Inicio Blog Páxina 234

A Federación de Asociacións  Veciñais da Coruña e Área Metropolitana xa ten local no Centro Cívico do Birloque

0

Inaugurouse onte o novo local da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, situado no renovado Centro Cívico do Birloque.

Representantes dos tres grupos municipais e da delegación do goberno participaron no evento, que ofrece un espazo a estaentidade que aglutina a 52 asociacións a agrupacións veciñais dos barrios de Monte Alto, Os Rosales, A Mariña, A Zapateira ou Os Castros, así como entidades de Carral, Oleiros, Culleredo ou mesmo Cerceda, o que a converte nunha das redes de  participación cidadá máis activas e representativas da área  metropolitana.

O novo local, integrado no recentemente reformado centro cívico,  permitirá á entidade desenvolver o seu traballo en condicións óptimas:  con espazos accesibles, recursos tecnolóxicos e capacidade para  organizar actividades, encontros e proxectos veciñais.

Aprobado o modificado convenio das Xubias nun pleno no que marchou o PP

Pleno extraordinario complicado o vivido esta mañá de 31 de xullo no pazo de María Pita, para pechar o curso político. Un pleno con varios puntos importantes, como as aprobacións, gracias aos votos de PSOE e BNG, da ordenación da nova taxa do lixo, da taxa turística, así como o novo convenio urbanístico da urbanización das Xubias.

Pero a chispa saltou cando o PP abandonou o pleno argumentando a “falta de democracia” e “falta de respecto” ao voceiro Miguel Lorenzo. Todo naceu tras unha intervención de Lorenzo na que criticaba a falta de comunicación do grupo de goberno durante o escuro proceso de negociación sobre as Xubias, cando, segundo aseguraba Lorenzo, “amosara sempre o seu apoio durante a floga do lixo”.
Non puido aguantar aí calada a alcaldesa Inés Rey, que leva anos falando só como moderadora das intervencións plenarias. Ante esas supostas mostra de apoio do voceiro popular, Rey acusouno de máxima “hipocresía”, e releu vario titulares de Lorenzo na prensa tipo “a la alcaldesa le va a llegar la mierda al tercero”, cando sen embargo non se dignara a mandarlle nin un só whastapp de apoio cando lle chegaban as ameazas ao seu piso.

Lorenzo pediu a réplica ante as alusións e ante a negativa da rexedora, decidiu levantarse e marchar. Os seus compañeiros, os edis populares, olláronse os uns aos outros e decidiron erguerse tamén, antes de poder votar a favor para o convenio das Adoratrices e de Xuxán.

O Novo convenio das Xubias

A todo isto, o pleno tiña un punto importantísimo, como é a aprobación do convenio co fondo de investimento suizo para a urbanización das Xubias. Trala intervención de Lage Tuñas, na que agradeceu ao BNG, a edil nacionalista Avia Veira loubou a súa “propia actitude propositiva para conseguir un convenio rectificado”. Lembrou que a primeira propsta incluía a eliminación da vía do tren, e olvidábase da ordenanza do litoral ata a Pasaxe, e nesta nova modificación, “porque o BNG se puxo firme”, se inclúe, sobre todo, a integración de todas as parcelas de Ginkgo para incluílas na modificación puntual do PXOM de 2020 que aínda non foi aprobado polo goberno, e que provoca a baixada da dificabilidade de 660 a 230; ademais de engadir un 20% de vivenda protexida sobre o establecido no proxecto. Ademais, entre os obxectivos marcados figura a intención de integrar o Pazo Guyatt como equipamento público e os seus xardíns como zona verde.

Veira defendeu que se trata “dun barrio degradado que necesitas melloras. Isto é máis progresista que deixar que As Xubias morra de inanición”, sinalou ante as queixas do PP, que lembrou o escuro proceso de compra de pacelas por parte do fondo de investimento durante os últimos anos, con comerciais facendo “ameazas” que se fan pasar por representantes do concello. “Está pensado para expulsar a veciñanza das Xubias, non para mellorar a súa vida”, denunciou Lorenzo, criticando que están facendo “urbanizacións de luxo”, acusando de “falso progresismo” aos dous grupos.

Respondeu aí o BNG sinalando que PP e ao PSOE van da man para vender o solo público para facer vivendas no verdadeiro proxecto de transformación urbanística da cidade, como é do da fachada marítima.

As dúas taxas

O pleno tamén conseguíu, cos votos a favor de PSOE e BNG, e os votos en contra do PP a aprobación da Ordenanza da Taxa Turística (entre 1,5 e 2,5 euros en función do tipo de establecemento e ata un máximo de cinco días de estadía). E tamén á ordenanza taxa do lixo. Con esta actualización, a media que pagará un fogar da Coruña estará no ano 2027 na contorna dos 90 euros anuais.
O PP solicitaron a retirada da ordenanza porque “é en si mesma unha estafa”, sinalizando que é unha obrigación de Pedro Sánchez, que non vén de Europa. Preguntándose cal é o modelo de Nostián?

Máis novas

 

A taxa turística xa se materializa na Coruña

O BNG defende os cambios inseridos no proxecto de urbanización das Xubias

A taxa turística xa se materializa na Coruña

O pleno do Concello da Coruña aprobou a implantación da taxa turística na cidade por maioría simple, co voto en contra do Partido Popular. Comezará a aplicarse “previsiblemente no mes de setembro deste ano”. Así o avanzou o concelleiro de Facenda e portavoz do Goberno local, José Manuel Lage, quen recalcou que a cidade herculina é “o primeiro concello de Galicia en aplicar esta ferramenta fiscal”, a cal é, segundo incidiu, “plenamente legal”.

Lage concretou que estarán exentos desta medida o turismo de congresos, se a súa estancia é inferior a cinco días, dado que o consistorio quere “fomentar” este tipo de visitantes; así como os menores de idade, as familias de persoas hospitalizadas e os participantes de programas de acollida ou emerxencia. Ademais, os cruceiros non terán que pagar ata o 1 de xaneiro de 2026. A taxa estará entre un e 2,5 euros e “o 80% dos ingresos serán dedicados á promoción do turismo, a mellorar espazos públicos e a servizos esenciais”, apuntou tras sinalar que o obxectivo é alcanzar un modelo “sustentable, equilibrado e xusto”.

En canto ás críticas que apuntan que esta iniciativa “podería reducir” o número de turistas tanto Lage como o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, aseguraron que non sucedeu así en Lisboa, París ou Barcelona, cidades onde xa se está aplicando. “Ninguén deixa de ir a unha cidade por pagar un euro máis por noite”, indicou Lage. “É lóxico que os turistas paguen”, coincidiu o nacionalista. No entanto, Jorquera insistiu en que o turismo “hai que ordenalo” para evitar, entre outros problemas, a “gentifricación nalgúns barrios ou a redución de vivendas debido ao seu uso turístico”.

A Audiencia condena a unha empresa por plaxiar as marquesiñas do Campo da Leña

A sección cuarta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a unha empresa por plagiar as marquesiñas do Campo da Leña da cidade. Desta forma, declarou que se infrinxiron os dereitos de autor dos arquitectos demandantes e condenou á sociedade ao cesamento da comercialización das marquesiñas e ao abono dunha indemnización polos danos materiais de 15.760 euros e de 788 euros, a cada un dos arquitectos, polos danos morais.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Sala destaca que “ningunha dúbida cabe de que ambos realizaron o deseño dunha obra arquitectónica consistente na remodelación dunha praza pública con relevancia dos seus elementos de mobiliario urbano, que presenta un claro carácter orixinal e expresa a personalidade dos seus autores, non só no deseño xeral da praza, senón tamén no das marquesiñas, sen que se pretendese desde o seu inicio que estas se elaborasen exclusivamente para dar resposta á súa finalidade funcional”.

“A deliberada imitación das marquesiñas –rexistradas como deseño industrial en 2015– resulta acreditada a través da conduta da demandada, quen recoñeceu a autoría das marquesiñas a un dos arquitectos demandantes, aínda que non ao outro, e precisamente publicitou na súa páxina web as marquesiñas porque foi o modelo que decidiu comercializar, a pesar de non ter concedidos os dereitos por parte dos seus titulares”, destacan os maxistrados na sentenza.

No fallo, a Sala explica que os arquitectos demandantes deseñaron o anteproxecto de remodelación do Campo da Leña da Coruña en 2009 e resultaron gañadores do concurso público convocado polo Concello, de forma que a construtora demandada executou o proxecto. Posteriormente, unha Unión Temporal de Empresas (UTE) resultou adxudicataria das obras de urbanización e restauración da avenida da Mariña da Coruña e subcontratou á sociedade demandada, “en atención a que foi a encargada de elaborar as marquesiñas da praza de España”, para a fabricación e instalación das novas marquesiñas, que se comercializaban a través da súa páxina web, segundo apunta a Sala.

“BASTARÍA UN ACTO DE CREATIVIDADE SEQUERA MÍNIMO”

Na sentenza, sinálase que o director da obra da Autoridade Portuaria indicou que solicitou “o modelo da praza de España como referente para a instalación das marquesiñas da Dársena”. A empresa percibiu da UTE a cantidade de 36.880 euros por fabricar e instalar as marquesiñas, a pesar de non contar coa autorización dos autores, segundo consta na resolución. “A sinxeleza, depuración de liñas ou a simplificación do deseño son características propias de moitas creacións, artísticas ou aplicadas á industria, sen que exista unha asimilación da falta de complexidade do deseño coa súa falta de altura creativa, requisito este último que, doutra banda, non resulta imprescindible para dotar de protección xurídica á obra de creación intelectual, xa que bastaría un acto de creatividade sequera mínimo”, subliña a Audiencia Provincial.

Ademais, destaca que, no presente caso, “aínda cando nos atopemos ante unhas marquesiñas deseñadas para ser elementos senlleiros ou destacados do proxecto arquitectónico dunha praza pública desta cidade, que serían, á súa vez, susceptibles de protección a través do deseño industrial por ser rexistradas como elementos independentes da praza para a que se idearon, existe unha acreditada constancia da súa orixinalidade e da elección creativa dos autores do proxecto arquitectónico”.

Os maxistrados afirman que o informe pericial achegado polos demandantes “resulta concluínte” ao acreditar “a orixinalidade do proxecto e a elección creativa dos seus autores”. Ademais, conclúen que no ordenamento xurídico harmonizado relativo á propiedade intelectual “se ha ido abandonando a esixencia de que a obra haxa de posuír certa altura creativa para recibir a protección do dereito de autor”, así, resalta que, en lugar de requirir unha creatividade destacada, “bastará con que a obra mostre orixinalidade, de forma que sexa unha creación orixinal do autor que exprese unha mínima elección creativa”. A sentenza xa é firme.

Condenan a 4 anos de cárcere e a abonar 7,7 millóns de multa a un empresario de Culleredo por insolvencia punible

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou, como autor dun delito de insolvencia punible agravado pola contía e a titularidade pública dos créditos, á pena de prisión de catro anos ao administrador único dunha empresa domiciliada en Culleredo. En concepto de responsabilidade civil, impúxolle o pago dunha indemnización á Axencia Tributaria de 7.709.298 euros; e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, de 336.143 euros, incrementadas cos intereses legais e con incorporación dese crédito á masa do concurso conforme.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza, a sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o alto tribunal galego. Os feitos probados sitúan ao empresario condenado como administrador único dunha mercantil entre febreiro de 2010 ata febreiro de 2018. A empresa non tiña unha estrutura propia e a súa xestión levábaa directamente o propio empresario, “sen que fronte a terceiros se diferenciase da dos seus asuntos persoais”.

AXUDA PÚBLICA DE 5 MILLÓNS

A sociedade estaba domiciliada nunha nave sita no Parque Empresarial de Alvedro e foi declarada en concurso en decembro de 2016. A mercantil foi concesionaria o 26 de outubro de 2011 dunha axuda pública mediante o outorgamento dun préstamo reintegrable de 5 millóns destinado a financiar un proxecto de enxeñaría. Segundo a sentenza, a entidade incumpriu as condicións da entrega, ao reintegrar tan só unha pequena parte dos intereses devengados nos anos 2012 e 2013 e non realizar actividade algunha para a que se concedeu. Por tal causa o préstamo foi resolto mediante acordo de data 8 de febreiro de 2016.

A mercantil cesou na súa actividade efectiva e deixou de atender aos seus pagos desde polo menos o exercicio de 2014, última data na que legalizou os seus libros e na que xa presentaba uns ingresos moi inferiores aos seus gastos de persoal e ás súas débedas a curto e a longo prazo. A pesar de ser coñecedor desta situación, o empresario, agrega o fallo, omitió os seus deberes de control administrativo e contable desde polo menos o exercicio de 2015. Desde esa data e ata a declaración de concurso a finais de 2016, non depositou as contas no Rexistro mercantil, nin elaborou ningún documento de contabilidade ou organización desde 2015. Esta actuación impediu que os seus acredores dispuxesen duns mínimos coñecementos sobre a situación económica real da empresa.

O goberno socialista recoñece a prevalencia dos festivais privados sobre o Noroeste: “Quen queira ver grupos de nivel, que pase por taquilla”

Teno claro o Concello da Coruña. Importan moitos máis os festivais privados de pago que o Noroeste. Así de rotundo se amosou este mércores o mesmo Concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, no marco da presentación da Romaría de Santa Margarida: “Acostumámonos mal, quen queira ver grupos de nivel sabe que ten que pasar por taquilla”.

Lonxe de ser unha frase mal escollida ante as preguntas dunha prensa que non entende como que a unha semana do festival aínda non se coñeza a programación, o concelleiro xustificou que se trata dunha estratexia de goberno: “non é só unha razón económica, senón de política cultural”, como recolle La Opinión.

Castro foi máis alá, e intentou comparar o feito de facer un festival potente dende o eido público, coa “industria”, cando precisamente o seu goberno está primando os intereses dos Morriña, SoundFest e demais festivais privados sobre un evento que permite que a cultura sexa accesible a todo o mundo. Lamentable escoitar unha visión tan elitista dun goberno socialista que se louba de educar aos coruñeses coa súa “pedagoxía cultural”: “Necesitamos educar a todo o público. Despois, para abordar outras cuestións, están as iniciativas privadas, que terán que asumir o risco e a aventura dos seus negocios”

Non é só pois, a desgana e o desinterese por un Festival público que chegou a ser recoñecido como o Mellor Festival de todo o Estado. Ese festival que chegaba a todos os recunchos da cidade, que reunía no areal de Riazor dende hai case de 40 anos, xa non existe para este goberno.

Quedará pois o Noroeste para as migallas, ou para as “bandas emerxentes”, como se xustificou Castro, cando apenas queda unha semana para o que debería ser o comezo do festival, e do que apenas sabemos, por unha filtración a La Voz en febreiro, que tocarán The Vaccines e Luar na Lubre.

Máis novas

Primeiras queixas pola tardanza na publicación do programa das Festas de María Pita e do Noroeste

Chega o programa das Festas de María Pita

Falece un motorista en Miño tras chocar contra un turismo

0

Un motorista perdeu a vida este mércores tras chocar contra un turismo na estrada N-651, ao seu paso polo municipio coruñés de Miño.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 14.30 horas. Nese momento, varios particulares e o sistema ‘eCall’ instalado no coche alertaban deste sinistro no quilómetro 14 da citada vía.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Betanzos e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Os servizos mobilizados non puideron salvar a vida do motorista, mentres que no turismo, en cambio, ningunha persoa sufriu danos.

Investigan a morte dunha muller tras caer dunha plataforma na estación de tren da Coruña

0

Familiares dunha muller de 82 anos denuncian o falecemento da súa achegada tras caer dunha plataforma na estación de tren da cidade herculina, o que motivou a apertura de actuacións xudiciais. A vítima sufriu o accidente o 27 de xuño e faleceu o día 21 de xullo tras 25 días ingresada no Complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac). Así o confirmaron fontes da familia consultadas por Europa Press quen concretaron que a octoxenaria sufriu, entre outras lesións, “un politraumatismo, múltiples fracturas de costelas e de dúas vértebras” por mor da caída. “O asunto está xudicializado”, sinalaron.

Os achegados explicaron que a distancia entre a plataforma e o tren “non é a adecuada, case medio metro de separación”. Así mesmo, aseguraron que a muller contratara un servizo de asistencia de Renfe “gratuíto” para a viaxe a través do cal “che auxilian para subir e baixar do tren” pero “non apareceu”. “A clave do accidente, independentemente do oco existente — entre vagón e plataforma — é que se fose acompañada por outra persoa non pasaría”, incidiron. Ademais, relataron que foi socorrida por sanitarios e bombeiros e trasladada ao Chuac onde permaneceu “22 días na UCI e tres na habitación”.

As mesmas fontes expuxeron que “o mesmo día do falecemento”, un médico comunicoulles que “había un proceso xudicial aberto” e que ían proceder a realizar a autopsia á vítima. “Ao día seguinte, a filla tivo que ir ao Xulgado a facer unha declaración”, engadiron para indicar que o avogado da familia “vai iniciar as accións xudiciais que correspondan”.

Os Franco habilitan as visitas á Casa Cornide na Coruña tras ser multados por incumprir con esta obrigación

A familia Franco habilitou as visitas á Casa Cornide na Coruña tras ser multados por incumprir con esta obrigación. A páxina web do inmoble permite reservar cita para iso desde o próximo 4 de agosto, sendo o luns o único día da semana que abre as súas portas ao público. Con todo, apenas quedan ocos para este mes de agosto e parece que aínda non acepta reservas para setembro, outubro…

Os Franco, propietarios dun edificio polo que o Concello da cidade herculina xa iniciou actuacións para recuperalo para o patrimonio público — como fixo no seu momento o Estado co Pazo de Meirás –, están obrigados a abrila ao público catro días ao mes despois de que fose declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Ao non facelo, foron sancionados pola Xunta con 3.000 euros de multa, unha decisión que a familia do ditador recorreu e que foi declarada firme. Todo iso despois de que, previamente á sanción, o Franco non atendesen aos requirimentos feitos para a apertura do inmoble.

A Casa Cornide pasou a mans desta familia tras unha poxa gañada por Pedró Barrié da Maza que cedeu na década do sesenta o edificio á esposa do ditador, Carmen Polo, aínda que antes fora patrimonio municipal e estatal.

Na actualidade, na súa web pódense xestionar visitas desde o próximo 4 de agosto, sendo o luns o único día da semana que abre as súas portas ao público. Na mesma figuran, ademais, instrucións concretas como que o aforamento está limitado a cinco persoas por día e hora. As reservas, engade, realizaranse con polo menos 24 horas de antelación do horario seleccionado durante a visita non se permitirá a captación de imaxes, vídeo ou son.

A ALCALDESA DA CORUÑA CELEBRA A APERTURA DA CASA CORNIDE

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, celebrou que o Franco habilitasen as visitas á Casa Cornide na Coruña a pesar dos “anos de atraso”. Fano tras ser multados con 3.000 euros por incumprir coa obrigación de abrila ao público catro días ao mes despois de que fose declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

“Que a familia Franco cumpra coa lei paréceme algo positivo, levan bastantes anos de atraso en entender que este é un estado democrático e de dereito”, sinalou para recalcar que “todo o que se apropiaron de maneira privada durante a ditadura non lles corresponde”. “En todo caso é unha boa noticia”, apostilou.

Así mesmo, a rexedora apuntou que o Concello da cidade herculina vai seguir ” traballando para que esa casa, ademais de abrirse ao público como BIC, volva ao patrimonio dos cidadáns que é de onde nunca debeu saír”. No entanto, indicou que se trata dun “procedemento moi complicado a nivel xurídico”.

O BNG defende os cambios inseridos no proxecto de urbanización das Xubias

0

Co BNG, pero sen a veciñanza. Así semella que o goberno municipal vai sacar adiante no pleno deste xoves o convenio asinado co fondo de investimento suizo, Ginkgo Advisor, para urbanizar o mariñeiro barrio das Xubias.

Mentres a veciñanza enteirouse, como o resto da cidade, pola filtración a un medio de prensa, e despois das primeiras críticas de PP e Sumar, o goberno, co apoio do BNG, aprobará un proxecto que cambiará a fisionomía dun dos barrios máis auténticos da cidade.

Defende o BNG os avances acordados nos últimos meses na actualización do convenio. “A diferenza do que acontecía na primeira versión do convenio das Xubias -aprobado na Xunta de Goberno Local o 30 de xullo de 2024- a actualización que irá ao Pleno deste xoves garante a ordenación conxunta de todo o bordo litoral, até a Ponte da Pasaxe”. Isto significa que o ámbito incluído no convenio das Xubias asinado con Ginkgo Advisor non ficará excluído da modificación puntual do PXOM cuxa tramitación iniciou o Goberno Local en 2020.

Asegura o BNG que a edificabilidade baixará de 660 a 240 vivendas, a pesar de que o goberno non levou aínda a pleno esa modificación do PXOM previamente aprobada pola Xunta de Goberno hai varios anos. O plan, deste xeito, aseguran, non afectará ao núcleo mariñeiro das Xubias de Abaixo e permitirá o mantemento da vía do tren que atravesa o lugar, necesaria tamén para a saída da cidade dende o porto.

A veciñanza parece “tranquila”, se ben esperaban non enteirarse dunha nova tan importante a través da prensa, e esperan que canto antes lles presenten o plan urbanístico.

Máis novas do proxecto das Xubias

Primeiras críticas ante o desbloqueo do acordo co fondo de investimento suizo para a urbanización das Xubias