Un cento de ultras do Málaga provocaron altercados durante a noite deste sábado nas inmediacións de Riazor, na Coruña, onde este domingo se disputou o encontro entre o RC Deportivo e o Málaga Cf, declarado de alto risco pola Comisión Antiviolencia. . Os feitos producíronse sobre as 23.00 horas, cando un grupo de ao redor dun cento de ultras do equipo andaluz comezaron a provocar desfeitas pola contorna da rúa Manuel Murguía.
En concreto, esnaquizaron a cristaleira dun bar e diferentes obxectos tanto do establecemento como do mobiliario urbano. En imaxes difundidas por redes sociais tamén se pode observar a este grupo tirando obxectos cara ao estadio de Riazor, ademais de a varios coches que circulaban nese momento pola zona. Neste contexto, durante a mañá do sábado víronse imaxes de numerosos grupos de persoas vestidas de negro con paus e barras por diferentes zonas da cidade, como o barrio do Orzán ou o Paseo de Riazor.
Os ultras do Málaga, despois de provocar os altercados marcharon en furgonetas cara Ordes, onde estaban aloxados. Pola mañá volveron armala e estiveron un tempo armando caos pola cidade sen escolta policial.
🔴TENSIÓN NA CORUÑA
As forzas de seguridade continúan buscando aos ultras do Málaga CF que participaron nos actos vandálicos da pasada noite na Coruña. Ao parecer buscaban enfrontamento con seareiros do Dépor que estaban no interior do bar que atacaron.
👉https://t.co/HZr8LmExVzpic.twitter.com/0Ol68CFeCc
DOUS DETIDOS DA AFECCIÓN DO DÉPOR POR ENFRONTAMENTOS COA POLICÍA
En total, dúas persoas foron detidas este domingo por enfrontamentos coa Policía. Fontes policiais confirmaron a Europa Press que as persoas detidas, tras enfrontamentos coas unidades de intervención policial na zona da Praza de Pontevedra, están relacionadas coa afección do Dépor. Así mesmo, estas mesmas fontes sinalaron que non se tratou dun enfrontamento entre afeccións.
REPULSA DOS CLUBES
Nun comunicado, o RC Deportivo mostrou a súa “máis firme repulsa” e a súa “condena” aos actos vandálicos producidos na cidade herculina. Así mesmo, expuxo que fará “todo o posible para perseguir” aos responsables. “O fútbol é un deporte que promove a irmandade das afeccións; e a cidade da Coruña e os afeccionados do Dépor merecen respecto”, afirmou.
Nesta liña, manifestou que o clube vai salvagardar á súa afección, que foi “un exemplo de deportividade por todas as cidades ás que se desprazou”. Pola súa banda, o Málaga CF colgou unha mensaxe nas súas redes sociais no que expresa o seu “rexeitamento aos episodios violentos vividos onte á noite na Coruña”. “Este tipo de situacións non representan ao malaguismo”, resolveu.
O adestrador malacitano dixo que “isto ten que acabar no fútbol”, pero os xogadores ao remate do partido foron agradecerlles aos ultras o seu apoio.
Do mesmo xeito, LaLiga condenou tamén os incidentes, que considera que “prexudican gravemente” a imaxe do fútbol español. “LaLiga condena enerxicamente os incidentes violentos ocorridos na noite de onte por parte de afeccionados radicais do Málaga CF. Estes actos non teñen cabida no deporte nin na sociedade, e prexudican gravemente a imaxe do fútbol español”, apuntou. “Como parte do noso firme compromiso coa erradicación da violencia no deporte, LaLiga personarase como acusación nos procedementos xudiciais que se deriven destes feitos, colaborando coas autoridades para identificar e sancionar aos responsables”, finalizou.
Mentres, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, condenou os “intolerables actos protagonizados por seguidores do Málaga” na cidade e a súa “solidariedade cos negocios afectados”. Tamén apuntou que a Policía traballa para identificar os responsables do ocorrido e “responderán ante a Xustiza”. “Pido responsabilidade para o partido de hoxe (domingo) en Riazor”, conclúe.
Tamén subía a este espazo de participacion cidadá Eugenia Vacas, unha veciña do barrio de Visma que solicitaba do Concello un maior compromiso da Concellería de Medio Ambiente no coidado, esterilización e mantemento das colonias felinas.
Platas atotpouse cunha resposta crúa da nova responsable de Medio Ambiente, Yoya Neira, que lle esptou con rotundidade que a Concellería tiña cousas máis importantes ás que atender, e que requería un orzamento que non ía dedicar. Foi máis alá culpando da proliferación incontrolada de gatos, á irresponsabilidade da veciñanza que lles dá comida fóra das colonias censadas.
Atónita quedaba Platas, que non tivo opción á resposta, como atótinas quedan as voces das protectoras de animais da cidade ao coñecer a resposta da concelleira.
Porque a relación das Protectoras co Concello está lonxe de ser a mellor. Dende hai uns anos, todo o control das colonias lévao a empresa concesionaria Servigal, e as Protectoras non reciben axuda ningunha. Con todo, o control da concesiaria adoita centrarse nas 13 colonias felinas censadas, cando na realidade son moitísimas máis as que hai na cidade.
Así, Protectoras como Micos e Nós, tratan de mellorar a calidade de vida de colonias por toda a cidade, pero non reciben axuda nin para comida, nin para os procesos de esterilización, nin para as operacións que realizan a gatiños enfermos, e teñen que estar buscando axuda solidaria a través do número de conta ou de plataformas de micromecenazgo como teaming, onde xa teñen 101 persoas que doan 1 euro ao mes, tendo recadado máis de 2.000€ da veciñanza.
Esta semana estiveron en varios supermercados Gadis pedindo axuda á veciñanza para mercar comida de gatos.
As colonias
Actualmente na cidade da Coruña existen recoñecidas 13 colonias felinas que son:
A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acollerá o vindeiro xoves, a partir das 10.00 horas, o xuízo contra un home para o que piden tres anos de prisión por cambiar billetes falsos por verdadeiros. Segundo o escrito de Fiscalía, o acusado co “ánimo de obter un enriquecemento patrimonial ilícito” cometeu o timo coñecido como ‘Rip Deal’, consistente no cambio de billetes falsos por billetes auténticos, polo que propuxo a outra persoa un negocio.
En concreto, o acordo consistía en cambiar 100.000 billetes de 500 euros por billetes de 50 euros a cambio dunha comisión dun 20 % do diñeiro cambiado. Por iso, a vítima, “con idea de obter unha ganancia pola comisión”, contactou con outra persoa, que á súa vez lle propuxo o negocio a un amigo, que dispuña dese diñeiro. Neste sentido, o acusado reuniuse en agosto de 2020 na localidade de Ponte Ulla cos tres persoas e falaron dun intercambio de 500.000 euros, de billetes de 500 euros, por billetes de 50 euros. Posteriormente, tamén mantivo unha reunión nunha cafetaría da Coruña coa vítima e a persoa que supostamente ía entregar os billetes de 500 euros, concretando nesa reunión que se entregaría a cantidade de 100.000 euros en billetes de 50 euros, e recibiría a cambio 116.000 euros, en billetes de 500 euros.
Despois dunha conversación, o acusado ensinou unha foto do diñeiro que estaba no maleteiro do seu vehículo nun aparcadoiro próximo e ofreceulles acudir a unha oficina próxima, onde lles esperaba unha terceira persoa. Alí, utilizando unha máquina de contar diñeiro mostrou os 100.000 euros en billetes de 500, mostrándolle ademais unha bolsa que supostamente contiña os 16.000 da comisión correspondente. A continuación, regresaron á cafetaría co maletín que portaba os 116.000 euros e a vítima dirixiuse ao seu vehículo e para regresar cos 100.000 euros en billetes de 50 nunha mochila.
Nese momento unha persoa “non suficientemente identificada” entregoulle unha bolsa coa comisión ao acusado “para facer máis crible a operación”. Despois, “aducindo discreción”, un deles díxolle ao prexudicado de facer o intercambio por baixo da mesa, e realizou nese momento o cambio dos billetes auténticos por fotocopias de billetes de 500. Como a mesa estaba preto da saída, “nin sequera se decataron cando a persoa descoñecida abandonou a cafetaría co maletín e a mochila con 100.000 euros en billetes de 50 euros”. Por estes feitos, o Ministerio Fiscal considera que procede imporlle unha pena de tres anos de prisión, así como unha indemnización de 100.000 euros polos prexuízos ocasionados.
O grupo municipal do PP no Concello da Coruña reprochou “ausencia dun dispositivo policial de reforzo” polo partido entre o Deportivo e o Málaga do domingo, con incidentes previos ao mesmo e dúas persoas detidas.
“Os radicais pasearon pola cidade ás súas anchas a noite do sábado, causando desfeitas e sementando o pánico, ante a ausencia dun dispositivo policial de reforzo”, sinala nun comunicado.
Nel, avanza que preguntará ao goberno municipal e a Subdelegación “pola ausencia dun dispositivo de seguridade ante a coñecida chegada o sábado dos ultras do Málaga”.
Respecto diso, apunta que non se tomaron medidas “acordes coa coñecida magnitude do risco e os axentes de Policía local e Nacional da quenda habitual foron abandonados á súa sorte por falta de reforzos e medios materiais adecuados, tal e como denuncian os sindicatos policiais”,
“O venres a UIP de Málaga deu aviso de que viñan para aquí dous centenares de seareiros violentos”, e o partido fora declarado de alto risco, a pesar do cal “non se programou un servizo especial para o sábado”, sinala aludindo a manifestacións do Sindicato Unificado de Policía (SUP).
Os concellos da Coruña e Santiago atópanse á espera de informes sobre a posible declaración das cidades como mercado tensionado. Así o apuntou a alcaldesa herculina, Inés Rey, en declaracións aos medios, e manifestárono a Europa Press desde o goberno local de Santiago.
Rey asegurou que é a Xunta “quen dispón dos datos” e que no seu caso están a esperar que lles remita a información sobre “os demandantes de vivenda”.
“Tenos a Xunta e pedir”, manifestou a rexedora quen considerou que non hai “vontade” por parte da Administración galega de “cumprir coa lei de vivenda”. Ademais, dixo que, unha vez que estuden os datos, determinarán “se podemos declarar zona tensionada a cidade ou algúns barrios”.
Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela, Iago Lestegás, ratificou que o concello non solicitou formalmente a declaración de mercado tensionado “porque o diagnóstico da situación” que encargaron “aínda non está feita”, fixando o prazo para que o estea a finais deste ano ou principios de xaneiro.
“Toda esta documentación justificativa que asume o concello e outros concellos debería facela a propia Xunta en base á lei de dereito á vivenda por ser a administración competente”, aseverou. Tamén considerou que debe incorporarse a esta lei a regulación de prezos do arrendamento de tempada “para que non funcione como unha vía de escape”.
En relación a este tema, a conselleira de Vivenda, María Martínez, manifestou o xoves que a lei estatal “leva máis dun ano de vixencia e os resultados demóstrano, non só diminúen as vivendas en aluguer senón que aumentan os prezos en aluguer”.
“Se algún concello solicítao e cumprimenta as condicións non nos queda máis que acatar”. “Iso si, recorremos a norma estatal proque considerámola inconstitucional por invadir competencias”, recalcou.
O que fai o CEEPR Lourdes Aspronaga en materia de inclusión cos seus usuarios e usuarias, persoas con diversidade funcional, é absolutamente excepcional. Ademais dun trato do máis san, a entidade fomenta a indepencia e a formación en materia de profesión de cada un dos seus alumn@s en función das súas capacidades e habilidades.
“Moitas veces nos poñen no noso sitio”, recoñece o director do centro, Rubén Mateos, pero en relación ás demostracións de autonomía e valía que lles teñen demostrado aos propois mestres. Conta moi como unha usuaria lle dixera que quería ser fotógrafa, pero non simplemente como un hobbie, como entenderan os mestres, e anos despois de rematar a súa formación no centro volveu por alí para relatar orgullosa que estaba contratada como fotógrafa para as webs de Inditex. “A sociedade, e mesmo nós, poñémoslle ás veces un teito que non teñen”, reflexiona.
A familia de docentes do centro apúntase a todo ademais, coa intención de visibilizar a valía do seu alumnado e incentivar as súas capacidades. Témolos visto instalando, desparafusador en man, mobiliario para humanizar patios escolares no marco do proxecto Entre patios. Témolos visto nas cociñas do CIPF Paseo das Pontes, aprendendo un módulo de cociña que posteriormente poderá ser certificable. E pronto os veremos dando cursos de formación en materia de impresión 3D, pois no XDC temos boa constancia das marabillas que saben facer.
A nova colaboración formativa estana levando a cabo no CIFP Someso, onde participan nas Xornadas de FP Básica no marco do proxecto FP Adaptada, que lles permitirá acadar un certificado de profesionalidade que lles pode servir de acicate para chegar ao ao mercado laboral. Así o contan dende o centro no que ademais están aproveitando para involucrar ao alumnado, que fai de docente e se motiva moito máis.
O persoal da Escola Municipal de Música da Coruña quere advertir que o pasado mércores pola tarde caeu un anaco da cornixa do edificio sobre a beirarrúa. Por sorte non houbo que lamentar danos a ningunha persoa, xa que a hora na que se produciu o incidente é a de maior asistencia á escola. Porén foi precisa a posterior intervención dos bombeiros para asegurar a cornixa e evitar que se desprendan novos anacos sobre a rúa.
Dende a CIG lembran que “o evidente deterioro da fachada xa foi denunciado en diversas ocasións pola dirección da escola e o persoal, mais nin o Consorcio nin o Concello realizaron as actuacións de mantemento e as reparacións necesarias”. Cómpre sinalar que o centro comparte inmóbel co CEIP Curros Enríquez, que este ano se renovou por completo agás na parte que ocupa a Escola Municipal de Música, quedando esta no total esquecemento.
Escano cidadán
O persoal ademais critica que non se permitira a participación da delegada de persoal no escano cidadá, alegando que xa tiña intervido no mes de maio, aínda que nesta ocasión ía tratar outra temática diferente. Coa dúbida até o último momento, finalmente Matilde Teijeiro non puido tomar a palabra diante do pleno municipal para preguntar por que o Goberno local segue sen municipalizar a escola, sen asumir a súa xestión directa cando o persoal xa ten as prazas consolidadas, e permitindo que se incumpra co convenio colectivo.
O persoal entende que con esta negativa a participar do escano cidadá, o Goberno municipal está intentando silenciar as súas demandas e demostrando o escaso interese que ten por atender as xustas reivindicacións na defensa do futuro da escola e un ensino de calidade. De feito, a preguntas da oposición, o concelleiro d Cultura foi incapaz de explicar en que se gastaron os 250.000 euros consignados para a EMM nos orzamentos deste ano, limitándose a dicir que os cartos foron para o Consorcio para a promoción da música, pero sen aclarar a que fin se destinaron.
Con todo, o persoal reafirma a súa disposición a seguir pelexando para conseguir que o Concello da Coruña asuma a xestión directa, que a Escola conte co orzamento necesario para ofertar unha ensinanza pública e de calidade e reivindicar que se cumpra co estabelecido no convenio colectivo e se abonen de inmediato os atrasos salariais xerados dende xaneiro de 2021.
Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura de oito metros no polígono de Sabón, no municipio coruñés de Arteixo.
Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 19.00 horas deste venres e foi un particular o que alertou do suceso. Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Local e a Garda Civil.
Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias explicaron que a persoa estaba inconsciente e que a caída fóra desde un oito metros de altura.
Posteriormente, os profesionais sanitarios confirmaron o falecemento do home.
Abría o turno de intervencións Eugenia Vacas coa intención de defender os dereitos aos animais, e de pedir acción municipal para controlar as colonias felinas nos barrios, nomeadamente en Visma co gallo das obras da demoledora urbanización.
Respondeulle cunha crúa internvención da nova concelleira de Medio Ambiente Yoya Neira, deixando claro que os gatos non son unha prioridade da súa concellería, e botando as culpas á cidadanía que “dá de comer irresponsablemente” ás colonias felinas.
Máis cordial foi a concelleira de Urbanismo Diana Sobral, ante Lucía Fdez. Costa como representante da veciñanza de Someso, e o edil Borrego con Diana Cagide, a representante da Asociación de Veciños de Mesoiro, Vío e As Xunqueiras.
Lucía lembrou a cantidade de veces que teñen denunciando as carencias e falta de mantemento do barrio de Someso, ese barrio creado en 2009 formado polas torres situadas arredor de Espazo Coruña. Lucía recoñeceu que este ano se celebra o primeiro aniversario de ser inseridos no plan limpeza manual e mecánica, polo que xa teñen barrendeiro e papeleiras. Con todo, concretaron que a teórica limpeza cada dúas semanas non se corresponde co estado das rúas.
Criticou o retraso de numerosas obras, do mal estado das beirarrúas, parques infantís, iluminación… “nin están nin se lle esperan”, reflexionaba a representante a cada petición.
A edil Sobral asegurou ter tomado nota de cada petición, pero non deu datas da posta en marcha dos proxectos pendentes de executar.
Cagide quixo treaer a pleno o eterno esquecemento que sofre o lugar de Mesoiro, e os de Vío e as Xunqueiras. Reclamaron a retirada de transporte pesado polo lugar, propoñer a creación de novos aparcamentos, ou un radar de tramo para reducir a velocidade. Criticaron a resposta dunha responsable municipal que lles deixou claro que “tiña mellores que facer”.
Tamén pediron a participación no proxecto do paseo fluvial que se vai realizar no marco do plan de urbanización de Pocomaco:
O edil Juan Ignacio Borrego, como concelleiro do barrio, asegurou que é consciente das necesidades existentes, tras velo insitu, pero deixou ver que a responsabilidade en boa parte dos asuntos non é municipal.
Celebrouse esta mañá de xoves 3 de outubro no Pazo de María Pita un pleno, algo menos denso que os últimos. Un pleno que, como saben, se emite por streaming polo Youtube do Concello.
Un pleno no que se aprobou inicialmente, e por unanimidade, a Ordenanza Fiscal Reguladora das Contribucións Especiais para ampliar o servizo de extinción de incendios, que neste exercicio anual inclúe unha partida de 1.274.532 euros, con vistas a mellorar os equipamentos do equipo de profesionais do parque municipal de Bombeiros, a través da adquisición dunha parcela llindeiro ao parque de Agrela, cun orzamento 431.000€.
A Ordenanza permitirá tamén adquitir unha moto acuática (que se unirá á embarcación e dúas motos de auga existentes no parque), e unha autoescada e un vehículo lixeiro para o transporte de persoal, por un total de 624.000€. Os outros 360.591 euros da partida servirán para a compra dun vehículo de descontaminación con equipamento.
A sesión tamén aprobou inicialmente a nova Ordenanza Xeral de Xestión, Recadación e Inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público, destinada a axilizar os prazos burocráticos.
M5: Novo Modificativo de Crédito e execución
Pero o punto central do pleno foi a aprobación dun novo Modificativo de Crédito, un novo cambio no orzamento de 2024, e que segundo Jose Manuel Lage Tuñas servirá para variar os investimentos o plan de Sustentabilidade Turístico; para ampliar o Convenio Intramuros coa Univeridade, e para investir 400.000 euro na Cidade das TIC.
Pero o voceiro do goberno aproveitou a intervención (levou unha reprimenda do voceiro do BNG, e mesmo da alcaldesa por non ceñirse aos puntos da orde do día), para intentar desarmar as acusacións do PP sobre a falta de execución orzamentaria. Lage acusou de falta de “rigor” ao PP, e asegurou que “Consello de Contas di que a Coruña é a cidade galega con maior execución orzamentaria”. Sinalou que o Concello “ten obrigas activas por 59 millóns de euros”, e ademais de botar as culpas á Xunta quixo argumentar que “os proxectos necesitan unha maduración”.
Respondeu o voceiro popular Miguel Lorenzo, que incidiu nos 235 millóns sen executar, e bromeando sobre os retrasos aos que a aludía o propio Lage Tuñas. “De retrasos sabe ben vostede… levamos 9 anos esperando polo Mercado de Santa Lucía…”
Miguel Lorenzo
Mobilidade e Accesibillidade
Presentaba unha moción o BNG denunciando unha moción relativa á mobilidade, lamentando o obsoleto programa da Semana Europea da Mobilidade, e preguntando por accións concretas como o aprobado carril bici de Juan Florez, que xa conta con financiamento europeo. E trouxo propostas Avia Veira, como a posta en marcha da ordenanza de terrazas, a realización dun proceso participativo para crear o novo modelo de transporte público, a recuperación carril bus, a ampliación das estacións de carrís bici ou a anlálise de puntos negros dos carrís bicis contando coas asociacións da cidade.
Avia Veira
Dende o PP lembraron que a cidade mantén os “mesmos problemas de sempre”, recordando que nada se fixo do acordo de 2023 entre PSOE e BNG, como a revisión mapa de liñas, a ampliación horarios, ordenacion terrazas… O PP apoiou a proposta do BNG, que á súa vez aceptou as enmendas do grupo popular.
Os populares quixeron lembrar a problemática da veciñanza dos Mallos que seguen esperando pola reapertura do garaxe que sufriu o incendio do pasado mes de decembro.
A concelleira de Mobilidade deixou claro porque o goberno votou a favor desta moción: porque “estamos traballando nas mesmas medidas”, e destacou as novidades como as 30 estación de Bicicoruña que se instalarán 2025, ou o aumento do tempo de duración dos verdes nos semáforos.
O PP presentou unha moción sobre accesibilidade, denunciando a falta de concreción das axudas á instalación de ascensores. O BNG pediu que se reforce o persoal para axilizar a Oficina de rehabilitación, e o Concelleiro de Urbanismo asegurou que non está habendo tal problema coas axudas, e mentres o PP asegura que 2 de cada 3 euros predeterminados para isto nos últimos dos anos non se acaban de investir, Francisco Dinis aseguraba que a porcentaxe de execucion do programa de subvencións está 84% en 2024, habendo 670 vivendas beneficiadas e 77 persoas con mobilidade reducida.
As Xubias
Non faltou o asunto das Xubias na orde do día. O BNG presentou unha moción para que se coide o esquecido núcleo despois de reunirse coa veciñanza. O PP rescatou a vertente especulativo, e a concelleira Noemí Díaz criticou que era PP o que queria facer unha pasarela ata Santa Cristina, asolagando o barrio.
Tamén volveu o asunto ao pleno nas preguntas finais do BNG, preguntándolle ao PSOE se sabe que está en minoría, e lamentando de terse que enteirar pola prensa de asuntos tan importantes como o convenio con Ginko; ou o nomeamento de Isabel Pardo de Vera como directora do Plan da Fachada Marítima, ou o plan municipal cara o Mundial 2030.
O PP tamén preguntou que medidas vai tomar o goberno para cumprir o acordo plenario do pasado setembro e que rexeitou o convenio con Ginko. Lage Tuñas volveu falar dos “bulos” que asegura existen arredor do proxecto e volveu acusar á oposición de “enfangar”. Si asegurou que a modificacion puntual do Plan Xeral que rebaixa a edificabilidade na zona afectada de 633 a 241 vivendas, e que está paralizada dende 2022, que se “segue tramitando”.
Trouxo o PP unha moción de apoio ás “valentes” mobilizacións dos traballadores municipais da Escola de Musica e aos traballadores de Conserxería dos espazos deportivos. Unha moción que enfrontou ao BNG e ao PSOE co grupo popular, que lle lembrou o pouco que fixo nos últimos anos, e a falta de esixencia á Consellería da Cultura do pago das súas cotas ao Consorcio da Música.
O propio BNG lembrou o estado lamentable das instalacións (aínda onte unha aula quedou anegada pola chuvia), e a falta de pago a parte do profesorado. Mercedes Queixas volveu preguntar, como no mes de maio, onde foron os 250.000€ do orzamento municipal acordados co BNG destinados á Escola de Música.
O Concelleiro Gonzalo Castro quixo deixar claro que eses cartos se destinaron a cubrir déficit provocado por un “desaxuste orzamentario” plurianual, recoñecendo que “hai que tomar decisións”.
Sobre os traballadores de Conserxería Castro asegurou que vai recibir aos conserxes en breve (a pesar de non terlle respondido aínda á petición de xuntanza) e que a intención do goberno municipal é licitar todos os procesos de conserxería canto antes.
Orzamentos
Jorquera condicionou o apoio aos orzamentos de 2025 ao cumprimento dos acordos do ano pasado. Lage Tuñas, entendo a esixencia do grupo nacionalista, quixo poñer de exemplo algunha das medidas postas en marcha como programa de asesoramento para os arrendatarios; así outras que asegurou que van pasar pronto polo pleno como a Ordenanza de Mobilidade, a de Vivendas de Uso Turístico ou o plan Director de Instalacións Deportivas.
Na parte final do pleno, falouse tamén de Venezuela a raiz du rogo do PP, e de Palestina a través do BNG, puidendo destacar unha repulsiva intervención prosionista do edil popular Carlos San Claudio.