Inicio Blog Páxina 444

A arquitectura e paisaxe litoral, tema dun congreso na Escola de Arquitectura da UDC

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC) organizará o XIII Congreso Internacional Docomoco Ibérico, segundo informa o reitorado coruñés.

Así se acordou na reunión do padroado da Fundación Docomoco tras elixir a proposta da citada Escola, co que se converte na primeira sede galega deste evento. Os anteriores congresos, celebrados desde o ano 1997, reuniron de maneira bianual a numerosos arquitectos e investigadores especializados nos temas propostos polas anteriores sedes.

Nesta ocasión, a Escola Técnica Superior de Arquitectura presentou unha candidatura baixo o título ‘A modernidade marítima. Arquitecturas e infraestruturas da paisaxe litora, 1925-1975″.

Cinco mozos a golpes contra o garda de seguridade na sala privada dunha discoteca coruñesa

0

Nas últimas horas fíxose viral un vídeo gravado nun reservado da discoteca Amura, do Grupo Pelícano, onde cinco mozos se enfrontaron con golpes e patadas contra un dos porteiros do local durante a madrugada do venres ao sábado.

Ao parecer e segundo apuntaron desde a discoteca a distintos medios, o incidente rematou sen feridos e sen detidos. De feito, a propia Policía desplazouse ao lugar e indentificou ás persoas implicadas pero, finalmente, ninguén quixo denunciar nada.

A Audiencia da Coruña absolve a un acusado de traficar con droga

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a un acusado de traficar con droga, que foi interceptado pola Policía Nacional nas inmediacións do seu domicilio, ao entender que non quedou probado que o acusado posuíse estas sustancias para distribuílas a terceiros, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Ese día, o 21 de decembro de 2021, o sospeitoso portaba no peto do seu pantalón 13 papelinas, que contiñan 1,271 gramos de heroína, cunha pureza do 28,37 % e cun valor de mercado de 207,6 euros, así como unha bolsita con 0,672 gramos de cocaína, cunha pureza de 57,72 % e un valor de mercado de 124,74 euros.

O tribunal explica na resolución que as probas practicadas no xuízo “non acreditan, coa seguridade e certeza que esixe todo pronunciamento condenatorio, que as sustancias estupefacientes que lle foron aprehendidas ao acusado estivesen destinadas á súa transmisión a terceiras persoas”.

Ademais, os maxistrados destacan que a cantidade das sustancias intervidas “non alcanza nin de lonxe aos limiares habitualmente considerados como provisión de heroína ou cocaína”, á vez que indican que o consumo simultáneo de heroína e cocaína “non é extraordinario”.

En canto ao fraccionamento da sustancia en pequenas doses, afirman que é “habitual no menudeo”, polo que consideran que non é incompatible coa recente compra da droga descrita polo acusado.

A Sala asegura que o sospeitoso contou que era politoxicómano e recibía tratamento con metadona desde 1995, unha afirmación “coherente coas explicacións dos axentes actuantes”.

Os xuíces conclúen na sentenza que “nin por proba directa, nin por proba indiciaria, destruíuse a presunción de inocencia do acusado”, polo que, en consecuencia, absolvérono.

CUAC FM convoca o seu vixesimosexto Concurso de Bandas e solistas

0

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, convoca a XXVI edición do seu Concurso de Bandas e solistas a nivel estatal. Trátase do concurso musical máis lonxevo de todos os que existen a nivel musical en Galicia, cando menos convocado por unha entidade privada para a música moderna.

Nesta convocatoria repártense 5.000 euros en premios grazas á subvención da Deputación da Coruña e a colaboración co Concello da Coruña que acolle a duas bandas galegas dentro da programacion do Festival Noroeste Estrella Galicia. Mantense o premio á Mellor Canción en Galego e consolídase o  Premio Eva Coyote para a Mellor Banda Coruñesa.

Poden participar aqueles proxectos musicais cun máximo de 15 temas editados e que non gañase ningún premio en edicións anteriores.   

O prazo para enviar propostas finaliza o 20 de maio e toda a información e as bases completas están na web da asociación cultural CUAC, www.cuacfm.org, no apartado CUAC FM

A Batalla de bandas, na que participan proxectos de todo o estado español será o 12 de outubro na Sala Mardi Gras.

26 bandas galego sq

Traballadoras de Inditex esixen na Coruña “melloras laborais e sociais” como as que “xa teñen” os seus compañeiros

Centos de traballadoras de Inditex manifestáronse na Coruña para esixir “melloras laborais e sociais” como as que “xa teñen” os seus compañeiros doutras empresas do grupo.

A marcha, que estivo encabezada por unha pancarta coa lema ‘Negociación aquí coas dependentas de Inditex’, saíu da praza de Lugo e finalizou en Porta Real.

Durante o percorrido portaron carteis nos que se puido ler ‘a redución por idade para as traballadoras de Inditex non é unha realidade’ e entoaron cánticos como ‘aquí están, aquí ven a dependenta de Inditex’.

Así, segundo informou a CIG, a decisión de volver saír á rúa tomárona ante a “falta de avances” para tratar cuestións do ámbito económico como laboral.

Desta forma, unha das súas principais reivindicacións é a “recuperación” do cobro da antigüidade por cada cuadrienio, pero Inditex “négase en rotundo” a negociar “nada relacionado co pago da antigüidade”. Ademais, as traballadoras demandaron que lles apliquen as “melloras sociais” que “xa teñen recoñecidas” os compañeiros doutras empresas do grupo.

Mohamed Safa analiza este luns na ACAB o xenocidio do pobo palestino

Continúa demostrando unha preocupación especial a sociedade coruñesa pola situación do pobo palestino. Se a xente xa conta os días para a chegada, o vindeiro 15 de abril da afamada poeta palestina Rafeeh Ziadah, o pasado 31 de marzo, eran moitas as persoas que ateigaban o salón da A.C. Alexandre Bóveda para escoitar a Fayez Badawi.

Fayez Badawi na Asoc. Cul Alexandre Boveda
Charla de Fayez Badawi na ACAB 

A actividade da entidade no marco do ciclo Palestiona Libre continúa este luns 8 de abril, ás 19:00h, cando o salón sito no primeiro piso do Circo de Artesáns, acolla o encontro co activista Mohamed Safa.

Un evento que conta coa colaboración do Xornal da Coruña (Safa será presentado por Ubaldo Cerqueiro, cofundador deste diario), ademais dos grupos BDS GALIZA, SUGxPalestina, e o grupo de igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Mohamed Safa Coruna Alexandre Boveda

O activista e oftalmólgo palestino afincado en Corcubión e Cee dende hai máis de 30 anos, fará unha precisa contexualización global do conflito que sofre o pobo palestino, deixando claro que outubro non é a data inicial desta escalada de violencia, pois son xa 7 as décadas pelexando contra a ocupación colonial por parte do estado sionista de Israel.

O autor de varios libros como “La segunda nakba palestina: El proceso de paz” (Ed. Utopía, 2023), “La revolución árabe. Democracia, nacionalismo y religión” (Hoja de Lata, 2017) ou “Palestina, grito por la libertad” (Do Castro, 2003), fará unha análise en clave actual, debullando as claves, as causas e as consecuencias do xenocidio que sofre a día de hoxe o seu pobo.

Durante a palestra, Safa analizará varais cuestións, centrando o tiro a cuestión democrática e a falacia na que vive o estado sionista israelí; o colonialismo e a falta de empatía de occidente, ou mesmo a relación da extrema dereita israelí e a extrema dereita española e europea.

Máis novas

Consulta a mellor hora para gozar da eclipse solar deste luns?

0

Galicia e Canarias poderán ver de forma parcial unha eclipse de sol este luns 8 de abril e terán ademais condicións favorables para gozar del, segundo Eltiempo.es. Fronte a México, Estados Unidos (EEUU) e Canadá, onde se poderá presenciar a eclipse solar de maneira total, o fenómeno en España será de baixa intensidade. En concreto, o extremo noroeste da Coruña  e Santa Cruz de Tenerife  terán porcentaxes próximas ou superiores ao 5% mentres que Lugo ou Ourense rexistrarán porcentaxes inferiores ao 1%.

A eclipse empezará durante a posta de sol e en “o mellor dos casos” durará 15 minutos. En concreto, en Galicia poderase ver a partir das 21:00 horas mentres que en Canarias, a partir das 20:17 horas. Por cidades, na Coruña empezará as 21:01; en Santiago de Compostela, ás 21:02; nel Hierro / La Palma, ás 20:17; en Tenerife, ás 20:17; e en Gran Canaria, ás 20:18. En canto á duración, en Camariñas  por exemplo comezará ás 21:02 e terminará ás 21:11; mentres que nos Llanos de Aridane (La Palma) empezará ás 20:17 e terminará ás 20:33.

Por outra banda, o portal meteorolóxico avisa que sucederá moi preto do horizonte e indica que para observalo, haberá que ter un horizonte moi despexado. En calquera caso, lembra que para ver a eclipse directamente sen pór en risco a visión uno necesita usar lentes homologadas.

Con respecto ao clima, Eltiempo.es indica que o estado dos ceos será variable, pero que non quedará “nin rastro” da calima do fin de semana en Galicia ou Canarias. Centrándose en Galicia, Eltiempo.es espera unha xornada de ceos moi nubrados e con choivas despois de que unha fronte entre na rexión durante a mañá. Á hora de inicio da eclipse, a fronte xa se afastou tras cruzar o país durante a primeira parte do día. O portal meteorolóxico puntualiza que hai un 25% de posibilidades de que siga chovendo a esa hora, aínda que as choivas serían moi débiles e principalmente na costa da Coruña.

CANDO SE PODERÁ VER O PRÓXIMO “GRAN” ECLIPSE EN ESPAÑA?

Eltiempo.es avisa dunha eclipse parcial para mediodía do 29 de marzo de 2025. Nesa data, Canarias e a Península terán porcentaxes de eclipse que estarán entre o 30% e o 15%. A porcentaxe será máis baixo canto máis ao leste. De feito, a eclipse nin sequera chegará ao 10% nas illas orientais de Baleares.

O 12 de agosto de 2026 poderase ver unha eclipse solar total que percorrerá o norte e o centro da Península. A porcentaxe de eclipse non baixará do 90% en todo o territorio peninsular, mentres que en Canarias, onde será parcial, situarase nun 65%.

Ferida unha persoa tras unha colisión entre tres vehículos na Coruña

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión entre tres vehículos na avenida Alfonso Molina, na Coruña. Segundo sinalou o 112, minutos despois das 17,00 horas deste domingo un particular avisou do accidente e indicaba que podería haber feridos.

A central de emerxencias informado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros da Coruña, Garda Civil, Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

No punto, a Policía Local explicou que houbo un único ferido e que foi trasladado polos profesionais sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

“Sudaca, se non es unha CTV non podes opinar”

Hai situacións que a Coruña máis rancia ten que superar. O racismo instaurado na sociedade, que alentan os partidos de extrema dereita en todo o estado segue vivo, como se demostran cos casos de Yoel e Henry. O vivido esta semana por unha muller peruana demostra que a nosa sociedade ten moito que cambiar.

Foi Pamela Rodríguez a que sufría unha auténtica falta de respecto nunha reunión da comunidade de veciños. Esta muller, lenda viva en Perú, dúas veces candidata aos Latin Grammy, leva varios anos instalada na Coruña, unha cidade que lle acolleu e lle quere, como se ten demostrado nalgunha das súas actuacións. Pero aínda existen momentos nos que hai xente que lle asina a cara amarga da vila.

”Onte vivín unha das situacións máis desagradables dende que cheguei a vivir a Coruña”, explica Pamela nas súas redes sociais. Nunha reunión da comunidade, un veciño chamoulle “sudaca” para invalidar o seu punt de vista. Nunha tremenda demostración de falta de respecto, o home estivo imitando o acento arxentino (hai que ser paleto…) e lle interrumpía unha e outra vez ao berro de “che, déjame, que te lo explique en sudaca, boluda”.

Aínda tivo outro parámetro discriminatorio: máis infame todavía este señor: “Non só es sudaca, senón que alguén que non é “Coruñés de toda la vida” non pode opinar”, facendo referencia a un

”Nin el nin ninguén me fará sentir inferior nunca”, apunta orgullosa de denunciar o asunto publicamente. Pero pregúntase: “Como será a realidade para as persoas que non son de apariencia europea coma min? Non mo quero imaxinar. Sufro con pensalo”, conclúe.

”Que baixón a peña rancia da cidade. Que horror o racismo, o clasismo, a discriminación. Que rabia me dá”, remata a reflexión.

Máis novas

O tecido antirracista galego sae á rúa na Coruña para pedir xustiza para Henry e para Yoel

 

Inés Rey sobre as irregularidades no piso de Lage Tuñas: “Confío plenamente no meu goberno”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, reiterou que confía “plenamente” na “honestidade e a integridade” do seu goberno respecto de supostas irregularidades nas obras nun piso adquirido polo primeiro tenente de alcaldesa, concelleira de Economía e Planificación Urbana e portavoz do goberno local, José Manuel Lage Tuñas, denunciadas polo PP e o BNG.

“Confío plenamente no meu goberno”, recalcou. Fíxoo a preguntas dos xornalistas sobre este asunto, formuladas nun acto celebrado este venres na cidade herculina. “As explicacións daranse no lugar que corresponde, que é o Pleno, se así o demandan o resto de grupos municipais”, engadiu.

Así mesmo, Rey cualificou de “lameira” as afirmacións vertidas polo Partido Popular sobre a política municipal “con acusacións lanzadas e das que despois se retractan”. “Reitero a honestidade e a integridade do meu goberno no cal confío plenamente e no que non houbo ningún problema nestes cinco anos”, insistiu.