InicioDEPORTESO Dépor segue ao seu

O Dépor segue ao seu

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 30 – UE Cornellá 0 – 1  Deportivo
  • Partido práctico dun líder que segue sumando nunha segunda volta espectacular
  • Trixésimo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (16V 10E 4D).

— — —

Unha semana máis o Depor segue ao seu, gañar e agardar resultados dos seus rivais. A verdade é que que no vai de segunda volta o seu ritmo está a ser demoledor para os seus compañeiros na loita polo ascenso directo: 11 partidos xogados con 9 vitorias e 2 empates, sumando 29 puntos de 33 posibles. Este ritmo permitiulle sumar en once partido os mesmos puntos que nos dezanove partidos da primeira volta (29), e ampliar a súa vantaxe goleadora en 30 goles a favor por tan só 6 en contra nestes once partidos. Así, suma agora 50 goles a favor por 22 en contra, o que representa a maior diferencia de goles de todo o campionato, cousa que lle podería servir en caso de empate con algún rival na clasificación e no golaverage particular. Números de líder e números de ascenso, tan só escurecidos pola tremenda racha do Barça Atletic que case clava os números do Depor.

Nesta fin de semana pasou o que tiña que pasar. Gañaron Depor, Barça Atletic e Nástic sendo estes últimos os que amosaron unha maior pegada e serenidade no seu partido ante a Ponferradina, rival que agora queda atrasado na loita polo liderato. Non descartado, pero si máis lonxe e con catro rivais por riba. Perdeu tamén o Fortuna nunha saída difícil a Tarazona, o que deixa os tres vencedores en catro puntos na cabeza da táboa.

Moito queda aínda por diante para sacar conclusións, sabendo que o Barça B aínda ten que visitar a Ponferradina, Dépor e Fortuna e recibir ó Nástic nas cinco últimas xornadas.

Pola súa banda, o Dépor xogou un partido moi práctico, de líder, de equipo que ascende e que contou con ese chisco de fortuna necesario para facer rendible o único gol dun Hugo Rama que anda aproveitando a ausencia de Lucas. Goles e asistencias que firma nas últimas tres xornadas, datos importantes para un dos xogadores que caian en desgraza na primeira volta, xunto cos Valcarce, Cayarga … etc. Pensando xa no que ven esta semana, partido moi difícil co Unionistas en Riazor, no que o equipo ten que demostrar que segue ao seu sumando de tres en tres e achegándose mais ao obxectivo do ascenso.

miguel barreiro

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

 

O Basquet Coruña, o Maristas, o Liceo, o DéporAbanca e o Dépor seguen facendo soñar a toda unha cidade

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

Usuarios dos cursos dos Programa de Lecer do Fórum e do Ágora pregúntanse pola posible suspensión das asamblearias viaxes culturais

Certo malestar vívese estas semanas entre os centos de usuarios dos Cursos do Programa...

14 UTEs que engloban a 78 empresas (só 8 da comarca) optan ao concurso de deseño da fachada marítima coruñesa

Un total de 14 UTEs, que engloban a 78 empresas do ámbito internacional e...

Unha clase de zumba en María Pita para deixar claras as demandas do persoal das Escolas Deportivas Municipais

Nova mobilización esta mañá de xoves 27 de novembro do persoal das Escolas Deportivas...

Outro xoves ás portas do Concello de Cambre

Suma e seguen os xoves que os traballadores do Concello de Cambre paran máquinas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here