Inicio Blog Páxina 138

“JEVASO rouba dereitos”. Folga nun dos grandes proveedores de Inditex

Púxose en folga o persoal de Jevaso, un dos xigantes textís que abastece a Inditex. I é que as condicións dos traballadores desta fábrica situada no polígono de Sabón son lamentables, tanto para os traballadores propios da empresa, como para os centos que chegan a través de ETTs.

Estes 23 e 24, o persoal púxose en folga, e onte houbo unha importante manifestación ás portas da fábrica. Dende UGT denuncian que “JEVASO rouba dereitos, penaliza a antigüidade e castiga a quen nunca falla no seu posto”. A situación laboral leva sendo grave moito tempo, cunha rotación do persoal temporal esaxerado, pero o sindicato denuncia que utiliza a absorción do Salario Mínimo Garantizado e de complementos pactados, transformando o avances logrados durante anos en recortes encubertos.

Folga en Gevaso 2

Folga en Gevaso 2

“Soben por unha banda, e restan pola outra”, denuncia UGT, eliminando o premio de asistencia, a mellora voluntaria, os pluses vinculados e a permencia”. “É un recorte escondido detrás do SMG”, aseguran.

Hai tamén pactos que se conseguiron coa empresa, como aqueles incentivos que naceron como premio, e que só poderán deixar de abonarse se a empresa obtén menos do 3% de beneficio. A pesar dos inxentes beneficios deste xigante do textil, pretenden absorver estas melloras a costa do SGM.

Folga en Gevaso

Folga en Gevaso 4

Máis novas

Jevaso, o “xigante textil” que crece por fóra pero se baleira por dentro

Traballadores da téxtil Jevaso mobilízase en Arteixo para pedir condicións laborais “dignas”

Convocan a 6ª edición do Premio Marcelino Liste, Xustiza e Liberdade

0

Coa intención de recoñecer o traballo de entidades ou personas a título individual na defensa dos dereitos humanos, o club de opinión Foro Cívico da agrupación cultural Alexandre Bóveda anuncia a convocatoria da 6ª edición do Premio Marcelino Liste, Xustiza e Liberdade. Para poder optar ao mesmo, tanto as asociacións como as personas interesadas, terán que desenvolver súa actividade no ámbito da comarca da Coruña.

As propostas deberán identificar á entidade ou á persona seleccionada con nome, enderezo teléfono e mail, acompañadas dun breve historial que xustifique os méritos para a eleizón. Poderánse enviar através do mail  info@acalexandreboveda.gal, tamén vía correo ordinario ao enderezo rúa Santo André, nº 36-1º, ou personalmente no mesmo enderezo en horario de tarde, indicando en ambos casos no sobre que se trata do Premio Marcelino Liste.
O prazo de entrega finaliza o vindeiro 8 de decembro. Un xurado integrado por socios da agrupación cultural Alexandre Bóveda, pero non da xunta directiva, decidirá o gañador desta 6ª edición que tentará entregarse coincidindo precisamente co 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos.

O Foro Civico considera que o impacto que Marcelino Liste tivo no nacemento e consolidación do movemento asociativo veciñal na Coruña desde 1974 foi trascendental para dotar aos barrios de infraestructura e servizos dos que adolecía.  A denuncia das inxustizas e da hipocresía imperante nunha época de fortes convulsións sociais, permitiulle desenvolver unha inesgotábel capacidade de traballo a prol dos sectores máis vulnerabeis e desfavorecidos dos barrios cunha valente actitude de defensa das liberdades individuais fronte ao crecente intervencionismo dos sectores máis acomodados. A coherencia en todo momento co tempo que lle tocou vivir, xustifica que o seu nome estea inseparablemente unido ao concepto de xustiza e liberdade.

Redes recicladas e feitas polos internos do CIS para os goles do CEE Aspronaga

0

Xornadas de inclusión integral as que xeran habitualmente dous dos colectivos sociais máis activos da cidade, como son a Fundación Érguete-Integración o CEE de Aspronaga. Xornadas nas que persoas que pasan o seu último tramo da condena no Centro de Inserción Social da Coruña, colaboran coas persoas con discapacidade do centro de Cidade Xardín, para

Xa teñen xuntado esforzos na limpeza de praias, ou instalando mobiliario urbano feito en Teixeiro nos coles da cidade. Desta volta trátase de Tecer Redes, literalmente, noutro dos proxectos da entidade social no marco do programa Xeitos Ver, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Unhas redes, feitas con residuos cedidos pola Autoridad Portuaria de A Coruña, que foron recicladas por un grupo de persoas que cumplen condea no C.I.S de A Coruña, e que se convirten nas novas redes das porterías do Centro de Educación Especial.

As persoas participantes na iniciativa levan meses achegándose ao oficio das redes de pesca, a través da Asociación Ilha da Estrella, e coa redeira Rosa Rodríguez como peza singular do proxecto, como exemplo de empoderamento, e transformación de mulleres que dentro dun sector moi masculinizado foron capaces de levar a cabo unha proposta de economía circular.

A redeira Rosa Rodríguez nunha xornada formativa do proxecto Tecendo Redes da Fundación Érguete Integración no Centro Penitenciario de Teixeiro
A redeira Rosa Rodríguez nunha xornada formativa do proxecto Tecendo Redes da Fundación Érguete Integración no Centro Penitenciario de Teixeiro

A través da aprendizaxe desta profesión secular, non só se mostra ao grupo unha nova realidade social que lles axude na súa transformación persoal, senon que adquiren ferramentas para levar a cabo creacións que servan como elementos divulgativos de valores en igualdade e que revertan na propia comunidade. Así o grupo decidiu crear canastas e porterías que lles podan servir aos centros educativos da zona, aos que se trasladan para repoñelas, sendo unha acción que vai moito máis aló do mantemento, senon que se achega valores como a reciclaxe, a inclusión e a igualdade.

 

Tecendo Redes e Xeitos de Ver da Fundacion Erguete no CEE Aspronaga 2

Tecendo Redes e Xeitos de Ver da Fundacion Erguete no CEE Aspronaga
O grupo instalou as súas primeiras creacións no CEE Aspronaga, con axuda do alumnado do propio centro, acompañados pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e participación Nereida Canos

Máis novas

Sísifo abre as portas da sociedade a base de calor

Cando limpar praias é un verdadeiro exercicio de inclusión

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

As crianzas dos Rosais e Monte Alto rematan o curso cun agasallo moi especial feito por persoas privadas de liberdade

Ana Suárez: “Nas entidades sociais está bastante normalizado o uso do galego, non tanto na administración penitenciaria”

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

Touriñán, entrevistado polos intern@s do CP de Teixeiro: “O que quero, na vida e no traballo, é seguir xogando como un neno”

Un milleiro de persoas concentráronse no Obelisco en protesta pola sentencia do TS contra o Fiscal Xeral do Estado

0

Ata a Coruña chegou a respulsa pola sentenza do Tribunal Supremo contra o Fiscal Xeral do Estado. Preto dun milleiro de persoas concentráronse esta mañá dominical no Obelisco, sen unha convocatoria oficial por ningunha entidade, para denunciar que se trata dunha “sentenza inxusta”.

Foi o grupo de Sumar Galicia o único que se manifestou sobre o asunto, amosando o seu apoio “a unha persoa inocente” e critica a un PP que “dirixe aos xuíces, como nas ditaduras”. O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia e tamén profesor Titular de Ciencia Política na USC, Paulo Carlos López, vén de participou na concentración, denunciando que o PP “se está cargando o Estado de dereito e a separación de poderes, dirixindo aos xuíces como pasa na ditaduras”. Para López, “o que estamos vendo estes días é un intento descarado do PP de usar os tribunais como instrumento de oposición política ao Goberno”, “non aceptando leccións de separación de poderes por parte de quen levaba anos bloqueando a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial para manter maiorías conservadoras nos órganos de goberno dos xuíces”, indicou López.

A programación do Nadal da Coruña incluirá máis de 300 eventos a partir deste venres

0

A programación do Nadal da Coruña comeza este venres, día 28, co aceso por parte do ex xogador deportivista Bebeto. A mesma incluirá máis de 300 eventos como concertos, obras de teatro, festivais, visitas guiadas ou actividades infantís.

“Unha amplísima programación cultural e de lecer”, anunciou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, este luns durante a presentación da mesma.

Todo iso tras avanzar que a principal novidade é o mercado do Nadal que se abrirá na praza de María Pita este mesmo vernes, con dez postos de hostalaría e 31 comerciais.

O mercado abrirá as súas portas este mesmo venres e permanecerá aberto ata o venres 2
de xaneiro. O seu horario será de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 22.00 horas todos os días e ata as 23.00 horas os venres, sábados e véspera de festivo. Contará unha praza central cos
postos de hostalería nos que non faltarán produtos habituais desta época do ano, como os
churros, as crepes, o viño quente ou os gofres, mais tamén haberá postos de comida de
diferentes partes do mundo. Por outra banda, haberá unha gran variedade de postos
comerciais no mercado, con alimentación variada, menaxe, xoierías, produtos de artesanía,
complementos, roupa, decoración de Nadal…
Un dos postos será dedicado ás entidades sociais da cidade.

“Haberá animación durante todo o día e decoración de Nadal”, destacou para apuntar que haberá coros e panxoliñas, ademais dun concerto de Cantigas da Terra. A programación cultural chegará aos centros cívicos, ao Coliseum, Ágora, Fórum Metropolitano e asociacións veciñais, explicou.

Respecto á iluminación, concretou que “haberá case 3 millóns de luces led no medio millón de arcos repartidos polos diferentes barrios da cidade”. “O obxectivo é chegar de maneira máis equitativa ao maior número de rúas da cidade”, incidiu.

Máis novas

A Coruña instalará case tres millóns de luces polo Nadal, con Bebeto como protagonista o día do acendido

Carolina Iglesias volve a casa con Les Coruña

O Noites do Porto comezará no San Xoán

O pleno da Deputación da Coruña aproba para 2026 o maior orzamento da súa historia, 256,5 millóns

0

O pleno da Deputación da Coruña aprobou para 2026 o maior orzamento da súa historia, que ascende a 256,5 millóns de euros. Foron aprobados co voto a favor de PSOE, BNG e Alternativa dúas Veciños e o voto do PP en contra.

E é que para os populares trátase dunhas contas que supoñen a “suma e segue” dun proxecto “esgotado e sen criterio”. Para esta formación, trátase dunhas contas cunha visión “desenfocada, superficial e conformista” sen unha avaliación “rigorosa” do sistema de subvencións, segundo argumentou o seu portavoz, Evaristo Ben.

Pola contra, o goberno provincial sostén que consolida o modelo municipalista iniciado en 2015 e “reforza o apoio directo aos 93 municipios da provincia, o benestar social, a seguridade viaria, o emprego e os servizos públicos”. “Concibido para os municipios”, remarcou o deputado de Economía e Finanzas, José Ramón Rioboo.

A portavoz do BNG, Avia Veira, sinalou que o orzamento “se compromete a financiar adecuadamente aos municipios, que cada vez teñen máis necesidades” e centrouse nas políticas turísticas e culturais da Deputación. Pola súa banda, o portavoz de Alternativa dúas Veciños, Ángel García Seoane, subliñou a necesidade de seguir aumentando o investimento en estradas e obras.

O presidente da Deputación da Coruña , Valentín González Formoso, expuxo, á súa vez, que as obras de saneamento e abastecemento poden incluírse no Plan Único, dado que os municipios teñen total liberdade para elixir as obras e os servizos que se financiarán co POS+, o que representou, engadiu, “unha revolución no financiamento municipal”.

O fallo do concurso do deseño da fachada marítima coruñesa notificarase “no outono de 2026”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey anunciou que o fallo do concurso internacional para a redacción do plan que definirá os futuros usos dos peiraos interiores do porto da cidade herculina notificarase en “outono do ano 2026”. Foi a comezos de mes cando se pechou o prazo de presentación de equipos redactores.

Será “no outono de 2027” cando se presente o Máster Plan de quen fose seleccionado, engadiu.

Fíxoo a preguntas dos xornalistas sobre este asunto tras a presentación da programación de Nadal. “Agora, hai que analizar detidamente, por parte dunha comisión independente, esas candidaturas que se presentaron ao concurso”, expuxo.

Cuestionada tamén pola súa intervención, xunto ao presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, na Conferencia Mundial da Asociación Internacional de Cidades e Portos celebrada a semana pasada en Nova York, a rexedora destacou que a súa participación foi “tremendamente produtiva para a cidade”.

“Foron xornadas de traballo intensas nas que aprendemos moito e vimos outros desenvolvementos”, explicou respecto dunha “aprendizaxe” para afrontar retos de “cara ao futuro do porto” da Coruña.

Entre eles, destacou compatibilizar usos portuarios, económicos, actividade pesqueira, transporte mercadorías, de viaxeiros e cruceiros, así como a posibilidade de xerar espazos de uso residencial nas zonas costeiras.

Máis novas

Presentadas 15 propostas para a redacción do Máster Plan de Coruña Marítima

A presidenta do COAG desmonta o proceso da Fachada Marítima: “O que vexo é que a Autoridade Portuaria quere sacar rendemento económico”

Debe condicionar o pago da débeda do porto exterior a trascendental reordenación da fachada marítima?

Manuel Monge destaba a historia secuestrada de Juan Carlos I no seu novo libro

0

”Usted debería saber. La historia secuestrada de la monarquía. 90 años con Franco” é o título do novo libro que Manuel Monge vai publicar en 2026, na colección Endovelia de Edicións Laiovento. O histórico politico, sociólogo, ensaísta e activista pola memoria histórica revela a historia, que se nos quere ocultar sobre a monarquía española, tomando como referencia a propia confesión do rei Juan Carlos I nas súas memorias.

Concibido cunha urxencia democrática, especialmente ante o descoñecemento histórico na sociedade e, sobre todo, na mocidade, o libro eríxese como un manual para comprender as claves dun presente político marcado polo auxe da dereita. Manuel Monge ofrece unha análise rigorosa, unha ferramenta de combate intelectual, necesaria e urxente, para comprender as claves dun pasado que se nega a desaparecer e que segue determinando o noso futuro. É un texto valente e necesario que interpela directamente ao lector e entrégalle argumentos para defender a democracia das súas propios pantasmas.

“E se os restos do franquismo continúan en 2026?”

O libro parte dunha premisa: “E se os restos do franquismo continúan en 2026?”. Lonxe de ser unha análise académica distante, a obra defínese como un «panfleto pedagóxico», unha ferramenta de intervención cívica forxada desde a experiencia persoal do autor como vítima da ditadura.

Monge sostén unha tese tan contundente como documentada: vivimos nunha democracia, con limitacións, pero en 2026 cumpriranse «90 anos con Franco». Para demostralo, o libro non busca arquivos inéditos, senón que se mergulla na fonte máis reveladora e insospeitada: as memorias de Juan Carlos I, tituladas Reconciliación. A través dun minucioso exercicio de revisionismo, Monge utiliza as propias palabras do rei emérito para desmantelar o mito fundacional da democracia española e expoñer a continuidade de restos dun sistema que, en palabras de Franco, foi deseñado para que todo quedase «atado e ben atado para o futuro».

O libro sitúa a figura de Juan Carlos Borbón non como o motor do cambio, senón como o piar fundamental dunha monarquía herdeira do franquismo. Monge presenta ao rei como un sucesor designado polo ditador, non elixido democraticamente, que profesaba a Franco un profundo «afecto e admiración». É o propio rei quen proporciona a proba de cargo definitiva cunha pregunta retórica demoledora que vertebra todo o ensaio: “Por que mentir se foi el [Franco] quen me converteu en rei?”.

A obra documenta a conexión persoal e ideolóxica entre ambos, a corrupción como unha práctica sistémica que conecta o réxime co reinado e, nunha das súas acusacións máis graves, cuestiona o papel oficial do monarca durante o golpe de estado do 23-F, lembrando que o propio rei manifestou simpatía polos golpistas. Deste xeito, “Usted debería saber” non é só unha biografía crítica, senón a autopsia dunha lexitimidade construída sobre o silencio e a manipulación, demostrando como a inviolabilidade constitucional ha servido para blindar á institución de calquera rendición de contas.

Pero a análise de Monge non se detén na figura de Juan Carlos Borbón; transcende á institución para sinalar as estruturas de poder que garanten a súa pervivencia. O libro traza unha liña directa entre o franquismo –o congreso fundacional de AP, despois PP, en marzo de 1977, acababa cos congresistas en pé gritando Franco Franco– e as principais formacións da dereita española, ás que describe como herdeiras ideolóxicas dun sistema que nunca foi depurado. A crítica esténdese a un poder xudicial cuxa independencia é posta #en cuestión, baixo o provocador epígrafe «A xustiza non é inocente».

Máis novas

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

 

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

Carolina Iglesias volve a casa con Les Coruña

0

Sempre é agradecida a volta dunha das mulleres máis visibles da rede estatal á súa cidade. Carolina Iglesias, tamén coñecida como Percebes y Grelos (con case medio millón de siareiros só en IG) volve á Coruña da man co colectivo Les Coruña.

A escritora, cómica e comunicadora oleirense volverá no marco  do programa anual de actividades de Les Coruña pola visibilidade lésbica. Iglesias ctuará no Claro Boba!, na Rúa do Socorro 37, nunha cita patrocinada polo Concello da Coruña e que promete ser unha mestura de humor, reflexión e festa comunitaria.

“Xúntanse dúas cousas que me encantan: estar na Coruña, na miña terra, e o colectivo LGTB do que formo parte, defendo sempre que podo e polo que creo que hai que alzar a voz”, explica Carolina. Conta que se sente especialmente acompañada nestes eventos e que tenta devolver ese apoio. “Faime moita ilusión que se faga este tipo de eventos na miña terra e que as persoas do colectivo sexan cada vez máis visibles e sintan menos medo. Non todas as realidades son como as que temos preto”.

O encontro será distendido e interactivo. De feito, Carolina avanza xa o ton: “Imos pasar un bo rato e aprender. Sobre todo eu. Vou preguntar cousas. Trátase de que as persoas que veñan se sintan a gusto, como na casa, coñezan outras persoas, fagan amigas e ata liguen! Eu aí xa non me meto”.

Desde Les Coruña destacan o significado de contar con Carolina nesta celebración. A presidenta da asociación, Sandra López, resume así o obxectivo da actividade: “Promover a visibilidade lésbica, xerar referentes positivos, fomentar o diálogo e a reflexión e crear comunidade. Trátase de fortalecer redes e construír vínculos entre nós”. E engade: “Carolina é unha referente na visibilidade lésbica e das persoas bisexuais. Para nós é moi importante a súa presenza na Coruña”.

As portas da sala abriranse ás 21.00 horas. As entradas están dispoñibles en venda anticipada neste enlace e tamén poderán adquirirse na propia sala o día do evento. Antes da charla, a marca sueca líder en produtos eróticos de alta calidade, Lelo, impartirá un obradoiro centrado na sexualidade feminina.

“A Coruña impartirá, por primeira vez, docencia en Medicina”, di o reitor da UDC

0

O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, puxo en valor que “por primeira vez, estará recollido nun concerto que a UDC impartirá docencia de Medicamento”. En declaracións aos medios, tras a aprobación por unanimidade no Consello de Goberno da institución académica do acordo para a descentralización do grao desta disciplina, destacou aspectos “chave” deste pacto que considerou “positivo”.

Entre eles, citou que as universidades participarán na elaboración dos plans de organización docente, así como a preservación da vinculación do complexo hospitario universitario da Coruña (Chuac) á UDC. “Seguirá sendo o noso hospital universitario”, incidiu.

Cao recalcou que o proceso de descentralización da teórica e a práctica dos últimos tres cursos de Medicina comezará o próximo ano e culminará no curso 2028-2029. “Apróximandamente, formaranse cen estudantes no Chuac e outros cen en Vigo“, expuxo para engadir que “o 50% das prazas de profesorado convocaranse pola universidade á que estea vinculado o hospital”.

A reunión produciuse despois de que o Consello para a coordinación dá docencia clínica en Galicia ratificase o xoves o citado acordo. Prevese que a próxima semana sexa aprobado pola UVigo. Nel se explicita que tanto UDC como UVigo “manteñen as súas aspiracións” sobre a titulación: comprométense a non solicitalo ata 2029 — vixencia do acordo –, pero estarán “lexitimadas” a facelo se se incumpre algunha cláusula do convenio.

CALENDARIO

O calendario do acordo establece a descentralización progresiva da docencia, tanto teórica como práctica, de 4º, 5º e 6º curso do grao de Medicamento. Así, para cando finalice a aplicación do acordo, no curso 2028/2029, o tres últimos cursos do grao en Medicamento impartiranse ao completo nas cidades de Santiago, Vigo e A Coruña.