Inicio Blog Páxina 710

A Xunta destaca os avances na nova intermodal da Coruña a tres meses das municipais

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou o “salto cualitativo” nas obras da nova estación de autobuses da Coruña, dentro do proxecto da nova intermodal, co inicio das cimentacións. Fíxoo nunha visita á zona, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre.

Ethel Vázquez destacou os traballos que se están executando desde setembro e, en particular, o inicio das cimentacións de cara a levar a cabo un proxecto que definiu como unha “obra estratéxica” para A Coruña e que contará cun investimento de 40 millóns.

Con motivo desta visita, desde a Consellería resaltouse tamén que o Goberno galego está a actuar con “máxima dilixencia” para cumprir os compromisos coa intermodal da Coruña, na que a estación de autobuses será a primeira peza.

Desde o pasado 27 de setembro, trabállase na zona na preparación do terreo e a retirada de chans contaminados. Tamén se executaron as primeiras demolicións de distintas construcións qe ocupaban o espazo onde estará a estación de autobuses, que contará con 20 dársenas. “Unha infraestrutura planificada ao mesmo tempo que outras intermodais xa en servizo como Santiago e Ourense, pero sufríronse diferentes atrasos alleos á Xunta”, lamentou a conselleira.

O xulgado ve indicios de branqueo de capitais, estafa e corrupción no Sindicato de Limpeza da Coruña

0

Os catro membros do Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL) da Coruña quedaron en liberdade, pero investigados, entre outros delitos, por branqueo de capitais, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Nesta xornada pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 6 da cidade herculina. A maxistrada alzou leste mesmo venres o segredo das actuacións que se decretaron tras a detención o mércores das catro persoas, dous homes e dúas mulleres, e o catro rexistros practicados, un na sede do sindicato.

Os delitos principais que se investigan nesta causa, aos que se suman outros accesorios, son os de corrupción entre particulares, estafa e branqueo de capitais.

Agora será a titular do Xulgado de Instrución número 6 da Coruña, en funcións de garda, a que determine a situación na que quedan os detidos. Este sindicato, que representa aos traballadores do servizo de limpeza na cidade, mantivo ao longo dos anos diversos conflitos laborais co consistorio coruñés.

Culleredo amplía un 24% o seu orzamento

0

O Concello de Culleredo presentou uns orzamentos de cara a este 2023 con 34,4 millóns en 2023, un 24% máis que exercicio pasado.

A chave son os 8,8 millóns previstos como investimentos para grandes proxectos en áreas como a rede viaria, espazos equipamentos públicos e municipais. Así o sinalou o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, aboga por un proxecto orzamentario con “grandes actuacións polo progreso que está a vivir Culleredo”.

Os gastos de persoal implican un investimento do 25% do orzamento, 8.795.954,76 euros. E o os gastos en bens e servizos ascenden a 14.594.847,28 euros, apartado no que inclúen os gastos dos servizos sociais, os de maior calado.

A proposta de orzamento elevarase ao pleno da corporación na próxima semana.

Rede viaria

Neste eido hai previstas no plan de accesibilidade e reurbanización do rural: melloras en Orro, Vinseira, Boedo, Bregua e Celas, con 700.000 €; as actuacións de mellora de estradas en Rutis, con 622.000 euros; o intervencións nas urbanizacións de Monte Alfeirán, Vallesur, Los Olivos e Mansosol, con 600.000 euros; e unha bolsa de mellora de pavimentación nas vías municipais que chega aos 750.000 euros.
A contorna do CEIP Tarrío renovarase para aumentar a seguridade escolar, con a investimento de 134.000 euros. A continuación da posta en valor do Camiño Inglés en
Almeiras terá unha reserva de 140.000 euros. Outra ruta peonil e ciclista proxectada será a que une o polígono industrial de Alvedro co núcleo do mesmo nome, tamén habilitado para bicicletas, con 41.000 euros.
No casco urbano realizaranse numerosas actuacións, como a reforma da rúa Andrés Pan Vieiro, no Burgo, con 406.000 euros, ou a reforma das prazas de Tierno Galván, con 407.000 euros. E o Concello creará aparcadoiros no Burgo e Vilaboa por 300.000 euro.

Instalacións

En canto a instalacións e locais públicos, o Concello destina 600.000 euros a a herba do campo do Carrizo; 420.000 euros para o parque das Brañas; 200.000 euros para reformar a praza e parque infantil de Tarrío; unha bolsa de 200.000 euros para substitucións en xogos infantís; e 50.000 euros para un parque periurbano en Almeiras. Tamén se programa unha actuación de 600.000 euros para acondicionar o edificio C de a antiga fábrica de La Cros, a adaptación da Torre de Celas con 92.000 euros, ou a dotación de instalacións de escenografía en Servizos Múltiples por 70.000 euros, entre
outros.

Non me toquen a Roald Dahl

Roald Dahl é un dos meus escritores favoritos de literatura infantil (se é que iso existe).
Que levante a man quen non lera As bruxas, Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate, James e o pexego xigante, A marabillosa medicina de George ou Os cretinos. Vexo poucas mans por aí, normal, todas estas historias forman parte das nosas primeiras lecturas e do imaxinario colectivo de centos de miles de infancias.
Pais cretinos, avoas malignas e os seus netos vengativos, bruxas calvas que comen nenos,
nenos que lles cheiran a caca de can, nenas que len con avidez ou unha fábrica que calquera neno soña visitar billete dorado mediante.

Pois ben, resulta que estes días saltou a noticia de que, instada pola organización Inclusive Minds, Penguin Books, a editorial inglesa de Dahl, decidiu rescribir os seus libros para facelos inclusivos, didácticos e políticamente correctos. Deste xeito Augustus Bloom pasará de ser gordo a ser enorme (que non sei eu que é mellor ou peor), advertirase de que existe xente calva por causas diferentes á bruxería (non me digas), Matilda non lerá só a autores homes senón tamén a Jane Austen (que seguro que tamén lle encantaría lela pero non obrigada), os Oompa Loompa serán xente e non homiños, e eliminarase calquera referencia a brancos, negros, etnias e demáis barbaridades.

A miña opinión é Totalmente En Contra, sen dúbidas, sen fendeduras nen medias tintas, en radical homenaxe ao meu adorado Dahl, que tamén era radical, moito máis ca eu, onde vai parar.
Non estamos a falar de versionear ó autor, nin de adaptar as súas obras a diferentes idades, nin de facer novos contos ilustrados a partires das súas historias.
Estamos falando de mutilar e macelar a súa obra, quitando, cambiando, engadindo e advertindo.
Que cativada lectora desexa que lle advirtan que o que vai ler é gamberro, inapropiado ou sinxelamente groseiro?, que neno ou nena quere que os censores lle borren as pasaxes máis chocantes ou indignas?.

E se algún rapaz, ou máis ben os seus proxenitores meu pobre, quere iso, pois que lea O monstro do cores ou algún deses libros con moral (ou peor, moralina) final, seguro que aprende a ser un equilibrado cidadán, pero tamén asegúrovos que rirá moito menos e terá menos espírito crítico e rebeldía.

Última hora! Alfaguara e Santillana, dúas das editoriais que publican a Roald Dahl en español, anuncian que non van retocar as obras que levan publicando dende finais dos anos setenta.
Suspiro un pouco aliviada, aínda que temos que ficar alerta porque a censura é teimuda e non descansa.
Longa vida a Roald Dahl sen edulcorar!

 

  • Beatriz Alfonso. Xurista, iogui en grao de tentativa e lectora apaixoada.

Máis artigos de Beatriz Alfonso

Inicia unha folga de fame para reclamar que as administracións cumpran os prazos

0

Un veciño de Miño, Minguel Anxo Abraria, comeza mañá unha folga de fame diante da Delegación do Goberno na Coruña para reclamar o cumprimento dos prazos administrativos marcados pola lexislación. “Un dos dereitos vulnerado de xeito reiterado polas administracións é o cumprimento dos prazos no trámite dos expedientes para as solicitudes de licenza de obra, establecido en tres meses“, explica.

No caso de Miguel Anxo, vive unha demora de case catro anos por parte da área de Urbanismo do Concello de Miño ante a tramitación dunha licenza de obra maior solicitada no 2019. “A folga de famen ten entre os seus obxectivos que o alcalde de Miño me reciba e dea explicacións en persoa dos motivos polos que o meu expediente fique sen resolverse”, apunta Abraira.

Con esta iniciativa quere esixir os motivos do retraso da súa tramitación, así como a filtración á prensa por parte do Concello “de expedientes persoais” e comunicacións de requirimento á marxe da lexislación. A folga de fame, que comezará mañá ás 17.00 horas, contará cunnha pequena concentración de persoas, que se repetirá o sábado ás 20.00 horas.

CONSECUENCIAS PARA A CIDADANÍA

“A folga de fame non peresegue solucionar o seu problema en concreto, é o berro dun cidadá farto de que se pisen os seus dereitos mentres as adminsitracións incumpren as súas obrigas”, afirman desde a convocatoria. Advirten tamén das perdas patrimoniais que estes atrasos supoñen para os cidadáns, que deben abonar un imposto de obras pero tamén unha taxa municipal.

Sande presentou o proxecto de EU-Podemos nos encontros de ASCEGA

0

Presentaba José Manuel Sande esta mañá de xoves nos eventos da Asociación de Empresarios de Galicia Ascega o seu proxecto como cabeza da lista de Esquerda Unida – Podemos de cara ás vindeiras eleccións do 28 de maio. Como aseguraba na entrevista para o Ascegahoy, “a miña candidatura é un revulsivo de feito ante a mediocridade e o enquistamento desta etapa política na cidade”.

O programador cultural e escritor cinematográfico falou de vivenda, o que foi concelleiro de Cultura e Deporte durante goberno de Xulio Ferreiro, falou de revitalización do comercio local e a importancia dos barrios como eixe vertebrador da Coruña.

Pero sobre todo puxo sobre a mesa a necesidade de afrontar unha real “revitalización da cultura e o deporte, tamén como motores de dinamización económica da cidade”. E nesa liña anunciou unha proposta de convenio de colaboración entre Concello e Autoridade Portuaria para a execución dunha programación cultural e deportiva estable”, “e pública”, nos peiraos interiores liberados dos usos portuarios. A idea é que o Concello sexa promotor de eventos e a Autoridade cedería o uso para eses fins.

Fusión da esquerda?

Se do goberno asegura que foi “moi feble e de paso”, Sande considera que “a oposición da Marea tampouco conseguiu impoñer unha liña de sensatez política”. Pechou esperanzas así a unha posible, e esperada, coalición da esquerda, debullando que dende o seu grupo ofreceron diálogo tanto en setembro de 2022 como este comezo de 2023 cando un manifesto cidadán invitaba a participar a todo o espectro progresista, ante o que, segundo asegurou, o grupo da Marea pechouse e nin sequera respondeu aos ofrecimentos.

Artigos de José Manuel Sande no XdC

A escultora coruñesa Docha Riobóo, finalista do LVIII Premio Reina Sofía

0

A escultora coruñesa Docha Riobóo foi nomeada finalista do LVIII Premio Reina Sofía da Asociación Española de Pintores e Escultores pola súa obra ‘Torso’. As obras finalistas, tanto pictóricas como escultóricas, exporanse a partir do día 1 de marzo na Casa de Vacas do Parque do Bo Retiro de Madrid.

Estas pezas que son candidatas ao LVIII Premio Reina Sofía foron seleccionadas por un xurado conformado por personalidades como o pintor, escultor e académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Antonio López, o pintor, escultor, gravador e académico da Real Academia das Artes e as Letras de Estremadura, Eduardo Naranjo, ou o presidente da AEPE, José Gabriel Astudillo López.

A Raíña Sofía, presidenta de honra da AEPE, presidirá o acto de entrega do premio o próximo 6 de marzo na Casa de Vacas, momento no que se coñecerá a decisión do xurado. Docha Rioboo naceu na Coruña no ano 1946 e inicia a súa formación artística aos 16 anos no estudo do escultor Federico Coullaut-Valera.

No ano 1963 é galardoada coa Terceira Medalla “Salón de Outono” de Madrid, no ano 1969 recibe a Segunda Medalla “Salón de Outono” e no ano 1971 obtén a Primeira Medalla no XLI Salón de Outono da Asociación Nacional de Pintores e Escultores.

No transcurso da súa carreira recibiu outras distincións como o Escarvadentes de Ouro do Salón Cano (1970, Madrid), o Premio Marqués das Amarelas (1971, Madrid), o Premio Barrié da Maza (1974, A Coruña), o Premio Santiago de Santiago (1976, Madrid), ou a Mención Honorífica no Concurso de Proxectos para o Monumento a Simón Bolivar (1978, A Coruña). Aínda que destaca a súa actividade no campo do retrato escultórico a nivel privado, tamén se meteu no deseño, onde realizou diversos traballos para Porcelanas Bidasoa.

Realizou tamén a Medalla Conmemorativa da Xornada Mundial da Mocidade en Santiago de Compostela no ano 1989 e no que respecta á súa obra pública, destaca a escultura ‘Virxe das Rosas’ en Santa Cruz de Tenerife ou os bustos do exterior do edificio A Terraza nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

A Coruña acollerá en marzo unha nova edición da Semana do Cinema Galego

0

A Coruña albergará do 14 ao 19 de marzo o IV Semana do Cinema Galego, na que se proxectarán, no Teatro Colón, as longametraxes de animación, documental e de ficción finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo, cuxa gala terá lugar o 11 de marzo en Ourense.

O programa inclúe nove producións que suman 40 nomeamentos aos galardóns, entre elas, a película de animación ‘Valentina’, gañadora dun Goya en 2022, a ficción ‘Código Emperador’ e o documental ‘Onde máis doe’. As sesións contarán coa presenza dos equipos artísticos e técnicos das películas.

Na presentación, o presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Álvaro Pérez Becerra, explicou que esta edición coincide cun momento “de éxito e importante” para o sector, no que “unha chea de producións galegas están a circular por grandes festivais a nivel internacional”.

Rey e Regueira destacaron o papel de “motor económico” da industria audiovisual galega. “Emprega a máis de 4.000 persoas e aglutina máis de 700 empresas no territorio galego, a maioría na provincia da Coruña”, puntualizou Regueira, tras lembrar que supón o “25% do PIB cultural”.

 

A Coruña lidera a suba de hipotecas en Galicia no 2022 a pesar da crise

0

Galicia rexistrou un total de 15.701 hipotecas constituídas sobre vivendas en 2022, un 8,7% máis que en 2021, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves.

Esta cifra supón a maior en Galicia na última década, xa que hai que remontarse a 2011 para unha cantidade superior (máis de 21.000 por entón). No entanto, este incremento do 8,7% interanual é dous puntos inferior ao 10,9% de subida da media española. De feito, a alza en Galicia só ocupa o décimo posto entre comunidades, que lidera A Rioxa (+28,5%). Navarra é a única autonomía que sofre unha caída (-4,6%).

No tocante a capital prestado, foron 1.832,3 millóns en 2022, o que se traduce nun repunte do 17,9%, neste caso lixeiramente por encima da media española (17,3%).

DATOS POR PROVINCIAS

Por provincias, a maior cantidade de hipotecas sobre vivendas foi para A Coruña, con 9.928, seguida de Pontevedra (8.017). A máis distancia atópanse Lugo (2.032) e Ourense (1.722).

Na comparativa con 2021, Lugo é a única provincia galega con descenso de firma de hipotecas sobre vivendas, case un 12% menos. A Coruña lidera a subida, un 13,3% máis; mentres que Ourense (+5%) e Pontevedra (+4,8%) ten un avance moi similar.

Traballador@s de CCOO mobilízanse por un convenio “xusto” no sindicato

0

Poucas veces unha mobilización deixou tan patente o enrarecido que está o tecido laboral, e como a subida dos prezos non vai para nada acorde coa subida dos soldos.

Esta mañá de xoves, traballadores e traballadoras dun sindicato, CCOO, saíron á rúa para demandar un convenio “xusto” e de melloras retributivas. Fixérono no marco dunha folga indefinida que manteñen para, entre outras cuestións, reclamar á dirección do sindicato en Galicia “unha subida salarial que desde 2014 non temos”, como sinalou Juan Alberto Campos, membro do comité intercentros do sindicato a nivel autonómico. “O sindicato está nestes momentos en condicións de afrontar subidas retributivas modestas”, expuxo.

Ademais, dixo que o que lles separa na negociación “é un punto e medio de incremento en cinco anos” ao pedir no seu caso “un 12,5%” para ese período e o sindicato ofrecer “un 11 por cento”. Ás demandas salariais, sumou tamén “aspectos sociais”.

“O prioritario é chegar a un acordo na cuestión retributiva, que non é insalvable, está a haber resultados positivos nas contas do sindicato”, recalcou o representante sindical sobre unha situación que afecta a medio centenar de traballadores en Galicia.