declaración BIC“.

“Desde ese mesmo momento, e sen esperar a que se completase o proceso, a familia Franco tiña que permitir a visita ao palacete un mínimo de catro días ao mes”. “Por tanto, e en canto ao réxime de visitas ao inmoble por parte do público, e do mesmo xeito que fixo co Pazo de Meirás, a familia Franco incumpre os seus deberes desde o 24 de maio de 2021, incumprimento que se produce coa absoluta complicidade da Xunta”, engade.

Por outra banda, insta o goberno local a que presente ante os tribunais a demanda xudicial para a recuperación da Casa Cornide “e a que o faga de inmediato como así se comprometeu Inés Rey cando en maio pasado concluíu o proceso por parte da Xunta.

Máis novas

Defensa do Común atribúe á mobilización cidadá a declaración como BIC da Casa Cornide

A Xunta declara BIC a Casa Cornide