Inicio Blog Páxina 110

Gran interese no primeiro encontro participativo para deseñar a nova rede de bus urbano en Mesoiro

0

Arrincou, con boa resposta da cidadanía, a primeira semana de Encontros Participativos arredor de dous proxectos claves para o futuro da cidade: Coruña Marítima e a nova rede de Transporte Urbano.

O Centro Cívico de Mesoiro acolleu a pasada tarde de martes 26 de marzo o primeiro dos 11 encontros de barrio para definir do novo modelo de autobús urbano. En total, preto dun cento de persoas (o 88% acodían a título persoal) participaron activamente nunha sesión que combinou a presentación do equipo técnico do estudo do transporte urbano cunha dinámica participativa na que as persoas asistentes puideron achegar propostas sobre frecuencias, liñas, accesibilidade, conexións intermodais ou cobertura territorial.

Mesoiro, o marco

O equipo municipal expuña primeiro os datos do distrito 9, onde se empraza o barrio de Mesoiro, que conta con aproximadamente 12.500 habitantes e se artella en cinco liñas de autobús urbano (21, 23, 23A, 24, UDC) máis o BUH e cun total de 80 paradas. Os principais fluxos de mobilidade diaria prodúcense co distrito 7 (21.460 viaxes/día), co distrito 8 (10.287) e dentro do propio distrito 9 (9.626 viaxes internas). O barrio conta cuns datos moi bos en materia de transporte público urbano, con case un 40% de persoas usuarias diarias e outro 37% que o emprega ocasionalmente.

As principais queixas e suxerencias

En canto aos aspectos a mellorar, as persoas asistentes manifestaron nun 64% estar pouco ou nada satisfeitas co servizo actual, fronte a un 35% que declararon estar entre “algo” e “bastante” satisfeitas. A enquisa tamén permitiu identificar cales son os aspectos máis valorados —e tamén os máis criticados— polos usuarios e usuarias do transporte urbano da Coruña. Nunha escala do 0 ao 10, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 6,7 puntos, seguidos da accesibilidade (4,5) e das liñas e paradas (3,3).
Pola contra, os aspectos que recibiron unha valoración máis baixa foron a intermodalidade (2,5), a frecuencia dos servizos (2,8) e o estado das marquesiñas (3,2), evidenciando puntos febles relevantes que urxen ser abordados no novo modelo de transporte.

Neste sentido, a cidadanía identificou como ámbitos prioritarios de mellora:

  • A frecuencia e tempo de espera dos autobuses, seleccionada por un 91% das persoas participantes,
  • a intermodalidade con outros medios de transporte (56%).
  • A adaptación de liñas aos barrios e novos puntos de interese (49%).
  • Outros aspectos sinalados foron a accesibilidade (29%), a innovación dixital (21%), a sustentabilidade (16%), a concienciación e impulso ao uso do transporte público (13%) e, en menor medida, os prezos (12%), o que confirma que, malia ser un servizo con marxe de mellora, o custo non se percibe como un dos principais problemas actuais.

Máis encontros

Polo momento, o encontro conta con medio cento de persoas inscritas a través do formulario habilitado na web www.coruna.gal/participabus, aberto á asistencia de veciñas e veciños.

As seguintes citas serán:

  • 8 de abril: Centro Cívico dos Mallos.
  • 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto.
  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos.
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque.
  • 19 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano.
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís.
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña.
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns.

Máis novas

11 Encontros de Barrio para analizar coa veciñanza as necesidades do transporte urbano

A Comisión Coruña Marítima invita á cidadanía a participar en 5 talleres formativos abertos

 

O home que caeu ao mar na Torre de Hércules podería ser un turista alemán

0

A procura do home que caeu ao mar o pasado domingo na zona da Torre de Hércules, na Coruña, prosegue, segundo confirmou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen admitiu que non se trata duns labores “sinxelos”.

O home precipitouse ao mar sobre as 13.10 horas, tras o cal un particular alertou a Emerxencias de que fora arrastrado por unha onda mentres se sacaba unha foto. Blanco ratificou que “hai datos máis que contrastados dunha persoa que caeu”, ao non descartarse que non se produciu tal circunstancia debido a non existir denuncia.

A preguntas dos medios, explicou que “é probable que sexa unha persoa estranxeira, un turista alemán” e que a Policía segue investigando. “A procura continúa, o feito existiu”, recalcou o delegado en base aos datos dispoñibles. Ademais, precisou que na xornada do martes baixaron mergulladores á zona “sinalada” onde caeu, nunha exploración que foi infrutuosa.

Abanca mobiliza 425 millóns de euros en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

Abanca mobilizou desde 375 millóns para cubrir as necesidades de crédito das empresas situadas nos principais polígonos de innovación e desenvolvemento da Coruña e a súa área de influencia, importe ampliable ata 425 millóns.

A presentación deste novo plan de apoio económico tivo lugar este mércores nas novas instalacións corporativas e comerciais do banco na cidade, o Espazo Avenida. Alí, o director territorial da entidade na Coruña, Óscar Salgado, dirixiu un encontro no que participaron representantes das principais áreas da Grela, Alvedro/Culleredo, Bergondo, Carballo, Espírito Santo, Pocomaco e Sabón.

Segundo traslada Abanca, tras a renovación dos convenios de colaboración financeira con estas zonas industriais, os asistentes mantiveron unha reunión de traballo na que abordaron os retos do tecido empresarial local e os seus desafíos para seguir crecendo. Así mesmo, acordaron revisar “periodicamente esta oferta para axustala ás necesidades de cada momento”. Este novo plan, concreta, pretende adaptarse ás necesidades de cada empresa situada nestes ámbitos de innovación e desenvolvemento e apoiar os seus obxectivos.

A plataforma flotante do Parrote dificilmente chegará ao verán

0

Onte inagurábanse as obras da plataforma flotante do Parrote. Unha infraestrutura promovida pola Xunta que, a pesar das promesas, non estará dispoñible para este verán, pois o período de execución é de 8 meses. Con todo, a Xunta asegura que estará “finalizado en verán”.

Ao acto acodiron a alcaldesa, Inés Rey, xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue ademais, do presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado e o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego.

A zona, un espazo histórico de baño, como lembran moitos usuarios da Solana nos anos 80-90, contarán con dúas piscinas, unha delas aberta ao mar, unhas bancadas, ademais de varios espazos de descanso.

Para axilizar as obras, xa se están a fabricar os bloques de formigón aos que se ancorará a plataforma flotante, así como as pezas que conformarán a propia plataforma.

Maqueta OBRAS_PLATAFORMA_PARROTE (3)

Máis novas

Licitada por 2,6 millóns a plataforma flotante de O Parrote

 

Pacma denuncia no Defensor do Pobo o abandono das colonias felinas da Coruña

Xa o levan tempo denunciando as protectoras da cidade, e xa demostrou a súa falta de interese a concelleira de Medio Ambiente Yoya Neira nun dos plenos.

Agora é a coordinadora provincial do Partido Animalista PACMA na Coruña, Manuela García, a que vén de presentar unha queixa formal ante o Defensor do Pobo polo “silencio institucional” que denuncian por parte do Concello da Coruña, “tras case cinco meses sen resposta a un requirimento relacionado coa xestión de colonias felinas no municipio”.

Segundo recollen nun comunicado, Pacma subliña que esta situación de silencio administrativo “non é un caso illado, senón que forma parte dun problema estrutural que se estende a numerosos concellos da provincia”. “Moitos ignoran as súas obrigacións legais en materia de protección e xestión dos gatos comunitarios”, apuntan. Son os casos, explican, de Betanzos, Santiago, Sada, Oleiros, Bergondo, Arteixo, Cambre e Culleredo, ou de Monforte de Lemos, en Lugo, entre outros.

No requirimento expoñen unha lista de 30 colonias felinas non rexistradas, recompilada xunto aos propios alimentadores, así como a retirada de gatos sen previo aviso por parte do Concello na zona de San Pedro de Visma-Ágora. Indican tamén que se solicitou unha reunión co Servizo Municipal de Medio Ambiente, que non foi atendida desde febreiro de 2023.

Máis novas

As protectoras de animais buscan axuda social para coidar as colonias felinas

Os barrios de Someso e Mesoiro piden atención aproveitando o Escano Cidadán do pleno

O CHUAC defende as medidas tomadas contra agresións ao persoal, cuxa representación chama a mobilizarse

A xerencia da área sanitaria da Coruña e Cee defende os avances nas medidas fronte ás agresións a persoal sanitario nos días previos á mobilización que a Xunta de Persoal convocou para o xoves ante o complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), centros de saúde e o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Faino ao informar que este martes se mantivo unha nova reunión co comité de Seguridade e Saúde, a cuarta nas últimas semanas. Da mesma indica que se informou “do avance do dez medidas que, con carácter inmediato, puxéronse en marcha e sobre outras propostas en estudo”.

“Consolídase o incremento dos efectivos de seguridade no servizo de urxencias cunha segunda presenza de 12.00 a 00.00 horas, tramo de maior afluencia de pacientes no servizo; constituíronse dous grupos de traballo multidisciplinares para revisión de protocolos, está comunicado o procedemento de posta a disposición de apoio psicolóxico”, cita, entre outros exemplos.

Respecto diso, a xefa do Servizo de Medicina Preventivo e Saúde Laboral do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), María José Pereira, afirma que das dez medidas “moitas están xa finalizadas e postas en marcha como o incremento de efectivos de seguridade, a conclusión do proceso análise causa-raíz da situación e o botón do pánico tanto en urxencias como consultas de saúde mental”.

Desde a área sanitaria incidiuse nesta cuestión no mesmo día en que un vídeo a Xunta de Persoal fai un chamamento a mobilizarse este xoves para demandar medidas preventivas.

A Agra promove o festival Talento da Coruña cunha cita de teatro, cabater e improvisación

Este domingo 30 de marzo a Asociación Agra Veciñal Cultural Deportiva celebra no auditorio do Centro Ágora, ás 19:30 h. a primeira edición do festival Talento da Coruña, que ofrece un triplo espectáculo de microteatro e improvisación con protagonistas da cidade.

Unha cita de balde, que trata de descubrir a maxia artística que temos na cidade, e que arrincará con Gizen, un espectáculo de microteatro formado por dúas pezas relacionadas entre sí: Coalición a domicilio e #ParaSempre, que fala sobre parellas de tinder e de voda. Dirixido por Javi Tink, ten un elenco formado polo propio Tink, Lexi Fraga e Aarón Quintela.

Ao remate, subirá ao escenario Patri Cameán, para representan o cabaret “Pandemonium”, un show exótico e descarado, dirixido por Yolanda Paz, que se convirte nunha parodia que mestura danza, sensualidade, provocación e moito xogo.

Finalmente, como broche final, as Izquierdo Sisters (dúo formado por Marita Martínez e a premiada Lucía Veiga) traerán o seu “Impro”, un espectáculo cómico de improvisación teatral.

Fin ao conflito laboral dos Bombeiros provinciais coa sinatura do convenio colectivo

0

Case dous anos despois do comezo da folga en xuño de 2023, ano e medio despois das principais manifestacións e case un ano despois do acordo inicial, esta mañá vense de asinar o primeiro convenio colectivo para o persoal operativo dos parques provinciais de bombeiros, así como a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), que define as funcións específicas de todos os postos e o novo organigrama.

Así o aprobaba hoxe o pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña, integrado pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, e será aplicado desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Consorcio CCIA CORUNA - PLENO CONVENIO
Imaxe do pleno do Consorcio

Os grandes beneficiados, ademais de toda a cidadanía, son os bombeiros que prestan os seus servizos nos dez parques provinciais da provincia: Carballo, Arteixo, Ordes, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boiro, Ribeira, Cee e Santa Comba.

O convenio recolle melloras salariais en todas as categorías profesionais, quedando a estrutura retributiva do persoal acollido ao mesmo á estrutura do persoal funcionario e a regulación das horas extraordinarias. Tamén se establece un incremento dos efectivos dos parques comarcais, así como melloras sociais para os bombeiros, así como medidas para favorecer a conciliación familiar e a formación continua dos profesionais das emerxencias na provincia coruñesa.

Segundo o Consorcio as melloras salariais “supoñen un incremento de máis de 8.100 euros anuais na categoría de bombeiro e un aumento de plantilla de preto de 80 efectivos”, que se sumarán aos 174 existentes actualmente na provincia.

“É un momento importante, que pon fin a un conflicto longo e que se suma a feitos que todavía son máis importantes e que convén lembrar: estes bombeiros formaban parte de empresas privadas ata hai poucos anos. Conseguimos que pasaran a ser persoal público de forma interina e agora son fixos da administración pública”, explicou Formoso, que defendeu que “os traballadores de servizos fundamentais como as emerxencias formen parte dun sistema público e non privatizado”.

Máis novas do conflito

O Consorcio Provincial da Coruña acorda por fin recoñecer a todos os Bombeiros da provincia como persoal laboral fixo

Máis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial

Sen novidades na busca do home desaparecido na zona da Torre de Hércules

0

Os servizos de emerxencias continúan cos dous operativos de procura para atopar ao home caído ao mar o pasado domingo na zona da Torre de Hércules, na Coruña, e a unha muller desaparecida desde o luns en Sada.

En canto ao dispositivo na Coruña, está dirixido por Salvamento Marítimo, que ten mobilizada para esta tarefa a lancha ‘LS Hércules’. Tamén participa unha patrulleira de Gardacostas de Galicia.

Con todo, este martes xa non saíu o operativo por terra. O home precipitouse ao mar o domingo sobre as 13.10 horas, tras o cal un particular alertou a Emerxencias de que fora arrastrado por unha onda mentres se sacaba unha foto.

No que respecta á muller desaparecida en Sada, foi un familiar quen daba o aviso o domingo e iniciábase unha procura por terra, mar e aire. De feito, chegáronse a localizar algúns efectos persoais en Arnela Pequena.

Este martes pola mañá, retomouse o operativo coa ‘Salvamar Betelgeuse’ de Salvamento, unha patrulleira de Gardacostas e medios da Garda Civil.

En marcha unha semana de participación cidadá

0

Tócanos á cidadanía participar nos procesos abertos polo Concello da Coruña. Esta semana a veciñanza ten cita en varios talleres temáticos de dous proxectos transcendentais para o futuro da cidade: Coruña Marítima e o transporte urbano.

Coruña Marítima

Esta semana dan comezo os dous primeiros talleres temáticos do proceso de participación de Coruña Marítima, co obxectivo de solicitar ideas para a transformación futura do porto interior e a cidade. O primeiro celebrarase en Palexco hoxe, martes 25 de marzo, ás 17:00 da tarde, con entrada libre ata completar aforo e versará sobre “Economía e Innovación”.

Ademais do público asistente, que poderá expoñer as súas opinións durante a sesión, participarán como invitados expertos da Universidade da Coruña, a Confederación de Empresarios, Cámara de Comercio, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e representantes dos polígonos industriais, entre outros. Pola UDC, asistirán o vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Ángel Fernández, e a catedrática e investigadora da Facultade de Informática Susana Ladra.

O seguinte taller será o mércores 26 de marzo, no centro Hi Coruña, ás 17 horas, e abordará a temática “Mobilidade e transporte”. Entre outros, estarán presentes entidades como Compañía de Tranvías, Mobi-Liza, o Laboratorio de Movilidad Sostible da UDC, o Foro do Transporte e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños.

En total son cinco os talleres temáticos previstos. Despois, os días 1, 2 e 3 de abril, tamén ás 17:00 horas, nestes casos no Palexco, terán lugar os últimos talleres, que tratarán sobre as seguintes áreas: “Equipamento e Usos” (1 de abril), “Actividade Portuaria” (2 de abril) e “Ecoloxía, Medio Ambiente, Auga e
Enerxía” (3 de abril).

Ademais, segue aberto na web www.corunamaritima.com un “buzón” de suxestións, no que xa se recibiron mais de 60 propostas de todo tipo.

Transporte urbano

Hoxe tamén martes, 26 de marzo, a partir das 18.30 horas, o Centro Cívico de Mesoiro acollerá un novo encontro participativo no marco do proceso participativo para deseñar, de forma colectiva, o futuro servizo de autobús urbano da cidade. A sesión contará coa participación da alcaldesa xunto con parte do Goberno local para escoitar e dar resposta ás diferentes suxerencias e peticións do transporte.

Polo momento, o encontro conta con medio cento de persoas inscritas a través do formulario habilitado na web www.coruna.gal/participabus, aberto á asistencia de veciñas e veciños.

O encontro forma parte dun calendario de once sesións nos distintos distritos da cidade, co obxectivo de recoller unha ampla representación das voces da Coruña.

  • 8 de abril: Centro Cívico dos Mallos.
  • 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto.
  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos.
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque.
  • 19 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano.
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís.
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña.
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns.

Máis novas

11 Encontros de Barrio para analizar coa veciñanza as necesidades do transporte urbano

En marcha unha semana de participación cidadá

Tócanos á cidadanía participar nos procesos abertos polo Concello da Coruña. Esta semana a veciñanza ten cita en varios talleres temáticos de dous proxectos transcendentais para o futuro da cidade: COruña Marítima e o transporte urbano.

Coruña Marítima

Esta semana dan comezo os dous primeiros talleres temáticos do proceso de participación de Coruña Marítima, co obxectivo de solicitar ideas para a transformación futura do porto interior e a cidade. O primeiro celebrarase en Palexco hoxe, martes 25 de marzo, ás 17:00 da tarde, con entrada libre ata completar aforo e versará sobre “Economía e Innovación”.

Ademais do público asistente, que poderá expoñer as súas opinións durante a sesión, participarán como invitados expertos da Universidade da Coruña, a Confederación de Empresarios, Cámara de Comercio, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e representantes dos polígonos industriais, entre outros. Pola UDC, asistirán o vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Ángel Fernández, e a catedrática e investigadora da Facultade de Informática Susana Ladra.

O seguinte taller será o mércores 26 de marzo, no centro Hi Coruña, ás 17 horas, e abordará a temática “Mobilidade e transporte”. Entre outros, estarán presentes entidades como Compañía de Tranvías, Mobi-Liza, o Laboratorio de Movilidad Sostible da UDC, o Foro do Transporte e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños.</(p>

En total son cinco os talleres temáticos previstos. Despois, os días 1, 2 e 3 de abril, tamén ás 17:00 horas, nestes casos no Palexco, terán lugar os últimos talleres, que tratarán sobre as seguintes áreas: “Equipamento e Usos” (1 de abril), “Actividade Portuaria” (2 de abril) e “Ecoloxía, Medio Ambiente, Auga e
Enerxía” (3 de abril).

Ademais, segue aberto na web www.corunamaritima.com un “buzón” de suxestións, no que xa se recibiron mais de 60 propostas de todo tipo.

A Comisión Coruña Marítima invita á cidadanía a participar en 5 talleres formativos abertos

Transporte urbano

Hoxe tamén martes, 26 de marzo, a partir das 18.30 horas, o Centro Cívico de Mesoiro acollerá un novo encontro participativo no marco do proceso participativo para deseñar, de forma colectiva, o futuro servizo de autobús urbano da cidade. A sesión contará coa participación da alcaldesa xunto con parte do Goberno local para escoitar e dar resposta ás diferentes suxerencias e peticións do transporte.

Polo momento, o encontro conta con medio cento de persoas inscritas a través do formulario habilitado na web www.coruna.gal/participabus, aberto á asistencia de veciñas e veciños.

O encontro forma parte dun calendario de once sesións nos distintos distritos da cidade, co obxectivo de recoller unha ampla representación das voces da Coruña.

  • 8 de abril: Centro Cívico dos Mallos.
  • 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto.
  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos.
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque.
  • 19 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano.
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís.
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña.
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns.

Máis novas

11 Encontros de Barrio para analizar coa veciñanza as necesidades do transporte urbano