Inicio Blog Páxina 155

Unha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

0

Un ano máis, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, coa axuda da Deputación da Coruña, coordina asociacións de todo o país para facer unha lectura colectiva da peza Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, escrita por Castelao.

Na cidade da Coruña será este venres, 31 de outubro, ás 19:30 h no auditorio do Centro Ágora, como parte do programa Agra no Ágora. Participamos as asociacións da contorna: AC Alexandre Bóveda, AC O Facho, AC Tempo Novo, AC Roxín Roxal e a Agra.

A actividade consistirá na lectura desta obra de Castelao como xeito de reivindicala no contexto actual pois esta pequena peza dramática representa unha pequena Galiza e amósanos a sociedade na que vivía Castelao (que ben pode ser na que vivimos nós) mirada por un esqueleto.

Fundacion Galiza Cultura lendo OLlo de Vidro de Castelao
A Fundación Galiza Cultura lendo o Ollo de Vidro de Castelao

Eis un anaquiño do texto:

“Quixen saber quen fora o vampiro no mundo dos homes e fun ler o seu nome de bronce no rico mármore da campa. O nome só abondoume: fora un canalla que roubaba pra dar regalía ô seu bandullo de porco; dono da xusticia, roubaba dend’a súa confortábel casa. Pra que decir máis? Era… era un cacique!
(…) e fun pensando pra os meus adentros:
“Vampiros hainos; pois logo, polo si ou polo non, debían queimarse a tódolos caciques. Os caciques son capaces de facérense os mortos pra seguir vivindo a conta dos malpocados”.

Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” este festival é de acceso libre, de balde e non se precisa reserva previa); o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Logo da lectura haberá un magosto como convivio e celebración colectiva na pista de chave que nos cede a asociación Os Mariñeiros (rúa Cangas de Morrazo 18).

O xoves, encontro con María do Carme Kruckenberg

María do Carme Kruckenberg na Agra

Antes, xa este xoves, 30 de outubro, ás 20:00 h da tarde, o club de lectura da Asociación Gosto de vivir a poesía, convídanos ao recital dedicado á María do Carme Kruckenberg.

Beatriz Maceda, en representación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, fará unha breve introdución á obra desta autora, e faremos a lectura pública da escolma que traballamos ao longo do mes.

A entrada é libre e gratuíta ata encher a capacidade do local veciñal.

1 millón de euros para a Universidade Laboral como Centro de Excelencia de FP

0

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes de España vén de recoñecer o CIFP Universidade Laboral de Culleredo como Centro de Excelencia de Formación Profesional. Unha designación que conleva un investimento directo de 1 millón de euros, o que permitirá modernizar instalacións e equipamentos, impulsar proxectos de innovación educativa e fortalecer a conexión entre a FP e o tecido produtivo da comarca.

Segundo o alcalde de Culleredo, Rioboo, este recoñecemento é “unha magnífica noticia para Culleredo e para toda Galicia. Este recoñecemento premia o traballo dunha comunidade educativa comprometida e reforza o papel do Laboral como referente formativo e tecnolóxico”, destacou o alcalde de Culleredo.

Aproveitou o rexedor para critica “a falta de investimento da Xunta de Galicia nuns centros que en moitos casos superan ou roldan os 50 anos de antigüidade”.

 

Tres centros coruñeses, entre as 25 “catedrais educativas” de Galicia

Un camión de Estrella Galicia perde parte da súa carga en Sabón

0

Un camión de Estrella Galicia perdeu este luns parte da carga que transportaba cando circulaba polo polígono de Sabón, no municipio de Arteixo.

Segundo relatan testemuñas presenciais, o vehículo sufriu un deslizamiento da súa carga, que ao desprenderse bloquearon a estrada. Esta situación obrigou aos vehículos a desprazarse por vías alternativas durante unhas horas.

Arrincaron as obras de levantamento da duna de Riazor

Hoxe, luns 27 de outubro, comezazron os traballos para levantar na praia de Riazor a duna de area que protexerá o Paseo Marítimo dos posibles temporais costeiros da próxima temporada invernal.

Ao longo desta semana prolongaranse o levantamento da duna, que superará os dous metros de altura e situarase na parte intermedia do areal, cunha separación de seguridade con respecto ao Paseo Marítimo. O obxectivo, como cada ano, é minimizar o impacto dos fenómenos costeiros no tráfico e nos elementos próximos ao litoral.

A duna permanecerá en Riazor ata mediados de maio do ano de que vén, data na que será retirada para deixar as praias preparadas para o goce da tempada de baño a partir do 15 de xuño de 2026.
A duna de Riazor levantouse por primeira vez no ano 1995 como resposta a un forte temporal que derrubou a antiga balaustrada do Paseo Marítimo ao seu paso por este areal. Este tipo de situacións meteorolóxicas danse entre unha e tres veces ao ano de media.

As obras na avenida Alfonso Molina, na Coruña, provocarán cortes de tráfico as dúas próximas semanas

0

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, provocarán cortes de tráfico as dúas próximas semanas.

Segundo informa o Ministerio de Transportes, procederase ao corte da ligazón de conexión entre as estradas AC-10 (avenida San Cristóbal) e a AC-11 (avenida Alfonso Molina) do 28 de outubro, martes, ao día 30, xoves, entre as 10,00 e as 13,00 horas. Entre as mesmas horas será o corte do 4 de novembro, martes, ao 7 de novembro, venres.

Ofrece itinerarios alternativos. Circulación a través da AC-14, DP-0512 e avenida García Sabell ata a incorporación á AC-11. Circulación a través da avenida Glasgow, avenida de Universidade e avenida García Sabell ata a incorporación á AC-11. Circulación a través da Avda. San Cristóbal con cambio de sentido na glorieta de conexión coa AC-10 e xiro na ligazón AC-11/AC-10 ata a incorporación á AC-11.

Transportes avanza así nas obras de remodelación da avenida Alfonso Molina cun orzamento de máis de 18 millóns. O principal obxectivo é a mellora da seguridade viaria e fomentar a mobilidade peonil e ciclista.

As familias de Oleiros simbolizaron cunha marcha fúnebre o enterro do ensino público de calidade

“Hoxe vestimos de negro simbolizando a dor e o desamparo que sufrimos, pero seguiremos loitando pola defensa e a mellora do ensino público, inclusivo e de calidade”.

Así de rotundas estiveron as familias da ANPA Valle Inclán na Marcha Fúnebre (moi acaída na semana previa ao Samaín) que convocaron este pasado sábado para simbolizar “o pasamento do ensino público de calidade”. “Neste centro faltan mestres!!” berraron unidas centos de familias ante a inacción da Xunta, que segue contabilizando cada neno como un número, e que só atende a ratios e excusas.

Foi un éxito de asistencia, con numerosas familias, veciñanza, docentes, equipos directivos dos CEIP, representantes das ANPAs do colexios Luis Seoane, Rabadeira, Juana de Vega, dos institutos Neira Vilas e Miraflores, representantes da Federación de ANPAs, representantes de Alternativa dos Veciños, do BNG e do PSOE, e do Concello de Oleiros.

Marcha funebre polo ensino publico en Oleiros 2

As familias leron un manifesto no que lembraron que levan denunciando dende o inicio de curso “a grave falta de profesorado que ameaza o correcto funcionamento do centro e provoca un déficit na calidade da formación que reciben os nosos fillos e fillas actualmente”.
“No noso colexio as gardas non están cubertas cun número suficiente de docentes, comprometendo a atención, vixilancia e seguridade das nosas crianzas. O tempo adicado ó reforzo nas aulas do alumnado con necesidades especiais de atención educa va reduciuse notablemente para cada alumno. Diminuíu o tempo destinado á coordinación dos equipos de dinamización da Biblioteca e da lingua galega ou de mellora da contorna”.

Unha situación que provoca que “a día de hoxe están paralizados varios proxectos pedagóxicos emblemáticos, como a horta escolar, as saídas didácticas ou a sección bilingüe, que grazas á implicación do profesorado e á enorme colaboración do Concello de Oleiros levan moitos anos en marcha no noso colexio e promoven un ensino integral para a ca vada”.

Recodaron que levan enviando “varios escritos á Xunta de Galicia, sen resposta ata o día de hoxe”, e critican que “a Inspección Educa va recibiunos pero non aportou ningunha solución para resolver as carencias, recoñecendo que a falta de profesorado nos centros públicos é
un problema xeneralizado, debido a decisións polí cas, con absoluta indiferenza”. De feito, Inspección pasoulle a bola ao Director Territorial da Consellería, que directamente non acepta reunirse coa ANPA.

Ante esta situación decidirion manter concentracións todo os luns, así como a combativa “Andaina polo ensino público de calidade”,  que tivo gran repercusión a pesar do silencio provocado pola Xunta nalgúns medios.

Durante o manifesto, as familias da ANPA debullaron tamén a decepción vivida na visita ao Parlamento Galego. “Os deputados do PP negáronse a falar con nós, sabían que estabamos presentes no hemiciclo e non nos dirixiron nin a mirada… Novamente, absoluta indiferenza.
Seguimos constatando que para a Consellería os nosos fillos e fillas son unicamente números”.

Máis novas

 

Outras novas das ANPAS

Grandes retencións na AP-9 a saída da Coruña tras tres accidentes con 13 vehículos implicados

0

Un total de 13 vehículos se viron afectados en tres sinistros de tráfico que tiveron lugar en tan só dous quilómetro de diferencia na AP-9 á saída da Coruña.

Segundo informa a Garda Civil, o primeiro deles tivo lugar ás 08.45 horas no quilómetro 11,500 con tres vehículos afectados. E, cinco minutos despois e en dous lugares diferentes  antes e despois dese accidente inicial, tiveron lugar outros dous sinistros.

Un deles, no quilómetro 10 con tres vehículos implicados e un ferido leve. O outro, no quilómetro 12 con sete vehículos danados.  Todos foron sentido Santiago e foi necesario cortar un carril para controlar a situación.

As obras na avenida Alfonso Molina, na Coruña, provocarán cortes de tráfico as dúas próximas semanas

 

Completada a demolición do Hotel de Pacientes do CHUAC

0

Tres semanas despois do acceso da maquinaria pesada, a Xunta finalizou a derriba do edificio da estrutura e a fachada do Hotel de Pacientes do CHUAC, un inmoble de 10 plantas –8 delas sobre rasante– que quedaron reducidas a cascallos.

O derrubamento do citado inmoble permitirá avanzar na execución do novo anel perimetral do sistema viario que bordeará e dará acceso ao novo Complexo Hospitalario Universitaio dá Coruña (CHUAC).

Segundo informa a Xunta, a demolición realizouse elemento a elemento para minimizar o impacto dos traballos na contorna, debido á proximidade dos edificios asistenciais, e cumprindo un estrito plan de bioseguridad para controlar a emisión de po e ruído.

A derriba da estrutura e a fachada completa un traballo que comezou no interior do edificio cos labores de desamiantado. Mantendo o edificio pechado, continuouse desmontando todo o interior, os illamentos e as tabiquerías, utilizando para iso robots manexados a distancia.

Durante o proceso de demolición interior mantívose pechado o edificio, con xanelas, e os cascallos retiráronse cunha mínima exposición exterior. Co edificio diáfano quitáronse as xanelas e acometeuse a demolición do exterior: cubertas, cerramentos e estruturas.

Os traballos do tres plantas superiores executáronse coa axuda de robots para reducir o impacto dos traballos e reforzar a seguridade. Para o resto das plantas do inmoble utilizouse maquinaria pesada especializada que chegou á obra o pasado 7 de outubro e que acaba de finalizar a demolición da parte máis visible do edificio, de 7.600 metros cadrados.

RETIRADA DO CASCALLO

A obra entra agora nunha nova fase que pasará pola retirada e fragmentación do cascallo resultante e a derriba das cimentacións para posibilitar a creación dunha plataforma pavimentada de 1.000 metros cadrados.

Esta plataforma permitirá dispor dun espazo útil, tanto para uso do hospital como para poder acometer o anel perimetral que dará acceso ao novo CHUAC.

Novos atrasos nas obras do ‘Novo Chuac’ e dificultades nas escavacións dos novos edificios

A demolición do Hotel de Pacientes do CHUAC estará concluída este mesmo ano

Evacúan na Coruña a un tripulante falecido nun accidente laboral a bordo dun cruceiro

0

O cruceiro Arvia permanece atracado no peirao de transatlánticos do Porto da Coruña, onde arribou sobre as 16.00 horas deste domingo para proceder a evacuar a un tripulante que faleceu a consecuencia dun accidente laboral a bordo.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Porto da Coruña, o barco desviou a súa ruta a raíz do suceso e unha vez na Coruña, aproveitou para facer unha escala e que os pasaxeiros puidesen baixar a terra.

Unha vez que esta noite chegue de Reino Unido persoal encargado da investigación deste tipo de accidentes laborais, o cruceiro Arvia retomará a súa ruta.

A Coruña celebra o 50 aniversario do disco ‘Rosalía de Castro’ de Amancio Prada cun concerto en novembro

0

A Coruña celebrará o 50 aniversario do disco ‘Rosalía de Castro’, de Amancio Prada, cun concerto especial o 16 de novembro no Teatro Rosalía de Castro, e con entradas aínda á venda.

O Palacio Municipal de María Pita acolleu a presentación do concerto especial que conmemora a publicación deste álbum, editado en 1975. O recital terá lugar o próximo 16 de novembro no Teatro Rosalía de Castro.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu no Palacio Municipal de María ao artista antes da presentación, felicitándoo pola súa carreira e desexándoa a mellor sorte nesta actuación.

O Festigual celebra do 5 ao 28 de novembro unha nova edición na Coruña pola “cultura inclusiva”

Sés quece o lanzamento do seu novo e honesto disco co sinxelo que lle dá nome: “Nadando na incerteza”

O FIGA afondará na Coruña sobre a diversidade do audiovisual galego