Inicio Blog Páxina 549

Nova Alerta Laranxa por mar e vento para este martes na costa coruñesa

0

Tras unha fin de semana de tregua, volve un tren de borrascas pasar pola comarca. Pero desta entrarán polo Atlántico.


Asi, Meteogalicia prevé a activación de senllos avisos por fortes ventos e choivas para este martes en boa parte da costa galega. As alertas serán de nivel laranxa por vento no mar para practicamente toda a costa coa única excepción da Mariña lucense, onde será amarela.

Prevense ventos de forza 8 (60 quilómetros por hora) desde as 9,00 da mañá deste martes ata mediodía.

En terra, os refachos provocarán avisos amarelos por superar os 70 e, mesmo, os 80 quilómetros por hora en concellos próximos á costa da Coruña.

A estes avisos haberá que sumar os de nivel amarelo previstos por abundantes precipitacións, de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora en municipios de Costa da Morte, na península do Barbanza, na comarca de Santiago e noutras zonas do interior da Coruña.

Para o mércores, a borrasca quizais non sexa tan activa, pero o tempo continuará sendo desapracible.

A veciñanza de Lañas prepárase para celebrar a Esfolla Popular

0

Os veciños de Lañas (en Arteixo) xa se preparan para celebrar a terceira edición da súa Esfolla Popular. Terá lugar o 4 de novembro e busca enxalzar a tradición galega da “esfolla”, así como todo o que rodea o millo.

A AVRCD Fontesvellas, organizadora do evento, espera repetir o éxito de anos anteriores. As actividades comezarán cedo, na granxa situada xunto á Praza da Casilla. Os asistentes poderán aprender a cortar e recoller o millo.

Ao mediodía, a festa trasladarase á gran carpa instalada no Campo da Festa, onde os participantes serán convidados a un “Xantar Popular” a base de sardiña salgada con cachelos e xamón asado. A xornada continuará pola tarde, coa actuación da “peteleira” e numerosas demostracións, charlas e exposicións. A parte musical correrá a cargo do Grupo Triskell.

Os organizadores queren facer un chamamento a todas aquelas familias que busquen actividades que facer. “Cremos que a Esfolla é unha actividade ideal para todas aquelas familias que queiran desconectar do traballo e participar en actividades ou ao aire libre cos seus fillos, país e avós.”

Cartel Esfolla Lañás Arteixo

(Vídeo) Tatiana Díaz, supervisora no Chuac: “Os maiores precisan apoio e calor”

0
“As veces a dor é máis psicolóxica… Ao ir a unha habitación, agarrarlle a man e falar con el pásalle a dor, cando non lle puxeras ningún calmante”. É a experiencia de Tatiana Díaz Díez, supervisora de consultas externas do Hospital Universitario de A Coruña. Conta isto no novo vídeo do colectivo Solidarios cos maiores dedicado ao acompañamento hospitalario.
Cada ano entran nos servizos de urxencias dos hospitais galegos máis de 900.000 persoas e “moitas chegan soas”, sitúa a xornalista Sabela Romar ao inicio do vídeo. Tatiana Díaz destaca “ese calor e ese apoio que necesitan os maiores”. Desvela algunha mala experiencia “con xente das residencias” que chegan soas ao hospital, as veces nunha ambulancia e resume “síntense moi sós”.
voluntariado para acompañar a estas persoas é un pequeno pero efectivo remedio segundo din dende o colectivo. Tatiana convida aos pacientes maiores a “que pregunten na Cruz Vermella, o Concello de Coruña, servizos sociais” porque hai persoas que dedican un tempo a prestar este servizo de acompañento hospitalario. En ocasións, manifesta ela, é sinxelamente ir ao hospital e pasear un rato co enfermo por un corredor.

A Xunta achaca as deficiencias do transporte entre Ferrol e A Coruña á gran demanda e a falta de ferrocarril

0

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez, asegurou que os problemas do transporte público por estrada entre as cidades de Ferrol e A Coruña débense, por unha banda, a que “non hai alternativa ferroviaria” e, por outra, á alta demanda que xeran as bonificacións autonómicas.

Sobre esta última cuestión, a conselleira puntualizou que por iso se incrementaron “de forma substancial” os servizos a través de reforzos: “Seguiremos instando ás concesionarias a que sigan reforzando servizos para ofrecer esa alternativa”.

Ditas manifestacións realizounas Vázquez na mañá deste luns a Ferrol, durante unha visita ás obras que se están realizando na zona do porto. “É fundamental que o Goberno de España se poña as pilas para avanzar neses servizos ferroviarios A Coruña e Ferrol“, manifestou a integrante do Goberno galego.

“É certo que coa anterior concesionaria a situación da conexión ferroviaria era a mesma que agora”, pero “a situación ante os prezos non eran os mesmos”, posto que agora “son moito máis económicos e moito máis accesibles”. Segundo Vázquez, “a gran diferenza do transporte público antes e de agora é que o billete do autobús ao usuario é moitísimo máis barato” e que, por iso, “capta máis usuarios”.

“E, por tanto, instaremos ás concesionarias para que sigan reforzando os servizos. A diferenza entre antes e agora é que o autobús é moito máis accesible, moito máis económico para os usuarios da Coruña e Ferrol”, detallou.

A Policía Local da Coruña gaña un premio nacional ás Boas Prácticas na Educación Viaria

0

A Policía Local da Coruña resultou gañadora do Premio ás Boas Prácticas na Educación Viaria nos VIII Premios Nacionais de Seguridade e Educación Viaria para as Policías Locais. José Manuel Rico, intendente do 092 coruñés, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, recibirán o galardón este martes, 24 de outubro, nunha cerimonia que se terá lugar en IFEMA (Madrid), no marco da IV Convención Nacional sobre Seguridade Viaria das Policías Locais.

Estes premios outórgaos a Unijepol, en colaboración coa Federación Española de Municipios
e Provincias (FEMP) e a Dirección Xeral de Tráfico. O xurado decidiu outorgarlle ao Concello
da Coruña este galardón polo traballo da Policía Local nos centros educativos da cidade. O 092 participa activamente desde hai máis de vinte anos na formación do alumnado co obxecto de familiarizar os cativos e cativas coa contorna urbana, co desenvolvemento de condutas seguras e de autoprotección, coa adquisición de autonomía nos seus desprazamentos ou co cumprimento das normas de convivencia.

No curso pasado instruíron a máis de 3.000 alumnos e alumnas de todos os ciclos formativos con programas como ‘Os parruliños coñecen a rúa’, simulacros de accidentes de tráfico, marchas ciclistas escolares, saídas interactivas, obradoiros de apoio á mobilidade ou programas de formación e prevención a colectivos de risco.

 

Imaxinas como sería A Coruña hai 350.000 anos? Ou no século I antes de Cristo?

Aínda estás a tempo de visitar unha expo urbana para coñecer a evolución da cidade da Coruña. Imaxinas como sería a cidade hai 350.000 anos? Ou no século I antes de Cristo?. Ata o día 24 está instalada no Parrote unha mostra do pasado e do presente da Coruña.  Baseándose en datos topográficos e xeolóxicos do proxecto Estación Visual desarrollado por Galaicos Visual,  amosa por primera vez, en gran formato, como foi a historia coruñesa.

Asistentes á mosta de Estación Visual sobre a evolución da Coruña / Inés

Producida para o Festival Mar de Mares, esta mostra amosa impresionantes vistas dunha Coruña modelada en cada era histórica pola acción dos elementos e os distintos cambios climáticos aos que estivo sometida a Terra ao longo da súa historia. Este venres, un dos impulsores deste proxecto, Enrique Cabarcos, foi o guía excepcional para un grupo de máis de 20 persoas que ficaron sorprendidos polo cambio da cidade nestes 350.000 anos.

Cabarcos amosou unha península inundada pola suba das augas provocadas polo desxeo, a baixada do nivel do mar e a creación do que foi a maior duna fósil de Europa no monte San Pedro, un pequeno núcleo de viviendas romanas na zona vella da cidade ou unha enorme praia na zona do porto actual e as aguas da bahía surcada por barcos de vela romanos.

E, como non, tamén a Torre de Hércules, como era hai 2.000 anos desde distintas perspectivas. E unha Torre de Hércules afundida nas augas por efecto da suba do nivel do mar dentro de 150 anos.

Enrique Cabarcos, de Estación Visual, amosando a evolución da Torre de Hércules / Inés

UN INTENSO TRABALLO

A mostra é froito dun traballo constante durante case 30 anos e presentado por Estación Visual A Coruña na primavera deste ano a través dun ‘crowfunding’ que serviu para financiar o seu proxecto de reconstrución virtual da historia do territorio da cidade herculina.

Este gran proxecto permite achegarse a feitos universais como as glaciacións, as subas e baixadas do nivel do mar, os cambios nas especies, a chegada do ser humano ou o Imperio Romano. “O proxecto móvese nas dúas direccións: permite ver todo a través da Coruña, pero tamén coloca A Coruña no centro”, indicou Cabarcos.

 

Outras novas interesantes

Así era a ría do Burgo hai máis de 2.000 anos nunha noite con superlúa de sangue

Olladas doutro tempo: Campo do Carballo e Camiño Novo

O BNG esixe retirar toda a simboloxía franquista das dependencias de Defensa na Coruña

0

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno que retire toda a simboloxía, os elementos e as informacións que supoñan un ensalzamiento da sublevación militar e da ditadura Franquista das dependencias do Ministerio de Defensa das cidades de Ferrol e da Coruña.

O Bloque tamén propuxo revisar todo o contido de rótulos e informacións ofrecidas no Museo Histórico Militar para eliminar todo tipo de propaganda franquista e dar unha visión acorde coa realidade histórica, ademais de aproveitar para incorporar o galego nos rótulos e informacións.

“En distintos edificios e dependencias titularidade do Ministerio de Defensa nas cidades da Coruña e Ferrol aínda se poden observar elementos que supoñen un ensalzamiento da ditadura”, criticou Rego, segundo recolle o BNG nun comunicado, que asegura que teñen que ser retirados, como manda a Lei de Memoria Democrática.

A organización nacionalista tamén lembrou que hai numerosos casos de simboloxía franquista nas devanditas cidades, como o escudo coa aguia Franquista na posta do Comandante de Garda no Cuartel de Atocha.

“Desde a deturpación do topónimo da cidade en distintas referencias ata a falta total de rigor histórico en distintas informacións”, lamentou Rego, indicando outros elementos franquistas que alí se exhiben.

Piden ao Concello o arranxo urxente do tellado do Palacio da Ópera ante a marea de pingueiras

0

O PP esixe ao goberno municipal unha solución urxente ás filtracións no tellado do Palacio da Ópera, que afectan a ambos os corredores así como a zona pública, polo risco que provocan.
Cada vez que chove, é habitual ver cubos recollendo auga das fugas do teito no chan do salón e zonas onde falta o falso teito tanto no interior como fóra da zona de estar.

Esta situación, que continúa no tempo, “ofrece unha imaxe lamentable para os que se acheguen a ver os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia ou a diversos espectáculos celebrados no recinto, que acolle cada semana eventos que reúnen multitude de persoas, moitas de fóra da cidade”, denuncian.

As choivas da semana pasada agravaron o problema, sobre todo na parte arriba dos asentos, e varios abonados da GSO tiveron que ser reubicados por fugas, como ocorreu en ocasións anteriores por problemas semellantes.

“O pobo galego, co pobo palestino”

0

Trala impresionante resposta á chamada do 17 de outubro, os colectivos Galiza por Palestina, BDS Boicot a Israel ou Mar de Lumes, volveron convocar unha manifestación en 17 cidades do país para apoiar a Palestina.

Foi esta mañá de domingo cando, a pesar do tempo, milleiros de persoas ateigaron o Obelisco para amosar a súa soliedariedade coa resistencia do pobo palestino. Unha nova demostración da actitude crtítica da nosa sociedade herculina.

Manifestacion Coruna por Palestina-Foto-Mar de Lumes

En 17 cidades

Máis novas

Mohamed Safa: “Por que os palestinos non temos ese dereito á autodefensa que Europa si llo outorga a Israel? ou a Ucrania?”

 

José Carballido lanza novo vídeoclip en galego

0

Xa coñecemos o traballo integramente en galego de José Carballido. O coruñés, mestre no CEIP de Caión, e a súa banda de herculinos formada por Diego Lestón (batería), Daniel Añón (guitarras), Lalo Carnota (baixo) e José Roca (teclados), lanza un novo vídeo no marco do traballo “A sombra dos soños”.

Este é “Tras sete muros”.

Novas relacionadas

A Sombra dos Soños, o proxecto integramente en galego de José Carballido