Inicio Blog Páxina 209

Inés Rey denuncia “inacción” da Xunta ante a chegada dos Uber: “Pasa a pataca quente aos Concellos e lávase as mans”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, denunciou “inacción” da Xunta e apelou á “coordinación” ante a implantación da plataforma de mobilidade estadounidense Uber na cidade. A preguntas dos xornalistas sobre este asunto, a rexedora recalcou que a normativa se atopa nun “período transitorio”. “A ordenanza de mobilidade está aprobada provisionalmente” e “en fase de alegacións”, explicou para engadir que unha vez que sexa definitiva estes vehículos “terán que solicitar a autorización correspondente”.

Neste sentido, lamentou que o Goberno autonómico “deixe o tema en mans dos concellos”. “Como sempre, pasa a pataca quente ás administracións locais e lávase as mans en todos os asuntos que requiran unha mínima complexidade”. “Estamos todas as cidades galegas igual, sen regulación específica para iso”, denunciou e apelou á “coordinación” para “ter todos unha regulación harmonizada, que sería o lóxico”.

A rexedora fixo estas declaracións na rolda de prensa convocada para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno. Na mesma, aprobaron a saída a concurso das obras de rehabilitación do antigo mercado de Santa Lucía, unha actuación que suporá un investimento total de 10,3 millóns de euros e que aparella a construción dun novo centro de saúde e dun centro cívico, entre outros equipamentos públicos. Ademais, licitaron as obras de urbanización da praza José María Hernansáez, no barrio do Castrillón.

A CIG concentrouse contra a represión sindical en Carpintería Ramón García

0

Delegadas e delegados da CIG realizaron unha concentración este mércores diante do Sección de Mediación, Arbitraje y Conciliación (S.M.A.C.) da Coruña (en fronte do IES Zalaeta) para manifestar o seu  apoio ao presidente do comité de Carpintería Ramón García de Ordes e para reclamar a súa readmisión inmediata.

A central sindical denuncia que se trata dun “caso evidente de represión contra o traballador polo simple feito presentarse ás eleccións pola CIG, gañalas e desenvolver a acción sindical que lle corresponde como representante legal dos traballadores e traballadoras”.

O proceso de conciliación xa rematou, pero continúa aberto o proceso continuará no que a CIG demanda que se declare a nulidade do despedimento.

O secretario comarcal da Federación de Construción e Madeira da CIG da Coruña, Mario Maceiras, explicou que este traballador asumiu en 2023 a representación da central sindical nesta empresa e no ano 2025, despois de gañar as eleccións, foi elixido presidente do comité. “A partir dese momento, censurou, a empresa comeza cunha campaña de persecución e acoso contra del, até finalmente executar o seu despedimento”.

Maceiras chamou a atención sobre a carta de despedimento coa que a carpintería pretende xustificar a súa decisión “de 19 páxinas cheas de falsidades e nin unha soa proba dos comportamentos e feitos que lle atribúen”. Por iso considerou que con esta medida, a única intención da empresa “é liberarse do seu principal referente sindical”.

Criticou a postura da dirección de Ramón García que non só se “pecha en banda a sentar a falar e escoitar ningunha das nosas demandas, senón que incluso está nunha escalada de negarlle a lexitimidade ao propio comité no seu conxunto, utilizando o despedimento do presidente deste órgano como elemento para rexeitar calquera tipo de acordo cos delegados e delegadas”.

Pancarta pola readmision preto da oficina de Ramon Garcia en Perillo
Esta pancarta lucía onte na ponte do túnel de Perillo, ao carón das oficinas herculinas da empresa, pero hoxe xa está en Alfonso Molina

Denuncian o despedimento pola súa actividade sindical ao presidente do Comité de Empresa da Carpintería Ramón García

A Xunta reclama á alcaldesa da Coruña “exercer as súas competencias” sobre os VTC

A Xunta mostrou a súa sorpresa ante as declaracións da alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, “por tentar responsabilizar á Administración autonómica de cuestións referidas a os vehículos de turismo con condutor (VTC) que son de estrita competencia municipal”.

Ante as afirmacións da rexedora, denunciando “inacción” da Administración autonómica e reclamando coordinación nesta materia, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, animou á rexedora que “como máxima responsable municipal, tome as decisións que considere oportunas na cidade respecto das VTC e póñase a traballar para regular no ámbito municipal”.

“Deixando ao carón a confrontación coa Administración autonómica”, indica o conselleiro que indica que a Xunta tramita as autorizacións de licenzas de VTC domiciliadas na comunidade autónoma, por delegación de competencias do Estado.

“As licenzas teñen carácter autonómico e interurbano, non habilitan para facer recorridos urbanos, pero permiten operar en todo o territorio galego sempre facendo traxectos entre diferentes municipios”, sinala para insistir, entre outras cuestións, en que as competencias sancionadoras no ámbito urbano corresponde aos consistorios.

Empezan os traballos para montar a falla do San Xoán da Coruña

Este mércores comezaron os traballos de montaxe da fala de San Xoán, que será prendida na medianoite do 23 de xuño na praia de Riazor, como é tradición.

Durante os próximos días, as persoas responsables da súa elaboración comporán os diferentes elementos deste monumento. Este ano, informa o consistorio, un gran polbo presidirá xunto a unha maga a falla.

Tamén haberá homenaxes a varios fitos deste último ano, como o Premio Nacional das Letras Españolas do escritor coruñés Manuel Rivas; o ascenso do OAR Coruña de balonmán ou o recoñecemento ás cantareiras no Día das Letras Galegas.

O goberno local prepara para o luns 23 un dispositivo de seguridade e limpeza coa implicación dunhas 1.000 persoas para garantir o correcto desenvolvemento dunha celebración declarada Festa de Interese Turístico Internacional e que reúne cada ano a máis de 150.000 persoas na contorna das praias de Riazor, Orzán e Matadoiro.

Volven solicitar que o vello cárcere da Coruña se transforme nun Lugar de Memoria

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña solicitou a declaración do antigo cárcere provincial desta cidade como Lugar da Memoria.

Foi mediante un escrito ante a Dirección Xeral de Promoción da Memoria Democrática e coas determinacións recollidas no artigo 50 da Lei 202/2025 de Memoria Democrática.

Nel, recóllese un resumo da singularidade deste espazo como “lugar de memoria da represión, con historias de vidas truncadas, de sufrimento, abusos e crimes impunes do franquismo que deixan claro o significado do lugar”, sinala a CRMH.

A entidade, nun comunicado, insta, ademais, ao Concello da Coruña a que actúe “sen demora” e exerza as súas competencias relativas aos deberes legais de conservación ante o que cualifica como “pasividade” do Estado nesta materia.

Máis novas

Abren as portas do Cárcere Vello

 

Demandan un acordo institucional para instar ao Estado a que non apele a sentenza sobre a cesión do antigo cárcere

Unha afrenta ao corazón do patrimonio da humanidade

Inés Rey apela a respectar a presunción de inocencia tras a imputación de Pardo de Vera no ‘caso Koldo’

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pediu que se respecte a presunción de inocencia en relación ás investigacións da Garda Civil que consideran que o exasesor do exministro José Luís Ábalos, Koldo García, “se valía” de Isabel Pardo de Vera como presidenta de Adif para a “manipulación” de procesos de contratación.

A exsecretaria de Estado de Transportes fora elixida para dirixir o Plan Estratéxico da Coruña 2030-2050, así como o proxecto Coruña Marítima, que determinará a reordenación dos peiraos urbanos, pero tomou a decisión de renunciar ao cargo para “evitar controversias políticas artificiais” polas polémicas xurdidas. Agora, o xuíz do ‘caso Koldo’ imputou a Pardo de Vera por malversación e tráfico de influencias. O maxistrado cítaa a declarar pola contratación de Jésica R., exparella de Ábalos, en dúas empresas públicas.

Cuestionada sobre este asunto en rolda de prensa, a rexedora sinalou que non se leu o informe elaborado polos axentes da Unidade Central Operativa (UCO) “por falta de tempo” e decatouse do caso “polos medios”. Non entanto, apuntou que “xa saíra a noticia de que fora a declarar”. “Hai que respectar a presunción de inocencia e que continúen as investigacións pertinentes como en calquera outra investigación”, apostilou.

A Coruña a través dos seus fanzines: un percorrido pola autoedición herculina na Biblioteca de Estudos Locais

0

Biblioteca de Estudos Locais da Coruña acollerá este mércores de 17.30 a 20.30 horas, unha nova proposta impulsada por Autobán, coa colaboración do Concello da Coruña, que analizará e poñerá en valor a autoedición desde diferentes prismas e accións e da man de grandes profesionais do sector, como Emma RíosLuis Yang, Gemma Pérez Feijoó e “Yupiyeyo”, entre outras figuras galegas do universo do fanzine.

En palabras de Autobán, con esta actividade “queremos celebrar a nosa constante colaboración coas bibliotecas da cidade, en especial, coa Biblioteca de Estudos Locais, que fai un traballo enorme apoiándonos no Premio Autobán –que neste 2025 celebra a súa segunda edición– e desenvolve unha actividade fundamental: a creación da Fanzinoteca Municipal”.

Desde xeito, nesta xornada titulada ‘Panorama do Fanzine Galego’ o público poderá asistir, de balde, a tres actividades nunha mesma tarde: a presentación das obras gañadoras do Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2024, cos autores Luis Yang e Gemma Pérez; a presentación e a visita á Fanzinoteca da BMEL, que recolle na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña exemplares representativos da creatividade galega e coruñesa; e un faladoiro sobre autoedición na Coruña, da man de relevantes fanzineiras e fanzineiros de orixe galega e de diferentes xeracións e proxeccións.

Prisión provisional para o detido acusado de matar a súa parella na Coruña

0

O xulgado decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido o domingo, día 15, pola morte da súa parella na Coruña, tras pasar este martes a disposición xudicial.

O asasinato da muller produciuse na rúa San Isidoro, na Sagrada Familia. A vítima recibiu, segundo informou o luns a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, decenas de puñaladas con “bastante enseñamiento”.

O home foi o que confesou ao seu exmujer — coa que ten dous fillos en común — “que acababa de matar á súa parella actual” e foi ela quen avisou a Emerxencias. Tras personarse a Policía Nacional no domicilio no que convivían, procedeuse á detención do presunto agresor e localizouse o coitelo.

A falecida estaba incorporada no sistema VioGén con motivo dunha agresión física rexistrada en setembro de 2024. Nese momento, explicou a subdelegada do Goberno, aplicouse o Protocolo Cero, activado para actuar de oficio “cando as vítimas non se deciden a denunciar nun contexto de espiral de violencia de xénero”.

Esta agresión derivou en procedemento xudicial que o pasado 27 de maio concluíu cunha sentenza “condenatoria” para o home que incluía unha “pena de afastamento en fase de execución”, sostivo a subdelegada.

Agora decrétase o seu ingreso en prisión por asasinato, ademais de quebrantamento, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que explica sobre a orde de afastamento que a sentenza lle foi notificada “polo que sabía da prohibición e, por tanto, a xuíza entende que existe delito de quebrantamento”.

O detido, de 61 anos, orixe peruana e nacionalidade española e a vítima — de 49 anos e peruana — contraeron matrimonio no mes de maio.

Ferida unha persoa tras envorcar o seu vehículo nunha peaxe da AP-9, en Bergondo

0

Unha persoa resultou ferida este martes tras envorcar o seu vehículo nunha peaxe da AP-9, ao seu paso polo concello coruñés de Bergondo.

Os bombeiros do parque provincial de Betanzos foron requiridos esta tarde polo envorco dunha furgoneta ante a barreira da peaxe. O aviso chegou do 112, ao redor das 16.30 horas. Indicaban que a única ocupante do vehículo estaba ferida e atrapada.

Unha vez no punto, os bombeiros axudaron á vítima a saír do vehículo polo cristal dianteiro para ser trasladada polo 061 ao CHUAC.

No operativo participaron persoal das cabinas de cobro das peaxes, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Bergondo e membros de de mantemento de autoestradas.

Exposición ‘Quino na música’ na Coruña despois de pasar por Palma

0

A exposición ‘Quino na música’, dedicada á vida e obra do debuxante Joaquín Salvador Lavado Tejón, coñecido como Quino, foi inaugurada este luns na Coruña, na sala municipal de exposicións de Palexco.

Segundo informou o Concello de Palma, a mostra xa foi presentada anteriormente na capital balear, onde permaneceu aberta ao público entre outubro de 2024 e xaneiro de 2025 no Casal Solleric e foi visitada por 11.400 persoas, unha mostra que se enmarcou na programación do Festival Internacional ‘Cómic Nostrum’.

A exposición céntrase na relación do creador de Mafalda co ámbito musical, e forma parte dun conxunto de iniciativas que conmemoran o 70 aniversario da publicación da súa primeira viñeta e os 60 anos de vida do seu personaxe máis emblemático.

A mostra reúne orixinais do autor arxentino falecido en 2020 e foi desenvolvida polos seus sobriños Guillermo e Diego Lavado, xunto ao debuxante Jorge Isaurralde ‘Tatum’.

O acto de inauguración na Coruña contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey; o concelleiro de Cultura e Turismo do Concello coruñés, Gonzalo Castro; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e os comisarios da mostra, Judith Gociol e Guillermo Lavado, sobriño do artista.

En representación do Concello de Palma acudiron o primeiro tenente de alcalde e rexedor de Cultura, Javier Bonet, e o coordinador xeral de Cultura e Turismo, Fernando Gómez da Costa.

Bonet eloxiou os esforzos que se realizou desde as institucións para “dinamizar, desde o punto de vista social, económico e cultural, unha terra que é modélica por moitos conceptos, e á cal, a pesar da distancia xeográfica, Baleares sente moi próxima”, subliñou.

Así mesmo, considerou que a posta en marcha do proxecto é “unha proba de gran valor á hora de certificar que o impulso á cultura propiciado desde o Concello vai por moi bo camiño”, coas principais expectativas situadas na consecución da capitalidade europea de 2031.