Unha decisión que non gusta nada ao tecido cultural coruñés, nomeadamente ao colectivo lugrisán In Nave Civitas e a asociación O Mural. Ambas, veñen de protagonizar unha intervención artística para demandar que os murais queden no sitio para o que foron concebidos.
Así, ao longo da tarde de onte instalaron un andamio diante do restaurante Fornos de fitas e teas azuis para recrear o mar de Galicia, “o mar de Lugrís e reclamar que a Xunta non extraiga os frescos da parede na que foron pintados”.
“Arrancar as pinturas suporá mutilar “a casa da felicidade” que Urbano Lugrís fundou en 1951 baixo o lema “Hic habitar felicitas” non hai razóns patrimoniais, orzamentarias nin económicas que impidan as administracións crear o “Espazo Urbano Lugrís” que a alcaldesa da Coruña levaba no seu programa electoral”, denuncian dende.
O Centro de Orientación Familiar de Orillamar, un servizo de xestión partillada entre o Sergas e o Concello situado ao carón da Policía Local, é un espazo fundamental para promover a saúde afectivo-sexual, traballar na prevención de embarazos non desexados, e axudar a solventar conflitos familiares.
Pero se a saúde das sáus traballadoras non é boa, dificilmente van poder axudar ás familias. De aí a esixencia do BNG, que despois de coñecer a “grave” situación laboral do centro, pide ao Concello, responsable do cadro de persoal, cubrir as vacantes que se están a producir. I é que das 5 traballadoras (1 traballadora social, 1 psicóloga clínica e tres administrativas), só unha está traballando con normalidade.
Explica a edil Mercedes Queixas que “o COF non dispón de psicóloga clínica desde a xubilación de titular en maio de 2023, cuberta apenas de forma temporal, co que isto representa de precarización na atención da saúde das mulleres”, asegurando que levará este tema ao pleno deste xoves.
”Non só non se cubriu de forma estábel a praza da psicóloga clínica, senón que das tres administrativas que en teoría forman parte do cadro de persoal o COF só dispón neste momento dunha. E esta nin sequera é substituída pro persoal cualificado cando está de baixa, “o que está a impedir o correcto funcionamento organizativo do centro: non hai quen atenda o teléfono nin quen xestione as citas médicas”, alerta Queixas.
O BNG “xa denunciou en múltiples ocasións a desatención que o COF sofre por parte do Sergas, responsábel de que das dúas prazas de xinecoloxía das que o centro estaba dotado só exista unha fixa desde 2020. Mais infelizmente o Goberno Local tampouco cumpre coas súas obrigas e colabora na práctica no desmantelamento do centro”.
Dúas mozas novas, de 21 anos, foron detidas nas últimas horas na Coruña como supostas autoras da queima de colectores, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais. Os feitos producíronse no centro da cidade con case unha decena de colectores de lixo queimados e con intervención en distintos puntos en poucas horas dos bombeiros.
Sobre o sucedido, a alcaldesa herculina, Inés Rey, ratificou que está a investigación aberta e que a Policía traballa no esclarecemento dos feitos. Ademais, destacou a actuación con “a máxima rápidez” dos bombeiros para evitar que o lume fose a máis unha vez que se comprobou o sucedido.
A Universidade da Coruña (UDC) pon en marcha un novo regulamento de contratación para o persoal investigador, asunto do que tomou coñecemento este mércores o Consello de Goberno.
Segundo informa o reitorado, trátase do regulamento aprobado xa no Consello Social. O novo texto normativo, que naceu dun proceso participativo previo, ten, entre outros obxectivos, o de axilizar os procesos para a súa incorporación.
Actualmente, atópanse nesta situación un total de 520 persoas. Entre as novidades máis destacadas están a equiparación salarial, segundo as categorías, e da xornada laboral.
745.000 euros en premios xa é unha cifra, como para resaltar a bomba que saltou hoxe en Sada. O Cupón Diario do ONCE deixou en Sada esta cifra, repartidos en 8 cupóns agraciados: un cun premio de medio millón de euros e outro sete cupóns, premios con 35.000 euros cada un, no sorteo deste martes 4 de xuño.
A ‘sorte’ foi repartida pola vendedora María Luisa Ruíz Vázquez, que distribuíu os cupóns premiados no seu punto de venda situado na rúa Oza dos Ríos (Hiper Eroski Center de Sada).
O cupón do 4 de xuño tamén deixou premios importantes en Andalucía (560.000 euros), Cataluña (280.000 euros), Madrid (70.000 euros) e Canarias (70.000 euros).
O Cupón Diario do ONCE pon en xogo un premio de 500.000 euros ao número máis a serie e 49 premios de 35.000 euros ao cinco cifras do número premiado. Ademais, 450 premios de 250 euros ao catro primeiras cifras e outros 450 premios ao catro últimas; 9.000 premios de 25 euros no caso de tres últimas ou tres primeiras; e o mesmo para as dúas primeiras e últimas (6 euros) e reintegro de 2 euros á primeira ou a última cifra do número premiado.
O Acuario da Coruña celebra os seus 25 anos cun selo conmemorativo e unha exposición filatélica. Fíxoo, sendo o museo máis visitando e superando os 6,5 millóns de persoas. Así o expuxo a alcaldesa, Inés Rey, no acto de conmemoración con presenza de alumnos e alumnas de centros educativos, persoal técnico do museo e o presidente da Sociedade Filatélica.
Por outra banda, a alcaldesa, Inés Rey, asinou no Palacio Municipal de María Pita coa presidenta daAsociación Emilia Gómez Adafad, Miriam Pérez, tres convenios para sufragar o labor da entidade na loita contras as adiccións entre os mozos, con actividades en centros escolares.
Tremendamente grave é a situación da asistencia xurídica obrigatorio. Un servizo público como o é a sanidade ou a educación, que o goberno da Xunta segue esmagando ata a extenuación, cunha clara intención ideolóxica de acabar privatizándoo.
Así o denuncia o sindicato Venia, o único sindicato de Avogados oficial no que se poden apoiar todos os avogados e avogadas para denunciar a súa precaria situación cando exercen como avogados do turno de oficio.
Contexto
É complexa e pouco explicada a situación do Turno de Oficio. Primeiramente, todo avogad@, e procurador/a, polo feito de estar colexiad@ ten obriga de prestar este servizo público de asistencia xurídica obrigatoria, este servizo de turno de oficio, consistente en dar apoio xurídico ás persoas con menos recursos. Un servizo que teñen que dar (teñen que realizar gardas e poden ser chamados a calquera hora da semana) aínda que a persoa afectada (persoas acusadas dalgún delito ou tamén vítimas de Viogen, por exemplo) non queira.
Un servizo que se vén “obrigados” a dar (non poden renunciar a un cliente aínda que saiban que non van cobrar nada), pero que teñen que sufragar eles mesmos, como autonómos e autónomas, porque o orzamento da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta para este servizo é mínimo, provocando unhas condicións laborais terribles, que fai insostible ofrecer unha atención axeitada.
“Os últimos escravos de Europa”
”Seguimos facéndoo por deontoloxía profesional”, recoñece Rosa Lozano, do sindicato Venia, pero “en realidade nos chamamos a nós mesmosos últimos escravos de Europa, porque é un traballo forzado como a mili, pero ademais sen que nos recoñece esa vinculación laboral”, explica. “Temos que desprazarnos cos nosos propios vehículos, pagar a gasolina… e ademais non se nos cotiza por eses traballo, é coma se non tivésemos relación laboral coa administración, a pesar de estar ofrecendo un servizo público, porque temos un mísero soldo que a Xunta lle chama indemnización, nin sequera retribución, pola que non cotizamos, non temos baixas, paro, vacacións…”, lamenta. “Non queremos ser funcionarios, pero existe unha figura de persoal laboral, que recolle este tipo de figura”, lembrando que a día de hoxe a figura do avogado xa non é como nos anos 90, onde só as persoas de familias pudientes exercicían, senón que a día de hoxe o corpo de avogados e procuradores está formado por persoas normais formadas, autonómos e autónomas.
Outro dato importante, a estrutura do servizo: A Lei de Existencia de Xustiza Gratuita é estatal, pero é de competencia autonómica a coordinadoción do servizo, e os fondos que se destinan para mantelo. Pero é que ademais é o Colexio de Avogados de cada provincia o órgano xestor, o que ordea a un ou a outro avogado que ten que ir cubrir este xuízo, abrindo a porta a estas entidades privadas a posibles conflitos de intereses entre os seus colexiados.
Folga
Imaxe doutra concentración ás portas dos Xulgados
“Como aguantastes tanto?” soen preguntarnos as persoas ás que lle explican a situación dende que se alzaron en folga estatal o 21 de novembro de 2023. Unha folga sostida a día de hoxe, con xentes máis involucradas e outras menos, para seguir loitando polo “mantemento do servizo público que de forma evidente queren desarticular, e deixar sen contido”. Por iso continúan reclamando os seus dereitos a ofrecer un servizo digno, a mellora as súas condicións laborais, pero tamén por recibir un recoñecemento de “imprescindibles”, como acontece cos mestres ou cos sanitarios.
”É evidente que se percibe unha idea liberalista do servizo por parte do goberno do PP en clave de privatización, como xa fai coa sanidade ou a educación”, lamenta Lozano, “e claro que tememos que unha vez máis, por parte da Xunta, se estea desmantelando outro servizo público”, e pasando a ofrecer este necesario servizo xurídico social a través, por exemplo, dunha concesión a unha empresa privada.
Casos concretos: O Partido Xudicial de Corcubión
Ten habido casos xa en Galicia de desenvolvendo de folgas en clave de baixas masivas. Así foron os casos de Lalín, A Estrada e Ourense, e así está a acontecer estes días no Partido Xudicial de Corcubión (integrado por 8 Concellos: Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Zas). Compañeiros de garda (eses avogados que cada semana teñen que estar pendentes do móbil para acodir a unha emerxencia xurídica en caso de detención, ou ataque a unha vítima sen recursos) no marco da Folga Nacional, presentaron, o pasado 24 maio de 2024, a súa baixa de forma masiva e conxunta.
Pero “nunha nova mostra de irresponsabilidade da Dirección Xeral de Xustiza de Galicia, que non puxo servizos minimos, e nunha acción sen igual en toda España por parte do Colexio de Avogados da Coruña, acordaron manter o devandito servizo cos tres letrados que non se uniron á solicitude de desistencia e con outro letrado, adscrito ao partido xudicial de Muros, en lugar de, ante a falta de avogados, cursar a alta obrigatoria a quenda oficial de todos os membros do partido xudicial”.
O sindicato de avogados Venia considera que “esta decisión supón un claro incumprimento polo Colexio de Avogados da súa obriga de garantir que os cidadáns sen medios económicos reciben un correcto servizo de xustiza gratuíto, beneficiándose con ela, non só aos membros non pertencentes ao Turno á impoñer a súa alta no dito servizo, tal e como esixe a lei, pero tamén aos tres avogados que non apoiaron aos seus compañeiros nas súas xustas reivindicacións”. “Ese comportamento por parte do Colexio da Coruña, que é o único Colexio de España amosa irresponsabilidade en canto ao servizo e á seguridade xurídica dos solicitantes de asistencia xurídica gratuita. “
Dende o sindicato piden “que se sente co comité de folga o Director Xeral de Xustiza, e tamén o Conselleiro, para que se establezan un presuposto que permita das o servizo de forma digna”.
Falamos coa veciñanza para saber como é a convivencia cun destes pisos onde se trapichea día e noite (sorprende o horario de apertura tan ancho deste súper de venda de droga), con movemento continuo de persoas con adiccións, que xa leva case 3 anos “funcionando” sen que a forzas de seguridade tomen nota. E iso que ten habido ata un asasinato, e que a naturalidade coa que se vende e se compra droga é absoluta.
A veciñanza xa está alerta cando escoitan un silbido, ou nas últimas semanas, uns golpes no contedor de lixo, acompañados dalgún berro (as discusións a berros de arriba abaixo son continuas…), para alertar aos vendedores. Nese momento, adóitase unha das fiestras rotas, e caen as chaves para que poidan sufrir.
Non soen ser molestos coa veciñanza, pero cada día a xente do mesmo portal e do barrio se atopan escenas como estas que vemos no vídeo: xeringas por todas partes, persoas pinchándose ou fumando heroína en coches, portais… mesmo nas propias escaleiras do edificio cando o mono acecha.
Son continuos os altercados, e se un día un intenta abrir os buzóns, outro colle o extintor e o baleiras nas escaleiras. Unha das últimas, un home sangrando polo brazo, case coa xeringa colgando, intentando abrir todas as portas do coches da zona…
Todo isto provoca un medo continuo entre a veciñanza, que ve como ás veces hai “compradores” que ante a falta de atención dos vendedores espera a que abra algún veciño para poder entrar e timbrar xa no piso. Unha situación que fixo que varias veciñas xa abandonaran a zona.
Así, a veciñanza, consciente de que o piso é propiedade (ou herencia) das persoas que viven nel, esperan que as forzas de seguridade actúen para evitar tanto altercado público
Tres vuelos con destino al aeropuerto de Alvedro, en A Coruña, han tenido que ser desviados a primera hora de la mañana de este miércoles por la niebla existente en la zona.
Tres voos con destino ao aeroporto de Alvedro tiveron que ser desviados a primeira hora da mañá pola néboa existente na zona. Así o confirmaron fontes de Aena a Europa Press, que precisaron que afectou a dos voos procedentes de Madrid e a un de Barcelona. En todos os casos, foron desviados a Santiago e coas saídas correspondentes desde este aeroporto.
Os desvíos foron entre as oito da mañá e as nove e media da mañá. Posteriormente, o voo procedente de Londres, programado para as dez da mañá, aterrou con normalidade.
Un sexaxenario apareceu falecido, por morte natural, na súa vivenda da cidade da Coruña, segundo informaron fontes municipais consultadas por Europa Press. A localización do corpo foi o domingo nunha casa da rúa Antonio Ríos e ao lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e os bombeiros tras a alerta dos veciños. As fontes consultadas precisaron que se trata dun home cuxa morte foi por causas naturais e cunha idade de 68 anos, indicaron tamén.