InicioDEPORTESEste é o neno que todos queremos

Este é o neno que todos queremos

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 24 – Depor 4 – SD Tarazona 1
  • O Dépor mantén un ritmo altísimo dende o arranque do ano 2024
  • Vixésimo cuarto partido de Imanol Idiákez como adestrador do Depor en partido oficial (12V 8E 4D).

—-

Ritmo moi forte do Depor dende que comezou este ano 2024 con moitas vitorias, marcadores moi claros, no que, por fin, barrúntase unha idea clara de xogo e, por riba de todo, apareceu a figura de Lucas a confirmar a candidatura ao ascenso deste equipo. Hai ben pouco falabamos dunha decepcionante primeira volta do campionato e da pobre aportación das chamadas figuras do equipo. Todo isto trocou, aínda que non se sabe moi ben por que, e o nivel do equipo anda ben alto a estas alturas de campinato.

Por situarnos un pouco, o Depor é o mellor equipo da segunda volta con cinco vitorias en cinco partidos e tamén é o mellor no que vai de 2024 no seu grupo da primeira RFEF, con seis vitorias en sete partidos. O equipo rematou a primeira volta con 20 goles a favor (1,05 gol / partido) e 16 en contra (0,85 gol / partido) cun balance pobre de +4 no golaverage total. Os algarismos din nesta segunda volta que o Depor leva 17 goles a favor (3,4 gol / partido) e 3 goles en contra (0,6 gol / partido) cun balance de +14 no golaverage total. É evidente que levamos números difíciles de manter no tempo, pero polo menos achegaron ao equipo a tan só dous puntos do liderato mentres que comezamos a dez puntos da Ponferradina a segunda volta. Temos dereito a soñar cun ascenso directo que hai poucas semanas era unha quimera.

Moitas cousas ben se fixeron por parte do adestrador e por parte do club, pois non convidar a Idiákez a tortilla en Betanzos no seu peor momento, amosa que foi un acerto por parte de Soriano.

Por riba destas cousas está a figura de Lucas e o seu brutal rendemento neste 2024. Resúmese moi rápido: 7 goles e 5 asistencias nos 5 primeiros partidos desta volta. Pero, é que ademais, tamén trocou a súa forma de intervir no xogo, non tan na punta coma cabía esperar, se non baixando a comezar a xogada, nun perfil máis pasador que matador. O seu estado de forma mostra moito traballo e dedicación e a súa implicación está intacta coma referente desta piña. Este é o neno que todos queremos.

O rendemento de Yeremay e de Mella, a volta de Barbero, a adaptación de Alcaina, os Pablos na defensa, a volta da mellor versión de Villares… ingredientes todos aderezados ca salsa Lucas que mesturan á perfección para a versión moderna da Piña Mecánica na que se converteu este Depor. Que isto non pare nos próximos partidos ante Osasuna Promesas e Lugo, de cara a chegar ben colocados ao partido contra o Nástic en Tarragona.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

O vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

Coincidindo co Día da Ciencia a Rúa en santa Margarida, poderemos dusfrutar da Xornada...

A Coruña acolle as mobilizacións centrais polo 1 de maio co foco na demanda de mellores salarios

A Coruña acolle os actos centrais dos sindicatos este 1 de maio, Día Internacional...

Detida unha persoa polo incendio nun edificio na Coruña no que foi rescatada unha menor

A Policía Nacional detivo a unha persoa por mor dun incendio nun edificio do...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here