InicioCULTURA“I know it could be safer to stay at home”. Crónica amarga...

“I know it could be safer to stay at home”. Crónica amarga do concerto dos Lemonheads

Publicada o

Por Beatriz Alfonso Espiñeira

Levaba eu cosa dun mes preparándome para o concerto do xoves: machacando o vinilo do Come on feel, recordando as letras que xa coñecía e aprendendo algunas novas, poñendo os vídeos, imaxinando os bailes, recordando cando cumplín dezaoito e Carmela emprestoume o disco e graveino nunha cinta… un máster nostálxico en toda regra. Ata collín días libres para estar máis descansada e desfrutar en condicións. E evitei ler as crónicas de Granada e Madrid, os artigos e as críticas, porque tiña esperanza e fe que na Coruña sairía todo ben.

E chegou o día, e a noite, ceei uns papadeltas e un kinder bueno para ter enerxía, escoitamos o concerto de Moura na terraza do Inn coas estrelas (galicia e das outras), e despois de media hora de retraso (aí comezouse a mascar a traxedia). Ás once saíron ó escenario Evan Dando e compañía.

Posto coma un piollo, gordiño, despeluxado e coa mirada perdida, Evan Dando saiu dando uns brinquiños e facendo unha especie de movementos aeróbicos que facían presaxiar a debacle.

Perpetrou algunas cancións sen recordar moi ben as letras nin os acordes, destrozou algúns hits emocionais coma Into your arms, It’s about time ou Big gay heart, favoritas que xa non poderei escoitar na miña vida.

O batería e o baixo intentaban manter a compostura e o ritmo, aínda que ás veces poñían os ollos en branco, que eu os vin. Un rapaz pasáballe vasos de algo. Os fans rían ou poñían cara de circunstancias ou de lástima. Outros abandonaban a sala. Evan Dando cantaruxaba e se enfadaba porque se escoitaba máis a música da Pelícano que a súa. Eu tiña ganas de saltar ao escenario, collelo polo brazo e dicirlle ao oído: Evan sae daquí e vai tomar algo ou durmir un pouco, non sigas con isto. Jesús foi fumar á terraza, María sentouse no chan pola dor de alma (e de costas), eu non podía mirar cara diante da pena.

A banda foise do escenario e Dando quedou só cunha guitarra acústica, cantando en baixiño sen micro, vagando dun lado para outro, e de súpeto marchou e non regresou.

Ogallá non comprara as entradas alá por xuño, porque agora xa non poderei escoitar nunca máis os seus discos. Menos mal que non tocaron I´ll do it anyway, así queda o recordo postadolescente virxe no meu cerebro e non estas imaxes grotescas.

Decíame Jesús de camino a casa que me fago demasiadas películas e ilusións con estas cousas e despóis a caída é máis dura. Esta doeu, e moito.

MÁIS ARTIGOS DE BEATRIZ ALFONSO

ÚLTIMAS

Anpas e Afas convocan unha gran protesta na Coruña contra os “parches” na educación pública

A Federación de Asociacións de Nais e Pais (Anpas) e de Familias de Alumnos...

“Os nenos dan clase con caldeiros de auga”, denuncian pais do CEIP Wenceslao Fernández Flores

Familiares dos menores que cursan estudos no CEIP Wenceslao Fernández Flórez da Coruña secundaron...

A Patronal do transporte vincula coa “desinformación” o rexeitamento ao preacordo

Hoxe volve haber folga no sector sector do transporte de viaxeiros por estrada na...

A Coruña conmemora o aniversario de Wenceslao Fernández Flórez coa restauración da placa da súa casa natal

O Concello da Coruña levou a cabo a restauración da placa conmemorativa da casa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here