Inicio Blog Páxina 560

Luís Bolón explica a gaita e a zanfona á veciñanza da Agra

0

Este venres, 1 de decembro ás 20:15 h. terá lugar no local da Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” (rúa Entrepenas 38) a charla musical “A gaita e a zanfona como acompañamento ó canto” de Luís Bolón, que fará un percorrido por diferentes casos na tradición galega onde instrumentos de vento e corda acompañan á voz. Como exemplo, acompañando á interpretración ao vivo, poderanse escoitar rexistros sonoros de recollidas, que serán comentadas e analizadas.

Luís Bolón naceu na Coruña en 1995. Aos oito anos comeza os estudos regrados de Gaita Galega que complementa con formación en frautas traveseiras, percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Tamén asistiu a cursos con Carlos Núñez, Dani Bellón, Cristian Silva, Luís Prego, Aleix Tobias, Xisco Feijoo, Carmen Rey, Efrén López. Posteriormente estuda no Conservatorio Superior de Vigo con Lorena Freijeiro, Iván Abal e Carlos Castro, onde acada o título superior en interpretación dos Instrumentos da Música Tradicional e Popular.

Levou a cabo diferentes concertos e recitais por todo o país e participou como músico solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira de Cambre. Realizou a composición e interpretación musical da banda sonora da obra teatral Bath time. Como docente impartiu aulas na A.C. Arume de Caión, Universidade de Vigo, EMM Abegondo. Actualmente é director artístico de Cántigas da Terra e mestre de instrumentos populares na Escola de Música Sementeira de Cambre, ademais forma parte do grupo Os Melidaos e do colectivo Cantometrics.

A Coruña respondeu á sexta semana de concentración en apoio ao pobo palestino

0

Vai para dous meses a nova fase da ocupación do goberno sionista de Israel sobre Palestina dende que o 7 de outubro a ofesiva de Hamás humillase ao goberno de Netanyahu. Dous meses de guerra que está afogando á xa afogada poboación de Gaza, que leva aguantando máis de 70 anos de asedio.

Xa van 7 semanas dende a cidadanía galega se leva organizando para demostrar que somos un país solidario, e cada luns son milleiros de persoas as que acoden ás concentracións convocadas polos colectivos Mar de Lumes, BDS Boicot a Israel e Galiza por Palestina en máis de 20 cidades galegas para amosar o rexeitamento a esta invasión.

Este luns 27 de novembro, a pesar da choiva, non foi a menos.

Máis novas

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

O Sindicato de Estudantes saíu á rúa ante o xenocidio sionista contra o pobo palestino

Un mar de paraugas contra o xenocidio palestino

As persoas privadas de liberdade do CIS apadriñan e coidan o areal da Torre

A praia do Areal, como din os entendidos, ou a praia das Lapas como se coñece a día de hoxe, xa ten os seus salvadores. Son as persoas privadas de liberdade do Centro de Inserción Social da Coruña que participan, da man do colectivo Mar de Fábula, no proxecto “Entre Crebas, Coidando a praia das Lapas”. Facendo un paralelismo co proxecto “Entre Patios”, esta colaboración pretende formar ás persoas residentes do CIS en materia medio ambiental, respecto ao entorno e responsabilidade no coidado do mesmo.

O proxecto arrincaba o pasado luns 20 cunha primeira limpeza, e unha vez ao mes, persoal do CIS e de Mar de Fábula acompañarán ás persoas participantes para coidar este areal ubicado entre o Centro de Inserción Social e a Torre.

Ademais da intención social do proxecto, a vertente científica tamén é importante, porque permitirá “facer o seguemento e análise, con frecuencia mensual, do lixo mariño que o mar nos devolve na praia das Lapas, esa pequena porta aberta ao océano que nos achega, nas súas liñas de marea, unha ampla mostra de todos os refugallos que veñen dese grande supermercado do lixo que temos feito do mar”, explica Xosé Manuel Ramos, alma da entidade medioambiental..

Menuda sorpresa levaron as 12 persoas do CIS ao avaliar todo o lixo mariño recollido en apenas 2 horas de traballo, decatándose de que o areal non estaba tan limpo como parecía a primeira vista. Case 40 kg de lixo recolleron entre plásticos (bolsas, botellas, tapóns, embalaxes, palillos das bateas do mexillón…), gomas (restos de roupa, aparellos de pesca (cordas), cabichas, madeira, latas, vidro, bastonciños de algodón…

Unha marea de lixo que non volverá ao noso mar gracias ao proxecto Entre Crebas.

Novas relacionadas

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

De prisión, a activistas contra o lixo plástico

“Os Naufraxios da Costa da Morte” na Mariña da Coruña

A zona da Marina acolle ata 22 de xaneiro de 2024, a colección de murais de azulexos “Os naufraxios da Costa da Morte”. Trátrase do proxecto social da empresa Suministros Lar, que leva dende 2006 organizando concursos bianuais nos que centros de ensino de toda a provincia se achegan á arte do azulexo, participando nun proxecto multidisciplinar que afonda sobre as realidades e as historias da comarca da Costa da Morte.

Unha Mostra perfecta para que o milleiros de visitantes que atracan no porto coruñes a través dos cruceiros poidan coñecer a historia desta singular comarca, e que mirada á perfección coa exposición que presenta a Fundación Marta Ortega sobre o fotógrafo Helmut Newton.

Neste caso, a exposición recolle 9 murais de azulexo realizados por alumnos dos institutos e usuarios das asociacións Apem e Aspaber, que recollen a historia doutros tantos naufraxios. Así, paseando polo centro da vila poderás coñecer a historia do City of Agra, un barco inglés afundido en Arou, Camariñas, La Bayonnaise, unha corbeta francesa afundida en Finisterre, ou o buque inglés Serpent, que afundiu na enseada de Trece de Camariñas, e cuios tripulantes falecidos xacen no mítico Cemiterio dos Ingleses.

Exposicions de Murais de Azulezo dos Naufraxios na Marina Coruna 12

Trátase dun proxecto transversal, que vincula a educación, a inclusión, a creatividade e o desenvolvemento do talento dunha forma extraordinaria coas nosas raíces, ao tempo que potencia as capacidades, e todo isto queda plasmado nunha auténtica obra arquitectónica con todo o aprendido durante o proceso.
A iniciativa permite aos centros participantes realizar unha completa inmersión en cada temática. Desta volta, mergulláronse na historia dos naufraxios, escoitando as charlas do mariñeiro e gran coñecedor Pepe de Olegario. Escolleron un evento e investigaron sobre el para deseñar a súa obra, e despois facer ese traballo manual tan necesario nos tempos das tabletas.

un alumno no proceso de elaboración dos murais
un alumno no proceso de elaboración dos murais

Rebaixan a pena de dous acusados de entrar nunha vivenda en Arteixo

0

Dous acusados de violación de morada, danos e ameazas aos residentes dunha vivenda en Arteixo admitiron os feitos e aceptaron unha condena con rebaixa de pena e suspensión da mesma coa condición de que non cometan un delito nun período de dous anos. Foi no xuízo fixado para este mércores na Audiencia Provincial da Coruña e despois de que os procesados accedesen a unha vivenda na que residía, xunto aos seus pais, un coñecido co que mantiñan rifas previas.

Foi tras un acordo entre as partes personadas. No caso dun deles aplicáronselle as atenuantes de alteración psíquica e reparación do dano e no outro esta última. Tamén se tivo en conta a consignación do pago da indemnización. Os feitos producíronse sobre o sete da mañá do 1 de xaneiro de 2019 cando os procesados presentáronse na vivenda e saltaron o muro para entrar.

“No momento de acceder ao patio fixérono sen o consentimento de ningún dos habitantes da vivenda e sabendo, por tanto, que con iso non respectaban a inviolabilidade do domicilio”, expón Fiscalía no seu escrito de cualificación, no que sinala que tamén golpearon con macetas dous vehículos. Fixérono, sinalan, co obxectivo “de menoscabar a propiedade os vehículos, así como para amedrentar ao fillo dos propietarios”.

A este o ameazaron con matalo, ademais de golpear a porta da vivenda e arroxar unha carretilla contra a xanela do salón. Cando a romperon, un deles entrou e volveu ameazar ao fillo dos donos. Para un deles, Fiscalía pedía penas que sumaban dous anos e nove meses e para o outro dous anos e cinco meses. Finalmente, rebaixouse nun caso a dez meses e a outro a un ano, ademais de multas por danos.

Morre o escritor e profesor coruñés Miguel López, coñecido como ‘O Hematocrítico’ nas redes sociais

O escritor e profesor coruñés Miguel López, coñecido como ‘O Hematocrítico‘ nas redes sociais, faleceu este luns. O autor de libros infantís, que tiña 47 anos e cobrou protagonismo en Twitter (agora ‘X’) cun marcado perfil humorístico, estaba no seu domicilio coa súa parella, a escritora Ledicia Costas, cando sufriría un infarto.

Costas confirmou o falecemento en redes sociais. “Desde unha dor inmensa teño que contarvos que esta tarde se ha ido o meu compañeiro de vida e a persoa máis marabillosa que se cruzou no meu camiño. Esteas onde esteas agora mesmo, grazas”, trasladou.

Dirixentes de distintas cores políticas trasladaron a Costas o seu pesar polo falecemento de Miguel López. É o caso da líder do BNG, Ana Pontón; dos socialistas Gonzalo Caballero e Carmela Silva; ou de Ángela Rodríguez ‘Pam’, entre outros.

UNHA TRAXECTORIA ADMIRABLE

Miguel López (A Coruña, 1976), profesor de educación infantil e primaria en A Coruña, fíxose coñecido no mundo editorial como ‘O Hematocrítico’. Toda unha estrela nas redes, foi o responsable de proxectos de humor tan populares como ‘El Hematocrítico de Arte‘, ‘Drama en el Portal‘ ou ‘Los Hermanos Podcast‘. Colaboraba con numerosos medios de comunicación, como a revista ‘GQ‘, onde tiña unha columna sobre crianza, e en Twitter, onde estivo publicando ata o mesmo mediodía de onte, tiña case 160.000 seguidores.

É autor de libros infantís como ‘Felix Feroz‘, ‘Agente Ricitos‘, ‘Max Burbuja‘, ‘Cuadernito de Escritura Divertida‘ ou ‘Lobo con botas‘. O seu último libro, ‘Leo no sabe jugar‘, tiña prevista a súa publicación este mesmo mércores e conta as desventuras dunha panda de rapaces que só sabe xogar con gafas virtuais, artiluxio que un gato lles rompe. O accidente provoca que teñan que encarar como divertirse doutra maneira.

Os seus miles de seguidores en Twitter recordarán que foi López o inventor da palabra ‘tróspido’, que usaba como adxectivo no seu seguimento nesta rede social de programas de televisión. O pseudónimo comezou a usalo a finais da primeira década deste século. Os seus primeiros lanzamentos literarios tiveron que ver coa pintura: entre 2012 e 2014 publicou dous libros titulados ‘El Hematocrítico del Arte‘, nos que co seu humor repetía en papel o que xa fixera na súa conta de Tumblr: retitular cadros con toda a sorna posible.

XERAIS avanza actos para despedilo

A editorial Xerais expresou a súa pesar polo falecemento do escritor coruñés Miguel López, coñecido en redes sociais como ‘O Hematocrítico’, e avanza que haberá actos para despedir ao autor. Así, calquera persoa que o desexe pode enviar as súas condolencias ao correo hematocritico.actividades@gmail.com.

A través dun comunicado, Xerais transmite todo o seu “agarimo á familia e amizades do escritor, mestre e divulgador”, á vez que pide respecto “neste momento de dor”.

A editorial destaca o humor como “elemento común” da súa obra, que “achegou a lectura a toda unha xeración”. O seu estilo “desenfadado” e o modo en que “conectaba cos intereses e códigos dos nenos e nenas deixa un recordo inesquecible en todas as persoas que o coñeceron”.

Miguel López tiña 17 obras no catálogo de Xerais. Hai tan só unhas semanas, chegaba á libraría ‘Caramomia’, unha obra conxunta que o autor asinaba xunto coa autora viguesa Ledicia Costas (a súa parella), Daniel Landesa e María Lado, ilustrada por Martín Romeu, que foi escrita durante a pandemia.

“Lembrarémosche sempre cun sorriso. Grazas, Hemato”, conclúe o comunicado de Xerais.

Maná actuará no Coliseum o 27 de xuño

0

O grupo mexicano Maná actuará no Coliseum da Coruña o próximo 27 de xuño no marco da súa xira por nove cidades españolas dentro da súa tour mundial ‘México Lindo e Querido’ e tras seis anos sen actuar en España, informou a promotora Live Nation.

A xira española, para a que as entradas se porán á venda o venres, empezará o 9 de xuño no Palau Sant Jordi de Barcelona, e seguirá o 13 de xuño en gMarenostrum de Fuengirola (Málaga), o 27 no Coliseum da Coruña e o 29 no BEC de Bilbao.

En xullo, a xira parará o día 3 no Wizink Center de Madrid, o 6 no Granca Festival das Palmas e o 11 no Concert Music Festival de Chiclana de la Frontera (Cádiz), nun tour que tamén terá unha data en Londres o 13 de xullo no OVO Area Wembley.

Localizado en Sevilla o home de 82 anos que faltaba do seu domicilio na Coruña

0

O home de 82 anos que faltaba do seu domicilio na Coruña foi localizado en bo estado en Sevilla, segundo informou SOS Desaparecidos despois de solicitar axuda para a súa localización.

Trátase de Pedro Jiménez Borja, de 82 anos, 1,75 de estatura; 80 quilogramos; pelo e barba canosa e ollos verdes, precisaban na información facilitada para axudar á súa localización.

En concreto, SOS Desaparecidos explicou que se trataba dunha persoa con “alta vulnerabilidade” e que faltaba do seu domicilio, na cidade herculina, desde este luns, día 27.

A Coruña terá un prazo de dous meses para redactar un plan como zona tensionada de aluguer

0

Os concellos galegos que pidan declarar zonas tensionadas de aluguer terán que presentar no prazo de dous meses un plan específico que conteña as medidas necesarias para a corrección dos desequilibrios evidenciados, así como o calendario de desenvolvemento destas accións.

Así figura na disposición adicional introducida polo Partido Popular nas emendas presentadas ao proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2024.

A propia conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou a pasada semana que con esta disposición adicional a Xunta busca introducir mecanismos para regular a declaración de zonas tensionadas de aluguer ao “non estar habilitada” ningunha fórmula para iso na lei estatal. “As leis están para cumprirse” polo que a Xunta debe buscar a “fórmula máis adecuada posible” para abortar as peticións de concellos como o da Coruña, indicou.

En concreto, o texto incluído polos populares nas emendas concreta que lle corresponde ao Instituto Galego da Vivenda e Só (IGVS) e previa solicitude do concello interesado, a designación como zona de mercado residencial tensionado daqueles ámbitos nos que ocorran os supostos incluídos na Lei de vivenda.

O BNG ARREMETE CONTRA A MENDA DO PP

O portavoz parlamentario adxunto do BNG, Luis Bará, arremeteu este luns contra a emenda presentada polo PPdeG á lei de medidas fiscais e administrativas sobre a regulación das zonas de vivenda tensionada, xa que, ao seu xuízo, esconde un “boicot” á implantación real da medida.

Tras observar a un goberno galego “descoordinado e desfondado”, despois de que a conselleira de Emprego, Elena Rivo, non acudise ao pleno do Parlamento a responder preguntas da oposición, Bará reprobou que a Xunta se dedica a “facer anuncios” e a exercer de “axencia de viaxes e de noticias de propaganda”, así como para gobernar “contra a maioría social e ao servizo dos grandes poderes económicos”.

Bará lembrou que a lexislación estatal recolle que para poder declarar unha zona tensionada, o prezo da vivenda debe superar nun 3 por cento o IPC acumulado nos últimos 15 anos (do 14,5) e supor o 30 por cento da renda media. A este respecto, manifestou que esta situación se daría nuns 120 municipios, segundo un informe do Instituto Galego da Vivenda e do Solo (IGVS).

Novas relacionadas

A muller ferida con arma branca pola súa parella evoluciona favorablemente no CHUAC

0

A muller ferida con arma branca pola súa parella na Coruña atópase ingresada en planta e evoluciona favorablemente, segundo informaron fontes do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).

A detención produciuse sobre as 11,00 horas do luns despois de que varias patrullas policiais se desprazasen ata o número 3 da rúa Tornos por un episodio de violencia de xénero. Un home foi detido pola Policía Local por agresión con arma branca á súa parella, que puido saír polo seu propio pé do lugar. Desde o 061 trasladoulla ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).

Ao lugar, desprazouse unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo de Atención Primaria. Da investigación, fíxose cargo a Unidade de Familia e Atención á Muller da Policía Nacional. Mentres, o home segue detido á espera da súa posta a disposición xudicial, precisaron fontes do Corpo Nacional de Policía.