Inicio Blog Páxina 262

Protesta na Coruña contra o “negocio da vivenda”

0

Galicia súmase o 5 de abril á primeira manifestación estatal pola cuestión da vivenda, que convocan os sindicatos de inquilinas da man doutras organizacións locais ao longo de toda España. Na Coruña, Santiago e Vigo, veciños xa se preparan para esixir “acabar co negocio da vivenda“, lema da convocatoria.

No comunicado da manifestación, recollido na web acabemosconelnegocio.es, expoñen que “os fondos de investimento e os rentistas seguen acumulando beneficios mentres miles de persoas son desafiuzadas, expulsadas dos seus barrios ou condenadas a vivir en condicións indignas”. Tamén dirixen a mirada cara ao Estado e os partidos políticos institucionais, cuxa “complicidade” consideran clave á hora de converter a vivenda nun “modelo de negocio“.

Por estes motivos, a organización chama “a todo o mundo a saír ás rúas” na que será a primeira marcha estatal con este motivo. “Isto non é só unha manifestación, é un paso máis na construción dun movemento forte, independente e combativo”, defenden.

Esta marcha prodúcese despois do éxito doutras protestas previas noutros puntos de España, como Madrid, Bilbao ou Barcelona. Ademais, na mesma capital catalá a mobilización veciñal impediu a inicios de 2025 o deshaucio de inquilinos en casa Orsola, o que desembocou na compra deste edificio –que pertencía a un fondo de investimento– por parte do Concello xunto a unha entidade de xestión de vivenda social.

A CORUÑA

A convocatoria na Coruña partirá ás 12.00 horas da praza de Ourense, fronte á Delegación do Goberno, ata chegar á praza de María Pita, onde finalizará o percorrido. Detrás dela está o Sindicato de Barrio da Falperra – Os Mallos, que está a organizar asembleas abertas de cara á preparación da manifestación no centro social A Revolteira. A seguinte será este martes 18 ás 19.00 horas, co obxectivo de continuar coa planificación e coordinación da acción de protesta.

Manifestacio-n-Vivenda-05-04-25-a-cor-1

Máis novas de urbanismo

Nace na Falperra-Os Mallos o primeiro Sindicato de Barrio para combater o rendismo

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

Inés Rey reivindica o diálogo para que o deseño da fachada marítima sexa froito do “consenso”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou o diálogo para que o deseño da fachada marítima da cidade sexa froito do “consenso” e destacou neste sentido os pasos dados “para que o proxecto saia como ten que saír”. Fíxoo, a preguntas dos xornalistas sobre o desmantelamento dos silos de Repsol no porto interior. “É evidente que imos dando todos os pasos oportunos”, incidiu para destacar que todas as administracións implicadas están “aliñadas” nese traballo.

Ao fío diso, lembrou que se acaba de abrir o período de propostas cidadás. “Aos poucos desenvolvendo o futuro da cidade, sen présa pero sen pausa, porque hai que facelo ben”, remarcou. Fíxoo sen querer entrar na débeda contraída pola Autoridade Portuaria polas obras do porto exterior da Coruña e como se abordará este asunto. “Procede falar no marco da comisión”, dixo sobre a constituída polas administracións e apelar neste sentido ao “respecto institucional”.

Solicitan a inclusión de máis información na web de Coruña Marítima

Recibidas unha vintena de propostas para o deseño da fachada marítima

Atento pecha a quenda de noite no Centro da Coruña

0

Atento comunicou o pasado venres aos traballadores da quenda de noite a súa decisión de cesar no centro de traballo de Juan Flórez e, en consecuencia, de implantar cambios substanciais nas condicións laborais de máis de 20 compañeiros, segundo denuncia a CGT.

Para o sindicato, que leva anos liderando a loita contra o proceso de deslocalización da súa estrurura e de destrución de emprego no país, “esta medida, ademais de dificultar a conciliación da vida laboral e persoal, supón unha perda económica (polas bonificacións que se pagan nas quendas nocturnas) e afecta aos traballadores que, nalgúns casos, levan case 25 anos traballando en quendas nocturnas, cunhas 25 horas semanais semanais, e cuxo salario colectivo acaba de ser superado polo salario mínimo”.

Denuncian que “moitos compañeiros veranse obrigados a abandonar o seu posto de traballo por non poder aceptar o novo horario asignado unilateralmente pola empresa”.

“Atento, en connivencia co seu cliente Telefónica, está a aplicar esta medida motivada exclusivamente pola súa mesquindade e cobiza, para seguir aumentando os seus beneficios a costa dos que traballamos para ela e sen importarlle o máis mínimo a nosa vida, externalizando a quenda de noite do servizo de asistencia técnica de Movistar (línea de axuda número 1002) a Colombia, onde os traballadores xa teñen peores condicións de traballo no sector de Contact Center”, denuncia a CGT.

Máis novas

Folga das traballadoras de Atento na Coruña este luns

As traballadoras de ABAI volveron concentrarse ás portas da tenda de Movistar

A UDC impulsa un proxecto para optimizar o seguimento e a radioterapia no cancro de próstata

Universidade da Coruña (UDC) traballa na creación dun xemelgo dixital para optimizar o seguimento e a radioterapia no cancro de próstata. Segundo informa a institución académica, este proxecto, dirixido polo investigador Guillermo Lorenzo Gómez, do Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría (GMNI) do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), avanza na execución desta iniciativa baseada en previsións computacionais personalizadas “que permitan predicir como avanzará a enfermidade, podendo axudar así na toma de decisións no tratamento”.

A UDC lembra que a oncoloxía computacional estuda modelos biomatemáticos e métodos computacionais para describir e predicir o crecemento de tumores e a súa resposta aos diversos tratamentos. “Todo isto, coa finalidade de entender mellor a bioloxía do cancro, descubrir novas formas de controlar e combater a enfermidade, e optimizar a atención clínica mediante predicións personalizadas da progresión de cada paciente“.

Neste contexto enmárcase o proxecto de investigación en oncoloxía computacional aplicado a cancro de próstata (PCATWIN) que desenvolve Lorenzo. Trátase, apunta, dun traballo realizado en colaboración cun equipo internacional e multidisciplinar, que inclúe persoal investigador e médico de España, Italia, Países Baixos, Reino Unido e Estados Unidos.

Ferida unha muller tras encaixar o coche nun escaparate da Coruña

0

Un coche quedou encaixado este martes nun escaparate da Coruña tras unha colisión entre dous turismos, co resultado dunha persoa ferida leve. Segundo informou a Europa Press a Policía Local, o sinistro produciuse sobre as 07.25 horas na praza de Pontevedra, na confluencia coa rúa Teresa Herrera.

Tras unha colisión entre dous vehículos, un deles quedou encaixado no escaparate dunha tenda de venda de móbiles situada na zona. Ademais da Policía Local, ao lugar desprazouse Urxencias Sanitarias 061 que trasladou a unha muller de 37 anos, que resultou ferida leve. Sobre unha hora despois, xa non quedaba ningún dos vehículos implicados na zona.

Luís Lamela pon cara no seu novo libro aos represores do franquismo

0
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Castelao será unha das figuras centrais do Viñetas desde o Atlántico

0

Co gallo do 75 aniversario do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o festival de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico 2025 porá o foco sobre a icónica figura galega. Ademais da súa presenza no cartel, haberá unha homenaxe especial.

O festival, de novo baixo a dirección de Manel Cráneo, desenvolverase do 11 ao 17 de agosto, durante as Festas de María Pita.

Previamente o certame estará presente na vindeira edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de abril. Alí presentarase o cartel desta edición, que estará deseñado por un autor tamén será desvelado nesas datas.

Outras novas

Os álbums de guerra de Castelao volven á Coruña

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

Manel Cráneo, novo director do Salón do Cómic da Coruña

Mariscadores do Burgo piden a Xunta e Goberno axudas mentres non poidan faenar: “Non temos resposta”

0

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este luns unha nova concentración ante a Delegación do Goberno para esixir ao Executivo central e á Xunta axudas mentres non poidan faenar tras as obras de dragado, mestres esperan que o marisco medra.

“Non temos aínda ningún tipo de resposta por parte da Administración estatal nin autonómica”, denunciou o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir, ao trasladar a situación na que se atopan, segundo precisou, “preto de 70 familias”. “E por desgraza, sen visos de ver unha resposta pronta”, advertiu.

Neste sentido, recalcou que “non se comprende como a clase política que ten que estar para gobernar e solucionar os problemas estea a agachar a cabeza”. “É lamentable”, insistiu.

“Estamos nunha situación moi precaria tanto economicamente como psicoloxicamente”, resumiu para esixir a ambas as administracións “que dean unha solución”.

Rescatan a un home que caeu nunha zona de obras do Hospital Universitario da Coruña

0

Un home tivo que ser rescatado polos Bombeiros da Coruña tras caer nun noiro de cinco metros de altura nunha zona en obras preto do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Segundo informaron os bombeiros da cidade herculina, os feitos ocorreron sobre as 06.45 horas deste martes. Tal e como detallaron os efectivos desprazados ao momento, o home aparentemente non viu as indicacións e dirixiuse camiñando por unha banda peonil sen saída que terminaba nun noiro de material e pedras soltas que tiña unha profundidade dusn cinco metros. Ademais, o home non podía saír polo seu propio pé e presentaba lesións leves debido á caída.

O Concello da Coruña acometerá un plan de renovación dos centros cívicos municipais

0

O Concello da Coruña destinará 3 millóns de euros a un plan de renovación dos centros cívicos municipais.

O plan, dividido en dúas fases, comezará coas intervencións previstas nos centros cívicos de Labañou, San Diego, O Castrillón, Os Rosais e a escalinata de Santa Lucía. As obras sairán a concurso nas próximas semanas.

Trátase dunha iniciativa que busca modernizar cada unha das 22 instalacións que hai abertas á cidadanía nos barrios da cidade, mellorando infraestruturas e equipamentos.

Dos mesmos, dixo que son “espazos fundamentais para os barrios, centros de convivencia esenciais”. Ademais, remarcou que se trata dun plan que se vai a pór en marcha “de inmediato”, neste primeiro semestre de 2025.

Primeira fase

O plan arrincará no Centro Cívico de Labañou, onde se investirán máis de 700.000 euros para mellorar a súa envolvente e as súas instalacións, con actuacións diversas na cuberta, o seu sistema de iluminación, ventilación e illamentos.
Tamén haberá melloras no Centro Cívico de San Diego, onde se renovará a súa fachada, se
mellorarán os seus sistemas de evacuación e tamén a súa cuberta e interiores, actuacións que contan cun orzamento de máis de 200.000 euros.

Ademais, no barrio do Castrillón actuarase sobre o centro cívico e a biblioteca, mellorando as cubertas, pavimentos e interiores, tamén renovando as instalacións de climatización na sala infantil. En total, a previsión do Concello é investir máis de 340.000 euros.

Actuacións como as que se executarán no Castrillón serán semellantes ás que se levarán a cabo no centro cívico e a biblioteca dos Rosales, onde haberá un investimento de 313.000 euros para renovar o sistema de impermeabilización na cuberta do edificio, entre outras melloras.
E, por último, nesta primeira fase tamén se actuará sobre o centro cívico da escalinata de Santa Lucía, onde se acometerán melloras de impermeabilización e nas instalacións eléctricas e contraincendios, ademais doutras actuacións no local social veciñal, por valor de 150.000 euros.