InicioDEPORTESPequena escorredura sen consecuencias

Pequena escorredura sen consecuencias

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 28 – Depor 1 – Sabadell CE 1
  • Importante o punto rescatado a última hora por un equipo que non deixou de crer.
  • Vixésimo oitavo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (14V 10E 4D).

— — —

Pois non foi tan doado coma parecía que podería ser. O Dépor atopou un rival ben valente dende o principio do encontro e que, cando ían pouco máis de 90 segundos de partido, xa amosou as gañas de non deixarse domar polo líder. Este Sabadell viña da man de dous ex do Dépor, o míster Cano e o director deportivo Rosende. Ambos andan a deixar seu selo no clube catalán con moi bo acerto, un no céspede e o outro nos despachos e no mercado de inverno. Trocaron a cara competitiva dun Sabadell que está a ser do mellor da segunda volta da competición.

Pola súa banda, o Depor viña reforzado polas súas sete vitorias e polo empate en Tarragona que o deixaban líder da competición xa no último tramo desta. Morno partido do líder onde non estivo cómodo en ningún momento e onde non funcionaron as receitas de xornadas pasadas. Para comezar, o equipo empezou perdendo, cousa nunca vista nas últimas semanas de competición, seguido por un xogo con pouca chegada, mérito do rival e demérito do Depor por non atopar outras vías de chegada diferentes as habituais, e, por último, porque errou o que nunca erra. Nesta ocasión cunha boa xogada dun Yeremay, quen perdeu peso nos méritos ofensivos nas últimas semanas, que culminou no penalti que Lucas marrou.

Por sorte, apareceu nos últimos intres de encontro un Barbero que segue ó seu, meter sempre que ten unha preto e axudar a combinar na parcela ofensiva, cousa que mellora xornada a xornada. Esta escorredura non tivo consecuencias na clasificación porque todos os demais rivais tamén empataron seus partidos, agás o Barça Atletic que segue coa frecha cara riba. Aprétase a cabeza clasificatoria mentres comeza as aparecer os lóxicos resultados que ninguén espera.

Ten agora por diante o Depor dúas saídas consecutivas ante rivais da parte baixa da clasificación. Tocará visitar a Rayo Majadahonda e a UE Cornellá para rematar o maldito mes de marzo de tódolos anos. Está por ver que, nesta ocasión, o resultado sexa mellor que nos últimos anos e poder encarar os dous derradeiros meses de competición cas opción intactas polo liderato.

 

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

Centos de persoas maniféstanse na praza de Ourense en demanda de “mellores salarios” e “traballo digno”

Miles de persoas saíron ás rúas en distintas localidades galegas nas manifestacións convocadas polas organizacións...

Somnia, un thriller en galego feito polas novas xeracións do audiovisual coruñés

”Somnia” fala obsesión, de perder o norte cando a vida non é a que...

Amancio Ortega cobra a metade dos beneficios de Inditex, 1.422,5 millóns

O fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, ingresará este xoves, 2 de maio,...

A Filmoteca de Galicia inicia maio cunha retrospectiva sobre o cineasta xaponés Yasujiro Ozu na Coruña

A Filmoteca de Galicia iniciará a súa programación do mes de maio na sala José...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here