Inicio Blog Páxina 217

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

0

Non esaxeramos se Ábrete de Orellas é o mellor programa de música galega contemporánea. E seguramente o máis lonxevo tras case 25 anos nas ondas. Ademais de en diversas plataformas online, este programa libre de autor sae nas ondas das emisoras da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, facendo unha labor de altofalante das novas creacións dos atistas do noso país impagables.

O seu compromiso demóstrase nas continuas mostras de cariño que a comunidade artística lle dedica cada dous por tres, deixando patente a necesidade de que espazos coma este manteñan a actualidade de todo o que se crea no país.

Falamos con Pepe Cunha, unha lenda das ondas pangalaicas.

 

– Máis de 550 programas de Ábrete de Orellas… E disme que eses son dende o 2013, pero que antes xa estiveras nas ondas? Cantos anos levas espallando a música galega?

Regresei ás ondas en outono de 2013 e si que esta etapa está moi centrada na música que se fai na Galiza, estes 550 programas. Os comezos foron na emisora universitaria de Ferrol Radio Kaos a finais de 1997, pero non compartía case nada de música galega, algo que foi mudando cos anos e coa nova etapa tras a creación da comunitaria Rádio FilispiM, xa neste século. Digamos que coa música do país vou para os 25 anos.

– Como foi o comezo a gravar o programa? Que foi o que che levou a darlle ao rec?

Se de adolescente compartía música en K7s e festas e celebracións, logo tocou a hostalaría de DJ e probar cun carácter amador nunha radio. O irmán dun ex-compañeiro de instituto viu que a miña letra aparecía en moitas K7s que había na súa casa e pensou que eu tiña que compartir músicas en Radio Kaos. Eu rematara a carreira, volvera a Ferrol e tiña que ocupar a miña vida con actividade. Aprendín de cero e a base de me escoitar e apuntar erros.

– En que plataformas e en que emisoras podemos escoitar o programa? Escoitase tamén fóra de Galicia?

Aparte de ivoox ou archive.org, o programa compárteno as emisoras da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (CUAC FM, Rádio FilispiM, Radio Roncudo, Radio Piratona, Radio Neria …), Podgalego, Agora.gal, algunhas municipais como Radio Redondela ou Radio Allariz, A Xente de Teo ou a radio de Pontevedra Viva. Supoño que fóra da Galiza tamén se escoita, pero non investigo nas cifras que saen de conexión desde diferentes lugares.

– Indo un pouco cara as túas orixes, que música escoitabas de rapaz?

Estaba sempre pegado á radio e ía descubrindo emisoras e programas. A diversidade dos 80 colleume dos 8 ao 18 aniños, para te faceres unha idea. Se me pides nomes favoritos daquela e que seguen a selo son Radio Futura, 091, The Cure, The Smiths, Talking Heads, El Último de la Fila, The Clash, Golpes Bajos, The Kinks, Siniestro Total, Bob Marley and The Wailers, La Polla Records …

– Cales foron os primeiros grupos de música galega que te marcaron?

Os Resentidos, Os Diplomáticos de Monte Alto, Fuxan os Ventos, Berrogüetto, Os Cempés…

– Como viviches o bravú?

Coincidiume coa carreira e non escoitaba a Radio Galega nin vía o Xabarín Club, onde soaban esas músicas. Engancheime xa ao debut dos Diplomáticos, que collín para gravar dunha tenda de alugueiro de CDs a carón da estación de buses da Coruña. A outras bandas cheguei, aínda que non o consumía moito. Realmente non o vivín moi de preto pois pouco concerteaba daquela, pero había cousas que me prestaban, como os Skornabois.

– Sei que pateas moitas salas, cales son as túas favoritas da nosa provincia?

Cada unha cos seus sinais de identidade pois a Sala Mardigras, a Capitol, a Garufa, Casa das Crechas, a Pousada da Galiza Imaxinaria … e lembro grandes momentos nas desaparecidas Super 8 en Ferrol ou Dzine en San Sadurniño. Houbo un tempo no que quería viaxar polo país e facer minireportaxes sobre as salas, pero isto é altruísta e a vida e os cartos repártense entre máis actividades.

– Un concerto de bandas galegas que recordes con especial cariño?

Houbo unha noite nas Festas de Ferrol de 1999 cun cartel top: Os Cempés, Berrogüetto e Leilía. Destes dous últimos lembro as xiras de despedida, así como a de The Homens; presentacións de Caamaño e Ameixeiras, Dios Ke Te Crew ou Mondra na Capitol, a xira Síntese Horizonte de Guadi Galego, Mercedes Peón, Uxía e Narf, Lamatumbá, Tanxugueiras no Coliseum … e en especial moitos con pouco público de artistas que despois creceron. E todos os que organicei, claro.

– Que festivais da Costa da Morte ou da Coruña practicas?

Cada vez son menos de festivais, a verdade, por todo no que se converteron. Por non me estender, digamos que unha diversidade mal entendida. Son fiel, iso si, ao Jazz de Ría ou Felipop, a cousas do Noroeste e podo deixarme caer por calquera que tire máis polo encanto e a curiosidade que por vender billetes.

– Que bandas da Coruña, e tamén da Costa da Morte, destacarías?

Costa da Morte e área da Coruña? Belem Tajes, Caamaño e Ameixeiras, Antía Muíño, Zavala, Orquestra Bravú Xangai… Faltaranme por coñecer moitas porque, malia ser comunicador, boto en falla comunicación e correos de presentación de moitas bandas. É o que ten non ser influencer ou colaborar en medios con nome.

Pepe Cunha con Xurxo Souto
Pepe Cunha con Xurxo Souto

– Que bandas cres que o van petar en 2025?

Se falamos de petar como mover xente a concertos pois imaxino que, como sempre pasou, as que teñan produtoras que se movan ben no momento e se asocien aos medios de influencia. Coas posibilidades que ofrece a difusión pola Internet hai máis seguidismo ca nunca, parece mentira. Pero si, teño nomes na cabeza e van sacar disco neste 2025, mais prefiro aproveitar para mencionar outros que me gustaría recibisen máis atención: Carabela, Zavala, Monboi, Carmela, Mocho Gris, Hugo Guezeta, A Pedreira, Anxo Araújo, Caldo, Sun Iou, Resaka Emocional …

– Como se consegue ese respecto do tecido musiqueiro galego?

O que se opine de min será unha mestura de factores así que pódoche dicir o que creo que ofrezo: respecto ao traballo das artistas, atención, curiosidade, constancia, perspectiva, independencia, diversidade.

– Que significou para ti os Premios Martín Códax da Música ao mellor Espazo de Comunicación Musical en 2016 e 2018?

Pois un apoio moral ben grande porque hai momentos que chega a ser canso facer isto só, cos medios mínimos, no tempo do lecer, e compensa o feito de os medios públicos e subvencionados non me fagan un oco ou me teñan sinalado polo meu compromiso, vai ti saber. Un xute de ánimo e visibilidade, que é a intención destes premios.

– As bandas galegas enchen salas e pavillóns en Galicia, pero tamén en Madrid e no resto de Europa. Cres que a música galega está no seu mellor momento da historia?

Pois paréceme moito dicir, porque houbo outros momentos bos, puntuais tamén. Porén, que se vivimos un momento de moda, repercusión, visualización necesario? Sen dúbida. Que hai unha diversidade que non houbo noutros tempos? Tamén.

– Cres que está chegando á xente máis nova??

Si, grazas a propostas como Tanxugueiras, Mondra ou Fillas de Cassandra, como pasou no seu momento con Sés, pero segue a predominar esa porcentaxe moi alta de militancia para coa lingua. O que temo é que quede nunha moda, nalgo pasaxeiro, con moita oferta de tradicional máis electrónica. Ademais compártense sobre todo contidos simples, mesmo competitivos e se incide no que máis gusta xa en troques de aproveitar o tirón para situar o foco na calidade e a diversidade.

pepe Cunha coas Fillas de Cassandra
pepe Cunha coas Fillas de Cassandra

– Que poden facer as administración para promocionar a nosa música?

Opino desde fóra, que eu non traballo para ningún medio ou produtora/promotora. Cómpre que a CRTVG cumpra co servizo que debe dar, que se tomen medidas para consolidar e mellorar o que hai, e iso faise desde abaixo, escoitando as necesidades do sector. O de subvencionar para inflar cachés a quen se move mellor, pois non. Ademais de que non poden tocar só e en case todos lados os 4 e 5 nomes de moda no momento. Se hai cartos públicos, ten que haber unha cota de artistas do país e con condicións dignas.

 

Máis novas

A artista coruñesa XA’LUM lanza Beiriña, o seu novo sinxelo

Amoebo lanza “Unha foto”, o seu novo sinxelo

Os Marines, 5 anos rompendo barreiras e facendo gozar do deporte a xentes con discapacidade

0

Se hai unha historia de inclusión na nosa cidade, esa é a dos Marines. E seguro que te res cruzado no paseo un luns ou un mércores pola tarde, coas súas camisetas cheas de
enerxía, e esas cadeiras de rodas nas que vai montado un sorriso xigantesco.

Os Marines son ese grupo de deportistas que aproveitan os seus adestramentos para que persoas con discapacidade poida gozar ao máximo da experiencia do deporte.

A historia deste comprometido colectivo, que cambiaría o panorama do deporte inclusivo en Galicia para sempre, nacía na Media Maratón Coruña21 de hai 5 anos, e agora quece celebrar ese aniversario participando de novo neste desafío.

A historia dos Marines

En febreiro de 2020, un grupo de voluntarios decidiu dar un paso adiante garantir que todas as persoas poidan participar en eventos deportivos sen barreiras. Así naceron os Enki Marines, un proxecto que non só impulsou o cooperación entre corredores e atletas con discapacidade, pero tamén promoveu cambios no regulamento da competencia para facelos máis accesible.

O nome “Marines” ten unha orixe moi especial: provén dos nomes dos dous primeiros nenos que participaron nun evento deportivo con eles, Mario e Inés, durante o Medio Maratón da Coruña o 16 de febreiro de 2020. Desde entón, o seu legado inspirou a ducias de corredores a unirse a isto filosofía de apoio e inclusión.

Tres anos despois, en 2023, os Marines decidiron especializarse e dar un novo salto na súa evolución, e conseguen vehículos adaptados a través de Enki para que calquera persoa con discapacidade poida gozar do deporte. Aí Os Marines convértense nunha asociación independente de voluntarios, dispostos a acompañar e apoiar a deportistas con discapacidade en cada carreira.

Os Marines 5 anos na Coruna rompendo barreiras

O 5º aniversario, no Medio Maratón da Coruña

Este domingo volverán ao Medio Maratón da Coruña (C21) para conmemorar cinco anos de esforzo, quilómetros e comunidade, nos que participaron en decenas de carreiras, dende asfalto ata montaña, por dentro e fóra Galicia, demostrando que o deporte non coñece barreiras, só ganas.

Un proxecto aberto a todos

Os marines non son só un equipo, son unha filosofía. Calquera persoa, independentemente do club ao que pertences, podes unirte á súa misión: axudar ás persoas con discapacidade
gozar do deporte en igualdade de condicións.

Podes unirte simplemente achegándote aos adestramentos dos luns e mércores en Riazor, participando nas carreiras con eles, ou axudando na intendencia.

O seu equipamento está dispoñible en Marathon e Cume Norte (A Coruña) e nos seus tenda en liña, axudando a dar visibilidade ao proxecto e consolidando o sentimento de equipamento.

Podes contactar a través do instagram @somosmarines, no Facebook,  ou en www.somosmarines.es.

 

Un paciente agride cunha arma branca a un enfermeiro e un garda de seguridade no complexo hospitalario da Coruña

0

Un paciente agrediu cunha arma branca a un enfermeiro e a un garda de seguridade no servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Así o ratificaron desde o centro hospitalario que precisaron que se produciu á primeira hora desta tarde e que foi por parte dun paciente que fora trasladado a Urxencias polos servizos do 061.

Cando estaba a ser tratado, feriu cunha arma branca a un enfermeiro e a un garda de seguridade do centro. Ambos están a ser atendidos das súas lesións e están fóra de perigo. Fontes consultadas por Europa Press explicaron que o enfermeiro resultou ferido no abdome e na cara, pero tamén apuntaron que non corre perigo. O agresor segue no hospital, segundo confirmaron desde o centro hospitalario coruñés, sendo custodiado por efectivos policiais.

Segundo puido saber Europa Press, o garda de seguridade resultou alcanzado na cara antes de que o agresor puidese ser reducido e ten feridas de carácter leve. Outras fontes coñecedoras dos feitos explicaron que se puido ouvir berrar ao enfermeiro, duns 30 anos, que tiña polo menos dúas feridas efectuadas coa arma branca.

Outras fontes coñecedoras dos feitos explicaron que se puido ouvir gritar ao enfermeiro, duns 30 anos, que tiña polo menos dúas feridas efectuadas coa arma branca.

Aínda que o centro clarificou que está fóra de perigo, as fontes consultadas por Europa Press explicaron que sangraba de forma abundante e que tivo que ser trasladado a quirófano, onde en todo caso, ratificouse que a súa vida non estaba en risco.

“XOGÁMONOLA TODOS Os DÍAS”

“Xogámonola todos os días”, aseguraron a Europa Press membros do persoal sanitario sobre a situación con estes pacientes e ante a nova normativa existente para as condicións nas que deben ser atendidas. Todo iso nun contexto de nerviosismo polo sucedido, recoñeceron profesionais.

Tanto é así, que desde o ámbito dos profesionais sanitarios, fontes consultadas por Europa Press indicaron que se prepara unha concentración para este martes en solidariedade co enfermeiro ferido e para esixir medidas efectivas que garantan a protección do persoal do Servizo Galego de Saúde.

Entre outras cuestións, os profesionais sanitarios esixen medidas concretas de prevención e a “aplicación efectiva” dos protocolos contra agresións, apoio para quen a sofren e “mellores condicións e recursos para atender a pacientes con enfermidades psiquiátricas ou alteracións do comportamento”.

FAC USO condena o suceso

A Federación de Traballadores da Seguridade Privada do Sindicato de Traballadores (FTSP-USO) condena a agresión.e lembra que “dende hai anos solicita mellores medios de defensa para que o persoal de seguridade poida desenvolver as súas funcións con seguridade, ao tempo que se garante unha mellor protección do persoal sanitario e dos usuarios”.

Lembran que o propio xefe de seguridade do hospital se negou a proporcionar spray ou xel aos vixilantes. Esta disposición fora solicitada polos representantes dos traballadores como medida eficaz, non letal, apta para o ámbito hospitalario, e que se está a utilizar no complexo hospitalario de Santiago de Compostela.

Concentración

A FTSP-USO estará presente na concentración prevista para mañá ás 12:00 horas polo persoal sanitario ás portas de urxencias, e estuda xa as medidas a adoptar en defensa do colectivo.

DENUNCIAS EN 2023

Segundo os datos difundidos o ano pasado pola Policía Nacional, relativos ao exercicio de 2023, no conxunto de España tramitáronse 315 denuncias por agresións contra o persoal sanitario, un 30% máis que en 2022. Os datos reflectían un total de 16 denuncias tramitadas en Galicia, coa Coruña como provincia galega con máis casos (8), seguida de Lugo (4), Ourense (3) e Pontevedra (1).

A Escola da Bici segue formando ciclousuarios

Anuncia estes días o Concello a súa colaboración coa asociación Mobi-liza para o desenvolvemento da tan necesaria Escola da Bici. Unha escola orientada ao fomento da mobilidade responsable a escala interxeracional a través de cursos formativos para todas as idades. Unha escola destinada a formar novos ciclousuarios, que deixen o seu coche aparcado e que se despracen en bici pola cidade sen medo.

O ano pasado, o patio interior do Centro de Baixa Esixencia, no antigo Padre Rubinos, situado no número 10 da Avenida de Labañou, a Escola da Bici acollía 4 cursos, dos que 37 estiveron orientados ao público adulto e outros 27 á infancia. En total, rexistráronse 517 inscricións de 318 persoas, xa que houbo participantes que asistiron a un ou máis cursos.

Novos cursos en febreiro

Neste mes de febreiro haberá un total de nove sesións —cinco para persoas
adultas e outras catro para nenas e nenos—.

Cada módulo durará entre catro e seis horas, cun custo de 15 euros. As persoas interesadas en inscribirse xa poden formalizar a súa solicitude a través da páxina web de
Mobi-liza ou nesta ligazón.

Máis novas

A Escola da Bici comeza o novo curso

Reciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da bici

A Escola da Bici de Mobiliza ou como perder o medo a circular pola cidade

Retencións na saída da Coruña polo atropelo dun camión a un cabalo

0

Un camión atropelou este luns a un cabalo nos accesos da Coruña, o que provocou retencións na circulación en dirección saída.

Así o informaron a Europa Press desde a Policía Local e o Centro de Control de Tráfico do Noroeste. No primeiro caso, indicaron que aínda seguía algunha retención ao redor do nove da mañá tras un suceso que se rexistrou sobre as 06.40 en Alfonso Molina, despois de Palavea, na AC-11.

Foi en dirección saída o que obrigou a cortar a circulación nun dos tramos ata que sobre as 08.15 horas liberouse o carril que permanecía nesa situación.

De retirar da calzada ao animal e do seu traslado encargouse un camión do servizo de estradas, precisaron desde a Policía Local.

O Concello de Oleiros realiza unha enquisa anónima de satisfacción entre a veciñanza

0

Interesante iniciativa municipal do Concello de Oleiros que durante este mes de febreiro realizará enquisa aberta e anónima que poderá responderse accedendo a través da web municipal ou no enderezo virtual “enquisaoleiros.org“.

O Concello trata de recoller a opinión da veciñanza sobre a xestión do municipio a través dun conxunto de preguntas que poden responderse nuns poucos minutos para valorar o conxunto dos servizos públicos que presta o Concello a través de servizos, programas ou instalacións, sobre o que cada persoa pode indicar se os coñece. De ser así pode valoralos do 1 ao 10 e deixar o comentario que desexe.

A xestión do Concello pode tamén valorarse globalmente do 1 ao 10 e por áreas municipais relacionadas cos servizos públicos universais e o espazo público. Pode cualificarse a atención recibida polo persoal nas dependencias do Concello.

As persoas poden poñer nota á representación política, tanto á do goberno como aos grupos da oposición. A enquisa tamén pregunta sobre asuntos de actualidade e reserva un espazo para opinar libremente sobre calquera cuestión.

A enquisa é anónima. Tan só se solicita a idade da persoa e a parroquia de residencia, e xa poden realizala nesta ligazón:

Emotiva homenaxe a Moncho Valcarce

0

O cemiterio de Santo Amaro acolleu esta fin de semana o tributo do BNG á memoria de Moncho Valcarce (1935-1993), desta volta no seu 32 cabodano, o día do seu 90 aniversario.

O discurso de homenaxe desta volta correu a cargo do ex deputado do BNG e músico, unha das grandes voces do país, Xosé Luís Rivas ‘Mini’, quen foi presentado por Isabel Risco.
“Moncho loitou coa xente de abaixo, coa xente do país, coa xente do pobo, por un mundo sostíbel, un mundo xestionado pola xente que pisaba o territorio do país día a día”, afirmou Mini.

Xosé Luis Mini Rivas. Acto Moncho Valcarce

E esa loita nas Encrobas deu os seus froitos. “El defendeu o máis íntimo, o máis íntimo de todos nós. E devolveunos a esperanza porque vimos nos xornais as fotos daquelas mulleres de pano, vestidas de negro, cun paraugas na man, fronte aos mosquetóns da garda civil, fronte aos tricornios e aos capotes, e vimos que os venceron. Vencéronos porque gañaron a opinión pública, porque a súa causa foi considerada como xusta a pesar de que Naturgy, Fenosa, quen fora, mudan de nome para disimular, instalara alí aquela barbaridade, porque aquilo fora unha barbaridade. Aquilo non era sostíbel”.

“Querémoslle dicir á súa memoria, ao seu espírito, se vaga por aí, que outra vez veñen por nós, veñen por nós con toda a artillaría, todos os carros de combate dos bulos, das mentiras, coa mentira de que a riqueza duns poucos e a pobreza da maioría é a que vai salvar un mundo que se está a suicidar”, engadiu.

Altri

O BNG aproveito para facer un paralelismo coa actualidade. “Onte a loita nas Encrobas, hoxe a loita contra Altri e contra o capitalismo neocolonial que nos inza de eólicos, minas, eucaliptos. Somos ricos en recursos naturais, pero a sociedade galega vai participar desa riqueza?”.
“Moncho”, dirixiuse así Mini a Valcarce, “ti estarías nesta loita, nesta actual, porque é a mesma que a das Encrobas, idéntica, é a subsistencia dun pobo que está en xogo, a subsistencia da nosa identidade, da nosa fala, e sobre todo dun futuro en harmonía co planeta e co nós mesmos. Saúde e Terra, compañeiro”!.
A interpretación do himno galego -após a ofrenda floral sobre a sepultura que acolle os restos mortais de Valcarce- puxo o ramo ao acto.

PP da Coruña replica a Formoso que “deixe a demagoxia”

0

O portavoz do grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña, Evaristo Ben, esixiu ao presidente provincia, Valentín González Formoso, que “abandone a demagoxia e o postureo” respecto dos investimentos para modernizar a liña ferroviaria entre Ferrol e A Coruña.

Así o fixeron este domingo nun comunicado despois de que o presidente provincial reclamase ao secretario de Estado de Transportes e Mobilidade, José Antonio Santano, que o Goberno central debía axilizar os investimentos para a modernización desta liña de tren.

Formoso coñece mellor que ninguén que o Goberno central do seu partido non ten absolutamente nada planificado para poder realizar as actuacións necesarias que está a reclamar”, sinalou Ben, á vez que acusou ao presidente da Deputación de ser “cómplice no seu intento de tapar as vergoñas” do Executivo central.

Por iso, Ben remarcou que Formoso debe “abandonar os actos de fe” e esixir que, “dunha vez por todas”, as administracións galegas teñan na súa poder o Plan Director do Corredor Atlántico que debe rexer esas actuacións.

Máis de 100 persoas identificadas e 10 actas por drogas nunha intervención nas Conchiñas

0

A Policía Nacional e a Policía Local da Coruña despregaron un operativo nos locais de lecer nocturno da cidade herculina que se saldou con cinco inspecciones, máis de 100 persoas identificadas e 10 actas por tenencia de sustancias estupefacientes. O dispositivo tivo lugar na noite do sábado en establecementos do barrio das Conchiñas e as actuacións enmárcanse nos plans de prevención da delincuencia.

Segundo informou a Policía Nacional nun comunicado, na intervención participaron case 50 efectivos de todas as áreas policiais, entre Unidades de Seguridade Cidadá, Estranxeiría, Unidade Especial de Guías Caninos, Policía Xudicial, apoiados pola Policía Local.

As actuacións buscaban dar resposta ás queixas dos veciños por pelexas, berros, discusións e trapicheos de droga que se xeraban polos clientes dos establecementos de lecer nocturno dese barrio coruñés.

Como resultado, os axentes inspeciconaron cinco locais, controlaron e identificaron a máis de 100 persoas, realizaron 10 actas de tenencia de sustancias estupefacientes e realizaron oito citacións administrativas a persoas estranxeiras en situación irregular.

A Deputación da Coruña reclama ao Goberno “axilizar” os investimentos na liña de tren Ferrol-A Coruña

0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse co secretario de Estado de Transportes e Mobilidade, José Antonio Santano, ao que lle trasladou a importancia de axilizar os investimentos para modernizar a liña de tren Ferrol-A Coruña, electrificar a vía e garantir un trazado adecuado e tempos de conexión razoables. Así o fixo esta semana cando José Antonio Santano viaxou a Galicia para presentar no Pazo de Mariñán os últimos avances no Corredor Atlántico na comunidade galega.

Na reunión, analizaron o estado dalgunhas das obras estratéxicas que o Ministerio de Transportes financia na provincia da Coruña, como a autovía Santiago-Lugo (A-54); o novo acceso ferroviario ao porto de Punta Langosteira; e, entre outras, a conexión de tren ao porto exterior de Ferrol. Formoso destacou o compromiso do Goberno de España co Corredor Atlántico, con máis de 4.500 millóns de euros previstos en investimentos en Galicia ata 2030.