Inicio Blog Páxina 139

Urxen ao Concello e Xunta actuacións no CEIP Fernández Flórez polas continuas pingueiras nas aulas

0

A concelleira do BNG no Concello da Coruña e deputada autonómica Mercedes Queixas instou ao goberno local a solucionar a “reiterada entrada de auga de choiva” nas instalacións do CEIP Wenceslao Fernández Flórez. Tamén solicitou á Xunta unha partida para obras de reforma.

Así, rexistrou preguntas por escrito no consistorio co obxectivo de que se resolva esta situación que “está a afectar ao desenvolvemento normal das aulas”, segundo apunta a formación política en relación á denuncia feita desde a ANPA do centro.

Do mesmo xeito, Queixas formulou iniciativas no Parlamento galego para esixir á Xunta que habilite unha partida nos orzamentos de 2026 para “planificar obras de reforma” que impidan a filtración de auga nesta escola.

No entanto, apunta que o Concello, que ten competencias sobre o mantemento básico dos centros públicos, “tamén debe actuar con dilixencia”.

No documento presentado, a representante nacionalista cuestiona se o Goberno local é “consciente” desta incidencia, demanda información sobre as actuacións de mantemento realizadas no centro no “últimos seis anos” e pregunta se trasladou ao Executivo autonómico o “deficiente estado” do mesmo.

Máis novas do ensino

O CEIP Concepción Arenal acolle este martes o peche reivindicativo do ensino público galego

O profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira xornada de folga

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

Cortan, só en horario nocturno, o tráfico en Alfonso Molina desde este luns pola montaxe dunha pasarela

0

As obras de reparación da pasarela entre as estacións, situada no quilómetro 0,03 da avenida de Alfonso Molina AC-11, obrigará a cortar, desde este luns ás 22.00 horas e “previsiblemente” ata as 06.00 do xoves, dita vía entre os puntos 0 e 0,2. Un corte que afectará á vía só nese mesmo horario nocturno, segundo rectifica o gabinete de prensa do Goberno

Segundo informou o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, os traballos consistirán no izado e retirada dun dos tramos da ponte que comunica as estacións de autobuses e de trens da cidade herculina e a colocación dun provisional.

Ante esta situación, para asegurar a fluidez do tráfico durante o operativo, habilitaranse dous desvíos alternativos “debidamente sinalizados”. En sentido descendente, os usuarios da AC-11 serán dirixidos cara á Rolda das Estacións, a través da cal poderán circular para entroncar novamente coa avenida de Alfonso Molina.
Mentres, en sentido ascendente, os usuarios da vía poderán acceder á cidade pola Rolda de Outeiro.

A UDC reforza a súa excelencia investigadora con sete novas incorporacións estratéxicas

0

A Universidade da Coruña (UDC) incorporou a sete novos profesionais investigadores a través das convocatorias estatais Ramón y Cajal 2024 e Beatriz Galindo 2024. Segundo informou o reitorado, estas incorporacións fixéronse efectivas entre decembro de 2025 e xaneiro de 2026, supoñendo un “reforzo estratéxico” para áreas clave como a sustentabilidade, a enxeñaría, a arquitectura, a saúde ou a química analítica.

Concretamente, catro destes investigadores fano no marco do programa Beatriz Galindo: Fredy Santiago Monge, Ana Cocho Bermejo, Rodrigo Lozano e Patricia Taladriz. Pola súa banda, a convocatoria Ramón y Cajal permitiu a entrada de Antonio José Álvarez, Natalia da Silva e Andrea Muñoz. Ambos programas, impulsados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, teñen como obxectivo prioritario atraer e reter o talento investigador de excelencia nos centros académicos do país.

Alerta no río Mero en Cambre ante posibles inundacións

0

A Xunta mantén activo o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal), reducindo de oito a un os ríos en alerta. En concreto, na actualidade, segundo recolle o 112, o foco está posto no río Mero, ao seu paso pola localidade coruñesa de Cambre.

Con todo, os técnicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e da Axencia Galega de Emerxencias seguirán actualizando a información sobre o estado dos ríos en función da súa evolución. Por iso, recomendaron manter a precaución nestas contornas ante a posibilidade de desbordamentos puntuais.

Fina Paulos, recoñecida como Mellor Docente de Secundaria de España nos Premios Educa Abanca

0

O ano pasado xa quedou de segunda, pero este curso a mestra Fina Paulos (natural de Santa Marta Babío, Bergondo, e residente en Oleiros), vén de recibir o galardón como Mellor Mestra de España na categoría de Educación Secundaria e Bacharelato dos Premios Educa Abanca 2025, considerados entre os galardóns máis prestixiosos do ámbito educativo en España.

Paulos recibiu o premio xunto ao seu compañeiro no IES Maximino Romero de Lema, de Baio, Óscar Rey Calo, que recibiu o recoñecemento en Formación Profesional, situando a formación do ensino público rural como un referente estatal en innovación pedagóxica e competencia dixital.

A gala de entrega tivo lugar o 31 de xaneiro de 2026 na Sede Afundación da Coruña.

Durante a súa intervención, Fina Paulos lembrou que “educar é moito máis que transmitir contidos: é escoitar, acompañar e abrir camiños onde xerminan valores esenciais como o respecto, empatía, igualdade, pensamento crítico e creatividade”. “Recibir este galardón —explicou— supón unha honra persoal, pero tamén un impulso para seguir defendendo unha educación humana, inclusiva e de calidade, que poña no centro ás persoas e as súas historias de aprendizaxe”.

Fina Paulos Mellor Educadora de Espana

Entre os proxectos máis destacados destes docentes atópase o Entre os proxectos máis destacados destes docentes atópase o Recurso Educativo Aberto (REA) polo que recibiron recentemente o “I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital do alumnado” que recollerán en Madrid o próximo 2 de marzo, trátase dunha proposta didáctica que combina patrimonio cultural, historia, diversidade e tecnoloxpolo que recibiron recentemente o “I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital do alumnado” que recollerán en Madrid o próximo 2 de marzo, trátase dunha proposta didáctica que combina patrimonio cultural, historia, diversidade e tecnoloxía.

Son ademais autores de dous libros sobre o uso da IA na docencia e na vida cotiá.

Máis novas

A mestra Fina Paulos recibe un premio estatal en materia de innovación pedagóxica

Fina Paulos, segunda mellor mestra de Secundaria nos Premios estatais Educa

A mestra oleirense Fina Paulos lanza un novo libro sobre o uso nas aulas da Intelixencia Artificial

“Como pode divertir ver un animal sufrir”

0

Este pasado domingo 1 de febreiro, colectivos de todo o estado desenvolveron unha manifestación co lema “Non á caza”. Na Coruña, apoiados pola asociación Ecoloxistas Galiza Atlántica, percorrían o centro dende o Obelisco ata a praza de María Pita con arengas como “Como pode divertir ver un animal sufrir”.

As entidades consideran “imprescindible alzar a voz contra unha actividade que provoca morte, sufrimento animal, deterioro dos ecosistemas e unha crecente inseguridade no medio rural”.

Aseguran que “a caza non é unha ferramenta de xestión ambiental, senón unha agresión sistemática á fauna silvestre, que afecta non só ao xabaril, empregado de forma interesada como xustificación, senón tamén a raposos, corzos, lobos, aves e outras especies, incluídas algunhas protexidas ou vulnerables”.

Ademais, lamentan que “a actividade da caza privatiza de feito o espazo público rural, converténdoo temporalmente en zonas perigosas e excluíntes”.

Invitan á lectura do seu manifesto.

Non a caza manifestacion Coruna

O Acuario da Coruña celebra talleres e charlas divulgativas no VIII Feira de Ciencia Isabel Zendal

O VIII edición da Feira de Ciencia Isabel Zendal celebrará, este sábado no Aquarium Finisterrae, talleres divulgativos sobre o mundo mariño e as expedicións marítimas impartidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña (UDC). Así mesmo, ofrecerá aos usuarios a oportunidade de participar en experimentos, xogos e actividades.

Segundo traslada o Concello da cidade herculina, os encontros serán en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas. Para visitar este día o museo, que celebra xornada de portas abertas con entrada gratuíta, é necesario unha reserva de entradas, que se poderá realizar a partir das 09.00 horas deste mércores.

No entanto, concreta que as persoas maiores de 65 anos poderán acceder ás instalacións do acuario sen reserva e acompañadas doutra se o precisan. Esta Feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da UDC, en colaboración co Aquarium Finisterrae e o consistorio.

O Zara vello non lles renta

Esta semana pechou as súas portas o primeiro Zara do mundo, o da rúa Juan Flórez. Inaugurouse en 1975, polo que o pasado ano 2025 celebrou o medio século con renovación e reapertura, exposicións, café e outros fastos especiais. Celebracións que rematan coa tenda pechando sen máis.

O avó non produce, eutanasia para o avó.

Esta tenda era moi concurrida por señoras, velliñas e xente de paso ó traballo, era pequena, cómoda, acolledora e abarcable para o público de máis idade, non coma os megastores e tendas insignias que son a aposta clara e única das grandes cadeas hoxe en día.

Pero as señoras non son o target de Inditex, claro está, o target son as mozas e as influencers, entón aporta ou aparta. As señoras aportan modernidade, reviews, hauls ou engagement? Non, logo aparta ás señoras, non rentan.

Este peche levoume a pensar sobre a actual mercantilización dos sentimentos e das relacións, sobre a prevalencia da economía por enriba das emocións. É tremendo iso de analizar a amizade ou a parella en termos de coste-beneficio, e máis tremendo é velo facer á xente nova. A adolescencia e a mocidade teñen que ser épocas de derroche e ruína, de erros e perdas, de deixarse levar pola paixón e o risco, non polo Excel e as matemáticas, de rir e chorar e non calcular.

Hai que apoiar á amiga que está mal e non esta persoa vitamina senón máis ben persoa fluoxetina, aínda que nos pareza que non nos aporta moito neses intres.

Non podemos deixar que a economía e o beneficio goberne as nosas vidas, porque ao final delas lembraremos os xogos cos nosos pais e nais, non o que custou a residencia de maiores, os sorrisos dos nosos fillos, non as noites sen durmir, as madrugadas bailando ata o mencer, non as baixonas do domingo.

E voltando ao peche do Zara primixenio e orixinal, Inditex ou Amancio ou Marta ou o demiúrgo corporativista están poñendo o cerebro por enriba do corazón, olvidando ás señoras e nenas que os uparon mercando rebequiñas ou conxuntiños, as adolescentes que nos Y2K mercamos a roupa para sair de festa.

E non me digades que estamos a falar dunha empresa e non unha ONG, iso xa o sei, pero os cartos lle saen polas orellas e xustamente eles poden tomar decisións sentimentais sen despeitearse. Poden pero non queren.bea alfonso

MÁIS ARTIGOS DE BEATRIZ ALFONSO

A AVV Oza Gaiteira Os Castros estrea hoxe documental e a exposición sobre Xosé Velo

0

Hoxe, luns 2 de febreiro, a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros celebra estrea do documental (“O libertador ibérico”) e da exposición (que estará aberta ata o 21 de febreiro) sobre Xose Velo. A partir das 19 horas, o Fórum Metropolitano, acollerá a cita para lembrar a biogafia de este loitador antifascista do 2 ao  no Forum Metropolitano

Xose Velo foi un escritor e político independentista galego nado en 1916 en Celanova. Animal político, Xosé Velo non foi animal de rebaño. Aínda que se mantivo até a morte na órbita do galeguismo co que comezara de mozo, puxo sempre por diante a súa conciencia (ou o instinto) aos ditados de calquera organización. Nin atopou acubillo definitivo nin deixou herdeiros políticos directos. Se cadra é por iso que, malia ter vivido en primeira liña a República, a guerra e a resistencia antifranquista, tanto no interior como no exterior (co máximo protagonismo no episodio sonado do secuestro do Santa María), segue sendo un recordo borroso para os vellos, unha figura semidescoñecida para a xeración intermedia e nada en absoluto para os máis novos.

Menos coñecidos aínda son os seus escritos. Toucou moitos paus: poesía, ensaio, artigos, prólogos, discursos, cartas…

Norte Cinema Diverso móvese a novembro pero organiza en febreiro unha sesión especial

A terceira edición do Norte Cinema Diverso (NCD) desenvolverá a súa III edición os días 25, 26 e 27 de novembro de 2026. “Este axuste de datas ten como principal obxectivo seguir coidando a identidade e a calidade do festival, optimizar o acceso ás propostas dos distintos festivais audiovisuais do mundo e garantir así unha selección da máxima calidade”, asegura Fernando Cayazzo, codirector do certamen coruñés.

Con todo, e como antesala ao festival, NCD organizará unha sesión especial de inverno o vindeiro xoves 26 de febreiro ás 20:00 horas. O evento centrarase na realidade das persoas maiores LGTBIQ+, no edadismo e na experiencia da volta ao armario na terceira idade.

Proxectarase a película Maspalomas, que narra a historia dun home de 76 anos que se ve obrigado a ingresar nunha residencia e enfrontarse de novo á ocultación da súa identidade.

NCD Educa 2026: a diversidade entra nas aulas a través do cinema

O festival, organizado pola asociación Palestra e o concello da Coruña, mantén o seu compromiso co ámbito educativo a través do programa NCD Educa, que iniciou esta mesma semana a súa xira por distintos centros educativos da área metropolitana coa visita ao IES Monte das Moas. O NCD Educa pasará tamén polo Fernando Wirtz (10 de febreiro), o Manuel Murguía de Arteixo (20 de febreiro), o CPR Andaina (2 de marzo), o Eusebio de Guarda (9 e 10 de marzo), o Zalaeta (25 de marzo) e o Otero Pedrayo (data por confirmar).

O programa inclúe este ano a proxección de seis curtametraxes (Ese lugar partido, Estoy bien mamá, Erupción, Sobremesa, La duda e Siempre que lo cuento) e o posterior debate con alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria e 1º da ESO de cada centro.

Norte Cinema Diverso conta coa colaboración da Cinemateca Pedro Zerolo e da Academia Galega do Audiovisual.

Máis novas

A española “Transición” leva o premio Trini Falcés do Norte Cinema Diverso

O NCD Educa é “moi necesaria porque hai persoas que se ven oprimidas e necesitan que a súa realidade se normalice”