Inicio Blog Páxina 328

A Coruña envía un novo equipo de bombeiros a Valencia: “Seguiremos estando alí mentres nos necesiten”

0

O Concello da Coruña mobilizou un novo equipo de voluntarios de Bombeiros da cidade herculina en resposta á situación de emerxencia derivada da DANA en Valencia. Estes darán substitución aos doce profesionais que se atopan alí desde o luns traballando en diferentes tarefas nos municipios afectados.

“Seguiremos estando alí mentres nos necesiten”, manifestou o director de Seguridade Cidadá da Coruña, Carlos García Touriñán, a preguntas dos xornalistas sobre a situación. Foi nunha xornada sobre medidas de seguridade e prevención de incendios en edificios de vivendas.

Segundo informou, os 13 novos efectivos darán substitución ao equipo de doce bombeiros e cinco vehículos que desde este luns atópanse a disposición da Generalitat Valenciana e en coordinación coa Xunta.

Respecto diso, expuxo que se fai este cambio porque “son días de traballo moi estresante” e co obxectivo de que “todos os equipos estean ao cento por cento”.

POLICÍAS LOCAIS

García Touriñán avanzou, ademais, que o consistorio ofreceu o envío dun grupo de policías locais voluntarios para axudar “no tema de saqueos e pillaxes” pero que, por agora, non é necesario porque “en principio, está controlado”.

“O Concello da Coruña e o servizo de bombeiros están envorcados”, asegurou e sinalou que están pendentes das “alertas meteorolóxicas” da próxima semana na Comunidade Valenciana para comprobar se é necesario reforzar o equipo de voluntarios enviados.

Segundo detalla o consistorio, os Bombeiros da cidade herculina prestaron axuda nos concellos de Masanasa, Albail, Catarroja e Paiporta, realizando tarefas como liberación de garaxes, achique de auga e revisión de vehículos. Tamén prestan axuda noutras tarefas comúns “de acordo coas necesidades da poboación das localidades afectadas”.

Labañou, Cidade Vella e Os Mallos poñen as castañas ao lume

0

Varios barrios da cidade celebran esta fin de semana o seu magosto.

Hoxe venres 8 tócalle á asociación veciñal de Labañou, San Roque, Zona Escolar e Os Rosales. Terá lugar na praza da Tolerancia ou, en caso de choiva, no patio cuberto do CEIP de Prácticas. A partir das 17.00 horas haberá un obradoiro de cabazas. Ás 18.45 horas farase unha procesión de Samaín desde a praza do conservatorio.
Haberá tres actuacións durante a celebración: o espectáculo familiar dos Monifates (19.15), a actuación do grupo tradicional Son d’Aquí (20.00) e a actuación musical de Mekanika Rolling Band (21.00). Haberá castañas de balde e chocolate para a rapazada.

Por outra banda, o sábado 9 celebrarase o magosto da Cidade Vella, promovido pola Asociación de Veciños da Cidade Vella e coa colaboración do Concello. Será na praza de Azcárraga e comezará ás 17.00 horas cun obradoiro de cabazas e xogos infantís tradicionais. Ás 19.00 haberá unha procesión de cabazas e ás 19.30 celebrarase un magosto popular con bebida e castañas asadas. Ás 20.15 haberá unha foliada a cargo de Son D’Aquí e, xa pola noite, haberá queimada popular a partir das 23.00.

Por último, o domingo 10, de 11.00 a 20.00 horas, celebrarase o Mallosto, o magosto do barrio dos Mallos, promovido pola FUCC e Distrito Mallos e que conta co apoio do Concello.
Celebrarase na praza da agra dos Mallos. Haberá un mercado de outono, con postos dos comercios do barrio e de artesanía, de 11.00 a 19.00. Tamén haberá postos de comida de 11.00 a 20.00. Durante toda a xornada celebraranse actividades infantís, así como obradoiros e actividades. Haberá sesión vermú a cargo da Duendeneta de 13.00 a 15.00 e actuación musical de Bailaches Carolina Dilleis de 18.30 a 20.00 horas.

Presentada a mostra ‘Novo Sendeiro: cara á construción colectiva’ relacionada coa transformación de Labañou

0

O Espazo de Intervención Cultural NORMAL da Universidade da Coruña (UDC) acolle a exposición ‘Novo Sendeiro: cara á construción colectiva en Labañou’.

Trátase dunha mostra que pon en valor o proceso participativo que leva a cabo no barrio de Labañou desde hai dous anos “para promover unha transformación urbana do barrio máis sustentable e inclusiva”, explican os seus promotores.

Cun enfoque centrado na sustentabilidade e a inclusión social, o proceso participativo ‘Novo Sendeiro’, que acompaña ao Plan Especial de Labañou, está impulsado por Desenvolvemento Urbano Sustentable de Metrovacesa e liderado pola oficina de arquitectura Zuloark.

O seu director, Manuel Domínguez, sinalou que “se trata dun proceso de participación cidadá cun gran potencial de innovación urbana para facer cidade doutro xeito”.

Á inauguración acudiron representantes de Aspronaga, da Federación Unión Comercial Coruñesa, da Escola Universitaria de Deseño Industrial (UDC), do Centro Integrado de Formación Profesional Someso e da Escola de Tenis Marineda.

O director de participación de Novo Sendeiro, Manuel Domínguez, destacou que “está a ser un proceso innovador con gran potencial para facer cidade doutro xeito”. “Pero non sabemos que continuidade terá tendo en conta as recentes noticias sobre a paralización do proxecto”, engadiu.

Manuel Domínguez destacou que “entendemos a participación como un posibilitador de proxectos inesperados e un xerador de conexións improbables, grazas á colaboración entre diversas entidades que as nosas actividades promoven”.

En canto á exposición, nela percórrese a rede de sendeiros “que representa unha oportunidade única para reflexionar, debater e acordar temas cruciais para o desenvolvemento da comunidade”.

“Desde o reforzo da identidade do barrio ata o deseño de contornas accesibles, pasando pola creación dunha cidade activa e saudable, os sendeiros son os camiños que Novo Sendeiro percorre coa colaboración de toda a cidadanía coruñesa para a construción dun proxecto común para o barrio e a cidade”, engaden os seus promotores.

O alcalde de Sada pide sobresemento en relación á denuncia por presunta prevaricación

0

O alcalde de Sada, Benito Portela, de Sadamaioría, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Pilar Taibo, pedirán o sobresemento en relación á denuncia por presunta prevaricación administrativa respecto de multas que non se impuxeron a locais hostaleiros.

Así o informaron fontes municipais consultadas por Europa Press despois que a Audiencia Provincial da Coruña desestimase o último recurso do rexedor e a edil ao considerarse desde o ámbito xudicial que existen “indicios” dun presunto delito de prevaricación administrativa.

Agora, tras a decisión da Audiencia da Coruña, queda o traslado ás partes para que formulen escritos solicitando a apertura de xuízo oral ou de sobresemento que é o que farán a concelleira e o alcalde, segundo fontes municipais consultadas por Europa Press.

“A partir de aí, a xuíza terá que redactar un auto de apertura de xuízo oral ou auto de arquivo/sobresemento”, precisaron en relación a un caso que ten a súa orixe nunha denuncia do oficial xefe da Policía Municipal por non tramitar, segundo a mesma, unha trintena de multas a establecementos hostaleiros do municipio por incumprimentos.

A Parva reflexiona sobre o consumo local co festival de fotografía FFoco

0

A Parva, esa cantina que enriquece o mercado de San Agustín con singulares iniciativas socioculturais, acolle este sábado, día 9, a inauguración da exposición ‘Mercado. Tránsito e significante’ dentro do festival de fotografía FFoco, a única cita sobre fotografía documental de Galicia. A mostra recolle imaxes da plaza de abastos coruñesa realizadas pola fotógrafa amateur Antía Garrote.

A mostra, composta de 22 imaxes, pretende “narrar o mercado, non como punto de encontro, senón dende o baleiro, dende o tránsito, fóra da aposta pola vida”. Garrote, xestora cultural de formación e praceira adoptiva da Parva, busca coa súa fotografía contestar a pregunta “que é un mercado desprovisto de contido, de actividade, de misión”. O evento decorrerá desde as 13.00 horas na terraza interior que o posto ten no mercado.

Esta iniciativa, impulsada por Alba Barbadillo e Ángela Casal, socias cooperativistas da Parva, cumpre o seu cuarto ano no FFoco, sempre coa mesma intención: “Facer reflexionar ao público sobre o consumo, a alimentación, o comercio local e a súa relación co rural, coa cidade e co barrio. E intentar tamén que a visita á exposición sexa unha escusa para que a cidadanía entre nun dos edificios máis importantes da cidade dende o punto de vista arquitectónico, cada vez máis en decadencia no que respecta ao seu modelo de uso e afluencia, pola falta de recambio xeracional de público e praceiras e polas políticas erráticas, cando non contraditorias, ás que está sometido”.

 

Máis novas

A Parva acolle unha exposición amosando a parte que non se ve do Mercado de San Agustín

A Parva acolle a exposición ‘Bosquexos no mercado’ do alumnado da EASD Pablo Picasso

Javi Quiroga de “O Novo Normal”: “Moitas veces pasamos pola vida demasiado rápido. E pasan cousas guais”

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

Terceira vez que se presenta no Escano Cidadán o histórico concelleiro Manuel Monge. Como sociólogo, investigador e vítima do franquismo, e despois das visitas de 2020 e 2023, Monge voltou ao pleno deste xoves 7 de novembro, para esixir que o goberno municipal da Coruña retire os 378 elementos contrarios á memoria democrática, “unha vergoña para A Coruña”.

“Eu non quero que A Coruña sexa a capital da simboloxía franquista”, sinalou rotundo, lembrando que eses 378 elementos “son ilegais, segundo a Lei de Memoria Democrática (LMD) de outubro de 2022”. “Hai que cumprir con esta lei, ou non?”, preguntoulle á rexedora.

Lembrou casos concretos, como o de José Calvo Sotelo, que aínda conserva oito distincións: dúas rúas, retrato, Fillo Adoptivo, dá nome a un peirao… pero o alcalde de Curtis do PP xa retirou a súa rúa en Teixeiro, por exemplo.
Puxo tamén de relevo o caso do Alcalde Sanjurjo de Carricarte, que mantén unha rúa co seu nome (e un busto na parte traseira do palacio municipal), a pesar de que mesmo o Consello escolar do centro educativo xa mudase o seu nome ao de CEIP Torre de Hércules. Outra demostración de que a sociedade civil vai por diante da administración.

A resposta do goberno

A resposta municipal púxoa o edil Gonzalo Castro, que recoñeceu o traballo de Monge na defensa da democracia e na loita pola memoria histórica. “Estou dacordo con que os tempos son chegados e que non hai lugar á simboloxía franquista”, sinaltou rotundo. “Hai que facelo, rápido pero tamén ben, avisou”, anunciando que o Instituto Jose Cornide elaborará unha actualización dos informes actuais “que permita abordar con rigor a restitución da memoria democrática e a neutralizar o esquecemento”.

Castro reafirmou así o “compromiso municipal de impulsar a actualización do estudo” confirmou que “imos avanzando” intententando “mellorar a interlocucion” coas entidades.

Intervencion de Monge no pleno da Coruna
Edís socialistas e nacionalista atendendo á exposición de Monge

Resumo do pleno de hoxe

O goberno anuncia no pleno a anulación das licencias das Percebeiras para reducir a edificabilidade

Máis novas

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

“A existencia destes 38 restos do franquismo é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación”

A CRMH da Coruña escolle a Jesús Castro Vidal como Republicano de Honra 2024

 

O goberno anuncia no pleno a anulación das licencias das Percebeiras para reducir a edificabilidade

  • O pleno acordou a conxelación de taxas para 2025 e aprobouse unha mova modificación de crédito.
  • Tratáronse asuntos relacionados cos traballadores municipais, o rescate da autoestrada de Carballo e a Rede de Bibliotecas Municipais.

— — —

Novo xoves pleno no Concello da Coruña, neste caso o correspondente ao mes de novembro, que podedes ver pola canle municipal de Youtube.

O pleno comezaba coa rexedora Inés Rey facendo un sentido agradecemento á colaboración da veciñanza para coas recollidas de alimentos e o compromiso dos Bombeiros da Coruña (Rafa, Rama, Julen, Hache, César, Juanjo, Garaboa, Rubén Suárez, Nacho, Cani, Míchel e Saavedra, Suso Vidal, Lendoiro, Roberto Rivas, Ameijenda, Mani, Iván Abeleira, Nodar, Pallarés, Kiko Rodríguez, Roberto Vázquez, Iván Brea, Carlos Blanco e Casanova), que marchan camiño de Valencia para axudar nas labores de recomposición da zona.
Gardouse ademais un minuto de silencio polas vítimas da dana e dous minutos polas mulleres falecidas por violencia de xénero dende o pasado pleno do 3 de outubro.

Un dos puntos importantes da sesión foi o anuncio por parte do goberno municipal da conxelación das taxas e impostos municipais de cara ao vindeiro ano 2025.

Percebeiras

Se cadra máis importante foi o punto arredor das Percebeiras que trouxo o BNG nas mocións, pois implicou un anuncio por parte do goberno socialista de anular o planeamento actual as licencias da parcela afectada de Labañou, “para repensar a urbanizacion, reducir a edificabilidade, garantizar a porcerntaxe do 40% de vivenda protexida, e garantizar impostas por limitacións de Costas, e o posible impacto á fachada marítima”.

Así respondía o edil Fran Diniss, á exposición do BNG que pedía a modificación puntual do PXOM nas Percebeiras, un proxecto aparcado dende hai 20 anos que foi rescatado polo goberno socialista acorde coa súa política urbanística. O BNG esixe o cumprimento do acordo asinado na investidura, que permita modificar o PXOM na zona da próxima urbanización para establecer novas determinacións que garantan a sustentabilidade ambiental, a presenza de zonas verdes, e protexa o bordo litoral.

O PP votou en contra da moción, que foi aprobada cos votos do PSOE e BNG, e foi Fran Diniss o que lembrou que foi unha modificación do PXOM aprobada polo PP en 2013 o que provocou o retraso do proxecto. Diniss explicou que o PP engadiu 15.000m2 ao plan inicial (de 45.000m2 de edificabilidade), o que trala limitación de alturas imposta por Costas, facía inviable o proxecto urbanistico inicial.

Modificación de crédito M4

Pendente da aprobación defintitiva da modificaciñon M5, e co M6 xa en negociacións, o pleno aprobou, co apoio do BNG, a modificación de crédito M4/2024. Unha ampliación orzamentaria para, entre outras cousas, dotar de fondos ao Basquet Coruña na súa andaina na ACB (250.000), axudar na organización de probas deportivas á Asociación de Clubes de Traineras (50.000) ou manter o servizo dos cabaliños dos Xardíns á APEM (10.000).
O grupo socialista desbotou as alegacións dun PP, que pedían máis axudas de becas comedor, sen botar unha ollada ao seu propio partido, que a nivel autonómico, que leva protagonizando unha deixadez de funcións en asuntos escolares absolutamente demenciais, deixando nas mans do voluntariado das ANPAS elementos tan fundamentais como o comedor ou as extraescolares.

Cidades das TIC e accesibilidade no CAPD María Maríño

Os 3 grupos aprobaron por unanimidade modificación dos Estatutos da Sociedade Xestora da Cidade das TIC, S.L., destacando diálogo coa Universidade.

Outro dos puntos aprobados por unanimidade foi aprobación definitiva do Estudo de detalle para a reforma interior de parcela para a mellora da accesibilidade ao centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) María Mariño.
“Non foi sen tempo”, sinalou a voceira do BNG, Avia Veira, que lamentou o abandono da Xunta de Galicia. O BNG votou a favor, deixou claro que non é a única necesidade para o CAPD nin para o Centro de Educación Especial, que “tamén ten sufrido un trato deficiente por parte da Xunta”, como levan anos denunciando a ANPA do CEE homónimo.

O edil popular Antonio Deus criticou “a tramitación lenta” por parte do goberno socialista, pois xa pasaron 3 anos dende o comezo. Respondeu o edil socialista Fran Diniss, que lembrou que a tramitación estivo paralizada durante 2 anos por parte da Xunta.

Pleno de novembro de 2024 no Concello da Coruna
Banca popular coa rexedora de fondo

Rescate da Autoestrada Coruña-Carballo

Os rogos comezaron da man do BNG, no que lle pide ao Concello que inste á Xunta a proceder a iniciar os trámites para o rescate da autoestrada AG-55. Unha moción que aínda onte foi rexeitada no Pleno do Parlamento polo PP.

Todo tralo anuncio da Xunta da súa intención de recuperar a concesións das autovías en réxime de peaxes en sombra, é dicir, o “rescate das empresas concesionarias” das catro autovías con peaxe na sombra, a do Salnés (AG-41), o Barbanza (AG-11), Santiago-Brión (AG-56) e Celanova (AG-31). Unha situación que “supón unha discriminación” para coa veciñanza das comarcas da Coruña, Bergantiños e Costa da Morte.

Sorprenderon os populares asegurando que “non nos imos interpoñer ao rescate da AG55”, pero de contado Roberto Rodríguez desivou o foco de atención cara Madrid, acusando a PSOE e BNG de non liberalizar a AP9, como prometeran ofrecendo o seu apoio a Pedro Sánchez. Así e todo, aportou un dato: “menos do 20% dos máis de 300 kilómetros de peaxe que temos en Galicia son de titularidade autonómica”.

Finalmente a moción quedou aprobada co abstención do PP e os votos a favor de BNG e PSOE.

Traballadores municipais e Bibliotecas

PSOE e BNG aprobaron en conxunto (coa abstención do PP) unha moción, engadindo como emmenda de adición dous puntos do PSOE, para abrir unha mesa de negociación que permita a mellora da situación de traballo precario no ámbito municipal.

Rede de Bibliotecas e Municipalización

Sacou o PP o asunto das Bibliotecas Municipais, no marco da falsa intención de crear a Rede de Bibliotecas Municipais, e a a precariedade das traballadoras e traballadores deste servizo externalizado. O PP pedía apoiar aos traballadores, e solicita elaborar as bases dun novo concurso para a licitación inmediata do novo contrato do servizo de biblioteca, así como elaborar un informe do proceso por parte dos servizos xurídicos municipais de unificación.

O BNG concordou que a proposta do PP é “oportuna” porque xa rematou a concesión e é necesario dar unha solucións aos problemas dos traballadores, pero criticou o PP non apostase pola municipalización do servizo, e que deixe ás traballadoras á expensas da empresa concesionaria de turno. O BNG votou a favor criticando que a Comisión para a municipación da Rede de Bibliotecas “non está facendo o seu traballo”, que non avanza, e tivo tamén críticas para a tardanza das licitacións do goberno.

Por parte do grupo de goberno, que tamén votou a favor, Gonzalo Henrique Castro Prado, asegurou estar traballando no proceso de municipalización e na creación da Rede de Bibliotecas. Criticou tamén a posición ambigüa do PP ante a municipalización do servizo, pero sinalou xa ter unha dirección: abordar a modificación da RPT, e presentar a oferta pública e as bases específicas.

Escano cidadán

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

Máis novas

O pleno de outubro reflexiona sobre o novo modificativo de crédito, a execución orzamentaria e os traballadores municipais

Os barrios de Someso e Mesoiro piden atención aproveitando o Escano Cidadán do pleno

Ingresan en prisión cinco do dez detidos nun operativo contra a droga en Meicende

0

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 7 da Coruña, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para cinco dos detidos nun operativo contra o tráfico de drogas en Meicende, no municipio coruñés de Arteixo.

Foi, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tras o pase a disposición xudicial o xoves de nove detidos. Por outra banda, a xuíza decretou a posta en liberdade doutros catro.

No entanto, impúxolles como medidas a retirada do pasaporte e a prohibición de abandonar o territorio español. Houbo no operativo outro arrestado, que quedou en liberdade en dependencias policiais.

As detencións producíronse no marco dun operativo levado a cabo pola Garda Civil o pasado día 6, con rexistros nunha vivenda, un ‘narcoedificio’, e outras máis. Todo iso no marco dun traballo “continuado”, segundo a Subdelegación do Goberno na Coruña, na loita contra a venda de drogas a pequena escala e en coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local. Todos están investigados por un delito contra a saúde pública e tamén por pertenza a grupo criminal, precisa o alto tribunal galego.

Concellos da área da Coruña renovan coa Xunta o convenio no transporte metropolitano

0

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse hoxe con representantes dos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada para abordar as demandas de liñas e frecuencias de autobús nestes concellos e a prórroga do convenio da área de Transporte Metropolitano da Coruña.

Nun comunicado, a Xunta afirma que “atendeu as peticións trasladadas polos concellos respecto de cambios tanto nas liñas como nas frecuencias, que se comprometeu a estudar para, sempre atendendo a criterios técnicos e obxectivos, avaliar posibles melloras”.

Por outra banda, indica que o Plan de Transporte Público de Galicia é “un plan vivo” e que “no que vai de ano realizáronse máis de 400 modificacións respondendo precisamente ás distintas demandas”, sinala ante as queixas nalgúns municipios.

Ademais, indica que esta semana o Consello da Xunta aprobou a autorización das prórrogas dos convenios para o desenvolvemento conxunto do Transporte Metropolitano de Galicia nas áreas da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Lugo cun investimento autonómico de cinco millóns de euros ao ano.

No caso da área da Coruña, a Xunta afirma que “vai destinar máis de 2,8 millóns de euros ao ano para financiar os descontos e bonificacións”. “Os 17 concellos que forman parte do convenio – A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, A Laracha, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada- farán unha achega en conxunto de 625.000 euros ao ano”.

Ao longo deste mes, indica que se convocará a comisión de seguimento da ATM da Coruña “para escoitar aos concellos”. “E, como aclarou o conselleiro, prevese que o organismo se reúna cunha periodicidade de seis meses tanto para avaliar o convenio e, se fose necesario, a situación das liñas e servizos”.

Policía Científica confirma restos de ADN dun dos acusados, Diego M.M., no corpo de Samuel

0

Axentes da Policía Científica que analizaron restos de ADN tras a malleira mortal a Samuel Luiz, na madrugada do 3 de xullo de 2021 na Coruña, atoparon no rostro da vítima perfil xenético dun dos acusados, Diego M.M., ao que acusacións e testemuñas situaron como a persoa que iniciou a agresión. Tamén especificaron que os atoparon nuns cristais rotos na zona e que atribuíron a Alejandro F.G., a persoa que, segundo testemuñas e partes acusatorias, collería polo pescozo ao falecido coa técnica do ‘mataleón’, ademais de golpearlle. Tamén a este se lle atribuíu sacar unha botella dun local de lecer onde estiveran, previamente aos feitos, os acusados.

Os axentes que prestaron declaración descartaron que puidesen afirmar se a orixe do analizado era por contacto ou transferencia, ao ser preguntados por iso por avogados da defensa. Cuestionados sobre as mostras en uñas, nudillos e palma da man de Samuel, sinalaron que só hai “perfil da vítima”, sen poder concretar se houbo ou non sinais de defensa, que rexeitan as acusacións que existise ante o número de golpes e patadas recibidas, argumentan, polo mozo. “E se fixese un arañazo”, expuxeron desde as partes personadas. “É unha posibilidade, non podemos afirmalo”. En canto aos cristais achados na zona do paseo marítimo coruñés, onde en distintos puntos se produciu a agresión, testemuñas aseguraron que ouviron un ruído de cristais aínda que os forenses atribuíron a morte a “golpes múltiples en contexto dunha agresión” e con “lesións acumulativas”.

UN DOS ACUSADOS CULPOU A OUTROS

Outro policía do equipo que fixo a investigación e que tomou declaración a Kaio A.S.C., indicou que, nunha primeira, facilitoulles “moitos datos” situando, en concreto, a Diego M.M., Alejandro F.G. e Catherine S.B. De Alejandro M.R., outro dos acusados e a preguntas da súa defensa, expuxo que non o situou participando. “Non recordo que manifestase que participase na agresión”, precisou, con posterioridade, sobre a única muller acusada e a preguntas do seu avogado. “Parece que el só estaba a mirar, coma se fose testemuña”, concretou sobre o exposto por Kaio, en contraposición a algunhas testificais que aseguraron verlle lanzar unha patada á vítima, como recollen, engadiron policías que declararon, cámaras da zona.

Xa como detido, afirmou que lles trasladou “libre e voluntariamente o que fixo co teléfono”, en referencia ao de Samuel Luiz, feito polo que, ademais dun delito de asasinato impútaselle outro de roubo con violencia. “Que o tirou a un colector próximo á súa casa”. Para os cinco acusados pídense penas que oscilan entre os 22 e 27 anos de cárcere. No caso de dous con agravante de discriminación pola orientación sexual da vítima.