A Policía Xudicial da Garda Civil do posto de Betanzos está investigado un roubo con violencia no que maniataron a un veciño de Sada. Segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas polo Europa Press, os feitos producíronse o pasado sábado cando o home abriu a porta a unha muller que coñecía e, tras ela, no domicilio entraron dous homes. Polo momento non se produciu ningunha detención e a Garda Civil investiga o sucedido. Ademais, fontes preguntadas sobre o roubo, detallan que pode tratarse dun asunto relacionado con drogas.
A Coruña entona o “Grita, Galega, Canta” polo 25N
Emotivísimo o acto polo 25N celebrado este 25 de novembro na Coruña. Lideradas por Lucía Aldao, un coro de máis dun milleiro de mulleres entonou o himno “Grita, Galega, Canta”. Un himno creado xunto coa artista chilena Cecilia Barriga nun proxecto, ”Onde me leve o nome”, que se desenvolveu dende Italia ata Corcubión, pasando por Madrid. Un proxecto que une mulleres e linguas que cantan xuntas contra as violencias.
A marcha arrincou no Obelisco e percorreu os Cantóns ata a Praza de Galicia. Foi alí, diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde se leu un manifesto da Marcha Mundial das Mulleres, centrado na loita por unha necesaria educación sexual feminista para loitar contra os feminicidios.
Tomou a palabra artista herculina Lucía Aldao, que puxo a cantar a todas as mulleres nun simbólico coro.
View this post on Instagram
Miguel Bosé anuncia o seu regreso aos escenarios oito anos despois, cun concerto o 11 de xullo na Coruña
Miguel Bosé anunciou este xoves o seu regreso aos escenarios oito anos despois coa súa xira mundial ‘Importante tour’, que arrincará en febreiro de 2025 en México, e coa que acudirá a once cidades españolas durante o verán dese mesmo ano, segundo anunciou a súa empresa de representación RLM.
O cantante iniciará a súa xira por España o 28 de xuño en Murcia, seguido de Madrid (1 de xullo), Barcelona (3 de xullo), Sevilla (5 de xullo), Bilbao (9 de xullo), A Coruña (11 de xullo) e Valencia o 16 de xullo. Así mesmo, acudirá a Alacante o 17 de xullo, a Chiclana de la Frontera (Cádiz) o 19 de xullo, Marbella o 23 de xullo e finalizará en Santander o 26 de xullo.
Nesta nova etapa, Bosé estará acompañado por unha banda de músicos e coristas baixo a dirección musical de Mikel Irazoki. Xuntos interpretarán unha extensa lista de éxitos, entre os cales non faltarán ‘Amante Bandido’, ‘Te amaré’, ‘Nena’, ‘Nada Particular’, ‘Si Tú No Vuelves’, ‘Morena Mía’, entre moitos outros.
RLM promete que os concertos serán “espectaculares, innovadores e vibrantes”, nos que o público poderá gozar do legado dun dos artistas “máis importantes das últimas décadas”. As entradas para a xira sairán á venda o martes 3 de decembro ás 12.00 horas, e estarán dispoñibles no Corte Inglés e en MiguelBose.com.
Condenan a seis meses de cárcere un condutor por nergarse ás probas de alcoholemia na Coruña
O maxistrado do Xulgado do Penal número 3 da Coruña condenou a seis meses de cárcere a un condutor como autor dun delito de negativa a sometese ás probas de alcoholemia, impóndolle ademais a privación do dereito a conducir vehículos a motor ou ciclomotores durante un ano.
Con todo, o home foi absolto do delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas do que estaba acusado, ao considerar que aínda que algúns dos “signos externos” que apreciaron os axentes “son consecuencia da inxesta etílica, descoñécese en que cantidade tivo lugar, xa que, ao non verificarse a proba obxectiva de detección do alcol, non se pode saber se superaba as taxas esixidas”.
“Ao carecer dese dato e non observarse unha condución afectada ou influída polas bebidas alcohólicas previamente inxeridas, necesariamente, e ante a dúbida suscitada, ha de optarse pola absolución respecto do delito imputado”, engade.
“Non todo consumo de alcol é incompatible coa condución e, no presente caso, non resulta incontrovertible que os signos externos trasluzcan un elevado grao de afectación psicofísica gravemente limitativo dunha condución segura“, subliña, á vez que indica que eran máis das dúas da madrugada, polo que “a simple falta de soño e o cansazo acumulados poden explicar perfectamente moitos dos signos e ter outros deles unha etiología diversa”. Ademais, recalca que “nos 50 metros durante os cales lle viron conducir os policías nacionais non apreciaron irregularidade algunha na súa condución”.
Na sentenza, o xuíz sinala que a negativa a someterse ás probas de alcoholemia “consumouse no mesmo instante en que, de maneira obstinada, o acusado rexeitou efectualas”. Así, relata que o 22 de setembro de 2024 o sospeitoso conduciu pola Coruña un vehículo Aston Martin, o cal estacionou de forma irregular nunha zona peonil.
Unha dotación do Corpo Nacional de Policía que exercía funcións de vixilancia e control do tráfico de estupefacientes na zona, advertiu, segundo consta no fallo, que “dita circunstancia e tamén a de que nas bases de datos que manexaba figuraba que sobre o titular do vehículo aparecía unha resolución administrativa de perda de vixencia do seu permiso de condución -aínda que non se acreditou que chegase ao coñecemento do condutor-, e como queira que non era un coche coñecido da zona e, ante as sospeitas, dada a hora en que sucederon os feitos, de que tamén puidese estar implicado en actividades de narcotráfico, dispúxose a seguilo cando renovou a marcha e interceptouno á altura do número 246 da rolda de Outeiro“.
Os axentes, entón, tiveron “a oportunidade de comprobar no seu condutor, ademais, unha serie de signos externos de consumir bebidas alcohólicas, polo que avisaron a un equipo de ateigados da Policía Local para instruír dilixencias para o efecto”.
Os integrantes deste último, á súa chegada, requiriron ao condutor que realizase as correspondentes probas de detección alcohólica, “ao cal se negou reiteradamente o acusado, a pesar de ser advertido das responsabilidades penais nas que podería incorrer se rexeitaba facelas”. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.
A Deputación da Coruña realiza melloras na rede viaria provincial en Culleredo
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Culleredo e deputado provincial, José Ramón Rioboo, acompañados da deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, visitaron este martes distintas obras de mellora da rede viaria provincial no citado municipio.
Entre elas, figura a culminación dos traballos de ampliación e mellora da seguridade viaria da estrada DP 0510 de Confurco a Orro, que conta cun elevado volume de tráfico, ao conectar Culleredo con Arteixo.
A obra, informa a institución provincial, supuxo un investimento de máis de 2,1 millóns de euros para executar, ao longo de case tres quilómetros de lonxitude do viario, a ampliación da plataforma que pasa de cinco a dez metros de ancho, incluíndo unha nova senda peonil, entre outras actuacións.
Noutra orde de cousas, o presidente da Deputación da Coruña mantivo coa máxima responsable do colectivo LGBTI ALAS Coruña, Ana G. Fernández, e o técnico de Igualdade da entidade, Pablo Zas, unha reunión para abordar proxectos de face a visibilizar e defender os dereitos destas persoas.
A CRMH volve esixir á Xunta que resolva a apertura da Casa Cornide e sancione aos Franco
Sae á voz pública hoxe a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña para responder as declaracións de onte de Alfonso Rueda sobre a Casa Cornide.
A CRMH da Coruña esixelle á Xunta que se deixe de palabras e resolva sen dilación a apertura da Casa Cornide e continue co procedemento sancionador á familia Franco.
A entidade denuncia que “o proceso de apertura do Pazo de Meirás, ao igual que está a acontecer coa apertura da Casa Cornide, estivo inzado de incumprimentos da legalidade por parte da familia Franco, que demorou (como no caso de Cornide tamén) o acceso á visita da cidadanía, dereito este recollido na Lei de Patrimonio Cultural de Galiza”. Van máis alá e denuncian o “trato de favor” da Xunta coa familia acreditados coa aportación de 39.200€ de fondos públicos para asumir a seguridade do edificio en 2011 e 2012.
A entidade critica tamén a proposta de sanción que anunciou a Xunta, de apenas 3.000€. “Parece unha tomadura de pelo que tras máis de 3 anos de incumprimentos por parte da familia Franco das súas obrigas en materia de patrimonio cultural, e de pasividade e complicidades da Xunta de Galiza coa familia Franco, se anuncie novamente (non é a primeira vez que se fai), que a Xunta “será moi extricta na esixencia do cumprimento da Lei á familia Franco…”
Por todo isto, desde a CRMH da Coruña reiteran, como xa facían o pasado venres, “a esixencia do cumprimento da legalidade e se proceda á apertura da visita pública á Casa Cornide”, e que “con independencia da procedencia de sancións administrativas e no suposto de que a familia Franco continúe co incumprimento das súas obrigas legais, a CRMH lembra que tamén poidera ser constitutivo de infracción penal”
A entidade esixe tamén “a interposición das accións xudiciais civiles oportunas para anular o título de propiedade dos Franco”.
Máis novas
A Comisión da Memoria Histórica pide á Xunta contundencia aos Franco pola apertura da Casa Cornide
A Xunta propón sancionar con 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público a Casa Cornide
Inés Poncela e Sara del Castillo triunfan nos campionatos de España de Bandminton
Éxito rotundo para as chicas de Santo Amaro nos campionatos de España sub17 e sub19. A expedición do Badminton Club do Mar volve das dúas probas estatais demostrando que a día de hoxe son unha das mellores canteiras de toda España tras unha fin de semana de ensoño.

En Oviedo, no campionato sub19, Sara del Castillo proclamouse Campioa de España en individual feminino, vencendo ás favoritas. Ademais, en dobles, Sara e Inés Poncela, lugraron a medalla de prata. Un éxito espectacular tendo en conta que Inés aínda é sub15 e que Sara cumpre o primeiro ano sub17.
Tamén participaron nos Campionatos sub17 celebrados en Huelva, onde ambas quedaron campionas en dobles, ontendo ademais Sara a medalla de bronce.

Máis novas
Inés Poncela e Maia Freire traen medallas do Spanish International sub15 de bádminton
Sara de Castillo, a herculina que domina as categorías base do bádminton estatal
A herculina Maia Freire, nova campioa de España sub13 de badminton
Vinte e tres anos de cárcere para o home que matou á súa parella no barrio coruñés do Birloque
A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, de conformidade co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 23 anos de cárcere ao home que, en setembro de 2021, asasinou á súa parella no barrio coruñés do Birloque e despois escapou a Madrid.
A vista deste caso levou a cabo a finais do pasado mes de outubro e agora o acusado foi declarado culpable dun delito consumado de asasinato, coa concorrencia das circunstancias agravantes de parentesco e de xénero.
Ademais da pena de prisión, impúxoselle a prohibición de aproximarse e de comunicarse por calquera medio cos fillos e co pai da vítima durante 30 anos. O maxistrado presidente do Tribunal do Xurado, de acordo co veredicto, declarou probado que o home, que mantiña desde aproximadamente o mes de xullo de 2021 unha relación sentimental de parella coa vítima, mantivo unha discusión con ela durante a noite do 14 ao 15 de setembro de 2021 “motivada pola decisión da muller de pór fin á relación sentimental, pedíndolle que se marchase da casa, non aceptando este último a decisión de pór fin á relación sentimental, dicíndolle que se ía a arrepentir”.
Tal como recolle a sentenza, na tarde do día 15 de setembro de 2021, o condenado accedeu á vivenda en cuxo interior se atopaba a vítima e, “co propósito de acabar coa súa vida, utilizando un coitelo, asestoulle varias puñaladas, sen que a vítima tivese posibilidade algunha de reaccionar nin de defenderse ante o ataque, que tivo lugar de forma sorpresiva e repentina”.
O xurado popular entendeu probado que actuou “coa intención de impor a súa vontade á da vítima, coa que iniciara unha relación de parella uns dous meses antes, desprezando a súa condición de muller”.
Tras abandonar a vivenda, segundo a sentenza, tomou un taxi que o levou ata o aeroporto de Alvedro, onde comprou un billete de avión con destino a Madrid, cidade na que foi localizado e detido o día 16 de setembro.
Ademais, o Tribunal do Xurado considerou acreditado que, aínda que estaba diagnosticado de trastorno depresivo moderado e o día 15 de setembro consumiu diversas bebidas alcohólicas, “no momento de cometer os feitos non padecía ningunha alteración nas súas facultades de entendemento e vontade”, polo que era “plenamente consciente dos seus actos”. Finalmente, o home foi condenado a 23 anos de cárcere, a pesar de que Fiscalía solicitaba para el 25.
O Pride Positivo trae á Coruña o seu berro contra a estigmatización asociada ao VIH
Chega, no marco do festival de cine LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso, organizado pola asociación Palestra, unha nova xornada sobre sensibilización. O Pride Positivo naceu en 2022 coa vocación de chamar a atención sobre a persistencia do estigma e a discriminación asociada ao VIH. E dentro do ciclo “Miradas contra o estigma” trae dúas proxeccións singulares.
Aproveitando o Día Mundial da SIDA, este sábado 30 de novembro, proxectaranse as curtametraxes 40 años alzando la voz e Volcánica. Será a partir das 12,00 do mediodía no espacio cultural Galgo Azul, na Avenida Gramela, e con entrada de balde.
“40 años alzando la voz” é un documental que fala do traballo realizado por ONG e asociacións para responder o estigma asociado ao VIH. “Volcánica” é unha curtametraxe protagonizada por Aitana Sánchez-Gijón que aborda os estigmas e as súas interseccións, cunha ironía cargada de coherencia e sentido común.
O festival lembra que a día de hoxe, máis de 150.000 persoas viven en España con VIH. En Galicia, desde 2004, segundo o informe do Centro Nacional de Epidemioloxía do Instituto de Saúde Carlos III, 3.392 persoas coñeceron que teñen VIH. Aínda que o VIH non os define como persoas, moitas delas non o din publicamente por medo ao estigma.
Rigoberta Bandini actuará na Coruña o 21 de xuño no seu regreso aos escenarios
A cantante catalá Rigoberta Bandini actuará no Coliseum da Coruña o 21 de xuño no seu regreso aos escenarios. “A súa única data confirmada en Galicia”, segundo informa o Concello da cidade herculina.
As entradas para a actuación, engade, sairán á venda este xoves, día 28, ás 13.00 horas a través da páxina web da artista e de Last Tour.
Paula Ribó está detrás de Rigoberta Bandini, que regresa coa xira ‘Jesucrista Superstar’, título do seu próximo traballo, tras dous anos afastada dos escenarios. Antes, conseguiu un enorme éxito grazas á súa participación no Benidorm Fest e a súa canción ‘Ai mamá’.
A artista conta con outras cancións de gran repercusión como ‘Perra’, ‘Too Many Drugs’ ou ‘In Spain We Call It Soidade’, ademais dun álbum de debut que foi un éxito en vendas, ‘La emperatriz’.

