Inicio Blog Páxina 475

ACAMPA chama ao voluntariado para construir o Memorial pola Infancia asasinada en Gaza

0

Esta edición de 2024, o Encontro Internacional Acampa pola Paz leva un cartel cun neno palestino como protagonista, dando conta do lema: “Infancia e mocidade refuxiada”

E o comprometido colectivo social quere afondar na masacre que vive Gaza, invitando á cidadanía da Coruña a construír un Memorial da Infancia. Un Memorial que emerxerá no mes de xuño de maneira efémera nos xardíns, á beira do Palco da Música, e nacerá para conmover, remover as conciencias e convidar á reflexión, á vez que servirá para reclamar a fin do xenocidio do pobo palestino.
Así, o programa do Eten previsto celebrar un minuto de silencio o domingo día 9, día da clausura do Encontro, no que miles de coruñeses e coruñesas asistentes a esta cita reflexiva sobre DDHH poidan gritar alto e claro, desde o seu mudez: Non á matanza de máis nenos e máis nenas en ningún punto do planeta!

Como participar no Mural

Para facer realidade este Memorial colaborativo pola infancia requírese a doazón de sabas ou teas brancas sen debuxos, e mans, moitas mans, que axuden a confeccionar as mil pezas que o compoñen, eses simbólicos sudarios con forma de nenos e nenas cos que darlle forma e ser capaces de imaxinar o que supoñen a morte baixo as bombas israelís de máis de 14.000 vidas, truncadas pola barbarie xenocida.

Para saber onde entregar as sabas e os xornais cos que se dará forma interior a cada envoltorio e/ou apuntarse para colaborar na confección dos elementos, debe contactarse coa área de loxística de Rede Acampa pola Paz, en loxistica@edeacampa.org.

Aí daráselles a información necesaria para a entrega de material ou o calendario e lugares onde poder axudar na construción das pezas simbólicas. Rede Acampa confía na resposta cidadá dada a complicidade que cada ano os coruñeses e coruñesas mostran participando no Encontro Internacional que converte a esta urbe nun referente nacional de defensa dos DDHH, o Dereito a Refuxio e a defensa da esencialidad do xornalismo humanitario. Toda a información polo miúdo, nesta ligazón, https://t.ly/ILqVz

O campo simbólico de refuxiados servirá tamén para mirar a Gaza

A dimensión do que está a acontecer na Franxa de Gaza é tal que o campo simbólico de persoas refuxiadas ao redor do que ano tras ano pivota cada edición do Encontro Internacional tamén reproducirá un campo gazatí. Ou o que queda deles neste momento, despois de meses de bombardeos diarios de Israel unha vez que dirixiron e concentraron a toda a poboación sobrevivente de Gaza neles, nun éxodo sen precedentes.

Máis novas 

A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024

A activista nicaraguana Haydée Castillo e o voceiro de SOS Sanidade Pública recibirán o Recoñecemento Acampa

A Rede Acampa, Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade

A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa

A ‘Carreira da Luz’ celebrarase en Oleiros o día 26 para recadar fondos para un proxecto en Malawi

0

O municipio de Oleiros acolle o 26 de abril unha nova edición da ‘Carreira da Luz’, unha iniciativa promovida nesta ocasión para recadar fondos para un proxecto en Malawi.

Trátase dunha acción impulsada polo IES Miraflores e que, segundo informan os promotores, busca na súa sexta edición destinar a recadación á asociación ‘Pagono Pangono’.

A carreira celebrarase no polígono de Iñás, no municipio de Oleiros. “Unha proba popular que ten como eixo fundamental os valores da solidariedade, o deporte e a convivencia”.

Trátase dunha carreira nocturna na que poden participar persoas de todas as idades, con categorías desde biberóns ata súper veteranos.

Co recadado, apoiarase o proxecto ‘MiniVan Área 49’ co que se pretende dotar dun minibús propio ás alumnas da residencia ‘Amai María’, da área 49 de Lilongwe (Malawi), para que poidan viaxar e continuar a súa formación en centros de secundaria e universidades da capital.

Jacobo Diz leva o Premio Promesas da Alta Cociña

0

Continúa  Jacobo Diz Gómez, estudante do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, escalando a súa carreira no mundo da cociña. O cambrés vén de gañar a XII edición do Premio Promesas da Alta Cociña na final celebrada onte en Le Cordon Bleu Madrid, na Universidade Francisco de Vitoria de Madrid.

Durante a final, o estudante de cociña competiu xunto a outros nove candidatos de distintas comunidades autónomas nunha disputada proba de catro horas de duración na que tivo que preparar un prato utilizando técnicas e ingredientes habituais: pichón, arroz e unha guarnición de verduras.

O gañador Jacobo Diz, Premio Promesas de Alta Cociña 2024, que está no seu último ano de estudos no CIFP Paseo das Pontes, mostrouse moi ilusionado e “súper orgulloso do traballo que fixemos estes meses, e con moitas ganas de vir a esta escola para estudar. Espero gozar moito, é unha profesión na que nunca se deixa de aprender”.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

O segundo clasificado desta edición foi Carlos Navarro Pérez, do Basque Culinary Center de San Sebastián.

O xurado considerou diferentes aspectos a valorar como a técnica, a habilidade culinaria, a creatividade, a presentación e o sabor da receita elaborada.
Pola súa banda, Eduard A verdade é que a maioría deles poderían ser perfectamente un prato nun restaurante con estrela Michelín”.

Premio para Diz e para a Escola

Diz recibiu unha bolsa do 100% para cursar un diploma en Le Cordon Bleu Madrid, valorado en máis de 26.000 euros. Grazas ao programa de validación co que conta a escola, Jacobo poderá acceder aos niveis intermedios dos programas da súa oferta formativa.

Ademais, para recoñecer o esforzo e dedicación do seu centro de estudos, o CIFP Paseo das Pontes da Coruña, tamén foi premiado cunha axuda económica de 1.500 euros para o apoio e compromiso durante toda a participación do alumno no certame.

Máis novas gastro

As mil e unha caras do Fórum Gastronómico

Reflexión de Nadal: Gastronomía alóctona na Coruña

O PP pide que se impida un acto sobre Lenin no centro cívico da Cidade Vella: “Imaxínanse ceder un espazo municipal para unha homenaxe a Hitler?”

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña solicitou á alcaldesa, Inés Rey, que impida un “acto de ensalzamento” a Lenin, programado tamén en Ferrol onde gobernan os populares. Isto motivou que a rexedora herculina, a socialista Inés Rey, ao ser cuestionada pola demanda feita polo PP, expuxese se os populares coruñeses “vanlle a pedir ao seu compañeiro que proscriba o acto desta asociación” en Ferrol.

Con iso, aludiu ao alcalde do PP neste municipio, José Manuel Rey Varela, despois de que a organización Esquerda Revolucionaria programase o día 25 en Ferrol o acto ‘Centenario de Lenin. Necesitamos outra revolución”, no Ateneo, e ao día seguinte na Coruña, no centro cívico da Cidade Vella.

“Non é unha homenaxe a Lenin, é un acto que organiza unha asociación cumprindo os requisitos conforme á legalidade”, expuxo para explicar por que se lles facilitou o centro cívico. Mentres, o PP, que xa avanzou que levará este asunto a pleno, esixiu á rexedora que “impida un acto de ensalzamento a Lenin nun centro cívico municipal”.

“Imaxínanse que a alcaldesa ceda un espazo municipal para unha homenaxe a Adolf Hitler?”, afirma o viceportavoz popular Roberto Rodríguez, que alude a unha resolución do Parlamento europeo “condenando expresamente e igualando aos réximes comunistas totalitarios e o nazismo, por cometer asasinatos en masa, xenocidios e deportacións”.

O BNG urxe á Xunta a “obrigar” aos Franco a abrir ao público a Casa Cornide da Coruña

O BNG demandou á Xunta que “obrigue” aos Franco a abrir ao público a Casa Cornide, na Coruña, “tal e como establece a súa condición de Ben de Interese Cultural (BIC)”. Nun comunicado, remarca que os herdeiros do ditador “deberían permitir un réxime de visitas ao palacete xa desde maio de 2021, momento en que se incoou o expediente de declaración como BIC”.

“A familia Franco leva tres anos incumprindo a lei e a Xunta mirando para outro lado”, afirma a deputada do BNG no Parlamento galego, Mercedes Queixas. Faino tras rexistrar tres preguntas (dúas orais para Comisión e Pleno e unha por escrito) instando a Xunta “a que force dunha vez aos Franco a cumprir cos seus deberes como titular dun BIC abrindo ao público a Casa Cornide”.

“Levan tres anos incumprindo a lei, tres anos en que a Xunta non fixo absolutamente nada para garantir o dereito da veciñanza a acceder ao interior dun edificio que, en tempos, acolleu o Concello da Coruña e cuxa titularidade debe ser restituída ao patrimonio público canto antes“, afirma.

QUEIXA DA CRMH

Pola súa banda, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presentou, a través do seu presidente, unha queixa ante a Valedora do Pobo por “a imposibilidade de acceso público” á Casa Cornide.

Nun comunicado, remarca que en maio se cumprirá un ano da declaración do inmoble como BIC “e, ata día de hoxe, non se deu cumprimento ao dereito da cidadanía de acceso público recolleito na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia”.

HC Coruña, CRAT, OAR e Volei Zalaeta alimentan o soño do deporte herculino

0

Falamos moito estes días do soño que vive a cidade na Coruña cos seus principais equipos deportivos. E non é para menos, pois a día de hoxe temos 10 clubs aspirando ao máximo nas súas disciplinas. Ollo ademais á importancia, e a falta de visibilidade que teñen as nosas deportistas, pois son varios os clubs femininos que están competindo ao máximo nivel e teñen moitos problemas económicos para facelo con comodidade.

Temos falado do Depor Abanca, que está a un paso do ascenso á máxima categoría do futfem estatal, e de feito pode ascender o domingo ás 12:00h en Riazor.

Falamos do Dépor, que está tres vitorias de volver ao Fútbol profesional.

Falamos do Liceo, que un ano máis vai competir no playoff polo título da OK Liga, meténdose como 3º.

Falamos do Basquet Coruña está a dúas vitorias do ascenso a toda unha ACB, a máxima categoría do baloncesto estatal.

Falamos do Maristas colouse á Fase de Ascenso á Liga Challenge, a segunda división do baloncesto feminino estatal, e mesmo invitan a viaxar co equipo.

Pero é que temos que falar tamén doutra serie de equipos que están facendo unha campaña impecable.

O HC Coruña, na Champios de Hockey

Atención especial merece o HC Coruña. Despois do convulso ano pasado, no que tivo que facer unha campaña de crowfunding para poder acodir ao playoff polo título da OK Liga Iberdrola (a máxima categoría do hockey feminino), e mesmo víndose obrigado a saír do paraugas do Liceo, o club mantense na 6ª praza da liga estatal, pero ademais están clasificadas para a Final Four da WSE Champions League. Si están entre as 4 mellores de Europa de hockey feminino


Antes, disputará ademais do 18 ao 21 de abril a Copa de la Reina en Vilafranca del Penedés.

En hockey somos potencia mundial ademais co Club AA Dominicos na OK Plata, xunto co Escola Lubians de Carballo e o AD Ordes, e o Compañía de María, que está de líder na OK Bronce para volver á 2ª categoría estatal.

O Volei Zalaeta á Fase de Ascenso á Liga Iberdrola

Espectacular tamén a tempada do Volei Zalaeta, competindo na Superliga-2 Feminina, a 2º estatal, e que se acaban de meter na Fase de Ascenso. Este club que tanto fai polo deporte feminino de base quedaron subcampiobats do Gr.A e buscan apoios para participar con máis comodidade na Fase de Ascenso á Liga Iberdrola.

O CRAT Rialta na Final de Liga

Outras heroínas do noso deporte son as xogadoras do CRAT Rialta, que este domingo 21 disputarán ás 12:30 a final da Copa RFER de rugby en Alcobendas ante o actual campión de liga, o Majadahonda. O club coruñés volve a unha final como fixo xa hai 5 anos.

O OAR CARA O ASCENSO

O noso equipo de balonmán da Primera Nacional A, a terceira división estatal, está a piques de entrar na promoción de ascenso á División de Honra Prata.

Viaxes Amarelle

Viaxes Amarelle

Na máxima categoría do fútbol sala estatal feminino, a Primera RFEF Futsal Femenina, temos ao Viaxes Amarelle. As herculinas pelexan este ano por non descender, e están a falta de 5 xornadas con 3 puntos de vantaxe sobre o descenso.

O Athletic Coruña

O Athletic Coruña de hockey herba compite tamén en sénior ademais de ser unha potencia en canteira cun coidado na cidade da Torre espectacular, como o comprobamos o pasado venres nas xornadas de portas abertas.

Máis novas

O Basquet Coruña, o Maristas, o Liceo, o DéporAbanca e o Dépor seguen facendo soñar a toda unha cidade

O comité de Abai A Coruña desconvocará as protestas tras un acordo que “garante os postos de traballo”

O comité de empresa de Abai Business Solutions A Coruña desconvocará as protestas tras un acordo coa dirección que “garante os postos de traballo” na sede da cidade herculina, informa. Nun comunicado, e despois da convocatoria de mobilizacións, indica que a dirección da empresa de telemarketing “ampliou de maneira sorpresiva a campaña do servizo de O2 ( Movistar) e puxo en marcha unha de Endesa”.

O comité atribúeo á convocatoria de protestas xa que, sinala que “unhas semanas antes, a compañía negábase a garantir todos os postos de traballo no centro da Coruña, alegando que non tiña carga de traballo suficiente”.

O seu presidente, Adrián Seijas, considera un “éxito” o acordo alcanzado e avanza que, unha vez asinado o documento, o comité comprométese a desconvocar a folga e a manifestación prevista para o 17 de abril, ao entender que os obxectivos están “cumpridos”.

As Bibliotecas Municipais énchense de actividades pola Semana do Libro

0

Do 22 ao 27 de abril as Bibliotecas Municipais (malia sufrir un falso proceso de unificación) celebran unha completa Semana do Libro, que terá lugar dende o Baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”, o concello organiza obradoiros, contacontos, mesas redondas e unha solta de libros.

A actividade central será unha mesa redonda co título “A Coruña, cidade de libro”, sobre a construción literaria coas creadoras coruñesas Bibiana Candia (escritora), Lucía Cobo (ilustradora) e María Reimóndez (traductora). Será o propio día 23 ás 19.00 horas da tarde na Biblioteca de Estudos Locais, con entrada de balde ate completar capacidade.

Tamén o martes 23, comezará unha ‘solta de libros’ nos parques próximos a cada biblioteca. Liberaranse lotes de libros que estarán identificados con instrucións sobre como participar na dinámica, que consiste en atopalos e levalos para despois deixalos noutros
lugares públicos e fomentar así a dinamización da lectura.

O programa complétase coa mostra ‘Historia do libro’ na Biblioteca de Monte Alto, cun percorrido histórico dende os primeiros manuscritos ata o libro electrónico, pasando por temas como a tipografía, a encadernación, a editora do século XIX, o modernismo ou as bibliotecas.

Mostrta Historia do Libro Espanol na Biblioteca de Monte Alto 1

No canto dos obradoiros, o prazo de inscrición abrirase sete días antes da celebración da
actividade. As persoas que o desexen, poderán realizar a súa solicitude de inscrición na
www.coruna.gal/bibliotecas, onde tamén podedes ver a programación completa.

Máis novas sobre Bibliotecas

A unificación da Rede de Bibliotecas Municipais. Unha farsa

O Concello activa o plan municipal de incendios sobre máis de 600 parcelas

O Concello activou o plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais 2024, segundo informa. Faino para a preparación do termo municipal ante as posibles alertas de incendios na época estival, explica en relación a un plan aprobado en abril de 2020.

No mesmo, delimítase a rede secundaria de franxas de xestión de biomasa de acordo coa Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Por outra banda, o consistorio abriu este mércores o prazo de solicitude das bolsas comedor para o curso escolar 2024/2025. O prazo para pedir as axudas deste programa, con máis de dous millóns de euros, finalizará o 8 de maio.

O Xulgado aproba modificar o convenio do Real Club Deportivo cos seus acredores para asegurar a súa viabilidade

0

A maxistrada do Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña aprobou a modificación do convenio proposta polo Real Club Deportivo da Coruña S.L., cos efectos establecidos na Lei Concursal, entre eles o cesamento da administración concursal, que deberá render contas no prazo dun mes desde a firmeza da sentenza, unha vez que, transcorridos dous anos, o concursado poderá presentar unha proposta de modificación do convenio.

O Xulgado modifica o concurso para darlle ao club a oportunidade de negociar a débeda restante, tendo en conta que aínda quedan 13 millóns de euros pendentes, e na reunión anterior aprobouse un préstamo de Abanca ao Club por 17 millóns.
A idea que ten o club é saír do concurso de acreedores canto antes (porque na Liga Profesional afectaría moito ao límite salarial)  e para iso quere ofrecer aos acredores a posibilidade de cobrar todo o que teñan en man, dun golpe, se aceptan unha rebaixa. unha quita, do 20%.

O cambio persegue “evitar o incumprimento do convenio vixente polos insuficientes ingresos da sociedade, debido a que desde fai catro anos non compite en competicións oficiais profesionais”, así como “asegurar definitivamente a viabilidade da sociedade e unha mellor e máis rápida satisfacción aos acredores”.

A xuíza, ademais, indica que se tivo en consideración a disposición mostrada polo accionista maioritario do Real Club Deportivo — Abanca — “de prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación”.

Segundo conta nun decreto do pasado 8 de marzo, 41 acredores concursais, que representan un pasivo ordinario de 6.063.390 euros, é dicir, o 52,812 % do devandito pasivo ordinario, votaron a favor da proposta de modificación, que non contou con ningún voto en contra.

ARGUMENTOS

Na resolución, a maxistrada sinala que a sentenza aprobando o convenio proposto pola sociedade en concurso de acredores ditouse o 5 de febreiro de 2014, polo que transcorreron máis de dous anos da súa vixencia.

Ademais, sostén que se infere que “a permanencia do club durante catro tempadas na terceira das categorías do fútbol ocasionou que os seus ingresos non sexan suficientes para atender os pagos comprometidos no convenio e os que se deveñan en cada exercicio”.

Tamén que “a viabilidade do cumprimento do convenio garántese co compromiso do seu principal accionista, Abanca, de dotar ao club dos fondos necesarios para cumprir con todos os compromisos que se adquiren en virtude do novo convenio”.

Na mesma liña, destaca que o Deportivo acompañou á solicitude de modificación “a relación dos créditos concursais satisfeitos, dos que estivesen pendentes de pago e daqueles que, devengados ou sendo contraídos durante o período de cumprimento do convenio, non fosen satisfeitos, xunto cun inventario dos seus bens e dereitos, un plan de viabilidade e un plan de pagos”.

“O RCDC ha ido cumprindo o estipulado no convenio ata a data, abonando os sucesivos prazos de pago na forma e condicións establecidos no mesmo”. Na resolución, afirma que, desde a perspectiva do interese dos acredores, a opción da modificación do convenio é “máis favorable que a liquidación da sociedade e, mesmo, que o cumprimento do propio primitivo convenio”. A sentenza non é firme e cabe recurso.

Máis novas

Parece doado, pero non o é